LOITA .ÓRGANO DO CENTRO REPUBLICANO DE SÁRRIA ( 1933 )

                                  LOITA.- ÓRGANO DO CENTRO REPUBLICANO DE SÁRRIA

 " LOITA " foi unha publicación xornalistica promovida polo Centro Republicano de Sárria,  con activa participación de Vicenzo Pàramo Losada  quen figura á fronte da administración e ademáis  publica algúns artigos. Hai que destacar que un bon número de colaboradores son residentes no Concello do Páramo

Aparecía os días 6 e 20 de cada mes, que eran as datas de celebración das  dúas feiras de Sárria, aínda que se deu algún retraso, e  nos últimos  meses  da súa edición  anunciaba que somente sairía  á rúa en cada día  6.

A publicación, que se vendía ao prezo de 10 céntimos de peseta constaba de catro páxinas  cunhas dimensións de 43 cm de longo e  31 cm de  largo  e a súa edición correu a cargo da Imprenta  Palacios  de Lugo.

O  Arquivo Histórico Comarcal de Sárria ( en formación ) dispón de varios exemplares  de LOITA , procedentes do fondo documental de Xosé Sánchez Arias ( Pepe Vento ), que foron xenerosamente facilitados por  Luz Marina   ( Luchy ), que son os que se relacionan a continuación.

                                                           ****************************+

1.- Ano I.- Número 1. Redacción  :Centro Republicano. Administración  e correspondencia: Vicenzo Páramo : Aparece o 6 e 20 de cada mes.  Sárria, 6 de febreiro de 1933. Prezo: 10 céntimos. Imprenta y Papelería Palacios- Lugo.

                                                    Contido

Ao Pobo ( A Redacción ).-  A asemblea de Santiago  e o concepto de autonomía rexional ( A. Villar Ponte ) .- Loita ( Antón ).- Despois das xubilacións ( Plutarco de Sárria )- Resucite a maxestade de Galicia/ Rexurresit Galleciae Majestas...  ( artigo en galego de Ricardo Núñez, El Norte de Galicia,  7 de abril de 1910 ).- Greguerías de Sárria ( Don X ).-  Centro Republicano .- As nosas feiras.- Comentario dun comentario.  Reacción que consideramos xusta ( Pedro Camarero )- Timos e roubos.- Espectáculos (  Un Espectador ).- Un Lunch.- 

                                                               Novas

(29-01-2023 )  Directiva do Centro Republicano en Sárria: Xosé Páramo ( Presidente )- Xesús Ferreiro ( Vicepresidente ). Pedro García ( Segredario ). Antonio González Macía ( Vicesegredario ). Manuel Maceda, Manuel Pardo, Ricardo Núñez, Xosé Antonio Núñez. Delegado  da Directiva: Antonio Páramo Sánchez

Loita envía  un respetuoso saúdo  á ilustre  persoa de D.  Santiago Casares . como testemuño  de admiración e simpatía , dos afiliados ao Centro Republicano de Sárria

                                                           Publicidade 

Crema Krissola. A mellor para o calzado.- Grande Comerzo de Dimas. O máis importante de Sárria. Enorme surtido en tecidos  e outros artigos . A casa do calzado sólido elegante.-  Almacéns Mercurio. Ofrecerán sempre V.  toda clas de fantasías . novidades  e demáis artigos a prezos reducidísimos. Calzado.Paquetaría. Tecidos.-  Xulio G. Teijeiro- Médico Tocólogo. Inspector Municipal de Sanidade. e Titular  de Paradela . Especialista en Partos.  doenzas da muller e nenos . Electricidade  médica. Consulta de 10 a 2  e de 4 a 5. Avenida da República  10. Teléfono 6.- Panadaría Mecánica La Dulce Alianza - Banco Pastor ( Casa fundada en 1776 )

.......................................................................................................................................................................

2.- Ano I . Número 2.  Redacción : Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo.  Aparece o 6 e 20  de cada mes. Sárria, 20 de febreiro.  Prezo: 10 céntimos. Imprenta e Papelería Palacios.Lugo.

                                                                            Contido

O Réxime Local.-  A nosa gratitude.- Datas históricas. 10 de febreiro de 1926  A Fazaña do Plus Ultra.  11 de febreiro de 1873.  LX Aniversario da primeira Republica.- Timbrazos.- Enterados.- Caciquismo ou a habilidade para alcanzar un fin ( Eladio L. Muñiz, O Pàramo, febreiro de 1933.- Do monte á veiga. Estampas de Sárria. Ao meu a migo Xosé Páramo con devoción.( Felipe Pedreira ).- Encol do Estatuto ( texto en galego de Ramiro Vázquez Teijeiro ).-  Greguerías de Sárria.- ( Don X ).- Das parroquias: Vilamaior, necesida dun camiño.- Xúbilo pola aparición de Loita.- Corvelle--  Calvor .-  Círculo Sarriano.- Cousas do momento ( Don Claro ). Advertencia. Inistindo ( Víctor  Martínez ).- Ecos de Sárria. Comunicacións activas ( Polo ).- Unha voda.- ¡ Irmaus ! ( texo en galego ).- Novas:Viaxeiros, Láncara, Paradela,  Samos. Perda. Xunta xeral ( Correspondente ).- Para o  Sr. Alcalde  ( Pola Agrupación Socialista, O Presidente: Manuel Durán.

                                                          Novas

Xunta  Direitiv do Círculo Sarriano:  Presidente: Xulio González Teijeiro. Vicepresidente: Emilio Zaera.Segredario: Manuel Rodil. Vicesegredario: Pedro García.. Tesoureiro: Manuel Santos,  Vogais: Vitorino  Vázquez, Leopoldo Deibe, Manuel Sanmartín, Davide Teijeiro. Bibliotecario: Manuel Sobrado.

                                                         Notas soltas                                        

 Centro Republicano é a única agrupación republicana constituida na localidade. Os outros grupos  indefinidos son perigosos para a República e son o morbo que aniña febrilmente na súa existencia.

  A redacción do xornal  non se fai responsable  dos artigos que envíen  os seus colaboradores , sendo responsables os autores.

                                                         Publicidade

Xulio  González Teijeiro. Médico tocólogo.- Crema Krissola. A mellor para o calzado.-  Xulio González Teijeiro.Médico tocólogo.- Almacéns Mercurio. Calzado. Paquetaría. Tecidos.-  Panadaría Mecánica Esta panadaría fabrica con todo esmero e  escuprulosidade as seguintes clases:  Pan de Viena. francés  e gramado. Bolos para almorzos. Bolos de leite. Pan tipo Santiago e Vilaboa.- Pan de quilo  e libretas. Todos estes tipos serán elaborados polos medios mecánicos e procedimentos modernísimos de absoluta perfeción e hixiene. Sírvese a domicilio aos abonados.- Garantízase o  peso exacto e o emprego de fariñas de primeira calidade.- Os pedidos e abonos en " La Dulce Alainza " e ao teléfono  n  15. Despacho  de pan no seu domicilio San Lázaro.-  Clínica  Médico Quirúrgica montada  con arranxo a tódolos adiantos modernos- Direitor Casiano Pérez Batallón . Médico-Cirurxano, Fanse toda clas de operacións  de cirurxía xeral  e especial. Rúa Diego Pazos    Teléfono 11.-  Banco Pastor ( Casa fundada en 1776 ).  

...................................................................................................................................................................

3.-

.....................................................................................................................................................................

4.- Ano I.- Número 4. Redacción: Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo  Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada de mes. Sárria, 20 de marzo de 1933. Prezo : 10 céntimos. Imprenta e Papelería Palacios. Lugo.

                                                             Contido

Os actos democráticos destes días.- Polas escolas. Picaresca e inocencia ( texto en galego de Ricardo Núñez, 24 de febreiro de 1933 ).- A Miss Unión 1933 ( poema en galego, Xulio Páramo, Madrid, marzo de 1933 ).- Do Saviñao. Da Agrupación Republicana ás súas seccións parroquiais ( circular 2 ).Ricardo Rodríguez.- Feitos e palabras  ( Febo ).- Anecdotario político. Desenmascarando... ( Vicenzo Páramo ).- ¡ Atención !.- Leccións da Historia : Vida perdurable ( Felipe Pedreira ).- Samos: Grandioso acto politico ( Correspondente ).- Galeguismo práctico ( Pedro de Guitián).-  Do fondo problema de Galicia. O menos que se precisa saber  para  falar da autonomía ( Antón Vilar Ponte )....- Centro Republicano do Páramo ( Correspondente, O Pàramo, marzo 1933 ).-  Os bailes de Piñata :  Círculo Sarrian. Casino La Unión .- Paradela. Creación dun Comité do Partido Republicano Galego.

                                                          Novas

(  12,03.1933 ) Grandioso acto politico en Samos  convocado polo Comité Municipal do PRG e as As asociacións agrarias:  Discursos de  Antonio López Blanco ( Comité Agrario de Louzara ),  Francisco González ( Comité de Renche ),  Xesús López Goyanes (  Comité parroquial do PRG de Estraxiz ), Antonio López Luna (  Comité parroquial do PRG de Castroncán ), Benigno Leirado (  Presidenbte do Comité Municipal do PRG e Alcalde de Samos ). Intervención final de Antonio Pàramo Sánchez, delegado do Comité Local do PRG de Sárria.

                                                         Notas

Debido á grande modestia  de Miss Unión  que prefire pasar desapercibida , non nos foi doado consegurmos  a súa "foto".  Sentimos non contentarmos  aos  numerosos  e rendidos  admiradores da Nena ( María Luisa  Quiroga Vázquez ).

Os fermosos actos  celebrados estes día no Páramo,  O Incio, Paradela e Samos poñen de manifesto  que o pobo se dispón  a loitar enérxicamnte polo triunfo da democracia-

As Sociedades agrarias  de Louzara, Renche e Castroncán  forman un bloque co Partido Republicano Galego  para darlle a batalla decisiva ao caciquismo,  nun pobo tan oprimido  como Samos.

                                                   Publicidade

Crema Krissola.-  Grande Comerzo de Dimas.-  Almacéns Mercurio,. Panadaría Mecánica "La Dulce Alianza " ,. Clinica Médico Cirúrxica de Casaiano Pérez Batallón.-  Banco Pastor .

................................................................................................................................................................

5.- Ano I Número 5- Redacción : Centro Republicano. Administración e correspondencia:  Vicenzo Páramo.  Aparece o 6 e 20 de cada mes.6 de abril de 1933. Prezo : 10 céntimos.  Imprenta e Papelería Palacios ( Lugo ).

                                                            Contido

Gratitude.-  Retazos politico. Fascismo ( Amando Losada, O Saviñao. marzo de 1933 ).-  Atención.-  Entrefilete remitido.- A Corga de Vales.- Mirilla.- Albiñana e o fascismo ( nota ).- Reunión do Comité Provincial do PRG.- De Cedrón ( correspondente en Piñeira  ).-  Do Páramo : Xunta Xeral do PRG-  Multa ao cura de Friolfe.  Observacións dun curioso. Necesidade dunha nova escola en Friolfe ( Eladio L. Muñiz , O Páramo, 24 de febreiro de 1933 ).- Feixe d 'arelas ( Poema en galego, de Antonio L. Barro, Escairón, marzo de 1933 ).. Conversación amistoso-politica ( Un Paramés, marzo de 1933 ).- Información dos Comités Municipais : O Saviñao . Circular n-umero 4. ás Seccións parroquiais ( Amando Losada / Losada Ferreiro, 4 de abril de 1933 ).-Samos: Asemblea dos Comités do PRG de Suñide e Castroncán ( Correspondente ).- Paradela: Do grandioso acto do 12.- Satisfación en Castro de Rei polo camiño de Agra a Mosteiro Vello ( correspondente ).- Continuación de "Do fondo problema de Galicia. O menos que se debe saber para falar da autonomía: A carestía do centralismo e a nosa escravitude  económica....( Antonio Villar Ponte ),. Se Cristo vivise hoxe ( Doroteo Benavente, O Páramo, marzo de 1933 )- Actos de propaganda en Paradela e Samos.- . Deportes:: Partido de fútbol o 26 de marzo entre os equipos sarriaos " Deportivo Español ( ·  ) e  "Juventud FC" ( 4 ) ( Penalty )

                                                                 Notas

O fascismo é o culto á podredume , a o que cheira a porcaría. é a teima insensata  de soster con paus e estadas  unha sociedade  que se derruba  e esmorece-

( 10 de marzo de 1933 ). Nova Xunta Direitiva do PRG en O Páramo : Presidente:Manuel Rodríguez Díaz ;  Vicepresidente : Xulio López López; Segredario: Eliseo López Muñiz; Vicesegredario: Avelino López García:  Tesoureiro: Francisco Rodríguez; Vogais: Lino Díaz Tourón,  Anxo Basteiro, Domingos López López, Xosé Vázquez López, Francisco Vázquez López, Manuel Rodríguez de San Mamede, Xosé López Lence, Manuel Porto Fernández e Francisco Díaz López. Delegado do Comité: Nicanor Taboada Iglesias. Candidatos para as eleccións Municipais: Manuel Rodríguez Díaz e Eladio López Muñiz.

Polos seus continos ataques á Republica  foille imposta por Sr. Gobernador Civil da provincia unha multa de 150 pesetas aocura pàrroco de Friol ( O Pàramo ). Esta  sanción causóu  boa impresión entre estes veciños, pois hai tempo que este mal ministro de Cristo viña facéndonos a vida imposible.

FEIXE D' ARELAS:  Loitemos por liberare / das garras pretas do amo /  ist ' anaquiño de terra /  dina de  millor brillare //  Non queiramos consentire / c'os arrumes d'esta terriña / sexan escravos de naide /  ¡ Fagámola resurxire ! //  Ela ten frores e mozas, / en vexa do mundo  enteiro, / ten homes pra gobernala / sen traguelos d' outras zonas // Baixo o sol ca protexe, / riseiros  paisaxes garda /  de vexetación gallarda / que d'encanto se estremece.//  Eiquid onde medran o pino, / os carballos e o mirtos / non consentimos que reinen / nin amos nin señoríos //  Loitemos, pois pol'a meiga / loitemos, sin desmayar  / non cansemos de berrar / ¡ Galicia ! ¡ Galicia ceiba ! // ( Antonio L. Barro, Escairón, marzo de 1933 ).

( 20.03.1933 )  Asemblea dos Comités de Suñide e Castroncán:  Presidente: Antonio Sampedro Montero: Vicepresidente : Benigno López Díaz. Segredario: Antonio López L.Vicesegredario: Celestino Arias López; Tesoureiro: Luis Marzabal; Contador: Xesús L. Gómez. Vogais: Manuel Arias, Xosé Díaz, Antonio B. Pérez ,Xosé García.. Delegado; Luis G. López. Asistiron:Delegados do Comité Municipal,Benigno Leirado, Xesús L.Villanueva e Manuel Freijo.

Loitaremos até vencer pola desaparición do caciquismo e non hemos consentir que xurdan herdeiros inda que non sexan parentes.

( 12.03.1933 )Grandioso acto en  San Miguel de Paradela.-  Participaron todos os Comités do Concello de Paradela. Abriu o acto o presidente do Comité de Barán. O Contador do Comité de Castro de Rei tivo duras frases contra o caciquismo e o clericalismo.- Manuel Vázquez  fixo un caluroso eloxio do Goberno da Republica , dirixiu ataque contra  o clero e fixo un chamento aos Mestres para que formen cidadáns  do mañán que fagan un Estado forte , libre das dúas pragas actiais:  o clericalismo e o caciquismo. Rematou o acto coa formación do Comité  parroquial do PRG de San Miguel de Paradela.

O Centro Republicano de Sárria  confundido e identificado co programa  do seu Partido Republicano Galego , responde en todo principio  e momento ás aspiracións  das forzas esquerdistas  da República.  Como agrupación democrática  non tolera " influencias extrañas".

Moi axiña o Centro Republicano poñerá á venda millo da Misión Biolóxica de Pontevedra.

                                                        Publicidade

Moi axiña poñerase á venda Valente Bandoleiro.-  Clínica  Médico Cirúrxica : Casiano Pérez Batallón.-  Banco Pastor.-  Novo itinerario de trens.-  Panadaría Mecánica " La Dulce Alianza".- Lea  Vostede Loita.-  Almacéns Mercurio.-  Grande Comerzo de Dimas.-  Crema Krissola.-  Xulio G. Teijeiro. Médico Tocólogo.-  New York- Xastrería Selecta.- El Siglo. Centro de Novidades ( Antiga  Casa Freijo ).-

.............................................................................................................................................................

6.- Ano I. Número 6 Redacción Centro Republicano. Administració e correspondencia:  Vicenzo Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada mes, Sárria, 20 de abril de 1933.  Prezo : 10 céntimos Imprenta e Papelería Palacios- Lugo

                                                           Contido

Figuras cidadás: Xosé Páramo. ( Felipe Pedreira ).- Indicador das eleccións de concelleiro.- Mirilla. .-  Comentarios a comentarios. Sobre un solto de La Voz de la Verdad ( Vicenzo Pàramo ). Letras de loito Falecemento de Xosé Pàramo, o 5 de abril).-  Rogos e Preguntas.- Asemblea Provincial do PRG.-  Unha charla de politica na Ribeira de Suar. ( Un Paramés,  6 de abril de 1933 ).-  Eleccións: Instruccións  para Interventores, Adxuntos  e Apoderados.-  Casos e cousas. Pastoreo. Intento...de mitín ( PG ).-  A Nogueira ( texto en galego  de Manuel López Franco, Goián , abril 1933 ).- Partido Republicano Galego.

                                                          Notas

Mirilla:  Os que agora se din fascistas  son os mesmos da Unión Patriótica , que ao caer Primo de Rivera  fuxiron como lebres  acosadas: son os luises, os estanislaos, os da partida da porra, os tradicionalistas e propagandistas, os monárquicos, que van agora saíndo das súas tobeiras, alzando de novo a bandeira da inxustiza  e desgoberno.

A estes nenos ben  férvelles  o sangue , queren como os seus tataravós don Fernando e dona Sabela , metérense na ardua tarefa da reconquista. Dóenos que eses amables mozos perdan o tempo dunha maneira tan pouco divertida.

O fascismo é o de antes: un Carlos V , un Felipe II, un Fernando VII. etc., etc. Quere a guerra, cando as moitedumes piden  a voz en alto a paz universal; cando en todos os corazóns hai unha arela viva de se uniren de se abrazaren. o fascismo arma á súa xente. constrúe naves de guerra, pon o seu exército en orde e en campo aberto, labora nos seus  gabinetes de Química a maneira de destruiren o mundo e facelo anacos.

Destrucción e mangoneo dos grandes señores, con argola ao pobre, ese é o fondo das doctrinas fascistas,

Concellos de Paradela, Láncara e Samos, reductos do vello caciquismo monárquico, aproveitade as eleccións  do 23 para conquerir a vosa liberdade.

¡¡ Votade as candidaturas  do Partido Republicano Galego.

                                                         Publicidade

Banco Pastor.- Xulio G. Teijeiro.Médico Tocólogo.- New York . Xastrería Selecto.- Clínica Médico Cirúrxica  Casiano Pérez Batallón .- Comerzo de Dimas.- Almacéns Mercurio.- El Siglo. Centro de Novidades ( Antiga Casa Freijo )

 ..............................................................................................................................................................

7.-  Ano I. Número 7 . Redacción: Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo.Aparece o  6 e 20 de cada mes. Sárria, 6 de maio de  1933. Prezo: 10  céntimos. Imprenta e  Papelería Palacios-Lugo.

                                               Contido

Grande triunfo  do Partido Republicano Galego , no distrito de Sárria, nas pasadas eleccións.-  Fariseos na República ( Vicenzo Páramo )..- Ás mulleres de Paradela e Samos ( Oristila García.- Ruada ( poema en galego de Xulio Páramo ).-  Deportes ( Penalty ).- Rogos e preguntas.- Unha pregunta ( Xosé López Díaz, O Paramo, 30 de abril de 1933).-  Observacións dun Paramés ( Un Paramés. O Páramo a 23 de abril de 1933).- Se Cristo vivise hoxe ( Doroteo Benavente, O Páramo, abril 1933 ). Impresións dun momento ( Manuel Cordeiro, Foz, abril 1933)

Publicidade.-  Almacéns Mercurio ( calzado, paquetaría, tecidos )-Clínica Médico Cirúrxica  Casiano Pérez Batallón- Médico do Hospital.- Rúa Diego Pazos.-  Hotel Roma . Propietarios : Viuva e fillos de  Henrique Prado.- Casa dos Traxes . Ricardo Torres. Cruce da Ciguñeira.- Crema  Krissola- A mellor para o calzado. Sárria-Galicia.-Novo itinerario dos trens.- Xulio G. Teijeiro. Médico Tocologo: Banco Pastor ( Casa fundada en 1776 ).- Grande Comerzo de Dimas .O máis importante de Sárria-  Panadaría Mecánica. La Dulce Alianza . San Lázaro.-  El Siglo. Centro de Novidades (Antiga Casa Freixo ) Rúa  Maior.

..................................................................................................................................................................

8.-  Ano I.- Número 8  Redacción : Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada mes. Sárria, 25 de maio de 1933. Prezo: 10 céntimos. Imprenta e papelería Palacios- Lugo.

                                             Contido

¿ Século XII ? ¿ Século XX ?. Ao abnegado e sofrido pobo do Páramo  ( Eladio L. Muñiz , O Páramo 9 de maio de 1933.- Cousas do momento ( Vicenzo Páramo ).- Mirilla.- De Vilamaior ( Correspondente ).- Os vampiros do pobo ( Oristila García ).-  Rogos e preguntas. Un do Páramo , O Páramo,, maio de 1933 ) - Para o Sr, Administrador de Correos da Pobra de San Xiao ( Xosé López Díaz, Friolfe-O Páramo, maio ).- Regulamento do Centro Republicano do Páramo ( Presidente: Manuel Rodríguez Díaz. Segredario: Eladio López Muñiz. O Páramo, 19 de marzo de 1933 ).- O xove Nicanor Taboada  ( Manuel López Franco, Goián 22 de abril de 1933.- Paradela. Toma de posesión do novo Concello ( Correspondente ).- De Vilapedre. Reorganización do Comité parroquial de Santa María de Vilar ( Correspondente ).

                                             Novas

( 19.04.1933 ).- Reorganización do Comité parroquial de Santa María de Vilar.-  Asemblea dos Comités parroquiais  do Partido Republicano Galego de San Fiz de Vilapedre, San Miguel de Vilapedre e Santa María de Vilar Presidente: Xosé Ramón Piñeiro Pardo ( reelexido ). Manuel Sobrado ( Vicepresidente ). Segredario: Aquilino López Díaz. Tesoureiro: Bautista López Díaz. Vogais: Xesús López Franco, Ramón López Fernández, Manuel López Fernández ( reelexidos ) e Xosé Veiga López.

( 30.04.1933 ). Novo Comité parroquial do Partido Republicano Galego:  Manuel Rodríguez Gay ( Presidente ).. Manuel Arias López ( Vicepresidente ). Manuel López Losada ( Segredario ). Antonio González López ( Tesoureiro ). Amador González Pérez ( Contador ). Manuel Rodríguez López, Xoán Fernández González, Manuel Golás López, Eliseo Rodríguez López ( Vogais ). Delegado diante do  Comité Municipal do PRG: Manuel Rodríguez López. Asistiron á xuntanza os correlixionarios sarriaos Xoán E. Pereira e Antonio Páramo Sánchez.

(10.05.1933 ) Constitución do novo Concello de Paradela: Concelleiros do Distrito Centros :Manuel Vázquez López, Darío Rodríguez Rodríguez,  Pedro López Rodrúguez, Henrique Díaz Vázquez,  Xosé López Armesto, Avelino Díaz Pérez, Pedro Xoán López Valcárcel e Xoán López González ( polo Partido Republicano Galego ) e Xosé Dosío López ( polo Partido Socialista ). Distrito de Poñente : Pedro López López, Xosé Castro Ojea e Xoán Arias Rodríguez ( polo Partido Republicano Galego ).  Manuel Vila Torre e Pedro Rodríguez López ( polo Partido Socialista ).

Alcalde. Xosé López Armesto. Tenentes de Alcalde: Henrique Díaz Vázquez, Xosé Dosío López, Xoán López Gonzáles. Procuradores Síndicos: Manuel Vila Torre e Xoán Arias Rodríguez..

Asistiron ao acto membros do Comité Municial do Partido Republicano Galego e Sindicato de Traballadores da Terra de Loio.

                                                  Publicidade

La Casa de los Trajes. Eduardo Torres. Cruce da Ciguñeira.- El Siglo.Centro de Novidade ( Antiga Casa Freixo) Rúa Maior, 21 e 23 .- Crema Krissola. A mellor para o calzado- Sárria-Galicia ).- Almacéns Mercurio.Calzado. Paquetaría. Tecidos.-  New York. Xastreria Selecta. Diego Pazos.- Grande Comerzo de Dimas. Banco Pastor ( Casa fundada en 1776 ).- Hotel Roma. Calefacción central. Auga corrente quente e fría e tódolos cuartos. Cuartos todos exteriores con  viso a espléndidos panoramas. O máis de perto á estación.-  Almacéns Polo. Depósito de carbóns, materiais de consturción  e saneamento. Servizo a domicilio. Teléfono 77. Almacéms e Oficina 78- Cruce da Estación.

......................................................................................................................................................................  

9.- Ano I. Número 9.- Redacción: Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada mes. Sárria, 6 de xuño de 1933. Prezo: 10 céntimos. Imprenta e  Papelería Palacios -Lugo.

                                                      Contido

Importante disciurso pronunciado por D. Antón Villar Ponte no Congreso dos Deputados  o día 25 de maio . defedendo os dereitos da terra galea..-  Os desbotados á parte de fora  seguen nas súas trece ( Vicenzo Pàramo ).- De Paradela.- Perda.- Prosa constructiva: As Escolas ( Pedre de Iberia ).- Rusmusmús e queixas dos veciños de Sárria.- Hixine Santa ( Pedro Pareja, Friolfe-O Páramo, 25 de abril de 1933 ).- Ás señoras mestras  da localidade.

                                                   Nota

Ás señoras mestras da localidade: Rogamos teñan a ben non poñer a varrer  ás nenas os locais das Escolas, como o veñen facendo, no medio dunha grande nube de póo, con grave dano da saúde das alumnas, xa que é sabida a virulencia que os microbios alcanzan entre o póo.

Ademáis figura no orzamento da Escola cantidade suficiente para  pagar a un varrendeiro.

Tamén se lles fai advertencia de que o tempo de recreo é de un cuarto de hora, e non de hora e media, pois dun recreo tan longo, están case analfabetas como se comprobóu na última visita da Inspección, que non contestaron nin unha palabra.

É de observar, ademáis.  que se ateñan ao Almanaque escolar, xa que o Estado é laico; no caso contrario, darase conta á Inspección.

                                              Publicidade

Xulio G. Teijeiro. Médico Tocólogo.- Clínica Médico Cirúrxica Casiano Pérez Batallón.- Grande Comerzo de Dimas. New York. Xastrería Selecta.- El Siglo. Centro de Novidades ( Antiga Casa Freixo ).- Crema Krissola.- Panadaría Mecánica " La Dulce Alianza".- Banco Pastor.- Almacéns Mercurio.- Hotel Roma.-Almacéns Polo,

..............................................................................................................................................................................

10.- Ano I.- Número 10.-Redacción :Centro  Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo. Aparece o 6 e 20 de cada mes. Sárria, 20 de xuño de 1933, Prezo: 10 céntimos. Imprenta Papelería Palacios- Lugo.

                                                                     Contido

Do momento.Alegría cavernícola.- Filosofando. Diálogo entre un turco e unha burra, Visto e ouvido ( Pedro Parejas, O Páramo, 10 de xuño de 1933 ).- Mirilla.- Divagando sobre os "frixios" ( Manuel López Franco, Goián, maio 1933 ).- Viaxeiros.- A curia miuda ( Francisco Armesto  e os demáis interesados na cuestión ).- Un rogo máis ( Inocencio Rodríguez, ( Friolfe- O Páramo, maio 1933 ),. Un curandeiro no Páramo (M.R.D.).- Disertación entre amigos  ( Un do Páramo,  O Páramo, 4 de xuño de 1933 ).             

                                                              Nota

Alegría Cavernícola.- O "burgo apodrecido· de Sárria experimentou hai días, ao se coñecer a nova de crise total, unha xubilosa emoción , Segundo as nosas novas  nalgún casino desta vila, ben coñecido pola tradicionalidade dos  seus concorrentes habituais, chegouse a descorchar, celebrando a boa nova, senón champá, algo, cando menos, que o semellase.

Mais, ¡ ouh dor ! : o gozo e a esperanza posta na volta da caverna, trocouse moi axiña  en desilusión e tristura , ¿ Que foi dos ledos taponazos ?. ¿ Que de tanto entusiasmo ?.

Azaña, coa súa sereidade característica, coa súa indomable e tranquila enerxía, coa vista fixa nun máis alá que tan tradicionais señores non ven , nin desexan veren,voltou a se encarregar  das perdidas rendas que xoguetearon , caprichosas, perante uns días e que finalmente  tornaron ás mans   de que, con xustiza, debe empuñalas.

¡ Ouh , que tristísima elexía poidera ser entoada, lembrando o fracaso da tal festa  !. Eles sen dúbida , pensaran que  "tras de tempos tempos veñen "  E, con espiritu ecléctico, soportarán, como boamente poidan,  este "caos social " ou confiarán cecais , en que a voz aguda de  Gil Robles  se vaia abrindo paso a paso ou que o "canciño berrón" , como califica "El Sol" a Miguel Maura , morda, por fín,  as enteleridas pernas  dos actuais ministros.

Mais, como di Víctor Hugo,: " para  avanzar un paso no progreso hai que retroceder tres". E , tememos, que  tanto desorde, preconizado polas dereitas  con torcidas fins, non sexa senón o comezo dunha verdadeira e dura pelexa entre as fortes organizacións obreiras  e o elemento  caduco politico social, en crise máis., en crise este bastante máis total que hai días, no mundo enteiro.

 Teñan pois en conta , os señores - xoves ou  anciáns- que,  con tanta presa festexaron o rumbo, para eles, apetecido, de refrear os seus naturais pulos. Todas as  as opinións son respectables, desde un certo punto de vista, pero é perigoso  en tempos nos que o xermolo democrático se extende máis e mais , o facer publica e ostentosa manifestación  de xacarandeiros sentimentos , con taponazos  maís ou menos banais , cando no fondo do asunto  se debaten  intereses da máis  vigorosa  espiritualidade.

                                                                       Publicidade

Gran comerzo de Dimas.- Clinica Médico Cirúrxica Casiano Pérez Batallón.- Panadaría Mecánica  La Dulce Alianza.- Casa dos Traxes. Eduardo Torres.- New York, Xastrería Selecta.- Crema Krissola.- Banco Pastor.- El Siglo. Centro de Novidades ( Antiga Casa Freixo ).- Hotel Roma.-  Almacéns Polo.

...........................................................................................................................................................................

11.-

...........................................................................................................................................................................

12.-  Ano I.. Número 12. Redacción: Centro Republicano.  Administración e correspondencia:  Vicenzo Páramo.  Aparece o 6 e 20 de cada mes. Sárria, 20 de xullo de 1933. Prezo : 10 céntimos. Imprenta e . Librería Palacios. Lugo

                                                    Contido

¡ Labregos,  guerra  ó  Tratado c ' o  Uruguay !,  Vexacións.  Viaxeiros.  Unha aclaración. . As pantasmas  do fanatismo ¡ Ouh  ! Como actúan  os arpías sarriaos. ( Manuel López Franco, Goián, xullo 1933 ).- Rogos e preguntas .- Cousas do momento." Máis  alegrías cavernícolas" ( Un cidadán paramés, O Páramo, 4 de xullo de 1933 ).- O Día de Galicia. Galicia ( poema de Ramón Cabanillas ). Himno Galego ( Pondal ).. A Nosa Bandeira ( Amado Carballo ). ¡ En pé ! ( Ramón Cabanillas ).- Andanzas do cacique de Paradela ( Xosé D. López, San Martiño de Castro, 4 xuño 1933 ).- Perda ( Un curioso ).

                                                          Notas

Resaltando actitudes.- Casares Quiroga, Ministro da Gobernación e representante do noso Partido Republicano Galego no actual goberno pon o seu  elevado campo ao dispordo xefe do Goberno se o atentado a Galicia chegara a  se consumar. A minoría parlamentaria do PRG anuncia a súa renuncia ás actas se o Tratado fose aprobado.

Galicia  saberá corresponder  á actitude dos  seus auténticos representantes e non esquecerá as formas de actuación do PRG.

                                       ..................................................................

Os Comités Municipáis  do Partido Republicano Galego de Sárria, Paradela,Samos, O Páramo, Láncara e O Incio  solidarízanse co movemento de protesta  do resto dos Comités do noso partido e os seus representantes  nas Cortes Constituintes aos que dende estas columnas lles enviamos  o noso agradecemento  por defenderen de  maneira gallarda   á nosa terra das funestas consecuencias  do Tratado Hispano - Uruguayo  o "Tratado da Ruina,

                                          ............................................................

O Día de Galicia,.  O 25 do corrente mes é o día sinalado para enaltecer o noso  profundo amor cara esta rexión tan sufrida e esquecida a traveso dos tempos. Por iso cada 25 de xullo reafirmamos máis o  noso ardente desexo  de converter en realidadea frase tan coñecida do Himno Galego: "Os tempos son chegados"

Hora vai sendo de que, por fin, cheguen os tempos da nosa redención. Agora que o concepto de autonomía adquire un vigoroso pulo, Galicia , impregnada de "brétemas"  e de tradicional " morriña"  trata de se erguer  e de ocupar o posto  que xustamente lle corresponde  no concerto das rexións españolas  e xa non  entoará as súas "foliadas ", as súas " muiñeiras", as  súas "ruadas" , as súa musicas , en fin, conceptuada por Azorín como a máis excelsa  e sesnsible da península hispánica, coa amargura  indecible da que nos fala Cabanillas  na súa poesía do "carriño cantareiro"  cando lle aconsella  que non marche cara Castela....

Neste novo Día de Galicia  ensombrecido con recentes problemas dos que nos facemos eco noutro lugar do xornal , facemos os nosas máis ferventes  votos para que a nosa querida terra alcance, vitoriosamente,   a dignidade e o respecto por tanto tempo desexado.

                                                      ................................................

"A lingua  é a base , e é a mais genial e original  obra de arte que uma naçao  cría e desenvolve " (  C  M. de Vasconcellos ).

Galegos; O 27 de Setembre  é o día sinalado  pol-o Comité central por Autonomía galega  pr 'a liberación da nosa  terra. Votade o Estatuto, si non faredes traición á Terra.

Cibdadáns:  O Estatuto de Galicia, aprobado na Asambreia de Sant ' Iago , tedes que dar o voso voto. O Estatuto é pra nós  un problema de disgnidade  e tamén de utilidade , Por conquerilo loitaremos  o que se precise,

                                                  Publicidade 

Grande Comercio de Viñas.-Panadaría  Mecánica "La Dulce Alianza".-Almacéns Mercurio. Eduardo Torres". Lea V. Loita.-Clínica Médico Cirúrxica Casiano Pérez Batallón.- Hotel Roma.- Banco Pastor.- El Siglo- Casa de Novedades. ( Antiga Casa Freixo).- Almacéns Polo.

.........................................................................................................................................................................

13.-                           

..........................................................................................................................................................................

14.- Ano I. Número 14.  Redacción: Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Pàramo. Aparece o 20 de cada mes,  Sárria, 20 de agosto de 1933.Prezo: 10 céntimos.   Imprenta e Papelería Palacios-Lugo.

                                                                     Contido

De actualidade  ( Eladio L- Muñiz ) .-  Machacando ( Doroteo Benavente ).- Rogos e preguntas.- Un neno atropelado por un servo do Señor ( O . García ).- Consellos a os labregos parameses ( texto en galego de R. V. Teijeiro.- Refutación dunha desidia ( Eladio L- Muñiz, O Páramo, agosto 1933 ).- Do Paramo ( Un Paramés. agosto  1933).- Do fondo problema galego. O que menos  se  precisa saber pata falar de autonomía ( continuació,,, Antón Villar Ponte ).- Divagando ( Un paramés, O Páramo, xullo 1933 ).- Deportes  ( Penalty ).- Do Páramo.

                                                           Notas

Do Páramo: Presentación dunha lista de  32 "beneficios" feitos neste Concello  dende hai tres anos e medio  que temos o Alcalde actual, posto polo cacique ,,, Artigo retranqueiro que remata  dicindo con relación ao Cacique : " ¡ Pedídelle  diñeiro a conta  do voso Consumo, ao seis ou sete por cento , de depois dicide  que vos fai favores , que é moi bon, e que a súa propiedade  e o seu diñeiro foi gañalos a América !.

Fútbol  ( 23.06.1933 ) En Bóveda.  " Boveda FC " (  4   )- "Borrachos FC " , de Sárria (  1 ). Co Bóveda  FC xogaron os coñecidos monfortinos : Xaneco, Chotán, Charol e outros: "Borrachos FC" : Curvos, Isidro, Latona, Yebra ( M ), Teijeiro, Javier, Pardín, Yebra ( M  ), Ramonín, Prado e Aguirre.

Fútbol : ( 9.08.1933 ) No magnífico Campo do Morelle. "D.O.X" de Vigo , reforzado (  1 )- "Borrachos FC" " ( 8 )

Telegrama remesado ás altas autoridades da Republica : " Madrid- Comité  do Partido Republicano do Páramo ( Lugo ), representando  unha boa agrupación , case todos  labregos  e republicanos  de fe denantes da proclamación  da República , roga a VE  non sexa  aprobado o tratado do Uruguay , importación de carnes, por ser ruinoso para a gandaría  e interese económico do labfrego.-  O Presidente: Manuel Rodríguez Díaz. O Segredario: Eduardo López Muñiz..

                                                           Publicidade

Tintorería Mecánica. Antonio  López Blanco.- New York. Xastrería Selecta.- Panadaría Mecánica "La Dulce Alianza.- Casa dos Traxes- Eduardo Torres.- Almacéns Polo.- Hotel Roma.

..........................................................................................................................................................................

15.- Ano I. Número 15. Redacción: Centro Republicano. Administración e correspondencia: Vicenzo Páramo. Aparece o  20 de cada mes. Sárria, 20 de outubro de 1933. Prezo: 10 céntimos . Imprenta e Papelería Palacios-Lugo

                                                        Contido

Exemplos. Ao que conducen as Ditaduras. ( Antón Villar Ponte ).- ¡¡ Hai que exterminalos !! ( Pedro García ).- Retábulo da crise: As dereitas. O Sr. Pedregal. O Sr. Gordón Ordax.  O Sr. Pérez Madrigal.  As condicións de  Lerroux a  Sánchez Román.- Discurso do Sr. Varela  sobre o proxecto de Congregacións relixiosas.- As cousas claras ( Un Paramés, O Páramo , outubro 1 de 1933 ).- Perda- Ah,Ah, Ah .- Ante a campaña electoral  ( O. García ).-  Academia Sárria ( Núñez Anido ).-  Lealtade  ( palabras de Largo Caballero ).- Dous homes e un león vello ( Don Claro )

                                                       Novas

¡ Cortes Constituintes da Repú blica  Española. LOITA  sinte unha inmensa emoción  ao ver rematado o voso intenso labor. O voso recordo perdudará sempre nos bons republicanos españois. Desaparecichedes  coa mesma dignidade  coa que nacestes, expulsando a un Goberno que houbese sido desastroso  para a democracia española.

                                                  ....................................

Republicanos: Defendede cos vosos votos  o vindeiro 19  á República votando  somente a  candidatura  de pureza republicana  do Centro Republicano de Sárria.

                                            :         ................................

O pobo español , que en abrilde 1931  expresóu a súa grande civilidade  expulsando do territorio  á Monarquía,  vai a manifestar o 19 do vindeiro novembro  a súa inquebrantable  fe republicana  e o seu amor ás liberdades publicas  e individuais dentro  dun réxime baseado na xustiza. Os inimigos do progreso , os secuestradores da conciencia pública , os monárquicos agochados  e encubertos , os promotores de todas as catástrofes nacionais , os responsables de Annual , os desfalcadores do Tesouro Nacional , intentarán falsear a conciencia do país  e sementar a discordia  entre os homes de boa fe . ¡¡ Alerta republicanos !! ¡¡ Facede da concordia  un credo e ide  á loita con espiritu  elevado  e fraternalmente unidos  fronte á reacción !!

                                        ..........................................................

Cidadáns de Sárria,  O Páramo, O Incio, Láncara, Samos e Paradela  aplastade nas urnas o vindeiro 19 de novembro  á contrarrevolución.  Españois ¡ Viva a Republica  ! ¡ Abaixo o fascismo !

                                       ..........................................................

Obreiros de Sárria: Non esquezades as melloras conqueridas  dende o advenimento da República. Dade os vosos votos aos auténticos republicanos , para que a lexislación estatal non sexa  derogada por Lerroux  e a reacción monárquica.

                                      ........................................................

Agrarios do partido xudicial de Sárria . Non esquezades  que grazas ao Partido Republicano Galego   e ao seu ilustre  xefe o Sr. Casares Quiroga , o Tratado co Uruguay, o Convenio da Ruin , non foi aprobado ¡¡ Votade a candidatura do Centro Republicano de Sárria !!

                                     ............................................................

Cidadáns: O espertar  do 20 de novembro  terá que igualar ao do glorioso 14 de Abril de 1931. ¡¡  Votade as candidaturas  auténticamente republicanas !!

                                                             Publicidade

Hotel Roma.-  New York  ,Xaatrería Selecta.  Casa dos Traxes. Eduardo Torres.-  Clinica Médico Cirúrxico Casiano Pérez Batallón .- Almacéns Polo.- Panadaría Mecánica" La Dulce Alianza".-  Tintorería  Mecánica. Antonio López Blanco. Rúa do Porvir . Sárria..Poño en coñecemento da miña  distinguida clientela  e publico en xeral, que  nesta Tintorería  empréganse os mellores  tintes e o traballo  en limpeza de toda clas de prendas , deixándoas igual ca novas , para cuxo obxecto  conta con toda clas de  maquinaria moderna . Garantía e prezos módicos.   

........................................................................................................................................................................

16 .-  Ano I  Número 16.- Redacción: Centro Republicano.  Administración e correspondencia:  Vicenzo Páramo. Aparece o 20 de cada mes. Sárria, 6 de novembro de 1933. Prezo: 10 céntimos. Imprenta e Papelería  Palacios- Lugo.

                                                              Contido

Diante da prosima contenda.- Interesantes fragmentos  de recdentes discursos  pronunciados  co motivo da  campaña electoral  ( Manuel Azaña, Marcelino Domingo, Fernando de los Ríos, Indalecio Prieto, Miguel Maura ).- Amanecer ( poema  de Doroteo  Benavente, O Páramo, outubro 933 )- Discurso do Sr. Valera no debate sobre  o proxecto de Congregacións Relixiosas  ( continuación ).- Tres preguntas e tres rogos ( Un  que asistiu ao casamento,  22 / X /  33 ).- Desde O Pàramo. O cauce da democracia ( M.R.D, O Páramo, 20 outubro 1933 ).- Perda ( Un amigo ).- Un rogo ao Cacique do Páramo ( M.L.F, Courel, 22 outubro 1933 )

                                                        Nota

.... Non  vos deixedes arrebatar. por favoritismo ou pola forza, o de máis valor que podedes conceder á patira que é a vosa imparcial elección en momentos de grande trascendencia  para o pais. Non voz conduzades , tampouco , por falsas campañas electorias que van á contra dos vosos propios intereses. Non consintades, de ningunha maneira, que a muller, sempre máis suxestionable e que vota por vez primeira en España. marque á Republico o seu temeroso modo de ser. Sede, como é lóxico, máis varoní que elas xa que estades. como non pode menos de ser, máis acostumados a estas lides.

¡¡ Alerta, cidadáns, electores do  distrito de Sárria !! ¡¡ Non abandoedes á República, en mans  dos adversarios do réxime democrático, porque iso é de suicidas  e as lamentacións sempre son tardías !!

                                                         Publicidade

New York- Xastrería Selecta.- Hotel Roma.-  Casa dos Traxes. Eduardo Torres.- Panadaría Mecánica "La Dulce Alianza".- Clínica Médico Cirúrxica de Casiano Pérez Batallón.-  Almacéns Polo.-  Tintorería Mecánica . Antonio López Blanco.

..............................................................................................................................................................................................






































                      







a

.............................................................................................................................................................................

16.-






















Comentarios

Publicacións populares