SÁRRIA; 60 ANOS DA PRAIA FLUVIAL E PARQUE DO CHANTO
NACEMENTO DA PRAIA FLUVIAL DO CHANTO ( 1961 )
A Praia e Parque Fluvial do Chanto , na vila de Sárria, naceu da man do alcalde XABIER LÓPEZ-ACEVEDO LÓPEZ , un dos máis eficaces alcaldes dos que ten disfrutado o concello sarriao.
En 1961 o Concello de Sárria deu os primeiros pasos para facer unha praia fluvial, despois de desbotar a ubicación que algúns querían levar ao Campo do Río ou Campo do Areal, augas abaixo da Ponte de Ferro.
Neste ano 2021 cúmprense os 60 anos da andadura do máis ambicioso proxecto destinado ao lecer e á practica dos deportes. Os 200 metros liñais adquiridos para asento das primeiras instalacións grazas a varios dos sucesivos alcaldes e corporacións foi ampliado a unha e outra beira do río , con dotacións e espazos deportivos ( piscinas, polideportivos, canchas ao aire libre ).
EL PROGRESO en 25,10.1961 saudaba o nacemento da Praia nun solto asinado por EQUIXEQUIX, que non é outro que o farmacéutico Antonio Peña Villamarín :
EVOLUCIÓN DUN PARAXE SARRIAO
" Dende hai máis de corenta anos , dúas ou tres xerazóns de sarriaos utilizan O Chanto , lugar perto da vila , para practicar a natación. O salto fixérono primeiro dende as árbores, despois dende un trampolín de armación metálica , que nós deseñamos, adqurimos e afirmamos , aínda que despois a vendemos para a chatarra.
"O Chanto" é o pequeno encoro do muiño da Ponte Ribeira , Moitos dos que alí practicaron a natación marcharon a lugares lonxanos , Outros acodiron voluntarios á Cruzada. Algúns, como Pepiño Sanmartín , sucumbiron heroicamente co "Baleares", mentres dende o "Canarias" outros compañeiros como Antonio Vázquez Rivas , Manuel Menéndez Leirado e Xabier contemplaban acontecidos a traxdedia. Os dous últimos que se iniciaran como nadadores no Chanto foron máis adiante campións de natación da nosa Mariña de Guerra e Xabier posteriormente xefe de deportes do SEU na Universidade compostelá.
Agora aquel lugar que antes pisabamos case furtivamente foi adquirido polo Concello , nunha extensión que mide máis de douscentos metros ao longo do río. Foi construído un camiño que permite o paso de veículos . Foron levantadas edificacións . E vaise estruturando o que ha ser unha fermosa praia fluvial ou grande pisicina. Todo a unha distancia de 150 metros das casas da vila e a 50 da Fon te da Ponte Ribeira, brasonada cos roeis dos Castro.
Coñezo o proxecto das obras que se están intentando ; é dun mozo moi sarriao ( * ) , e, xa case arquitecto, Nel todo está resolvido , bar-restaurante , servizos hixiénicos, duchas, apartamentos individuais e colectivos para se vestir, amplo terreo voando riba da auga, trampolins, acantilado, escadas de acceso, sombra e solarium., Sobremontado todo riba de esteos firmes e esbeltos , que permiten o paso da auga nas riadas invernais , sen que afecte á contextura das edificacións.. No fondo ampla pista de cemento para practicar os máis variados deportes. O máis importante, todo en liña actual de cor viva , sen estridencias, que matiza o vizoso verde dos bidueiros que se miran no río.
Ademáis ,parque infantil, Profunidades sinalziadas de 0,50 a 2,50 metros , Estancamento case total que permite o control de probas dos cen metros en natación e bogar en pequenas embaracións en máis de 250.
En fin, o complexo será magnífico neste río que chega con augas vírxenes e confirma o seu nome de "Sárria" ao entrar na vila que llo dá,
Por hoxe, ben á Corporación municipal, e se confirma o seu criterio adquirindo " As Insuas" facendo delas un parque , mellorando o seu campo de fútbol , entón moi ben en canto a deportes se refire.
De outros problemas urbanísticos , por certo importantes, falaremos outro día ( EQUIXEQUIX)
......... ( * ) O proxecto da Praia Fluvial do Chanto fíxoo, cando aínda andaba estudando arquitectura Antonio González Suárez-Llanos. A obra foi modificada máis adiante polo concello polo simple expediente de adosarlle outro corpo de edificio cara o sur.,
O prematuro falecemento de Xabier López-Acevedo López ( alcalde de Sárria e procurador en Cortes pòla provincia de Lugo ), impulsor da Praia Fluvial e de moitas outras iniciativas que nos anos seguintes se viron ralentizdas, non deu lugar a un cesamento na mellora das instalacións e ampliación dos terreos de uso público e a maior parte dos alcaldes que seguiron a López-Acevedo non dubidaron a ir ancheando o Parque pola Ribeira dos Cucos, e os Prados de Vilasante, o Lago e Ribela.,
Despois da morte do seu promotor o Concello acordara darlle o seu nome a ese primeiro parque sarriao, acordo que foi esquecido até que en tempo da alcaldía de Arturo Corral Guitián se alzou no Chanto un moimento memorial que honra a súa memoria , onde figura o busto do inesquecible Alcalde López-Acevedo.
Comentarios
Publicar un comentario