Mozos de Sárria ( 1961 )
CAMPAMENTO DE MONTAÑA SÁRRIA ( LUGO ) AGOSTO DE 1961
DIARIO
XOVES DE ACCIÓN CATÓLICA
No verán de 1961 os mozos da Acción Católica de Sárria organizaron un campamento de montaña en Montefurado e na ribeira do Bibei. Inspirador principal desta actividade foi o coadxutor de Santa Mariña de Sárria don Manuel Vázquez López ( popularmente coñecido como "don Manuel da bicicleta" ) que interesou a colaboración de don Xaime Ceide, que tamén estivera exercendo o sacerdocio na dita parroquia, e pasara despois a Montefurado, parroquia integrada na diocese de Lugo poucos anos antes.
A organización levarona adiante D. Manuel Vázquez López ( como Capelán e Xefe de Campamento , sacerdote ), Manuel Rodríguez Díaz ( "Rodim", Subxefe de Campamento e Direitor da Rondalla ); D. Antonio Suazo ( Xefe de Cociña, funcionario de Previsión ); Ramón Faraldo ( Cabo Furriel ) ; D. Xaime Ceide González, sacerdote ), D. Ramón Rodríguez Mondelo ( Xefe de Información )
Participantes: Manuel Valcárcel Loureiro ( "Manoliño das Casetas ") ; Antonio López; , Xosé Jiménez Nogales ( "Pepe Pintos ") ; Carlos Rodríguez Castedo ( " Carlos Carrizo" ) ; Antonio López Silvosa ( " Toñín Sampedro" ); Luis López Fernández ( "Luis Pulpeiro" ) ; Xosé López Carrozas ( " Xosé Carrozas " ); Antonio Baamonde ( "Ferrador") ; Álvaro Castro López ( "Alvarito do Pastor" ); Manuel Vázquez Rodríguez ( "Manolo doña Antonina", seminarista ) ; Xosé Manuel Pérez López ( "Pataqueiro", seminarista) ; Xosé Antonio Casar ( seminarista ); Antonio Fernández ; Xosé Luis Corujo ( "Carreiro" ) e Xosé Otero ( Pepe de Práxedes").
5 DE AGOSTO ,SÁBADO.- Reunión no local da Acción Católica Masculina, no Barrio Novo, actual rúa Vázquez Queipo. Aportación das cotas correspondentes.
6 DE AGOSTO, DOMINGO.- Entración dos participantes, ás seis do serán, diante do BAR CEPA ( o organizador vivía nesa casa, rúa Diego Pazos 17 ). Desfile ata a Estación do tren, e Suazo levaba ás costas una culler e un garfo de madeira de grande tamaño. Despedida dos expedicionarios na plataforma da estación. Chegada a Montefurado ás dez menos cuarto da noite, sendo recibidos por don Xaime Ceide. Marcha a pé ata o Poboado de Saltos do Sil, lugar fixado para a acampada. Entrada no lugar amenizada pola rondalla sarriá e instalación no salón de cinema do poboado como lugar para dormir. Despois de deixar as mochilas reunión en " O Casino" para cear un bocado e probar o tinto da zona.
7 DE AGOSTO , LUNS.- Diana ás 5 da mañá.- Baño na Praia. Cruzaron nadando o túnel dos románs Luis Pulpeiro, Otero, Faraldo, Toni, Carlitos Carrizo e Silvosa. "Manoliño" fixo varios mergullos tirándose ao río dende 14 metros de altura. Misa na capela do Poboado. Almorzo. Xira a Montefurado na percura de viandas, a Vilanuiz a por patacas e o resto arranxando a estancia . Xesús Ceide encargouse de facer unha paella . Despois da sesta , uns polo río e outros pé, sairon os acampados cara o Encoro da Pontenova . Decidiron subir as 1700 pasos da escaleira paralela aos tubos de baixada de auga desde o estanque de decantación á sala de turbinas , chegando enriba só Manolo Vázquez e "Carrero". Ocupación das cinco tendas . Houbo que mudar de sitio unha delas por un ataque de formigas. Bautismo identificador das tendas " A dos Pirotécnicos", "Hotel Novo", "Clero", "Maleante" e "Trapabocha".
8 DE AGOSTO, MARTES.- Diana ás 6 da mañá. Baño no río Sil. Marcha ata Peites onde oiron misa. O Cura regaloulles velas para o alumeado noturno. Almorzó e acopio de viño. Camiñata ata Cerengo Obtención de fotografías nos penedos e Antonio do Mazadoiro consigue a denominación festiva de Abominable Home das Neves". Alcanzaron o cume da montaña só Pintos, Manolo Vázquez , Casar e tres mozos do Poboado. Baamonde, encargado de levar as empanadas para os compañeiros, cae en terra. e na zoupada derramanse as viandas , e aínda así resultaron reconforaentes despsis de tanto esforzó e exercizo físico. Chegada a Peites do groso da expedición, despos de se perderen no camiño. Chegada ao campamento ás 5 e media. Ás 6 e media os que chegaran ao alto da montaña entraon fachendosos no campamento, fachendosos de ter sido agasallados poloagarda forestal.
9 DE AGOSTO, MÉRCORES.- Diana ás 5 da mañá para ir ata o Santuario das Ermidas ( no Bolo-Ourense ). Pasan por Vilanuíz, Seadur, Freixido, Lentellais, Porto Mourisco, Outar de Pregos, Santa Cruz, Resurreeción e As Ermidas. En Seadur espertaron ao cura cunha serenta, sen que houbese "convidada". Almorzaron despois de pasar Freixido. Un home do país, que ía cun burro, pensou que eran un grupo de mineiros na percura de traballo, e que don Xaime Ceide, groso de natureza , era un rico que entrara en desgraza. Despois de descansar en Porto Mourisco, os máis cansos subiron a un camión de Saltos do Sil, e os demàis seguiron ata Outar de Pregos, onde unha señora caridosa lles deu auga para beber, xesto moi xeneroso " porque nese lugar teñen que ir a por auga a dous quilómetros". Ao chegar a Resurrección os primeiros camiñantes agardaron polos retrasados. Fixeran 35 quiómetros de marcha, e foron recibidos nas Ermidas polo Padre Reitor e don Manuel , que se adiantara no camión. Baño nas frías augas do Bibei. xantar no refectorio do Seminario, recibidos cordialmente polos seminaristas, que foron aurorizados a falar en honra dos visitantes. Descanso na sala de visitas.. Ás ás 6 da tarde o Reitor deu una charla. Vistaron os sarriaos o pobo e ás 8 menos cuarto , don Felipe, párroco do santuario ensinoulles a igrexa e amosoulles a imaxe da "santiña". Houbo confesión. Cea cos seminaristas , e Mondelo fixo un simpatico brinde cun grande vaso de auga. Acto convivencial no Salón de Acotos, con actuacións de seminaristas e da rondalla que cantou cancións de tuna.
10 DE AGOSTO , XOVES.- Diana ás 5 e media . Misa de comuñón, compra de recordos na Administración do Santuario. Almorzo. Adeus á Virxe. Subida a pé ata Resurreción onde os agarda un coche que os leva ta Freixido. Seguen a pé ata Seadur onde o Cura os convida a que beban viño. A rondalla ofreceulle unha serenata. para facer máis curta a viaxe diciden seguir pola vía do tren e ao atravesar un túnel senten tanta anguria que pasaron con toda a presa que as súas forzas llo permitía e un deles perdeu uhna zapatilla en tivo que volver a buscala.. Chegaron ao campamento onde don Manuel e os coñeiros, que se adiantaran usando o tren, lles prepararan un bon xantar. Pola tarde a rondalla recorreu as corgas de Montefurado aledando o lugar.
11 DE AGOSTO, VENRES.- Diana ás 6 da mañá. Saída para Montefurado, onde oiron mis. e despois sairon cara Ferriera, levando as conseguntes empanadas . Ás 3 e media voltan para o campamento, e a consecuencia dun golpe de sol don Xaime Ceide ten que estar encamado día e medio.. Despois da cea a rondalla cos súas cancións fai a ronda de despedida e as mozas bótanlles caramelos dende as fiestras. Todos os patricipantes foron convidados cunha ronda de clarete no Casino, retirándose a descansar ás 12 da noite Para evitar xogarretas de última hora don Manuel montou garda, rezando co Breviario, á luz dunha vela, ata que todos cairon rendidos polo sono.
12 DE AGOSTO, SÁBADO.- Desmontan as tendas e mñadanas para a estación de Montefurado. Misa na capela do Poboado. Baños na Praia. Xanauur. sopa de pan con allo, tortillas de patacas con chourizo, touciño , xamón e cebola, salsa de tomate, mazás, pavías, café e copa. Ás 5 do serán camiñata ata Montefurado. äs 7 , chegada do tren , acuación da rondalla, e despedida Cantos xeralizados mentres durou a viaxe. Ás 9 da note chegada a Sárria, onde eran agardados por un grandne número de perosas. dende a Burgalesa ata o Cruce da Ciguñeira organízase unha marcha , que desfía aos aordes da rondalla , co xefe de cociña na cabeza .Unha taza de ribeiro no Bar Cepa puxo fin á marcha.
¡ Viva a sana alegría xuvenil !
....................................................................................................................................................................
Recollendo as vivenzas dos mozos sarriaos foi editado un" Diario" , na Imprensa da Viuva de Felipe Rodríguez, redactado polos Xoves da A.C , e que contén nove graburas feitas pola técnica do linóleo polo artista Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim).
Mentres durou esta actividade. a RADIO POPULAR DE SÁRRIA contou as aventuras do grupo de mozos que andaban polas beiras do Sil e do Bibei, para o que mandaban animadas cartas contandn a súa experiencia, e anécdotas programa que despertou grande interese entre os sarriaos, o que explica o feito de que moitos sarriaos foran a recibir aos expedicionarios cando o 12 de agosto de 1961chegaron de volta á vila.

Hola, mi nombre es Justo Manuel Cárdenas Rodríguez, soy cubano y trabajo para las Naciones Unidas en Cuba desde hace 25 años, en la Organización Mundial de la Salud.
ResponderEliminarHace unos 4 años, en vida de mi madre, al hacer para ella unos trámites de solicitud de ciudadanía española, recibimos del Regitro Civil de Sarria el certificado de nacimiento de mi bisabuelo José María Rodríguez López de Castro, quien nació en Vilarello el 16 de Abril de 1879. Hace unos meses, revisando los papeles de mi madre al cumplir 3 años de fallecida, encontré una copia de ese documento. Me resultó muy bella la cantidad de información sobre mi ascendencia gallega y comencé a leer en internet sobre Galicia, Lugo, Sarria, San Esteban de Mato, Loureiro y Vilarello. Por esas informaciones he conocido que estos tres últimos lugares, de los cuales son mis ancestros, permanecen siendo pequeñas localidades en las que, quizás, vivan algunos familiares. Entre las páginas de internet, encontré sarriaacentogalego, que ha sido la mayor fuente de información para mi. Agradezco a ustedes la publicación de todo este bagaje histórico. Seguiré leyendo lo que ya tienen y lo que publiquen en lo adelante, para conocer más y mejor de mis raíces. No importa que esté en gallego pues lo leo bastante bien, apoyado en el castellano y el portugués que conozco. Muchas gracias y felicitaciones. Si van por San Esteban de Mato, Loureiro o Vilarello, coméntenle a los lugareños que les envío un abrazo desde Cuba.