Xoán Díaz de Guitián ( 1616 )
TESTAMENTO DO LICENCIADO XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN, FILLO DE ANTONIO DÍAZ DE GUITIÁN "O VELLO" E DE MILIA VÁZQUEZ DE QUIROGA, CURA BENEFICIADO DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA ( 13 de xullo de 1616 ).----------------------------------------------
No longo e incompleto testamento desde crego sarriao aparecen recollidas as mandas, fundacións e establecemento da súa derradeira vontade que nos permiten coñecer moitos aspectos da vida social e relixiosa da Sárria da primeira década do século XVIII.
ENTERRO
Se morrese dentro de dez légoas da vila de Sárria mandaba ser enterrado na sepultura por el dotada en San Salvador. E se o pasamento se producíse máis lonxe , terían que enterralo onde morrese.
OFRENDA POLA SÚA ÁNIMA
Unha fanega de trigo e un costal de viño e dous carneiros e outro tanto nas honras de cabo de ano.
MISAS POLA SÚA ÁNIMA
E ademáis polas dos seus país, avós , irmáns e persoas a quen tiña cargo manda que se digan 1.000 misas cantadas, coa seguinte distribución:, a razón de 3 reais cada unha sen lles dar de comer aos cregos:
250 misas para seren ditas na igrexa de San Salvador de Sárria, e que 50 delas se ofrecesen por Diego Fernández de Cedrón , primeiro marido da súa irmá Xoana.
250 na ermida de Santiago do Mercado, na que fora capelán ,pola súa ánima e as dos fundadooes da capela. ( que quedaba a oeste da Fortaleza, por baixo dos actuáis pendellos do Campo da Feira ).
300 misas na capela de Santa María e San Xoán , da igrexa de Santa Mariña de Sárria, onde fora capelán , dándolle a esmola ao párroco, e que as ofreza tamén polas ánimas dos fudnaodres da capela.
200 misas no mosteiro de Santo Agostiño de Sárria ( Santa María Madalena ) , e se quixesen dicir as de Santiago do Mercado que se concerten para iso co prioiro.
100 misas , de defuntos e da Nosa Señora, se dean en San Francisco de Monforte para que se digan en Santa María da Régoa.
DOTACIÓN DE OBXECTOS PARA O CULTO E SANSCRISTÍA
Un cálice de prata, dourado nos treitos necesarios, cun peso de 24 ducados.- Unha vestimenta de seda de 30 ducados de custe , cando menos.
SANCRISTÁN DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA : Dota a creación dunha persoa encargada da sancristía que coide dos ornamentos, prata e cousas dela, arranxo dos altares, axude nas misas, acenda a lámpada , etc., recibindo a renda de 20 fanegas de pan en cada un an.
-
A renda era pagadeira : 14 fanegas no Couto de Biville e unha tega no Leimán, pagas polo lugar do Terrado, cun porco , cabritos e ovos. 6 fanegas no Couto de Rosende, na propiedade chamada das Nogueiras, pagas por Miguel de Rosende xunto con tres galiñas..
E para garantir a renda hipotecou os bens que tiña na Ponte Ribeira, Crecente e Farbán.
Tiña que ser persoa virtuosa e hábil, moradora en San Salvador de Sárria, e tiña que ser nomeada polo maorazgo instituido polo seu pai Antonio Díaz de Guiián, sen que podese disfrutar o cargo o párroco nin ningún crego beneficiado, " e non é por isto visto que non deixe de haber mordomo que cobre as primicias que deben os fregueses á dita igrexa e rendas da fábrica que se han pagar polas capelas de Santa María e Santa Catarina , ambalasdúas imaxes están no altar que está á man dereita da dita igrexa e que as levan os arcediagos de Sárria coa dita pensión que a pleiteei e saquei con eles por escritura de concordia".
O sacristán tiña obriga de encargar 6 misas cada ano, una delas cantada, pola súa conta: Unha no altar da sacristía o día de San Xoán Evanxelista "ante Portam Latinam" que é o 6 de maio ; outra no altar maior de San Miguel o 8 do dito mes; a terceira o día do martirio de San Xoán Batists, o 29 de agosto: a cuarta día de San Miguel de Setembro ( día 29 ); e as dúas restanes na Oitava de Defuntos,
E para a atención desta obriga deixou o Lugar da Labrada, en Maside.
........ Item nomeo a Domingos de Guitián por sancristán da dita sancristía, que leve, goce, posúa os bens e rendas da dita sancristía como enriba van declarados e que a poda servir por outra persoa, canto duraren os seus estudos, que así é a mñia vontade....
CONFRARÍA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
A sancristía e oranmentos serán común coa Confraría do Santísimo Sacramento istituída polos sacerdotes da comarca e asentada en San Salvador de Sárria.Mandou para a Confraría 50 ducados para as súas necesidades. Establece digan misas pola súa ánima , nas xuntas que fixesen os cregos , por xaneiro, Pascua de flores e na Oitava e mes de Santos , que eran catro misas de defuntos. Mandou que nesas xuntanzas os seus cumpridores tiñan que darlles de xantar honradamente como merecen sacerdotes e señores tan honradas e principais. Tiñan que gardar unha copia do testamento na arca da Confraría.

CONFRARÍA DO NOME DE XESÚS EN SAN SALVADOR DE VILAR DE SÁRRIA
Instituída por Xoán Díaz de Guitián . Deixou 50 reais para descargo da súa ánima, e que o mordomo dela fixese dicir dúas misas con presenza dos Confrades e que teñan con cera o enterro e honras fúnebres.

IGREXAS DO FONTAO E FARBÁN
Deixou 50 reais a cada unnha das igrexas para que os curas delas os adicasen ao que en conciencia estimasen necesario,

ERMIDA DE SANTO ALBERTE ( VILAR DE SÁRRIA )
Manda que fagan un altar longo e ben feito na parede que está dentro da ermida por tras do dito altar e que pinten o Santo, fagan a porta de entrada e que lousen a capela para que estea honesta e decente.

ERMIDA DE SAN MIGUEL ( BARBADELO )
Estaba pasada a aldea da Veiga do Pozo ( Veiga de Arriba ) , na Xurisdición de Barbadelo ( baixo do Castro das Paredes ) e mandoulle 20 ducados para que se reedifase e cubrise, xuntando tamén a esmola que o capelán de Barbadelo e as boas xentes entregasen para ese fin..

ERMIDA DE SANTA CRISTIÑA ( REQUEIXO )
Estaba no cume do Monte de Santa Cristiña. Mandoulle 4 ducados ,para reparos no mesmo.

ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA COUSELA ( FARBÁN )
Estaba entre Filloi e Vilariño. Deixiulle un vestido de seda curioso e ben feito para a imaxe da Nosa Señora que estaba no su altar.

Para atender a todas as mandas anteriores mandou que os cumpridores testamentarios vendeesen os seus bens mobles, e que os ben, s raíces os tivesen baixo o seu coidado o tempo que estimasen necesario apricando os rendementos ao cumprimento de mandas e legados.
CAPELA MAIOR DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA
A Capela Maior fora fundada polos devanceiros de Xoán Díaz de Guitián e este fíxo a favor dela as seguintes mandas:
O lugar de Crecente , en Santa María de Vilar, co Casal da Marquesa. O Lugar de Farbán coas casas e edificios que nel fixera, cos prados , árbores e os Muiños da Acea. O lugar de Louseiro no que vivía Pedro Mourín, que pagaba de renda 11 fanegas e media de pan centeo, un porco, un carneiro e ademáis 2 fanegas de trigo que pagaba polo lugar do Berxeo. 3 fanegas de pan e unha de trigo que pagaba Bartolomeu de Lamartín polos Pardos das Centolas en Louseiro . O Lugar da Ponte Ribeira, que llo mercara a Gabriel de Mendaña e á súa muller Francisca Salgada As casas nas que vivía en Sárria que quedaran de Pedro Díaz de Sárria,un seu avó, que llas mercara a Francisco Pizarro e aos herdeiios de Pedro González de Quevedo, a quen llas vendera o seu tio Fernando Arias de Sárria; enadiu tamén a Casa Nova por el alzada a carón das anteriores, A casa da Forxa , na freguesía de Santa Mariña, posuída por Francsco López, cerralleiro.
PADRÓN DA CAPELA MAIOR DE SAN SALVADOR
Nomeu por padrón da capela ao seu sobriño , o licenciado Antonio Díaz de Guitián, fillo da súa irmá Xoana de Quiroga. Sería a el a quen lle correspondería nomear capelán e sancristán, se non os nomeba el antes da súa morte. O padroado corresponderíalle aos seus descendentes lexítimos, preferindo sempre o maior ao mener, o varón á muller , coas seguintes condicións:
Os ditos bens non se poderían vender , trocar nin enaxenar de ningunha maneira, mesmo por razón de delicto ou crime de "lesa maiestatis divine vel huma", e antes pasen ao seguinte en grao.
Antonio Díaz de Guitián non entraría a gozar dos bens mentres non se dese enteiro cumprimento ás mandas e legados no testamento establecidas.
TULLA PARA AXUDA DE LABREGOS POBRES
( Esta Tulla estivo situada nos actuais nº 16 ou nº 18 da Rúa Maior de Sárria,, na Casa Nova feita por Xoán Díaz de Guitián a carón daquela na que vivía.
Mandou que se xuntase a redor a renda dos lugares de Crecente, Farbán e A Ponte Ribeira, ata xuntar 350 fanegas de pan centeo, para darllo a labregos pobres de Vilar de Sárria, Requeixo, Fontao, Farbán, Reimóndez, Maside e anexos e Nosa Señora de Betote. E se sobrase , no mes de maio, tamén se daría a pobres da vila, sempre dando pan por pan con desconoó polas mermas, tendo que devolvelo no mes de agosto.
.Administradores da Tulla: O Meiriño da Fortaleza, o Padrón da Capela Maior e o Cura de San Salvador de Sárria.
Ademáis , cando entrase novo administrador, non cobraría a renda de dous anos para facer acopio para a Tulla, e se houbese excesos se vendan para esmolas e gastos de administración, e para a Obra Pía de casamento de doncelas pobres.

OBRA PÍA PARA CASAMENTO DE DONCELAS POBRES
Os Adminitradores, segundo o seu criterio, habendo gra na Tulla, acodirían con dotes en axuda de doncelas pobres para remedio do seu casamento.
( Esta Obra Pía chegou a ter bens e rendas propias, sendo coñecida como "Obra Pía dos Guitiáns")

......" E se, o que Deus Noso Señor non queira, que o dito licenciado Antonio Dáiz morra sen sucesión lexítima, as rendas e servizos dos ditos lugares sexan aplicados para dotes e casamentos de doncelas pobres que sexan da liñaxe e apelido dos Guitián. E nesta maneira que os ditos lugares e bens se sean e enreguen á tal doncela por tempo e espazo de tres anos , con todos os seus servizos e o máis a eles pertencente e sexan os bens dotais, como os mais que ela teña , lle dean e doten e non ha entrar a cobrar e levar os ditos bens ata tanto que así se trate do seu casamento e efetúe con esta manda, E acabados os ditos tres anos poida entrar outra pola mesma orde e antes e que a tal doncela que levase os ditos bens polos ditos tres anos acabe de cumprir o dito tempo, se poidan prometer a outra pola orde enriba dita , por maneira que cada unha delas goce e usufrute os ditos lugares polos tres anos enteiros. E desta maneira podorán casar dúas ou tres xuntas e levar e gozar cada unha os ditos tres anos seus , así como lles fose sinalado o tempo deles.
.................E sexan obrigados a rogar a Deus pola miña ánima e dicirme en cada un ano dos ditos tres anos, tres misas, unha en Nosa Señora da Cousela e a outra na ermida do Señor San Miguel que está da outra paete do río da Veiga do Pozo, e a outra. de defuntos, na igrexa de San Salvador desta vila, pola semana de defuntns na igrexa de San Salvador desta , riba da miña sepultura, e non é a miña vontade que se atenda á máis achegada á dita liñaxe nin maior en idade, senón á máis virtuosa e honrada e que estexa máis prmanceira a casar, así da vila como de dúas légoas darredor dela. E se a dita renda estiver algún tempo sen se dar como enriba vai dito, sexa depositada en mans de persoas abonadas, para este mesmo efeuto e isto sexa ao dispor de quen leve o vínculo do meu pai Antonio Díaz e dos seus sucesores del, que sexan e se chamen padróns da dita capela, pois o meu pai, que fundou o dito vínculo, está enterrado nela , e a mparen e a teñan como súa, os que provean a dita capela de capelán e sancristán como enriba vai declarado ......
CASA PARA OS CAPELÁNS EN SAN SALVADO E POUSADA PARA OS SACERDOTES CONFRADES DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
.......E se agún deles ( dos capeláns ) quixese vivir na dita vila doulle as miñas casas nas que eu vivo e moro ao presente , con que o dito Licenciado Antonio Díaz e os máis padróns que sucedan no dito vínculo e lugar de arriba nomeados, deixen a casa de abaixo que está na dita freguesía, e estrema con casas nas que vive ao presente Bartolome Rodríguez, e pola parte de enriba con casa de Catarina Gómez, co horto que está detrás da dita casa , para que os ditos capeláns vivan nela e sexan obrigados a dar alí acollida aos sacerdotes da Confraría... E se os ditos padróns non quixesen deixar a dita casa aos capeláns , leven a casa na que eu vivo coas condiciónns enriba ditas.
PREFERENZA DE DONCELAS PARA DARLLES DOTE
.... Item quero e é a miña vontade que sexan preferidas as fillas de Antonio de Losada, se se trata do casamento dalgunha delas e houbese tempo para iso consonte ás cláusulas de enriba e liñaxe , se as houber nesta vila, e é condición que ningunha delas poda casar con persoa que sexa descendente de liñaxe de xudeus, criitiáns novos nin reconciliados polo Santo Oficiio nin de ningunha outra mala raza. E encargo á conciencia dos ditos padróns que ao escolleren de enter as ditas doncalas non miren senón o que sexa xusto e entren con el nas execucións desta cláusula o Meiriño da Fortaleza desta vila e o cura da dita igrexa e co consello eles se faga e habendo diferenzas haxa que estar e pasar polo parecer e voto de dous deles, sempre que un deles sexa o do padrón....
DOTACIÓN DE CAPELÁN
Polo seu testamento instituiu un capelán na Capela Maior de San Salvador de Sárria, que tiña a obriga de dicir dúas misas nela en cada semana, pola súa ánima, as dos seus piís, avós, deudos e parentes. Podía dicir as misas no altar maior ou nos colaterais, cos sus rssponso riba da súa sepultura.
Tiña que ser presbítero de misa e ser persoa de boa vida e costumes, levando polo seu traballo:
1.- O lugar de Outeiro, en San Pedro de Maside, que o levaba Pedro Mourín, en renda de 12 fanegas de pan, un poroc cebado, o mellor, e catro capóns.
2.- O lugar de Treilán coa renda 11 fangeas de pan, un poroo , e o demáis que nese lugar se pagaba: 5 fanegas de pan e 2 galiñas que levaba a capela de Santa Catarína"inclusa na igrexa de San Salvador, e a súa imaxe está no alatr de Santa María, a carón da porta da sancristía"
3.- . 4 fanegas de pan e 2 galñias por herdades en Santiago da Vegia, levadas por Pedro da Torre, que llas mercara a Álvaro López da Ribeira e á súa muller.
4.- 2 fanegas e media de pan con 3 galiñas, que pagaba Pedro do Penedo, en Teilonxe, e tamén os herdeiros de Nuno Álvraez de Guitián.
5.- O lugar de Ferreiros, polo que pagaba 9 fanegas e media de pan Xil de Armesto, que el llas mercara ao licenciado Feijoo e á súa muller.
Tamén mandou que se celebrase unha misa cantada na Oitava dos Defuntos.
Sinala que todos os cargos sexan nomeados polo Padrón sen intervención do bispo.
....Manda 25 ducados para o seu capelán Antonio González, polo seu traballo como cumpridor teatamentario ,....e noméoo por capelán da dita capela que atrás queda instituída, para que despois de cumprido todo este meu testamento e mandas del , e non antes, entre nos bens da dita capelanía e as leve, goce e posúa como enriba van declaradso....

MANDAS PARA PARENTES , HOSPITAL E IEGREXA
Para as súas afilladas Sabela Sánchez e Catarina Díaz de Guitián , fillas da súa irmá Clara Díaz de Guitián, sinaloulles 24 ducados a cada una delas , para vestidos.
Á súa sobriña Xoana, filla de Antonio de Losada e de Sabela Méndez, deixoulle os bens que mercara a Antonio de Losada:
Seis fanegas de pan de renda, cos seus capóns, na aldea de San Fiz, en prezo de 60 ducados. A herdade da Xesteira da Cousela de Filloi, en 10 ducados, e unha casa no Arrabaldo de Santa Mariña, que "`parte con casa de BartolomeuE Rodríguez de Santo Estevo, en 30 ducados Tres pezas de herdade , compradas en venda xudicial, unha delas na aldea de Filloi, outra en San Lázaro e a terceira no Barredo dos Esqueiredos, co horto que está dentro deles, en prezo d e100 ducados.
( Reserva para el e os seus herdeiros a Leira de Fillloi e a Xesteiia da Cousela, xunto cos demáis bens . lugares e herdades que tiña en Farbán ).
Os bens que lle deixaba á Xoana Díaz non podían ser vendidos nin enaxenados en tempo ningún. E se ela falecera sen descendentes eses bens pasarían a Milia Vázquez de Quiroga ( filla de Antonio de LosadS e de sabela Méndez ), e no mesmo suposto, pasarían segundo orde e grao ás demás fillas do dito Antonio.
E mentres non casasen os froitos dos bens quedarían en depósito ata que tomasen estado. E púxolles a obriga de que en cada un ano dixesen catro misas pola súa ánima e das daqueles de quen traía cargo, na Oitava do Cortpo de Cristo.

DÉBEDAS, ESMOLAS E NOMEAMENTOS
Había moitas persoas que lle debían cantidades por pan prestado, e perdoulles ás débedas aos labregos pobres , e sinalou as dos demáis segundo relación nun memorial contida .
Manda que sexan os seus cumpridores testamentarios Xoana de Quiroga, a súa irmá, ó liceneiado Antonio Dáiz e ao seu capelán, Alonso González.
... Item encargo ao dito Padrón e padróns que sucedan nos bens da dita capela reciban baixo da súa tutela e amparo a Francisquiño , neno que anda na miña casa e o críen honestamente e o poñan en oficio, con que poida pasar honradamente e o críen e sustenten por ser , como ñe, servizo de Deus e ser el orfo, sen pai nin nai. E que o dito capelán e sancrisán o teñan por encomendado para favorecelo e ensinarlle o que poidan.
........E ao Hospital desta vila mando unha cama de roupa da que houber na casa , que leve un colchón e dúas mantas e dúas sabas , e una das mantas de frazada.
.....E mandou o cobertor azul e carpeta e rodapés á igrexa de San Salvador para que con eles se fagan frontais....

CONDONACIÓN DE DÉBEDAS
Manda que non se lles cobre ren ás tecedeiras de Vilarrairo., nin dos seus maridos, tanto de pan fiado como prestado, e 9 fanegas de pan que levara Xulio López, marido dunha delas, no "ano caro".
Que non se lle cobre o pan prestado e fiado a Tomé Mourín.Que á muller de Xácome , que se foi e está ausnte, non lle pidan o pan fiado. E o mesmo á filla de Melchor. A Catarina Díaz, que vive a carón da igrexa, quitoulle os 15 reais que me debe.Que non cobren nada á viuva de Xulio González, nin do seu amo, Xoán López de Vilafiz; que a Xoán Díaz de San Martiño. non lle cobren o pan fiado; perdoa todas as débedas que tiñan os viciños de Treilán, agás a débeda de Alonso do Pozo, ao que lle quita 14 reais; perdoalles a débeda a Domingos López de Mendrois e da súa muller Bárbara López; Quítoulle a Bartolomeu Díaz Zanfoga os atrasos de cincuenta fanegas de pan, a e ao seu fillo marco mandoulle 6 cabras que levara da súa casa para Zanfoga; perdoalle a débeda de diñeiro e de pan que tiña Peranetes de Biville e o seu fillo, Marco, coa obriga de que digan 6 misas en Biville, E a unha viuva, filla e xenro que viven tamén en Biville perdoulles todas as débedas; ao vello da aldea de baixo de Vilei fíxolles tamén perdón; "En Padriñán dében un home que non se me acorda o nome, unha fanega de pan do ano que valei a 14 reais, mando que non se cobre del, e que non se entenda que sexa o caseiro que alí mora, fillo de Alonso Yanes de Guillade ;perdoa tamén a débeda dunha viuva de Tremeado; A María Fernández da Cervela, viciña de Crecente, manda que non lle cobren sesenta fanegas de pan de rendas atrasadas.
Tamén fixo perdón a: Pedro Díz de Guitián, de San Pedro de Froián; Catarina López de Froián, deama que o servira; Brais de Betote e María López; Amaro de Betote, perdoalle una fanega de pan; Alonso Rodríguez Xulio López , caseiro en Farbán; ; NoVal da Armeá : Sebastián Vázquez e Oedri Bim Vecubi de Vigo ( pan e diñeiro ); perdoa a Clara Díaz de Guitiián 6 ducados postos riba dunha "porcelana de prata"; Bartolomeu do Axeito , pedón das rendas ,e que lle cobren ao seu fillo un boi que lle gastou; Quitulle a débeda ao caseiro de Outeiro de San Pedro de Maside.
E o demáis que se cobre polos libros, e ás ordes medicntes e obras pías mándalles a medio real a cada una.

ESMOLA PARA O HOSPITAL DA VILA DE SÁRRIA
.... E desta maneira quero que se partan e dividan os meus ben e herdanza e os leven os legatarios e persoas enriba nomeadas e sexan herdeiros deles e por este revogo e dou por nulo e de ningún valor e efeuto, outro calquera testamento que antes deste teña feito e só quero que este valla en xuizo e fora del e non outro ningún agás se fose algún codicilo que reservo en min de facer das máis cousas que se me ofreceren e for a miña vontade e como aquí está escrito e asentado nestas quince follas e asinado da miña man , quero se outorgue e sendo necesario dende logo na mellor maneira que de dereito poda valer o outorguei i e teño por outorgado que é feito na vila de Sárria a trece días do mes de xullo de mil e seiscentos e dazaseis anos.
XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN
Comentarios
Publicar un comentario