CATRO ARTISTAS SARRIAOS ( 1960)
EXPOSICIÓN DA OBRA DE CATRO ARTISTAS MOZOS DE SÁRRIA
( 11 a 21 de marzo de 1960)
El Progreso, marzo de 1960
EXPOSICIÓN.- O día 11 do actual ás 20 horas , na delegación local de Xuventudes desta vila , tivo lugar a inauguración da exposición de óleos , debuxos e traballos de artesanía , realizados polos camaradas RAMÓN CASTRO LÓPEZ, MANUEL RODRÍGUEZ DÍAZ, XABIER PENA FERNÁNDEZ e XOSÉ DÍAZ FUENTES.
Presidiu o acto e declarou aberta a exposición o delegado provincial señor Bouza Fernández ( Federico ). quen en sinxelas e emotivas frases , fixo constar a satisfación que lle producía o acto que se estaba celebrando , xa que tiña o desexo de que as actividades culturais e de convivencia dentro da Organización, tiveran nun futuro próximo tanto pulo como o alcanzado na preparación física dos xoves, porque iso será o expoñente dunha máis completa formación que necesariamente ha levar anexa a paz e o entendemento entre os individuos e o benestar dos pobos.
Asistiron ao acto don Xabier López (Acevedo López, alcalde ; don Xosé Cora, xuiz de primeira instancia e instrución; o párraco de San Salvador e comendador da Mercé ; coadxutor de Santa Mariña ; inspetor de zona da Fronte de Xuventudes, Manuel López Rodríguez ; delegado local do Ministerio de Información e Turismo, don Manuel Vázquez Saco; xefe da Oficina de Extensión Agraria don Nicolás Prieto; señores Portela Pardo e Pena Carrozas, médicos de A.P.D. ; director da Academia Felipe II, don Ramón Bouza Fernández; presidente da Sociedade La Unión, señor Sobrado; don Ramón Vázquez Rivas e moitos outros que sentimos non recordar.
As obras expostas en número de 15 foron moi eloxiadas , e o noso delegado local Manuel Vázquez Torres moi felicitado.
Até o día da súa clausura que terá lugar o 21 do actual , pode ser visitada das 19:30 ás 21 horas"
........ NOTAS.- O local da Fronte de Xuventudes estaba en 1960 na Rúa Diego Pazos, na casa que fora propiedade do alcalde republicán Antonio Páramo Sánchez, e que lle fora abusivamente decomisada para establecer alí os comedores do Auxilio Social, no baixo, e o centro xuvenil no primeiro anda e ademias unha pista de terra para baloncesto na horta.......
Aquela exposición sinalou a andadura de catro mozos sarriaos ( Pena Fernández era só un neno de primeiros anos do bacherelato ) polos camiños da arte. Ramón Castro e Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim) destacaron andando os anos como consumados paisaxistas e as súas obras gozan de aprecio entre os entendidos, Xabier Pena Fernández , arquitecto, tamén se adica á creación artística. Finalmente Xosé Díaz Fuentes, destacado escultor e Fillo Predileto de Sarria , acabou fixando a súa residencia en Francia e a súa obra pode ser admirada en Sárria, Callás, O Mazadoiro , Santiago de Compostela e Pontedeume, en Francia e outros países estranxeiros.
Aquela exposición de 11 días no fogar xuvenil de Sárria foi o preludio dunha diversificada e produtiva actividade artística de catro sarriaos que seguiron camiños moi diverxentes.
Comentarios
Publicar un comentario