ESCOLA DO CEREIXAL - PARADELA ( 1926 ) ( 514 )
( LA VOZ DE LA VERDAD, 22.05.1925 ) ( 514 )
AS OBRAS DA ESCOLA DO CEREIXAL
...." No pobo de San Martiño de Castro, punto de emprazamento da Escola do Cereixal , están a construir un fermoso edificio para local-escola , que dado o entusiasmo co que traballan os operarios axiña vai ter remate a súa construcción.
Merecen mil loubanzas os seus iniciadores que se impuxeron tantos sacrificios e é de agardar que teñan moitos imitadores,
Deste asunto xa nos ocuparemos outro día.
O Correspondente ( * Xesús López González )
..............................................................................
INAUGURACIÓN DA ESCOLA DO CEREIXAL, PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE CASTRO ( PARADELA )- 17 de novembro de 1926-
Até os anos 1920 no Concello de Paradela só había dúas escolas, unha para os nenos e outra para as nenas, aínda que esta estivo desatendida varios anos e a súa ubicación pasou dende San Vicenzo de Paradela a Santa María de Vilaragunte, establecidas en casas particulares e moi malas condicións. Finalmente quedarían asentadas no núcleo de Pacios ( parroquia de San Miguel de Paradela ) nunha edificación alzada no camiño de Pacios a Randulfe, riba da Casa do Campo, de sólida e boa construción dos dúas aulas no baixo e vivendas para o mestre e a mestra no andar alto. Era de propiedade dos donos da Casa so Secretario que tiñan en aluguer a casa ao Concello.
A inactividade das autoridades locais á hora de percurar a creación de escolas e de poñer aulas en casas particulares forzou a que persoas cualificadas , preocupadas polo atraso cultural que o concello de Paradela presentaba, botaron riba deles a creación dun edificio escolar na parroquia de San Martiño de Castro, que tamén podía prestar servizo para acoller nenos das parroquias da contorna ( San Facundo de Ribas de Miño, Santalla de Paradela... ). E para iso non dubidaron en facer xenerosas aportacións económicas. E o 17 de novembro inaugurraron o primeiro edificio escolar debido a desinteresado actuar de cidadáns concienciados, que non percuraban afán de lucro ningún.
DESDE PARADELA
INAUGURACIÓN DUN FERMOSO EDIFICIO DESTINADO A ESCOLA
No xornal LA PROVINCIA , de Lugo, do 27 de novembro de 1926 aparece recollida esta boa nova:
" O 11 do atual previa autorización do culto Inspetor de primeiro ensino desta Zona D. Xosé del Peso, inaugurouse un fermoso local destinado a escola na parroquia de San Martiño de Castro, que leva o nome oficial de "Escola do Cereixal".
Foi construído a expensas dun grupiñp de bons cidadáns amantes da cultura do seus país, chamado D. PEDRO e D. MANUEL LÓPEZ PLATERO, D. XESÚS MATO VARELA, D. XOÁN VÁZQUEZ LÓPEZ e D. MANUEL MARÍA ARIAS, atual alcalde deste Concello que desprendéndose dunhas respetables pesetas impuxéronse o sacrificio de dotaren á Escola do Cereixal dun bon edificio, velando así pola sorte e benestar dos nenos.
Houbo misa solemne , musica e foguetes , e ao sairen da misa tivo lugar a procisión até o novo local coa imaxe do Nenos Deus ; os nenos en dúas fieiras , con bandeiriñas ostentando as cores nacionais, autoridades, clero, constituíod polos virtuosos pàrrocos D. Anxo Vázquez Ozores, D. Xulio Folgueira Aguirre e D, Pedro López Platero, e numeroso público que dada un aspeto emocionante ao ver a ledicia que reinaba no corazón dos pequeniños.
O competente reloxeiro de Barán e afeizoado á fotografía D. Xesús Rodríguez impresionóu varias placas do fermoso acto.
Abenzóu o local e a referida imaxe, o mencionado pàrroco Sr. López Platero.
Rematado o acto, os anteditos, clero e algúns amigos desfrutaron dun excelente banquete co que foron agasallados polos socios que a cuxas expensas foi construído o repetido local.
Pola tarde, diante dos nenos e numeroso publico, fixeron uso da palabra D. Manuel María Arias , atual alcalde de Paradela, Dona Ánxela Muñiz, ilustrada mestra nacional . D. Xulio Folgueira Aguirre , culto párroco de San Facundi de Ribas de Miño e D. Xerardo Pallares e Pérez , mestre nacional deste Concello, quen en fermosos pàrrafos polos que colleitaron moitos aplausos excitando aos nenos e pais de familia para que se preocupen máis da cultura e coiden de mellorar a agricultura por seren a base e benestar dos pobos.
Todos estes actos foron amenizados pola Banda municipal de Paradela , que por certo agradóu moito e se segue a estudar, dentro de pouco tempo poderá competir coas súas similares desta contorna.
Satisfeitos poden estar os habitantes deste distrito escolar e satisfeitos e orgullosos tamén os benfeitores citados , que se impuxeron o sacrificio e ímprobo traballo de cooperaren á sorte dos seus fillos e das futuras xerazóns deste setor do Concello de Paradela.
Correspondente ( * )
Paradela, Novembro de 1926
( * ) Xesús López González
Comentarios
Publicar un comentario