SAMOS: XURISDICIÓN ECLESIÁSTICA PROPIA ( 517 )
O ABADE DE SAMOS SEÑOR ECLESIÁSTICO DE IGREXAS PARROQUIAIS EXENTAS DE TODA XURISDICIÓN EPISCOPAL ( 517 )
A Abadía de Samos, co seu abade á fronte. ademáis de señor territorial de freguesias e coutos, tiña o señorío eclesiástico dun bon número de igrexas e ermidas que non dependían de ningunha autoridade episcopal e tiñan a condición de non pertencer a niungunha diocese.
O estatuto de " Nullius Diocese " e a relación de parroquias suxeitas a Samos aparecen recollidos no libro manuscrito nº 53 co tíduo LIBRO DA FUNDACIÓN DESTA CASA E DAS PRESENTACIÓNS DE CAPELAS E BENEFICIOS E O QUE HAI ENCOL DA XURISDICIÓN ECLESIÁSTICA. Neste libro indícanse os dereitos correspondentes ao Mosteiro por razón de desmos, primicias, dereitos de presentación, et. , manifestacións todas elas da autonomía da que gozaba éste na administración de freguesías espalladas polos diferentes partidos samonenses e outros territorios ( Lemos, O Bierzo, Triacastela ), incluíndo os beneficios obtidos do aproveitamento dos igrexarios.
Äbre o libro a lenda " FUNDATE MONASTERIO de San Xulián de Samos no termo de Sárria na Ribeira do río Sárria no ano 759 polo Rei Don Froila que en latín se chama Froilán".
MEMORIA DAS IGREXAS SUXEITAS A ESTA SANTA IGREXA DE SAMOS E AO SEU PRELADO, ABADE E CONVENTO. (
PARTIDO DO VAL DO MAO
1.- No Partido que se chama e di do VAL DO MAO está o corpo de San Fraiz , discípulo de Santiago, é anexo e leva esta Casa os desmos, e as primicias son para a fábrica da igrexa e sérvese por un capelán "ad notum"( En Santa María do Mao estaba o Priorado deste nome ).
2.- Máis ten neste Val a igrexa de SAN SALVADOR DO MAO , Ë beneficio anexo a esta Casa e así leva os desmos. As primicias son para a fábrica da mesma igrexa. Sérvese por capelán "ad notum".( En Chelo houbo un mosteiro na Idade Media,
3.- Hai máis neste VAL DO MAO outra igrexa de SAN ROMAO DO MAO . Sérvese polo seu crego e cura atitulado , Paga de padroazgo cincuenta e catro maravedís.
4.- Hai neste partido outra igrexa de SAN SILVESTRE DE FREIXO . Sérvese de crego e cura atitulado. Paga de padroazgo cuarenta e catro reais.
PARTIDO DE LÓUZARA
5.- No Partido de LÓUZARA hai unha igrexa de SAN XOÁN DE LÓUZARA , é perpetua anexo desta Casa e así leva os desmos e as primicias a mesma igrexa para a súa fábrica. sérvese por capelán atitulado e perpetuo. Ten moitas ermidas suxeita ( Na Idade Media foi mosteiro )
6.- Máis hai outra igrexa que dín SAN CRISTOVO DE LÓUZARA, é anexo desta igrexa e así leva os desmos e as primicias son da igrexa. Sérvese por capelán atitulado e ten unha anexa igrexa que se dí SAN LOURENZO DE VILAR XOÁN que é a súa anexa. ( Na Idade Media foi mosteiro )
PARTIDO DE BARBADELO
7.- No Partido que din de BARBADELO , xunto a Sárria, ten esta casa unha igrexa que din SANTIAGO DE BARBADELO , anexo desta Casa, e así leva os seus desmos e as primicias lévaas a mesma igrexa para os seus reparos e fábrica e sérvese por crego e capelán atitulado " in perpetum". Ten algunhas ermidas anexas ( Na Idade Media. nesta freguesía , estiveron os mosteiros de Santiago de Barbadelo ( Casa Domni Adilani , ou Loci Sancti Iacobi ) e San Martiño de Barbadelo ).
8.- Hai outra igrexa que din de PIÑEIRA , anexo a esta Casa, e así leva por desmos e as primicias son para os reparos e a fábrica da mesma igrexa. Sérvese por capelán atitulado ( Na Idade Media houbo nesta parroquia dos mosteiros de San Miguel e San Paio "in ripa Barbatelli" e o mosteirolo de San Xoán do Couso).
ALENDAGUA
9.- No Partido que dín de ALENDAGUA hai unha igrexa no lugar de FORMIGUEIROS . Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta Casa o terzo desmos e oitava das herdades do igrexario da dita igrexa polo que se pagan catro tegas de pan e cinceunta e catro maravedís de padroazgo así aforado.
10.- Hai outra igrexa no lugar de CASTRONCÁN que chaman de SANTA MARTA DE CASTRONCÁN . Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padroazgo 54 maravedís,
11.- Hai outra igrexa no lugar de VILACHÁ que din SAN CRISTOVO DE VILACHÁ. Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padroazgo cincuenta e catro maravedís ( parroquia desaparecida ).
12.- Hai outra igrexa no lugar de TEIVILIDE que din SAN XULIÁN DE TEIBILIDE . Sérvese polo seu crego e cura atitulado . Ten esta Casa o terzo do desmo e oitavo das herdades do igrexario. Anda aforado en cinco tegas de pan e sesenta e seis maravedís.
13.- Hai outra igrexa no lugar de REIRIZ,que din de SANTO ESTEVO DE REIRIZ. Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario da dita igrexa. Anda aforado en oito fanegas de centeo e noventa e seis reais de padroazg ( O lugar da Veiga de Reiriz na Idade Media era coñecido como Veiga de Sárria ),
14,. Hai outra igrexa no lugar de FROLLAIS, Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga cincuenta maravedís de padroazgo.
15.- Hai outra no lugar de SIVIL que din SANTA MARIÑA DE SIVIL . Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta casa o terzo desmo e oitavo das herdades da dita igrexa, Anda aforado en tres fanegas de centeo e dúaa fanegas de trigo e cincuenta e catro maravedís de padroazgo ( Esta parroquia foi suprimida )
16,- Hai outra igrexa no lugar de LIER que din SANTA MARIA DE LIER . Sérvese polo seu crego e cura atitulado.Ten esta Casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario da dita igrexa . Anda aforado en seis fanegas de centeo e oitenta maravedís de padroazgo.
17.- Hai outra igrexa no lugar de SOÑIDE que dín de SANTA MARÍA DE SOÑIDE. Sírvese polo seu crego e cura atitulado .
.........................................
( 57 ),. Enadido á relación.- Hai outra igrexa que din SANTA MARÍA DE PACIOS DE FROIÁN que vai unida esta igrexa e (58 ) SANTA CRISTIÑA DO VISO , e esta de Santa Cristiña é de provisión do Bispo de Lugo , e está tamén unida con estas ( 59 ) a igrexa de GON (GÓO ) e todas tres levaas o alcipreste de Gon , e percibe esta Casa unha de cada tres vacantes,
( 60 ) Hai tamén o PRÉSTAMO DE SAN MARTIÑO DE LOUREIRO que está incluso no foro , que por esta Casa levan os da Casa da Barreira.
............................................
CAMIÑO FRANCÉS
18.- Hai neste Partido a igrexa de SAN MAMEDE ( do Couto ) xunto do lugar de VILAMELLE. Sérvese polo crego e cura atitulado. Ten esta Casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario da dita igrexa. Anda aforado en catro fanegas de centeo e setenta e cinco maravedís.
19.- Hai tamén unha igrexa que dín SANTALLA DE PASCAES ( Pascáis ). Sérvese polo seu cura e crego atitulado. Paga a esta Casa de Padroazgo oitenta e seis maravedís.
20.- Hai outra igrexa no lugar de ROMELLE que din SAN MARTIÑO DE ROMELLE . Sérvese polo seu crego e cura atitulado, Paga de padroazgo sesenta e cinco maravedís. Ten o terzo de desmo.
21.- Hai outra igrexa no lugar de SAN XIL DO CARBALLO que chaman SAN XIL. Sérvese polo seu crego e cura atitulado.. Paga de padroazgo cincuenta e catro maravedís.
22.- Hai outra igrexa no lugar de ZON ( Zóo ) que chaman SANTIAGO DE ZON ( Santiago de Zóo ). Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta Casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario. Anda aforado en catro fanegas de centeo e de padroazgo sesenta e cinco maravedís.
23.- Hai unha igrexa no lugar de MONTÁN que chaman SANTA MARÍA DE MONTÁN . Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta Casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario da dita igrexa e paga de padroazgo oitenta e seis maravedís ( Esta igrexa na Idade Medía era a de "San Miguel de Montán, citada no Codez Calistinus como San Miguel de Montán , e nela había un mosteiro , e máis adiante un hospital).
24.- Hai outra igrexa no lugar de LOUSADA que chaman SAN MARTIÑO DE LOUSADA . Sírvese polo seu crego e cura atitulado. Ten esta Casa o terzo desmo e oitavo das herdades do igrexario da dita igrexa , Anda aforado en cinco fanegas de centeo e paga de padroazgo corenta e catro maravedís..
25.- Hai outra igrexa xunto a de enriba que chaman SAN ROMAO DE LOUSADA . Sírvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padroazgo cincuenta e cinco maravedís e medio ( Na Idade Medía houbo nesta parroquia un mosteiro )
26.- Hai outra igrexa no lugar de ESTRAXIZ que chaman SANTIAGO DE ESTRAXIZ. Sírvese polo seu crego e cura at itulado. Paga de padroazgo oitenta e sete maravedís e medio.
27.- Hai outra igrexa no lugar de CALVOR que chaman SANTO ESTEVO DE CALVOR , Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padroazgo noventa e sete maravedís e medio ( Na Idade Media houbo nesta freguesía os mosteiros de Santo Estevo de Calvor e de San Salvador de Barxa ).
O RIAL
28.- Hai neste Partido unha igrexa que chaman SAN MARTIÑO DO RIAL,. Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padrioazgo sesenta e cinco maravedís e medio. ( Na Idade Medía recibía o nome de San Martiño de Río de ( Sárria ).
29.- Hai máis neste Partido unha igrexa que chaman SANTA MARÍA DE LOUREIRO , Sírvese polo seu crego e cura atitulado . Paga de padroazgo oitenta e seis maravedís e medio. ( O lugar de Freituxe, na Idade Media era coñecido como Freituxe de Sárria ).
30.- Hai outra igrexa que din SANTIAGO DE RENCHE , Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padroazgo noventa e sete reais ( Na Idade Media houbo un mosteirolo en "Villa Pompeani").
31.- Hai outra igrexa que din SANTO CRISTOVO DO RIAL. Sérvese polo seu ctrego e cura atitulado. Paga de padroazgo oitenta e seis maravedís ( Esta igrexa na Idade Medía era coñecida como San Cristovo de Rio de Sárria ).
VAL DA ARMEÁ
32.- Hai neste Partido unha igrexa que din SANTA MARÍA DE TOUVILLE . Paga a esta Casa oito fanegas de pan de padroazgo e igrexario-
33.- Hai outra igrexa que dín de SANTO ANTOIÑO. Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de igrexario e padroazgo catro f anegas de pan ( O mosteiro de Sancti Antonini de Sárria da Idade Media foi sucedido pola igrexa e parroquia de Santo Antoiño de Touville agora coñecida como Santa Eufemia de Santo Antolín ).
.......................................................................................................................................................................
( 61 ) Interpolado con outra letra: Hai outra que din SAN MARTIÑO DE BERSELOS da pertenza da Casa que ten D. Fernando Saco de Cedrón e coido que ten esta igrexa anexa.
......................................................................................................................................................................................
34.- Hai outra igrexa que din SANTIAGO DO SOUTO.Sérvese polo seu crego e cura atitulado.Paga de padroazgo e igrexario tres fanegas de pan.
35.- Hai outra igrexa que din SAN VICENZO DE LEIRADO. Sérvese polo seu crego e cura atitulado. Paga de padrazgo e do igrexario doce fanegas de pan ( A parroquia foi suprimida e non se conservan restos da igrexa ).
36.- Hai outra igrexa que din SAN PEDRO DA ARMEÁ: Sérvese polo seu crego e cura atitulado e paga de padroazgo oito fanegas de pan ( Na actualidade está xeralizado o uso do nome " Armea " e non a de "Armeá" )
37.- Hai outra igrexa que din SANTA MARIÑA DO CARBALLO . Sérvese polo seu crego e cura atitulado, Paga de padroazgo e igrexario once fanegas de pan. ( Esta parroquia é máis coñecida como SANTA MARIÑA DE GALEGOS ).
38.- Hai outra igrexa que din SANTALLA DE LAGOS.-Sérvese polo seu crego e cura atitulado.Paga de igrexario e padroazgo........
..................................................................................................................................................................
Enadido con outra letra: Hai outra igrexa que din SANTA MARÍA DA LAMA de que se pagan cinco fanegas de centeo e corenta e dous reais.
......................................................................................................................................................................
O BIERZO
39.- Ten esta Casa xunto da vila de VILAFRANCA unha igrexa que din SANTA MARTA DE VILELA cuxo beneficio é anexo a esta Casa e así levan os desmos e as primicias son para reparo e fábrica desta igrexa ten alén aquela freguesía tamén moita e moi boa facenda. Sérvese este beneficio por capelán perpetuo atitulado polo bispo de Astorga e presentación desta Casa.
40.- Máis adiante unha légoa baixo e media do mosteiro de CARRACEDO ten esta Casa outra igrexa que din SANTA MARIA MADALENA DE VILLADEPALOS cunha ermida que din SAN XOÁN. Leva os desmos e quintos do pan que se colle e outras rendas de foráis, Sérvese por capelán que presenta esta Casa.
TRIACASTELA
41.- Hai neste Partido unha igrexa que din SAN SALVADOR DE TOLDAOS: Sérvese polo seu crego e cura atitulado presentado por esta Casa e colado polo bispo de Lugo. Paga a esta Casa vinte e nove fanegas de centeo de padroazgo.
42.- Hai outra igrexa que din SAN CRISTOVO DE CANCELO e anexo. Sérvese polo seu cura presentado por esta Casa. Paga de padroazgo dúas fanegas e media de centeo e ten esta sincura desta igrexa e o seu anexo.
43.- Hai outra igrexa que dín SANTA MARÍA DA VILAVELLA: Sérvese polo seu cura presentado por esta Casa. Paga de padroazgo 800 maravedís.( Na Idade Media era coñecida como SANTA MARIA DE TRIACASTELA )
44.- Hai outra igrexa que din SANTALLA DE TRIACASTELA. Sérvese polo seu cura presentado por esta Casa. Paga de padroazgo trinta e tres fanegas de centeo. Ten por anexo SANTA MARÍA DO MONTE. ( Na actualidade a parroquia leva por nome SANTALLA DO ALFOZ )..
45.- Hai outra igrexa que chaman SANTA MARIA DO MONTE. Sérvese polo seu cura presentado por esta Casa. Paga de padroazgo dous reais e medio ( Na Idade Media tiña por nome SANTA MARÍA DE VILA ADRIAO )
46.- Hai outra igrexa que dín SAN BRÉIXOME DE TRIACASTELA. Paga dous reais e medio de padroazgo. Sérvese por cura presentado por esta Casa ( Agora coñecida como SAN BREIXO DA BALSA ). En San Pedro do Ermo houbo un mosteiro na Idade Media.
................................................................................................................................................................
( 62 ) SAN PEDRO DE CADOALLA,. a metade con cura. É de presentacióm da Casa, do Partido de Triacastela.
...............................................................................................................................................................
VAL DE LÁNCARA
47.- Hai neste Partido unha igrexa que din SAN VINCENZO DE CARRACEDO. Leva esta Casa todo os desmos. Sérvese por capelán "ad notum" ( Na Idade Media houbo nesta situación o mosteiro de San Vicenzo de Carracedo ).
48.- Hai outra igrexa que din SANTA MARÍA DA LAMA. Sérverse polo seu crego e cura presentado por esta Casa,. Paga oita fanegas de padroazgo.
49.- Hai unha ermida que din SAN BARTOLOMEU DE ABRAGÁN. Leva esta Casa os desmos dela. Sérvese por capelán " ad nutum".
PARTIDO DE LEMOS
50.- No lugar de FREITUXE LEMOS ten esta Casa unha igrexa que se di SANTIAGO. É beneficio anexo a esta Casa e así leva os desmos e as primicias son para a fábrica da igrexa e sérvese por capelán "ad nutum" .( Foi Priorado de Samos )
51.- Ten outra igrexa que din SAN ROMAO DE MOREDA . É beneficio anexo desta Casa . E así leva os desmos e as primicias son para a fábrica da mesma igrexa. Sérvese por capelán "ad nutun". ( Foi Priorado de Samos).
52.- Hai unha outra igrexa que din SAN PEDRO DA POBRA DO BROLLÓN , Sérvese polo seu crego e cura presentado por esta Casa. Déuselle ao bispo de Lugo na concordia.
53.- Hai outra igrexa que din SANTA MARÍA DE SÁA. Sérvese polo seu crego e cura presentado por esta Casa. Déuselle ao bispo de Lugo.(
54.- Hai outra igrexa que dín SAN FIZ DE RUBIÁN , Sérvese polo seu crego e cura atitulado e presentado por esta Casa, Paga de padroazgo vinte maravedís
55.- Hai outra igrexa que din SANTIAGO DE TOLDAOS . Sérvese polo seu crego e cura presentado por esta Casa , Paga de padroazgo oitenta e cinco maravedís. ( Na Idade Media estaba ali o mosteiro de Santiago de Toldaos ).
56.- Hai outra igrexa que dín SANTA MARÍA DE REBOIRO. Sérvese polo seu crego e cura presentado por esta Casa.Paga de padroazgo sesenta e cinco maravedís.
.........................................................................................................................................................................
( 63 ) Enadido con outra letra: Hai outra igrexa SANTA MARÍA DE TOIMIL. É de presentar esta casa
O Abade de Samos , dunha ou doutra maneiras, alcanzaba xurisdición en sesenta e tres parroquias,
..........................................................................................................................................................................
O autor do LIBRO DA FUNDACIÓN di: ",,, de maneira que esta Casa r Mosteiro de San Xulián de Samos segundo as escrituras, privilexios e execucións sobreditos tivo, e exercitado polos seus Prelados e Abades lexitimamente eleitos tanto tempo , días e anos como consta polo sobrescrito, señorío, xurisdición temporal e espitritual e mero e misto imperio en toda a súa Abadía, Coutos, Partidos e os seus vasalos, cregos e igrexas tanto no temporal o seu Xuiz e Meiriño, e no espiritual o seu alcipreste e executor, coñecendo estes Xuices as primeiras causas deles apelando para diante do dito Abade , como a Señor Ordinario e así como tal visita, cola , presenta e examina e castiga aos cregos, aproba e dá licenza para administrar e fai todo o demáis pertencente como temos dito como SEÑOR TEMPORAL E ESPRITUAL E ORDINARIO en toda a súa Abadía e Xurisdición".
...........................................
En resume: O Abade de Samos reunía facultades quasi episcopáis e rra Señor Espritual do seu territorio "nullius Diocese"
Comentarios
Publicar un comentario