VIÑAS DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 1761 )
PROPIEDADES DOS AGOSTIÑOS DE SÁRRIA EN LEMOS
En Pacios de Veiga ( A Pobra do Brollón) o mosteiro de Santa María Madalena de Sárria tiña unha Granxa , xestionada por un monxe, que ademías dos bens gobernaba a Capela da Nosa Señora da Lagoela.
Habitaba nunha casa de un alto, de 14 por 12 varas, propia do convento, e ademais había outra casa tarrea, no Quintairo, de 8 por 8 varas- Terreos: SOUTO DE PORTO CABE: de 2 ferrados, L. e P.m, monte común; N. e S. , Río Cabe ; VIÑA DO CHAO, de 1 xornal en mensura, P, Manuel Fernández, N. Antonio Macía, , Sur, Diego Rodríguez; L. murada . VIÑA DE CASTRILLÓN, de 80mxornais, P. Diego Rodríguez, L.., N. e S, murada. VIÑA DE LAGOELA, de 200 xornais, MONTE DE LAGOELA, de 5 ferrados, murado. Había ademáis outras 7 partidas de labrado, monte e viña.
En BAAMORTO ( Monforte de Lemos ) , no lugar da VILA, os monxes do Convento de Santo Agostiño de Sárria, tiñan unha casa de un alto de 12 por 16 varas. Terras: A VIÑA DE LAVANDEIRA, de 2 ferrados, murada, e outras 26 partidas de labrado, monte e viña
Varias das viñas eran xestionadas polo mosteiro por medio de criados e outras foron dadas en foro. Iso permitía que os agostiños disfrutasen de unha boa cantidade de viño gardado nas adegas de Pacios da Veiga, Baamorto e na que posuían dentro do Bosque , na chousura mosteiral . Á altura de 1835, cando se produce a exclaustración dando remate a 635 anos de vida conventual, dispoñían de 66 canados e tres cuartas de viña en cada un ano.
Comentarios
Publicar un comentario