Venancio Vázquez López
VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, SARRIAO, INDUSTRIAL E POLITICO
Señoras e señores:
Dixen
A TENDA DE VENACIO VÁZQEUZ EN MADRID
En Madrid na " Carrera de San Jerónimo, número 29, Venancio Vázquez López tivo aberta tenda de venda ao público.No ano 1916 xa a tiña traspasada e o sucesor na frenteira do establecemento anunciábase da seguinte maniera.
29 ANTIGO DEPENDENTE DE VENANCIO VÁZQUEZ 29. Chocolates, Tés, Cafés. Emilio González.. Bombóns. Caramelos Emilio González.. Caprichos para regalos.
Na publicidade:
Antiga casa de Venancio Vázquez. Os máis seleitos chocolates , Tés, Cafés, Bombóns exquisitos e Caramelos finos. Caprichos, Bolsas, Cestas .Caixas para vodas e cruzamentos. .EMILIO GONZÁLEZ . Carrera de San Jerónimo, núm. 29. Sucursal: Claudio Coello, 14. MADRID.
Palabras pronunciada por don Venancio Vázquez López (W), primeiro presidente dun Centro Galego en Madrid , Deputado a Cortes por Madrid e industrial chocolateiro, con ocasión da sesión inaugural do "Centro Gallego de Madrid" ( 5 de maio de 1902 ).
Señoras e señores:
Agradezo á Presdienza o galano que comigo garda , convidándome a facer uso da palabra nesta festa, para min tan grata. Serei breve, pois non desexo molestravos , sabendo como sei a vosa impaciencia por escoitar á Señora Pardo Bazán e ao Señor Vincenti.
Todos lembraredes que fun o primeiro presidente do primeiro Centro Galego de Madrid, e hoxe non podería durmir tranquilo se non saudase ao novo e non felicitase polo seu traballo para chegar a esta fermosa realidade , ao meu querido amigo o celoso e entusiasta deputado galego Eduardo Vincenti, e ao xornalista da miña terra, campeón desta idea en Madrid, e tamén amigo meu moi querido, Baldomero Lois, o noso Secretario.
Os traballos e os esforzos de ambolosdous , porque os dous son un, brillantemente patrocinados pola ilsutre dama que nos preside e que honra tanto á patria española, tiveron o bon suceso que agora vedes .
Somos en Madrid os máis : o que loita, chega, e é necesario que os 60.000 galegos que constituímos a colonia nesta Corte , demostremos a nosa unión para sermos uteis ao país e a nós mesmos.
Mágoa é que nesta festa non se achen presentes todos os senadores e deputados galegos ; mais se nos abandoan , tanto pior para eles. O "Centro Galego" , perseverando nos propósitos que nos espuxo na súa Memoria o Señor Secretario , construirá una grande forza, e entón xa veredes como acoden a el os que hoxe non viñeron.
Remato enviadno un saúdo agarimoso á nosa amada Galicia e felicitando cordialmente aos organizadores da Sociedade por ter levado á práctica o que todos críamos un soño.
Dixen
O EXCMO. SR, DON VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, naceu en Sárria, no seo da familia "Moreno". Era sobriño de don Matías López López e coma este foi industrial chocolateiro en Madrid, onde desenvolveu a súa actividade comercial e politica. Foi deputado a Cortes por Madrid, concelleiro e tenente de alcalde en Madrid, e destacou en actividades altruistas e como benfeitor da súa vila nadal.
Aquí alzou dúas casas : "Villa Aurelia" ( una das chamadas Quintas dos Madrileños, actual sede sociala de La Unión ) e outra casa no entón Barrio da Duquesa-rúa do Porvir ( agora rúa Marqués de Ugena ) máis coñeida como Casa de Quiroga. É no cemiterio sarriao onde está enterrado o seu corpo, no máis moimental dos panteóns , promovido por el.
Ë motivo de orgullo para Sárria , que o primeiro Centro Galego promovido en madird, estivese presidido por don Matías Vázquez López, aínda que o pulo creador esmorecese, e en 1902 houbese que fundar outro, que é o que na actualidade pervive.
A TENDA DE VENACIO VÁZQEUZ EN MADRID
En Madrid na " Carrera de San Jerónimo, número 29, Venancio Vázquez López tivo aberta tenda de venda ao público.No ano 1916 xa a tiña traspasada e o sucesor na frenteira do establecemento anunciábase da seguinte maniera.
29 ANTIGO DEPENDENTE DE VENANCIO VÁZQUEZ 29. Chocolates, Tés, Cafés. Emilio González.. Bombóns. Caramelos Emilio González.. Caprichos para regalos.
Na publicidade:
Antiga casa de Venancio Vázquez. Os máis seleitos chocolates , Tés, Cafés, Bombóns exquisitos e Caramelos finos. Caprichos, Bolsas, Cestas .Caixas para vodas e cruzamentos. .EMILIO GONZÁLEZ . Carrera de San Jerónimo, núm. 29. Sucursal: Claudio Coello, 14. MADRID.
Comentarios
Publicar un comentario