PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA ( 1834 )

  O PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA EN 1834

Suprimidos os Partidos Xudiciais en 1823 coa volta ao absolutismo, a morte de Fernando VII abriu a posibilidade de  recuperar a organización municipal e a estructuración  dunha administración de xustiza xerarquizada  na que , fronte ao sistema anárquico do Antigo Réxime,  os xuices de primeira instancia van ser elementos fundamentais para o lento triunfo dos principios liberais,

En 1834  foi elaborado un proxecto de adscrición de parroquias aos partidos xudiciais que se pretendían  implantar na provincia, e con erros, duplas adcricións e omisións, foi publicada a relación  que a contuación se cita, e que servirá para a formación de concellos e partidos, con modificacións, no perido 1835 a 1840, e que en 1840  se verán alterados  para dar paso , con grande estabilidade   até o presente , a uns concellos e partidos xa consolidados. No caso concreto do Partido Xudicial de Sárria tan só se produciu a desaparición das parroquia de  San Bartolomeu de Calvor, San Pedrod e Santa Comba , Santa Marta de Ribas de Mió , o paso das parroquias de Vilarxoán e de Foilebar  ao concello de Rendar-O Incio e a creación das parroquias de Cruz do Incio, Santalla de Lóuzara e Gundriz. Tamén por máis de dúas décadas  foi suprimido, por integración no Partido Xudicial de Lugo, do partido sarriao.

                        PARROQUIAS DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA ( 1834 )

                              ( con indicación da súa adscrición en 1840 )

1.-  Santa Mariña de ADAI  ( acabará formando parte do Concello do Páramo )

2.-  Santa María de ALBÁN ( acabará formando parte do Concello de Sárria )

3.-  Santiago de ANDREADE ( acabará formando parte do Concello de Paradela )

4.-  Santalla  de ARXEMIL (  acabará formando parte do Concello de Sárria )

5.-  San Pedro da ARMEÁ ( acabará formando parte do Concello de Láncara )

6.- San Pedro de BANDE ( acabará formando parte do Concello de Láncara )

7.- San Pedro de BARÁN ( acabará formando parte do Concello de Paradela )

8.-  Santiago de BARBADELO ( acabará formando parte do Concello de  Sárria )

9.- San Xoán de BARDAOS ( acabará formando parte do Concello de Rendar, despòis O Incio )

10.- San Xulián de Santalla de B ARDAOS ( acabará formando parte do Concello de Rendar ,  "" )

11.- Santa María de BELANTE ( acabará formando parte do Concello de Sárria )

12,.  San Vicenzo de BETOTE (  acabará  formando parte do Concello de Sárria )

13.-  San Bartolomeu de CALVOR ( imprecisa  identificación dos lugares  que a integraban )

14.- Santo Estevo de CALVOR ( acabará fornmando parte do Concello de Sárria )

15.-  San Mamede do CAMIÑO ( acabará formando parte do Concello de Sárria )

16.-  San Xil do CARBALLO  ( acabou formando parte do Concello de Samos )

17.- San Vicenzo de CARRACEDO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

18,.  San Tomé de C ASTELO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois O Incio )

19.- Santiago de CASTELO DOS INFANTES ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

20.-  Santa María de CASTRO DE REI ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

21.-  Santa Marta de CASTRONCÁN ( acabou formando parte do Concello de Samos )

22.-  Santiago de CEDRÓN (acabou formando parte do Concello de  Láncara )

23.- San Cristovo da CERVELA ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois de O Incio )

24.- San Salvador de CESÁR ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

25.- San Mamede da CHANCA ( acabou formando parte  do Concello de Sárria )

26.-  San Xulián de CHORENTE ( acabou formando parte  do Concello de Chorente )

27.-  Santiago de COVAS ( * ) ( acabou formando parte do Concello de Neira de Xusá-Baralla)

28.- Santa María de CORVELLE ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

29.- San Salvador das CORTES ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

30.-  San Mamede do COUTO ( acabou formando parte do Concello de Samos )

31.- San Pedro da CUVELA ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois O Incio )

32.-  Santo Estevo de EIREXALBA ( acabou formando parte do Concello de Rendar ,   "" )

33.- Santiago de ESTRAXIZ ( acabou formando parte do Concello de Samos )

34.- San Xoán de FAFIÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

35,. Santiago de FARBÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

36.-  San Sadurniño de FERREIROS ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

37,. Santa María de FERREIROS ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

38.- Santa María de FOILEBAR (  acabou formando parte do Concello de Samos    despoia ao Incio.)

39.- San Martiño do FONTAO ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

40.- Santiago de FORMIGUEIROS ( acabou formando parte do Concello de Samos )

41.- San Xulián de FRADES ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

42.- Santa María de FRANCOS ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

43.-  Santa María de FRANQUEÁN( * ) ( Acabou formando parte do Concello do Corgo )

44.- San Silvestre de FREIXO ( acabou formando parte do Concello de Samos )

45.-  San Xoán de FRIOLFE ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

46.- San Miguel de FROLLÁIS ( acabou formando parte do Concello de Samos )

47.-  San Pedro de FROIÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

48,. San Vicenzo de FROIÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

49.- San Sadurniño de FROIÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

50.-  Santa Mariña de GALEGOS ( acabou formando parte do Concello de Samos )

51.-  Santa María de GONDRAME ( acabou formando parte do Concello do Páramo)

52.- Santa María de GÓO  (acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio)

53.- San Miguel de GOIÁN ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

54.- Santo Estevo de GRALLÁS ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

55.- Santa Mariña do INCIO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

56.- Santiago da LAXE ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

57.- San Pedro de LAXES( * ) ( acabou formando parte do Concello de Neira der Xusá, deSpois Baralla )

58.- Santalla de LAGOS ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

59.- Santa María da LAMA  ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

60.- San Pedro de LÁNCARA ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

61.- San Salvador de LARÍN ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

62.- San Martiño de LAIOSA ( aparece duplicada  no Partido de Monforte )-Acaba en Rendar-O Incio

63.-  San Tomé de LEBRUXO ( * ) ( acabou formando parte do Concello de Neira de Xusá-Baralla )

64.- Santa María de LIER ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

65.- San Martiño de LOUREIRO  ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

66.- Santa María de LOUREIRO ( acabou formando parte do Concello de Samos )

67.- San Martiño de LOUSADA ( acabou formando parte do Concello de Samos ) 

68.- San Romao de LOUSADA ( acabou formando parte do Concello de Samos )

69.-  Santo Estevo de LOUSADELA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

70.- San Xoán do LOIO ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

71.- San Cristovo de LÓUZARA ( acabou formando parte do Concello de Samos )

72.- San Xoán de LÓUZARA  ( acabou formando parte do Concello de Samos ), por segregación pasará a haber tres parroquias : San Xoán de Louzara, San Xosé de Santalla de Lóuzara e Santo André de Gundriz,

73.- San Martiño de LOUSEIRO  ( acabou formando parte do Concello de Samos )

74.- San Romao do MAO  ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

75.- San Salvador do MAO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

76.- Santa María do MAO ( acabou formando parte do Concello, de Rendar, despois do Incio )

77.- San Pedro de MASIDE ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

78.- San Salvador do MATO ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

79.- San Xulián de MEIXENTE ( acabou formando parte do Concello de Sárria

80.- Santa María de MONTÁN  (acabou formando parte do Concello de Samos

81.- Santa María de MOREIRAS  ( * ) ( aparece duplicada no Partido de Lugo, do que acabará formando parte.

82.-Santa María Madalena de MOSCAN ( acabou formando parte do Concello do Páramo)

83.- San Miguel de MONSEIRO  ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

84.- San Xoán do MURO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

85.- Santa María de Neira ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

86.- Santa María Madalena de NEIRA ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

87.- Santiago de NESPEREIRA ( acabou formando parte do Concello de Sárria

88.- San Xoán de NOCEDA ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

89.-  San Martiño de OLEIROS   ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

90.- Santa María de ORTOÁ ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

91.- Santa María de ÓUTARA ( * ) ( Acabou formando parte do Concello da Pobra do Brollón )

92.- Santalla de PASCAIS ( acabou formando parte do Concello de Samos )

93.- Santa Cristiña de PARADELA ( acabou for,mando parte do Concello de Paradela )

94.- Santo André de PARADELA ( acabou formando parte do Concello de Sárria)

95.- San Miguel de PARADELA ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

96.- San Vicenzo de PARADELA  ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

97.- Santalla de PARADELA ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

98.- San Salvador da PENA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

99.- Santa María da PENA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

100.- San Salvador  da PINZA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

101.- San Miguel de PIÑEIRA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

102.- San Salvador de PIÑEIRO  ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

103.-  San Xiao da POBRA ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

104.- San Martiño de ROMELLE  ( acabou formando parte do Concello de Samos )

105.- San Cristovo do REAL ( acabou formando parte do Concello de Samos )

106.- San Martiño do REAL ( acabou formando parte do Concello de Samos )

107.-  Santa María  de REASCOS ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

108.-  San Fiuz de REIMÓNDEZ ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

109.- Santiago de RENCHE ( acabou formando parte do Concello de Samos )

110.- Santa María de RENDAR ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

111.- San Martiño de REQUEXO ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

112.- Santo Estevo de REIRIZ ( acabou formando parte do Concello de Samos )

113.- San Facundoi de RIBAS DE MIÑO  ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

114.- Santa Marta de RIBAS DE MIÑO ( integrada en San Facundo de Ribas de Miño ,  " " )

115.- San Martiño do RÍO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

116.- San Mamede da RIBEIRA ( acabou integrándose no  Concello do Páramo )

117.-  Santiago de RIBEIRAS DE MIÑO ( acabou integrándose no Concello do Páramo ) Ribas de Miño.

118.-San Pedro de RONFE ( acabou integrándose no Concello de Láncara )

119.- San Vicenzo de RUBIÁN  ( acabou integrándose no Concello de Rendar, despois do Incio )- Rubián de Cima.

120.- Santa Mariña de RUBÍN ( acabou integrándose no Concello de Sárria )

121,. Santiago de SÁA DO PÁRAMO ( acabou formando parte do Concello do Pàramo )

122.-  Santa Xertrude de SAMOS ( acabou formando parte do Concello de Samos )

123.- San Pedro de SANTO ANDREA ( acabou formando parte do Concello do Páramo )- San Pedro de Santo André da Ribeira.

124.-  Santa Eufemia de SANTO ANTOLIN  ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

125 .- San Pedro de SANTA COMBA ( formou parte do Concello do Páramo. Integrouse na parroquia de San Martiño da Torre )

126.- San Salvador de  SÁRRIA               ( Vila de Sárria. Capitalidade do Concello e do Partido )

127.- Santa Mariña de SÁRRIA

128.- San Pedro de SETEVENTOS ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

129.- San Xoán de SIRGUEIROS ( acabou fornado parte do Concello de Rendar, despois do Incio )- Sufreu a segregación do  lugar da Cruz do Incio,

130.-  San Xoán de SOBREDA  ( * ) ( acabou formando parte do Concello do Saviñao )

131.-  Santiago do SOUTO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )- Souto de Ferradal-

132.- San Lourenzo de SUAR ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

133.-Santa María de SOÑIDE ( acabou formando parte do Concello de Samos )

134.- San Xulián de TEIVILIDE ( acabou formando parte do Concello de Samos )

135.- San Salvador de TOIRÁN ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

136.-  Santiago de TOLDAOS ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

137.- San Vicenzo de TOLDAOS ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

138.-.  San Martiño da TORRE ( acabou formando parte do Concello do Páramo ) Agregáronlle a parroquia de San Pedro de Santa Comba.

139.-  Santa María de TOUVILLE ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

140.- San Xoán de TRASLISTE ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

141.- San Xulián da VEIGA ( acabou integrándose no Concello de Sárria )

142.- Santiago da VEIGA ( ac abou integrándose no  Concello de Sárria )

143.- San Fiz de VILAPEDRE ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

144.- Santa María de VILAR ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

145.- San Pedro de VILARELLO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

146.-  San Salvador de VILAR DE SÁRRIA ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

147.- San Miguel de VILA DE MOUROS (  acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

148.-  Santa Mariña de VILAESTEVA ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

149.- Santa María  de VILAFIZ ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

150.-  Santa María de VILALEO ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

151.- Santa María de VILAMAIOR ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

152.- Santa María de VILAMBRÁN ( acabou formando parte do Concello de Láncara )

153.-  San Miguel de VILAPEDRE ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

154.-  Santa María de VILARAGUNTE (  acabou formando parte do Concello de Paradela )

155.- San Lourenzo de VILARXOÁN ( integrado no Concello de Samos, pasou despois a O Incio )

156.-  Santa Eufemia de VILARMOSTEIRO ( acabou formando do Concello do Páramo )

157.- Santa Cruz de VILASANTE ( acabou formando parte do Concello do Paramo )

158.-  San Mamede de VILSOUTO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

159.-  San Salvador de VILEIRIZ ( acabou formando parte do Concello do Páramo )

160.- Santo Estevo de VILOUZÁN ( foi cabeeira da Somoza de  Vilouzán e acabou formando parte do Concello de Láncara )

161.- Santa Crstiña do VISO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

162- San Miguiel de BIVILLE ( acabou formando parte do Concello de Sárria )

163.- Santiago de ZOO ( acabou formando parte do Concello de Samos )

PARROQUIA ADSCRITA AO PARTIDO DE TABOADA EN CARBALLO

San Vicenzo de GONDRAME ( estivo integrada no Partido de Lugo e finalmente pasu a ser do Concello do Páramo, Partido de Sárria )

PARROQUIAS INTEGRADAS NO PARTIDO DAS NOGAIS

Santalla do ALFOZ.- San Cristovo de CANCELO.-  San Cidre de LAMAS, Santiago de TRIACASTELA. Santa María da VILAVELLA,  Santa María do MONTE, San Salvador de TOLDAOS, San Breixo da BALSA ( conformaron o Concello de Triacastela, finalmente do Partido Xudicial de Becerreá )

PARROQUIAS INTEGRADAS NO PARTIDO DE MONFORTE

San Miguel do INCIO ( parroquia desaparecida, acabou pertencendo ao Concello de Rendar, despois do Incio, no Partido de Sárria )

Santalla de TRASCASTRO ( acabou pertencendo ao Concello de Rendar, despois do Incio )

San Fiz do HOSPITAL DO INCIO ( acabou pertencendo ao Concello de Rendar, despois do Incio )

San Martiño de LAIOSA ( aparece duplicada no Partido de Sárria) Acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio- 

PARROQUIA DO PARTIDO XUDICIAL DE LUGO

Santa María de Moreiras ( aparece duplicada no Partido de Sárria )

PARROQUIAS  QUE SE OMITIRON NA RELACIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS

Non aparecen relacionadas en ningún dos Partidos   varias parroquias que acabaron formando parte do Partido Xudicial de Sárria:

Santiago de ALDOSENDE  ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

San Mamede de CASTRO ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

San Martiño de CASTRO ( acabou formando parte do Concello de Paradela )

Santa María de REBOIRO ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )

Santa María de PACIOS ( acabou formando parte do Concello de Rendar, despois do Incio )-Pacios de Loureiro.

CONCELLOS  DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA ENTRE 1820/1823

1.- SÁRRIA. 2.- LÁNCARA.-3.-  SOMOZA DE VILOUZÁN.-4.-. SAMOS 5.- LÓUZARA.- 6.- REBOIRO.- 7.- O INCIO. 8.- SOMOZA MAIOR DE LEMOS- 9.- CASTRO DE REI DE LEMOS.- 10.- PARADELA. 11.- PINZA E BIVILLE. 12.- VILAPEDRE. 13 .- GUNTÍN  ( de Lemos )

CONCELLOS DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA ENTRE 1835/ 1840

1.- SÁRRIA. 2.- SAN PEDRO DE PORTOMARÍN.- 3.- O PÁRAMO. 4.- A POBRA DE SAN XIAO. 5.- LÁNCARA. 6,-SOMOZA DE VILOUZÁN. 7.- SAMOS. .- SOMOZA MAIOR DE LEMOS ( con Paradela ) 10.- CASTRO DE REI DE LEMOS.

Este II Partido Xudicial de Sárria supuxo a incorporación por vez primeira  á  zona xudicial de Sárria das parroquias do Páramo, con Ferreiros ( Paradela  ) ata a liña do río Neira, co enadido, non consolidado, de algunhas  parroquias  que na actualidade ( e dende 1840 ) forman parte dos concellos  do Corgo, Neira de Xusá-Baralla, O Saviñao e A Pobra do Brollón

CONCELLOS DO PARTIDO XUDICIAL ENTRE 1840/ 1872

1.- SÁRRIA, 2.- LANCARA 3.- PARADELA. 4.- O PÁRAMO. 5.- RENDAR . 6.- SAMOS

CONCELLOS DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA  DENDE 1872

1.- SÁRRIA. 2.- O INCIO. 3.-LÁNCARA.  4.- PARADELA. 5.- O PÁRAMO. 6.- SAMOS

( as parroquias de San Lourenzo de  Vilarxoán e de Santa María de Foilebar pasaron de Samos a O Incio.

CONCELLOS  DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA DE 1891 EN DIANTE.

 Houbo creación e supresión de algunhas parroquias  e actualmente os concellos deste Partido Xudicial están formador polas seguintes parroquias, e a vila de Sárria pasou a ser considerada como núcleo poboacional único quedando as tres parroquias eclesiásticas  ( San Salvador, Santa Mariña e A Nosa Señora do Rosario ) sen identificació ou diferenciación a efectos civís.

PARROQUIAS DO PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA  E  COMARCA DE SÁRRIA          

                                          (ADMINISTRACIÓN  LOCAL  )

CONCELLO DO INCIO

CONCELLO DE LÁNCARA

CONCELLO DE PARADELA

CONCELLO DE SAMOS

CONCELLO DE SÁRRIA

CONCELLO DE TRIACASTELA ( PARTIDO XUDICIAL DE BECERREÁ )



(

Comentarios

Publicacións populares