O ROUBO AO PÁRROCO DE GÓO-O INCIO ( 1887 ) ( 516 )
O ROUBO AO PÁRROCO DE SANTA MARÍA DE GÓO -O INCIO ( 1887 ) ( 516 )
O PADRE MIGUEL DEL RÍO ROUBADO E ALDRAXADO
( DIARIO DE AVISOS, A Coruña. 17 de xaneiro de 1892 )
Comezou na Audiencia de Lugo a vista da causa instruída no Xulgado de Sárria contra Xosé González Mazorra ( @ ) "Sindín", Xosé Franco Pardo, Bartolomeu Silva Requeijo , Pedro Pérez Fernández e Antonio Rodríguez Díaz, polo roubo a don Miguel del Río , párroco de Santa María de Góo , termo do Incio.
*************
"Estando deitado , na noite do 24 de decembro de 1887, e perto da unha da madrugada , Don Miguel del Río , foi espertado a labazadas polos crimiais armados con revólveres e paus, e obrigárono a abandoar a cama , e esixíronlle 10.000 duros e amenazárono de morte. Como non lles entregou máis que 1.000 reais , quitáronlle os calzóns e atáronlle as mans e os xenitais cun cordel até facerlle sangue. Despois tapàronlle a boca cun pano, dificultándolle a respiración, e vendo que nin con estes medios conseguían máis do pobre ancián , apoderáronse dun reloxo de prata, unha petaca de metal branco , 1 isqueiro e mecheiro, 2 queixos do país e 3 de Castela, 33 cigarros comúns , 13 chourizos e 33 cuarteróns de chiculate.
Atado no xeito descrito , levaron ao sacerdote á adega , que rexistraron tamén sen acharen o diñeiro . despois levárono á corte a onde o puxeron de xeonllos dicídolle que o ían matar , para ver se co medo lles dicía onde gardaba o diñeiro. Como non o conseguiron , subiron á cociña onde lle racharon a camisa, única prenda que tiña posta, deixándoo encoiro. Nese estado sacárono fora da casa pola porta para o campo facéndoo camiñar medio quilómwtro até deixalo no monte nunha casa vaga , despois de lle facer pisar a xeada neve que cubría o chan.
Segundo declarou o Sr. del Río , a idea do crime naceu de Pedro Pérez Fernández , quen no verán anterior estivera na súa casa facedno varios traballos de carpinta , entre eles o de abrir unha porta , que a deixou sen pecho, prometendo poñelo de seguido, e non o cumpriu , polo que xa tiña o propósito de se aproveitar dese acidente para entrar na casa en unión cos outros procesados, aos que convidóu ao crime e cos que estivo reunido na noite de autos , explicándolles o xeito de entraren pola dita porta e o de abriren outra interior, por todo iso recibiu dous duros como partícipe no roubo , segundo declaróu un dos procesados que se acha en rebeldía e foi o que denuncióu aos seus compañeiros.
O fiscal, no seu escrito de calificación provisoria , segundo o colega, pide para cada un dos procesados a pena de 14 anos de prisión".
Comentarios
Publicar un comentario