O ENSINO SECUNDARIO PRIVADO EN SÁRRIA

 O ENSINO SECUNDARIO PRIVADO EN SÁRRIA

Nos anos finais do século XVIII estableceron en Sárria, por conta dos fondos da Obra Pía dos Hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro, unha CATEDRA DE GRAMÁTICA, continuadora do ensino primario que corría da man dun mestre de primeiras letras.  Ocasionalmente os frades agostiños do Mosteiro da Madalena deron clases  a alumnos de familias  significadas da comarca que aspiraban a ter o tiduo de bacheler, ou para entrar nos estudos eclesiásticos.

Cando se crean os Institutos Provinciais, primeiro en Monforte de Lemos e despois en Lugo, os fillos de familias podentes  tiveron que se desprazar e buscar pousada nesas localidades para seguiren as materias do ensino secundario, ou ben, facendo os estudos "por libre" estar baixo o coidado de profesores particulares e pasar exames ordinarios ou extraorinarios na superación dos diferentes cursos e materias.

Coa chegada dos monxes bieitos na restauración da vida comunitaria en Samos e  coa instalación en Sárria dos relixiosos mercedarios, e para as necesidades formativas  dos aspirantes  ao hábito implantáronse nos dous mosteiros os estudos de latinidade   equivalentes aos secundarios , previos aos de filosofía e teoloxía.

Para facilitar o acceso aos estudos eclesiàsticos os bispos de Lugo autorizaron aos bieitos de Samos e aos mercedarios de Sárria para  dar a  formación dos primeiros anos de latinidade  nas Preceptorías con tal fin creadas, e que non só serviron para  que seguisen  despois estudos  superores no Seminario lucense, senón que no caso daqueles que rexeitaron seguir  a carreira eclesiástica serviron de  comezo para que seguisen estudos civís obteno tiduos de bacheler e licenciaturas , cunha mellora moi significativa na promoción cultural da comarca.

A aspiración de moitos pais e mozos da vila de Sárria e da contorna para  que, sen sairen das súas casa ,  poidesen recibir clases de ensino secundario  viuse satisfeita cando algúns sacerdotes ou mestres  estableceron na vila aulas ou Pasantías  onde para exames por libre no Instituto , seguindo os programas oficiais,  eran preparados nas diferentes materias.

 

COLEXIO SADEL

COLEXIO LUISA QUIROGA 

ACADEMIA JULIALVAREZ

ACADEMIA DE TELÉGRAFOS

ACADEMIA BALMES

ACADEMIA COMERCIAL

COLEXIO DA MERCÉ

COLEXIO LIBRE ADOPTADO - COLEXIO DA ASUNCIÓN

Ao entrar en funcionamento o Centro de Formación Profesional e o Instituto de  Bacherelato crados no ano 1975 os colexios privados  de pago deixaron de ter utilidade ao  ser ofrecido ensino gratuito  para mozos e mozas .

Provisoriamnte isntalados os dous centros nas Escolas Públicas ( Rúa Marqués de Ugena) pasaron a ocupar edificios de nova construción na Zona Escolar ( Campo do Rolo / Ribela ) , sendo os antecedentes do IES Gregorio Fernández e o IES Xograr Afonso Gómez de Sárria.

Nos anos seguintes ao establecemento dos dous centros  oficiais de ensino secundario na vila de Sárria  e para  axudar aos alumnos  con clases complementarias e de recuperación fóronse  establecendo varios centros privados.

ACADEMIA DE LINGUAS TRILINGÜE

ARCO ENSINO

CLASES PARTICULARES FLORES 

LÉMBRATE

LESTON CONSULTING 

LOLA 

RAYUELA 

A PONTICELA -GRANXA BARREIROS

THE ENGLISH ACACEMY


Comentarios

Publicacións populares