Río Barbadelo
RÍO BARBADELO
de Sa
O río coñecido na Iade Media como BARBADELO, e agora chamado río Celeiro , nace perto de Santa Icía, e pasando polas parroquias de Loureiro , Froián, Santo Estevo do Mato, San Pedro de Froián, Chorente , A Chanca, Piñeira, Albán Barbadelo , Farbán, San Salvador de Sárria, e Requeixo, leva as súas augas ao río Sárria, máis abaixo da Insua da Veiguiña.
Este río deu a súa denominación a una "mandatio· medieval" concedida polos reis a particulares, ao Val de Barbadelo, ás igrexas de San Miguel de Barbadelo ( Piñeiia ), Santa María de Barbadelo ( de Callás ou de Albán ), Santo Estevo de Barbadelo ( Santo Estevo de Requeixo, en Maside ), Santa María "in Valli Barbatelli" ( Ortoá ) e ás ermidas de San Miguel de Riáticos ( baixo do Castro das Paredes) e Santa María de Barbadelo ( perto do Mosteiro da Madalena de Sárria).
O Mosteiro coñecido primeiramente como" Casa Domni Adilani" ou" Loci Sancti Iacobi " , ao pasar a depender de Samos recibiu o nome de " Casa Barbatelli", e Mosteiro e Priorato de Santiago de Barbadelo , e o mesmo sucede co mosteiro, despois Capela de San Martiño de Barbadelo, un dos varios mosteirolos que había en "ripa Barbatelli". , como o de "San Paio de Barbadelo" ( Piñeira )
A denominación "Río Barbaldelo " só se cosnserva na parte alta deste curso fluvial, ata a Ponte Amboade, perto de Vilar de María.
No Catastro do Marqués de la Ensenada aparecen os nomes de Río da Chanca, Río de Piñeira, Río da Rañoá..... e andando os anos aparecen as denominacións Río Celeiro, Río Mazadoiro, Río Pequeño , e outras como Río do Lázaro, "Río das Vacas " , "Río das Insuas " e Río Pequeno ( estas na vila de Sárria ) , aínda que a máis oficializada e que máis aparece nos xornais é a de RÍO CELEIRO. Emporiso en planimetría referida ao ferrocarril vese refecltida a denominación "Río Barbadelo" , mentres que na nova estrada de Nadela a Monforte, á altura da Chanca, poñen nos letreiros "Río Pequeñn", que é un nome estrictemente dado na vila de Sárria, en oposición ao Río Sárria, considerado como "O Río Grande".
Sería de interese lograr a unificación da denominación deste curso fluvial recuperando o que foi nome histórico , e que agora só pervive no regueiro de terra de Froián e no nome da parroquia máis grande de Sárria. SANTIAGO DE BARBADELO, sendo de sinalar que non hai ningún lugar ou aldea que leve o nome de Barbadelo, e levan ese nome dous albergues de peregrinos, a Casa de Barbadelo, en Vilei, e o Albergue de Peregrinos da Xunta de Barbadelo, en Mosteiro,
de Sa
Comentarios
Publicar un comentario