MARIO GONZÁLEZ ZAERA E EMILIO GOLÁS RODRÍGUEZ ( 1936 / 1946)

 MARIO GONZÁLEZ ZAERA E EMILIO GOLÁS RODRÍGUEZ  ( 1936/ 1946 )

O sarriao Mario González Zaera  membro activo de Unión Patriótica, no tempo da Ditadura de Primo de Rivera.   En novembro de 1927 formou parte como vogal no Comité Lócal da Unión Patriótica, presidida por Ricardo Núñez Rodríguez , no que tamén estaban Xosé Pérez-Batallón, Matía Oñate López, marqués de Ugena, Vicenzo Rivera,  Francisco García Delgado e Sadurniño González

Foi un dos vilegos que na ocasión da proclamación da II República se puxo á fronte da manifestación cívica que se dirixiu á Casa do Concello para poñer a bandeira tricolot ( no  tempo do Diretorio  exercera de Xuiz Municipal e accidentalmente de Xuiz de Primeira Instancia.)  Nos primeiros anos da República foi empregado de banCA ( 1931 )  e  recadador de tributos en Sárria. ( 1932 )Adicouse a diversos negocios, entre eles os chamados Laboratorios Kober, e  foi un dos promotores da produción e distribución do "Ajolín", actividade  esta   de pouca claridade.

 Tempo  despois integrouse nas JONS e en Falange Española de las JONS, asumindo a xefatura de Sárria, despois  a da provincia e  finalmente a territorial de Galicia, da que sería destituído    e en Consello de Guerra celebrado en León foi condeado a morte, aínda que a pena lle foi conmutada e rematada a guerra foi indultado

Emilio Golás Rodríguez  foi inicialmente colaborador de Mario González  Zaera , co que acabou indispoñéndose  e co que mantivo un incidente  diante do Casino de Sárria, resultando ferido o Zaera, celebrándose o conseguinte xuizo en Lugo, rematado cunha sentenza pouco rigorosa.Foi garda municipal en Sárria e como consecuencia da súa participación na concentración de xente armada procedente de toda a provincia para soster a Republica, o 20 de xullo de 1936, foi detido e sometido a Consello de Guerra acusado de "auxilio á rebelión". Acabou fuxido e formando parte do maquis, até que foi capturado, e gravemente ferido, nunha operación da Garda Civil que tivo lugar en Outeiro de Barán en 1946. Trasladado ao Hospital de Lugo morreu a consecuencia dos impactos de bala. Nese traslado, e ao chegar a Sárria, morreu un sobriño de Emilio Golás, alcanzado polos disparos da forza publica.

Mario González Zaera, unha vez triunfante á Fronte Popular, tomou parte en diversos actos de exaltación das doutrinas fascistas .

O día 2 de agosto de 1935 foi vítima dun intento de asasiñato,  segundo relataron El Progreso e El Pueblo Gallego.

SARRIA ( LUGO ) .- O día 2, darredor das 9 da noite, estaban de paseo por diante de "A Unión" don Mario González Zaera coa súa esposa dona  Asunción Ruiz. Dous individuos que ao parcer "facían o borracho" achegáronse a eles insultándoo, un deles  sacou unha pistola disparando dous tiros, que non o alcanzaron por verdadeiro miragre,  levando o coseguinte susto.

Dende a casa de don Xosé Batallón  avisaron por teléfono á garda civil, que se persoou ali inmediatamente, levantando o correspondente atestado, Os individuos en cuestión fuxiron. Felicitamos a aquel matrimonio por ter resultado ilesos".

"ALBORADA" ( 2 abril de 1936 ) Sárria.- Na madrugada de hoxe , e por orde gubernativa., foron detidos. descoñecéndose os motivos  don Mario González Zaera, don Cándido Pinto, don Xesús Vázquez Saco, correspondente  de ALBORADA  e o mestre nacional de Santo André de Paradela"

En termos moi encomiásticos para González Zaera e os seus compañeiros de militancia, Luis Moure Mariño, con total parcialidade, refírese ao agromar  das  ideas fascitas en Sárria e á súa consolidación  unha vez triunfante  a sublevación militar de xullo de 1936.

Vexamos o que conta e como o conta: " Entre os primeiros afiliados á Falanxe de Lugo merecen unha menciòn especial os irmáns Pedros e Mario González Zaera",

"  Na provincia de Lugo, especialmente adquririu a Falanxe unha  extraordinaria consistencia. No pobo de Sárria, por exemplo,  o primeiro gruipo duns vinte falanxistas convertiuse despois do 16 de febreiro"

" Xa na Fronte Popular , fíxose Mario Zaera cargo do mando de toda a provincia. Sárria, -un partido xudicial perto de Lugo.-  convertiuse así na capital falanxista, de sorte que se concentraron ali todos os odios do marxismo. Por este tempo, un suxeito socialista ( * ) fixo a Zaera obxecto  dun atentado do que resultou ferido nunha perna. O socialista  non saiu mellor parado porque, despois de  terlle quitado das mans  a pistola, Zaera  destrozoulle o rostro a puñada limpa".

......

" Os falanxistas destacados, víronse na precisión  de fuxiren, agochándose  cada un onde puido Zaera estaba desterrado en Bóveda ; Saco Rivera, detido, e Carrozas tivo que fuxir tamén, diante das ameazas que na súa contra se lan zaran.

O falanxista Carrozas , figura destacada  da Falanxe  nos días que preceden ao Alzamento Nacional, merece comentario aparte :  Ao ter fuxido de Sárria para evitar a súa detención, os extremistas lanzaron  contra Carrozas  a calumnia de que lle permitiran fuxir , en virtude de que " choraba no intre de detelo". A cousa era absolutamente falsa ; pero ofendido o falanxista  pola "patraña", presentouse no pobo de Sárria, disovendo a tiros  unha sesión do Concello socialista "

,,,,,agardando o momento da sublevación. Antes  de que tal hora soase , Zaera e outros camaradas  foron detidos pola Garda de Seguridade, trasladádnoos ao cárcere  inmediatamente , rodeados por grupos  berradores da Fronte Popular. Ali estiveron até a hora do Alzamento...."

 Puntualizacións:

a) O número de 1200 falanxistas que Moure Mariño sinala como activos en Sárria é totalmente incerto. Zaera seguiu unha politica de forzar afiliacións, ás que era perigoso negarse, e moitas persoas  solicitaron a súa alta para aseguramento de non seren vítimas das arbitrariedades e abusos, que se sufrían en vidas e facendas. Até mediados de 1960  conserváronse as fichas dos "afiliados" entre os que figuraban numerosas persoas procedentes de outras formacións politicas  acollidas ao novo carnet. O certo é que a relación oficial de falanxistas ( na que se inclúen baixas polo concepto de "renegados ", non chegou aos dous centos. Os membros activos, incluíndo aos que ocuparon cargos, membros da escadra negra e simpatizante   non pasou nunca das 120 persoas. A alusión a 1.200 foi unha figura retórica e propagandistica.

b).- Despois das condeas a morte de Marío González Zaera e Eduardo R. Requejo, opostos ao Decreto de Unificacións e declarados conspiradores hedillistas e responsables de arbitrariedades e represións, e  unha vez axusticiado o xefe da Falanxe local (  Chaquetón ) e o seu complice como responsables do asasiñato do ex.depuitado en Cortes Manuel Saco Rivera, o calificativo de "falanxista" cobrou tal desprestixio que , cesada a Comisión Xestora como parte responsable por ter nmeado garda armado ao executor , á hora do nomeamento doutra nova todos os novos membros indican, unánimemente  que a súa ideoloxía e a de "extrema dereita ", e nin un só deles se autotitula como "falanxista"

c ).- O Concello de Sárria, de nomeamento gubernativo , estaba formado maioritariamente por individuos de Izquierda Republicana  e  algún membro do partido socialista. Nin un só dos seus compoñentes era membro do Partido Comunista.

d ).-  O relato que se fai das presuntas "fazañas" e a peripecia do "falanxista" Manuel Carrozas Varela non teñen nada de heróicas, e son froito dunha persoa demente  da que se serviron aqueles que encirraban nel. Moure Mariño non cita que como consecuencia de ter entrado, na noite do 26 de xuño de 1936  fortemente armado na Sociedade La Unión  causou a morte do industrial  Victorino Cabarcos  e do concelleiro Pedro García Arcos,  e que os inductores desa acción lle facilitaron a fuxida e o tiveron agochado até  que triunfou a rebelión militar  , pasando con outros falanxistas da localidade a participar en labores represivos en Paradela, Castro de Rei de Lemos, Navia de Suarna e outras partes, Esas mortes quedaron impunes, o mesmo que as que cometeu despois  do levantamento militar.   Acabou sendo internado nun centro psiquiátrico  Calificalo de "persoa destacada da Falanxe " en nada o honra e , máis ben,  ven a desprestixiar a organización e ideoloxía que del se serviu.

e ).-  Con relación ao "incidente " de Emilio Golás Rodríguez co seu "antigo xefe"  Mario González Zaera , no diario "Alborada" de Lugo ( 20.05.,1936 ) contan  os feitos e  a celebración do correspondente xuizo:

" Emilio Golás Rodríguez despois de ser recollido por don Mario González Zaera  afilioiuse á Falanxe Española , realizando voluntariamente varios traballos e xestións  a prol do maior incremento  da citada organización .  Despois dos sucespos de Outubro  desapareceu da casa do Sr. Zaera  e pasa  ás fieiras comunistas fiándose das promeas  que estes elementos lle facían.  Aos pucos meses , convencido  de que nada podía agardar deles, intentou  voltar outravolta ao servizo de González Zaera , negándose este."

"No día de autos Emilio Golás  presentouse no Casino de Sárria, preguntando por Mario González Zaera. Como este non saiu empezou a aprrealo e in xurialo dende as portas da dita Sociedade de tal xeito que varios socios, entre eles  aquel a quen se dirixían os insultos, sairon. O Golás ao velo, sacou unha pistola e fixo un disparo que feriu ao señor Zaera, evitando  unha segura morte  pola rapidísima intervención  ao desviar coa man a direción da arma"  

"O fiscal solicita  para  o Golás a pena de 8 anos de prisión polo delicto de homicidio frustrado".

"Actúa como avogado o Sr. Páramo. O Tribunal acorda impoñerle un mes e 1 día de arresto menor"

................EL IDEAL GALLEGO  ( 3.04.1940 ) O Caudillo indultou a varios falanxistas , co motivo do primeiro aniversario  da Victoria (CIFRA).

..................En agosto de 1936 foi nomeado Xefe Provicial de FE de las JONS dejuse conta que o Caudillo e Xefe Nacional da Falanxe coa ocasión de se celebrar o primeiro aniversarioda Victoria das Armas de España, acordara  conceder o indulto aos camadas Fruto Bernal, Félix López Gómez.-Corral, Aniceto Ruiz Castillejos, Ricardo Nieto, Lamberto de los Santos y Mario González Zaera.Tamén acordou  o indulto de Martín González Longaria

EL COMPOSTELANO  ( 29.10.1940 ) Varios indultos concedidos polo Caudillo.- Na Presidencia da Xunta Politica de FET y de las JONS

Indultado por Franco, abandou a prisión,  e nun forzado procedemento de rehabilitación da súa figura solicitou  das xerarquías falanxistas da provincia de Lugo o seguimento dun expediente en acreditación da súa conduta, segundo se desprende do seguinte edito:

"  29 de setembro de 1941.- EDITO.- O Delegado Provincial  de Xustiza e Dereito  de FET y de  las JONS. Fai saber :  Que rematado o 12 do actual, o prazo concedido  polo edito que se insertou neste xornal  en data de 3 actual , para declarar  en información  que se practica  de orde  da Xefatura Provincial do Movemento  e a instancia do interesado, para acreditar a  conduta publica e privada  do  Camarada Mario González Zaera, xefe local  que foi  de Sárria, ex xefe provincial, ex xefe territorial de Galicia e Conselleiro de Falanxe Española de las JONS , rogue a cantas  persoas, pertenzan ou no á Organización, que poidan  aportar algú dato  encol deses estremols, concorran  a eefctualo nesta Delegación, de dez a catorce, no novo prazo de 10 días  que como prórroga do anteiro  se concede. Por Deus, España e a súa Revolución Nacionalsindicalista. Lugo, 10 de  setembro de 1941.- O Delegado. Antonio Codesido".

En 1957 /1963 é recadador de tributos en  Vigo, e pasa a Madrid como recadador e exaccións en período voliuntario no distrito de Vallecas  e titular das axencias  executivas 9, 10 e 13 do concello de Madrid.

EL PUEBLO GALLEGO ( 10.05.1977).- " Por enfirmidade do procesado  Mario González Zaera suspendeuse a vista por  suposto delicto  de malversación de caudais publicos, que estaba sinalado para mañá  na Secció 1ªda Audiencia Territorial de  Madrid.

Segundo as conclusións provisorias do fiscal , Mario González Zaera, que desempeñaba os cargos  de axente recadador de  exaccións  en periodo voluntario  do distrito de Vallecas  e axente executiuvo,  titular das axencias  9,10 e 13 do concello de Madrid , dispuxo a beneficio propio cantidades ingresadas  para pagamento de tributos , até un total de 9.907.711 pesetas durante o periodo de tempo  que vai desde o segundo trimestre de 1965  a agosto de 1966.Moito tempo despois  xa en 1970, e despois de ser incoada a causa, o Sr. González Zaera reintegroulle ao concello a cantidade de 832.803 pesetas. O  fiscal solicitaba para o  procesado a pena de 14 anos de reclusión menor e 8 anos de inhabilitación absoluta así como indemnizar ao Concello de Madrid  coa cantidade de 9.074,903 pesetas"

...................................................

A morte de Emilio Golás Rodríguez, capturado pola Garda Civil  nunha casa  da aldea de Outeiro de Barán, no Concello de Paradela, tivo eco  na prensa comunista estranxeira,  tal foi o caso de "Mundo Obrero" (  Boletín do Partido Comunista francés ) e en " España Popular", da cidade de México:

"MUNDO OBRERO ( 13.12.1946 ).- MÁIS CRÍMES FRANQUISTAS...... Poucos días antes, o 27 de novembro, no pobo de Paradela ( Lugo )un grupo de gardas civís fixeron irrupción  na casa de Emilio Golás  Rodríguez,  mallando salvaxemente nel e facendo vaios disparos contra del que o feriron de gravidade. O mesmo salvaxe trato  recibiron un sobriño seu e unha criada. As tres vítimas deste  novo crime franquista  tiveron que ser trasladados  ao Hospital de Lugo a onde chegaron en tan grave estado que se teme polas súas vidas. A vesania  dos verdugos franquistas . cruelmente exercida con vítimas indefensas  sobrepasa todos os limites imaxinables"   

O xornal mexicano  España Popular (  3.01.1947 ) dá a mesma información.

Puntualizacións:

a).- Chama a atención que  sendo Emilio Golás Rodríguez  un fuxido con activa participación no maquis da comarca de Sárria, e tratándose de publicacións comunistas, non se faga alusión ningunha á súa militancia e integración na loita armada. Cando deteñen a Golás, entre as súas pertenzas , foi  habida unha proclama do Partido Comunista alusiva ao seu po esicionamento fronte á ditadura franquista.

b).- A detención de Emilio Golás tivo lugar no interior da casa familiar de Outeiro de Barán, cando estaba na cociña na compaña da súa cuñada  e dun neno, fillo desta. A entrada facendo disparos colleu por sorpresa aos ocupantes da casa, e aínda que el  tratou de cubrir ano neno co seu corpo para amparalo , resultou gravemnte ferido , e o mesm o pasou coa súa cuñada ferida cos tiros recibidos. Non houbo malleira  ningunha ao Golás  nin ao neno nin a súa nai, e calificación de "criada" non corresponde  coa realidade.

Levados en improvisadas padiolas os tres feridos foron baixados á Casa do Neo, na parroquia da Pinza, e no auto do "Guimarás" de Pacios de Paradela, foron trasladados á vila de Sárria, onde á altura do Cuartel da Garda Civil ( Barrio da Estación )  ocorreu a morte do meniño. No omnibús de Raúl Loureiro Golás e a cuñada foron trasladados  ao Hospital de Lugo, onde diante da gravidade das feridas producidas polas balas ás poucas horas o guerrilleiro Golás resultou cadáver.A primeira atención médica na Taberna do Neo correu a cargo do médico titular de Paradela ( doutor Maceda ) que nos anos da guerra fora obxecto de persecución polas súas ideas. A acción do ataque á casa, en Outeiro de Barán, foi ao tempo do mediodía  e o traslado ate´a cidade demorouse varias horas porque á baixada a pé desde Outeiro ao Neo enadiuse a demora de poder dispoñer de auto para chegar a Sárria e o feito de que este auto quedou inservible na vila e houbo que trasladar ao Golás e maila cuñada, custodiados por gardas civís, no ómnibus de "feiras e mercados" propiedade de Raúl Loureiro.

c).- Un dos gardas civís que interviñeron na acción de captura de Emilio Golás, natural de Barbadelo, moi afectado polo xeito como se desenvolvera o asunto acabou deixando o Corpo e emigrou á Arxentina.

d ).- A versión oficial  do desenvolvemento dos feitos está recollido no "Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco", co seguinte relatorio: "Cando os números da Garda Civil rodean a casa onde teñen información está agochado Emilio Golás,  este dende unha fiestra e por un bon período de tempo dispara repetidamente sobre a forza, e cando  cesan os disparos , pactada que foi a saída  dos que estaban dentro, aberta que foi a porta que daba ao camiño sairon  o neno , a cuñada e o Golás, e ao facer este ademán de disparar , un dos gardas disparou cara el resultando feridos todos tres"


Comentarios

Publicacións populares