Escola de San Martiño de Louseiro ( Sárria )
ESCOLA DE SAN MARTIÑO DE LOUSEIRO ( SÁRRIA )
2 de abril de 1925.- PROPOSTA DE CREACIÓN DA ESCOLA
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Sárria:
2 de abril de 1925.- PROPOSTA DE CREACIÓN DA ESCOLA
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Sárria:
D. Martiño Balboa Neira, maior de idade e aveciñado nesta vila, Apoderado xeral da Sociedade de Instrucción " HIJOS DEL DISTRITO DE SÁRRIA" en La Habana, a Vde. atentamente expón:
Que a dita Sociedade, coa cooperación do vecindario da parroquia d e San Martiño de Louseiro e a dos lugares da Cal, Perros e Pintín., correspondentes á parroquia de Santo Estevo de Calvor, proponse construir , no prazo máis breve posible, una casa-escola para establecer clases independentes para o ensino de nenos e nenas da expresada parroquia de Louseiro e lugares que se citan da de Calvor, con vivenda decente e capaz para os respectivos Mestres que as desempeñen, ofrecéndose tamén a expresada Sociedade a dotar do material inicial ambalasdúas Escolas; que, tamén a Xunta Local de Primeiro Ensino en sesión de 28 de xuño último, acordou a conveniencia de que se xestionase a creación, entre outras, das referidas escolas, unh para nenos e outra para nenas no mesmo Louseiro, e o Pleno dese Concello, en sesión de 21 de maio último a propospta do Concelleiro Sr. Díaz Rodríguez, acorda tamén a creación de varias Escolas, entre elas ,a referida de Louseiro; e por unanimidade, que se faga o necesario para que poidan ter efectividade. Non obstante isto, é necesario que o Pleno amplie o seu dito acordo no senso de garantir ao Estado o faciltar local para ensino, vivenda para os Mestres e material inicial para o seu funcionamente, ofrecemento que nada gravará a ese Concello, por ser exactamente o mesmo que, á súa vez. a Sociedade que o expoñente a Vde
SUPLICA que, estimando a presente e atendidos os seus fundamentos , se sirva dar conta no seu día o Concello Pleno da súa digna presidenza , para que este acorde os indispensables ofrecementos que se expresan, aos efectos da efectividade da creación das respectivas Escolas, para nenos e nenas en Louseiro, con emprazamento no lugar "Os Calvos" da dita parroquia e distrito escolar que comprehenda os pobos que o dito queda contribúen a tal ediifcación.
É graza que se promete obter desa Corporación, polo beneficiosa para a instrución da infancia nos pobos de referenza.
Sárria, dous de abrilde 1925
Martín Balboa
...................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario