Escolas Pùblicas de Sárria
AS ESCOLAS PÚBLICAS DE SÁRRIA
A Xunta Local de Instrución Pública de Sárria a medio de escritura outorgada en 9 de xullo de 1894, perante o Notario don Xoán López Acevedo adquiriu de Xosé Rivas Goyanes , viciño de Sárria , unha porción de tarreo con destino a soar para a edificación de Casa para escolas de nenos en nenas, cuxo tarreo se describe da maneira seguinte:
PRADO E LEIRO chamado de VALES, da mensura de 36 áreas e 67 centiáreas ( 3.667 m/2 ) ; Estrema a Oeste co camino chamado "CORGA DE VALES ( * ), Sur, RÚA DO PORVIR (**), antiga estrada de Portomarín; Leste, horta de don Manuel Franco Pumares e leiro dos heredieros de dona Manuela López @ "Profeta" , e ao Norte, con máis leiro do mesmo Rivas Goyanes, de don Venancio Vázquez e de dona Dores Rivas Goyanes. ( Oficina Liquidadora : Carta de Pagamento nº 105 )
Co mesmo destino e por ser insuficiente o anterior soar, por medio de escritura outorgada en 19 de agosto de 1894, perante no Notario don Xoán López López Acevedo, adquiriu do Excmo. Sr. don Venancio Vázquez de Madrid, a finca seguinte:
LEIRO onde din VALES, da mensura de sete áreas e dazaoito centiáreas ( 718 m/2 ); estrema a L, S. e O. con máis propiedade hoxe da Xunta Local e a N. máis leiro que alí lle queda ao Sr. don Venancio Vázquez. Radica en termos desta Vila e como mo anterior libre de cargas e gravames.
( Pagamento dos dereitos de liquidación o 27 de setembro de 1894 ).
( Declaración de 10 de xaneiro de 1895, dirixida á Xunta Pericial, que lle deu ao líquido impoñible un valor de 32 pesetas e 25 céntimos ).
( * ) Actual Rúa Pedro Saco
(**) Actual Rúa Marqués de Ugena
..................................................................................................................................................................
OCUPACIÓN MILITAR DAS ESCOLAS PÙBLICAS
( Abril de 1937 a decembro de 943 )
REXEIMENTO DE INFANTERÍA ZAMORA Nº 8 MAIORÍA
RELACIÒN nominal das Unidades deste Corpo, que foron aloxadas no Grupo Escolar MATÍAS LÓPEZ de Sárria ( Lugo), dende 1936 ata a data última na que o desocuparon, con data de alta e baixa no citado edificio
UNIDADES ALTA BAIXA
Plana Maior 12 Batallón Abril 1937 Maio 1937
Segunda Compañía id. id.
Terecira Compañía id. id.
Cuarta Compañía id. id.
Primeira 13 Batallón Maio de 1937 Xuño de 1937
Segunda 13 Batallón id. id.
Terceria 13 Batallón id. id.
Ametralladoras "" id id.
Plana Maior 14 Batallón Xuño 1937 Agosto 1937
Primeira 14 Batallón id. id.
Segunda 14 Batallón id. id.
Terceira 14 Batallón id. id.
Cuarta 14 Batallon id. id.
Ametralladoras "" id. id.
Cuarta Compañía 19 Batallón Outubro 1937 Febreiro 1938
Terceira Compañía 19 Batallón Decembro 1937 id.
Agrupación 4º Trimestre 1928.- 1ª Cia. Setembro 1938 Novembro 1938
Agrupación 4º Trimestre 1928.- 2ª Cía. id. id.
Primeira Compañía 530 Batallón Novembro 1938 Decembro 1938
Segunda Compañía 530 Batallón id. id.
Terceira Compañía 530 Batallón id. id.
Cuarta Compañía 530 Batallón id. id
Ametralladoras " " id. id.
Plana Maior 527 Batallón Febreiro 1939 Xullo 1939
Primeira Compañía 527 Batallón id. Abril 1939
Segunda Compañía 527 Batallón id. id.
Terceira Compañía 527 Batallón id. Maio 1939
Cuarta Compañía 527 Batallón id. Xuño 1939
Ametralladoras " " id. Maio
Plana Maior Batallón de Depósito Outubro 1939 Xaneiro 1939
Primeira Compañía do Batallón de Depósito id. id.
Segunda Compañía do Batallón de Depósito id. id.
Terceira Compañía do Batallón de Depósito id. id.
Cuarta Compañía do Batallón de Depósito id. id.
Plana Maior do 2º Batallón de Depósito Xullo 1940 Setembro 1940
Terceira Compañía do 2º Batallón de Depósito id. Agosto 1940.
Terceira Cia. do 2º Batallón de Depósito Outubro 1940 Xaneiro 1941
Segunda Compañía do 2º Batallón de Depósito Novembro 1940 Decembro 1940
Plana Maior do 3º Batallón de Depósito Decembro 1940 Decembro 1943

Primeira Compañia do 3º Batallón de Depósito Decembro 1940 Decembro 1943
Terceira Cia, do 3º Batallón de Depósito id. Decembro 1943
Cuarta Compañía do 3º Batallón de Depósito Outubro 1941 Decembro 1943.

Ametralladoras do 3º Batallón de Depósito Febreiro 1943 Decembro 1943
O Grupo Escolar MATÍAS LÓPEZ, doado á vila de Sárria polo filántropo sarriao don Matías López López, foi ocupado ao comezo do alzamento militar de xullo de 1936 por Batallóns expedicionarios, seguindo ocupado polas tropas a longo de sete anos consecutivos.
Como o dito edificio non reunía as mínimas condicións para servir de Cuartel, foi necesario introducir nel varias modificacións, que, se para esa finalidade eran necesarias, non o eran para actividade escolar a que se viña destinando
Como necesariamente tiña que ocorrer , o dito edificio sufriu desperfetos que sen reparalos non poderían funcionar nel as clases con evidente perxuizo para a poboación escolar da vila.
Enumeración dos desperfetos ocasionados polo uso militar das Escolas Públicas de Sárria:
1º.- O reixado exterior desapareceu en boa parte e o muro ameaza derrube.
2º.- La reixa que separa o xardín dos patios laterais tamén desapareceu, e os muros foron convertidos en ramplas para baixar ás coiñas e comedores das tropas.
3º.- No patio de xogo das nenas foron construídas letrinas, que non podendo darlles saída ao exterior , houbo que minar o campo con grandes pozos negros, que ameazan fundirse.
4º.- As cristaleiras que dan acceso ao pórtico e vestíbulo quedaron deterioradas con falla de cristais e o piso do portal vese cheo de planchas, polo desgaste ocasionado polo paso das tropas e en varios sitios está queimado o piso polos braseiros da guarda nas noites de friaxe.
5º.- Por causa do baldeo constante con auga , os pisos de madeira apodreceron e hai que reparalos.
6º.- As portas e fiestras de todos os locais quedaron máis ou menos deterioradas e algunhas inservibles, sen cerrollos nin chaves e os poucos que quedaron non funcionan.
7º.- Os tabiques que separan as distintas dependenzas e as paredes, quedaron cheos de furados para poñer neles perchas onde colgar utensilios e roupas dos soldados e abertos algúns ocos para comunicar por eles os soldados dunha mesma Compañía.
8º.- As escaleiras de acceso aos ximnasios e patios, desapareceron e os ocos foron convertidos en oficinas para as distintas Compañías por carecer o edificio de dependenzas e ser imposible en varias ocasións alugalas no exterior.
9º- Os roupeiros de madeira adosados nas paredes das aulas desapareceron para darlle máis amplitude aos locais.
10º.- A grande plataforma do Salón de Actos , cos seus balaustres, desaparecu coa mesma finalidade e tamén a tribuna.
11º:- Os retretes quedaron atoados ao pouco tempo de seren ocupados , con rotura de porcelanas e canles e os pisos dos xinmasios foron levantados ao convertilos en albergue para os cabalos..
Como durante o o tempo que estivo ocupado o edificio non se preocupou o Concello, como o viñera facendo antes, de matar pingueiras, reparar canos, desaugadoiros, remendos nas paredes, etc, todo o teito das naves laterais derramouse ata o punto de que hai desprendementos de ceo raso, ameazando con caer todo el e as cales de desaugadoiros están todas desprendidas.
RESUMINDO
Toda a edificación sufreu máis ou menos desperfetos, cousa inevitable, tendo en conta o moito tempo que foi ocupado , ae non reunir as mínimas condiciòns á finalidade á que foi destinado.
12º.- O material escolar, almacenado nos sotos, excesivamente húmidos, apodreceu case todo el, desparecendo na súa maior parte o que a continuación se relaciona:
NO SALON DE ACTOS
Unha tribuna coa súa escaleria e balaustres.
Unha plataforma de con balaustres, una mesa e con sillóns de madeira.
Dez bancos bancos de madeira , de respaldo co rexilla, con seis asentos cada unha.
Cincuenta cadeiras de madeira.
Sete soportes para cortinóns nas tres portas e catro fiestras.
NAS AULAS DAS ESCOLAS DE NENOS
Dúas plataformas de madeira coas súas mesas pupitres para o mestre.
Seis roupeiros adosados nas paredes dos locais, con dez departamentos cada un, de 1,30 por 0,30 m. cos seus correspondentes andeis.
Setenta mesas bipersoais sistema "Cardo"
Catro mesas de colaboraciòn coas súas cadeiras.
Oito cadeiras de madeira, tamaño menor.
Dúas librarías.
Un gabinete de Física e Química recreativa.
NAS AULAS AS ESCOLAS DE NENAS
Dúas plataformas coas súas correspondentes mesas pupitres para os Mestres.
Seis roupeiros de madeira das mesmas dimensións e departamentos que os existentes nas dos nenos.
Oitenta mesas bipersoais con dúas cadeiras cada unha.
Oito encerados de madeira
Oito cadeiras de tamaño maior.
Dúas librarías.
MOBLAXE E MATERIAL QUE QUEDOU DAS DISTINTAS DEPENDENZAS
Catro bancos, un deteriorado.
NAS AULAS DAS ESCOLAS DOS NENOS
Cinco encerados de madeira, un deteriorado.
Unha mesa pupitre deteriorada.
Trinta e dúas mesas bipersoais; 15 deterioradas.
Catro cadeiras maiores; 2 deterioradas.
Dúas mesas de colaboración: unha deteriorada.
Un gabinete de Física e Química recreativa
NAS AULAS DAS ESCOLAS DAS NENAS
Unha mesa pupitre deteriorada.
Trinta e cinco mesas bipersoais; 17 deterioradas.
(.....Nota mecanografiada formada para reclamación dirixida ás Autoridades Militares e pedirlles a reparación das aulas e demáis dependenzas que foran ocupadas polos ,soldados )
* Segundo relato de perosas que coñeceron a ocupación militar das Escolas Públicas, a maior parte do material escolar , moblaxe e material bibliográfico desaparecido foi queimado polos soldados para facer lume e quentarse nas noites de friaxe .
* Do equipo de Física e Química recrertiva , en 1970 aínda se conservaba unha máquina de vapor en miniatura , probetas, matraces.....
* Os libros gardados na Escolas de Nenos nº 1, procedentes da dotación inicial, foron tirados ao lixo para facer sitio para os libros propios da implatación da EXB ( 1970 )
* Na Escola de Nenas nº 1 , había un grande rolo pintado con esceas bíblicas , que se facía xirar para as explicacións das sucesivas representacións pictóricas de feitos do Antigo Testamento. Tamén se tirou ao lixo en 1970.
......................................................................................................................................................................

Comentarios
Publicar un comentario