ENTROIDO EN SÁRRIA ( 535 )
O ENTROIDO EN SÁRRIA ( 1985 ) ( 535 )
NIHIL MELIOR
( Carimbo de Lacón e Ristra de Chourizos )
NÚMERO 1985
Escritura de Testamento Anual outorgado por Don ANTROIDO CHORIZEZ E LACÓNEZ a favor de Uns e Mailos Outros . O 19 de febreiro 1985. Autorizado por Don Antón de Piñata e López Enterro da Sardiña ( Veciño do Luga )
TIMBRE RING-RING . 5 CHOURIZOS VALE. CLASE.XA. 27S1921985XA
MIL NOVECENTOS OITENTA E CINCO
Comenzo o meu testamento / ampliando a filiación : / Eu son fillo de Chourizo / e da señora Lacón, / e coma non teño fillos / e mozo solteiro son / con todo siso e cordura / fago esta disposición:
Dispoño que o meu enterro / se faga polo serán, / e con enchentas e bailes / todos o festexarán . / Quero que canten e brinquen / os vellotes e as mociñas , / e que con ledicia arrinquen / do corazón as espiñas./ E cadaquén que se apañe / para poñer caras novas ,/ que coa outra xa andamos / facendo nas cousas bobas ./ Endebe responsos quero / unha festa nunca vista / e que para espelir o frío / todo o mundo teña pista ,/ Non me enterren nunha cova / que é cousa fea e moi triste, /gárdenme nos corazóns , / que o meu corazón resiste / as calores do verán / e as friaxes que aviste , / e para o ano vindeiro / será ben que eu resucite./
Das cousas que non son miñas / quero eu facer unha manda , / pois son moi pobre e honrado / e non teño nin bufanda, /
Aos que turran do carro, / en Santiago e en Madrí, / deixolles os meus ollos / para que miren para aquí, / e poñan boca xeitosa, / boquiña de petimí, / e digan sempre " pra todos " / e esquezan o " pra min",/
A Boyer e os seus "muchachos" / voulles deixar a carteira ,/ non teño medo por iso, / pois seique fica valeira./
Serras, serróns e serruchos / repartiréi pola vila / para rematar pinicidios , / e cadaquén que se espila !./
Á empresa construtora / da Ponte da Ciguñeira , / mil ferrados de paciencia / e acougo canto queira, / pois se por rairos cativos / non pode camiñar lixeira / no Canal de Panamá / botaría a vida enteira, /
Para o Alcalde e o Concello / déixolles manta e abrigo ,/ e se tapen " todos xuntos" / cando ven curisco e frío , / pois se cadaquén turrando / leva auga ó seu muiño , / virán tempos a secas / podendo ser a mantidos. /
Deixo para as mulleres, / pois nunca tiven ningunha ,/ un meu retrato de novo , / para ver se así pesco unha , / pois que sempre se namoran / de quen está máis lonxano ,/ véndome no natural, / nunca faría bon ano./
E a moitos lacazáns / voulles deixar os meus brazos,/ pois como feitos de palla , / só valen para dar abrazos, / e así con folga e festa / non han de pasar traballos, /
Para os taberneiros todos / voulles facer un legado, / e doulles con grande amor / de bon viño dous canados / para que o repartan todos / e fagan viño dez anos./
Os meus pés tan desfeitiños / de brincar e de bailar / deixollos ós raparigos / que comenzan a agromar , / para que acouguen algo / que non todo é choutar ,/ e con tantos rocanrroles / vánsenos esmendrellar.. /
O meu peito valeroso / pro Kremlim e Wuashington / mandaréi unha caixiña , / como honrado valedor, / con un letreiro que diga: / "Meu estimado señor / quítese axiña a careta / que só o Antroido eu son,/ Señor Reagan sexa guapo, / e Chernienja , sexa bon, / bailen un agarradiño / e sentiranse millor ,/ Non nos amolen a festa / co deutorio e o neutrón , / carafio , sexan formales, / e teñan esa atención, / deixense os dous de missiles , / deixen o tute cabrón, / e xoguen unha brisquiña / deixando fora a paixón. / Pídello o Antrido, señores, / que é de bon corazón, / e quere seguir vivindo / con sorrisos a cachón."/
Quero deixar estas pernas / ós amigos futbolistas / para que correndo moito / suban axiña nas listas,/
A miña grande cabeza / ten que gardarse en conserva, / pois por haches ou por bes / politico haberá que a perda / e cun pequeno trasplante / ó mellor non hai tal merma,/
Os meus zocos corredores / déixollos ós das Pedreiras / pra que non se enchan de trollo / e non caian nas silveiras,/
As miñas orellas grandes / mándollas a catro xordos / que non escoitan as voces / e chámanlles os "peixes gordos".
Mando as mans a quen as queira / se quere gañar o pan , / que o Antroido é boa xente / e non manda traballar, /
Os dentes non van na manda / que teñen grande valor, / e ténoos embargados / pra pagar a un prestador, /
E a outra parte que falla , / de aire alegre e zumbón /, esa non lla deixo a naide , / ¡ nin xiquera ó capador ! /
Eiquí me tedes sarriaos,/ velliño e esmendrellado , / e como son brincadoiro / táchanme de desgraciado./
Morro contento, amiguiños, / pois sei co meu corazón / vai a ficar enterrado / no medio dun mondo bon./
E devólvovos o sorriso / que cada anos me dades, / a ledicia é sempre vosa / e en vos mesmos a achades, /
Perdoade a este Antroido / que andivo desnorteado , / e que agora vos mesmos / o tedes resucitado,/
E copia literal do seu orixinal, gardado no arquivo de Festas e Liortas, baixo do número antes dito, e para os seus desventurados fillos, os Vilegos de Sárria, fixen eu, que en testemuña de verdade , poño o meu sinal.
Antroido ( carimbo da carouta ) Carimbo do lacón e chourizos
Renovando con sorrisos / a tradición popular / queremos que nos axudes / e poidamos viaxar, / Prá axuda dos rapaces / de Educación Permanente / solta só cinco pesiños / pois sonche moi boa xente, / E bon Antroido, amiguiños !.
( Autor: XAFA )
PRINTED IN ESPATARREXO DE ENRIBA ( CONFIDENCIAL )
*********************************************************************************
ENTROIDO EN SÁRRIA ( 2002 )
ANTROIDO 2002
SERMÓN, POLO RVDO. DON ANTÓN MANTEIGA
Sermón na honra de Santo Antroido, pronunciado na vila de Sárria, o día 12 de febreiro de 2002, polo cura de San Freixo da Vara Pinta, repasando os dez mandamentos, e dándolles sabios consellos na percura da felicidade dos seus amados fregueses.
Ollade, queridos irmáns / que xa vai vir o Entroido / e de vos dar un repaso / chegouvos a hora, ¡ coiro ! ; / que andades pouco norteados / e rifando sen parar , / comtendo mil pecados , / amolando e a amolar ,/
Queirades ou non queirades / vouvos botar un sermón , / que cepillarvos un pouco / cai e caivos de caixón, /
Como quen cristiana indios / teremos que repasar / os dez mandamentos novo / que tedes que praticar. /
O primeiro mandamento / di que " a Sárria hai que amar " / por riba das outras cousas / que por estas terras hai, / Fagamos, pois, de conciencia / un exame detallado / e veremos como todos / andamos xa escaldados , / que amor dicimos que temos , / e que o temos por ferrados , / e despóis as mans na gorxa / moi finamente botamos, / e xenreira e teimosía / decote aquí sementamos , / e a fonte destes amores / alevosamente secamos.
O segundo mandamento / é que "non tomemos en van / o nome da nosa Sárria / no inverno nin no verán ", / E aquí a pena é máis pena / e é máis grande esta dor , / porque todos barafundan , / sen imprtar cal é a cor , / e enchendo ben as fazulas / coma se fose un tambor / facemos papas na boca / e apagamos o motor /.
"Santificarás as festas " / é terceiro mandamento, / e criticar o facelas / é o máis recente invento. / Digo eu, irmáns queridos, / que é xusto e de razón / traballar todos os días / e parece sexa bon / facer algunhas ruadiñas / aínda que custen millóns / que Monforte e outras vilas / non andan na discursión / de se festas e non festas , / se de rúas ou camións / que non todo é traballo / e sana é a diversión. /
"Honrarás a pai e nai " / di o mandamento cuarto , / e aquí ciscámonos todos / e de isto ando farto, / en cantos proxenitores / teñen os "polos opostos" / e ningunha culpa teñen / de se veren así expostos / ás expresións diarreicas / de que aquí facemos gala , / en " cantidña" tolemeica ./ Máis "respeuto" e máis mesura , / máis fineza e policía , / pidevolo o voso cura , / que é a única via / que respetándonos todos / gañemos todos estima,/
" Non matarás" , di o quinto , / e aquí xa ninguén mata, / nen soños nen ilusións , / que ben crebadas as patas / e con testas ben fendidas / andamos en alparagatas / e xa non nos quedan forzas / nen pra capar garabatas. / Irmáns , ai, meus irmanciños, / tamén coa gorra se mata, / e sementando esterqueiras / somos gafos na malata./
" Non fornicar" manda o sexto, / e iso evos ben duro , / que aquí galicando andan / os do charuto ou do puro , / os que teñen seu mandiño, / os que nos dan bon apuro, / os que connosco ben xogan/ e que sen ningún desimulo , / coa suavidade do sirgo / regalan couces de mulo. / Caros irmáns, meus santiños, / fornicar por fornicar / evos teima de garulos , / poñeivos a traballar , / que Sárria pide o seu pulo./
O sétimo " Non roubarás" / dinos con letra de molde , / San Antroidiño nos garde, / ¿ quen esta operación resolve ?, / que aqui somos unha rocha / na que tododiós ben mlorde , / e a chupeta é ben sabida , / e é o azucre ben doce , / e imos ver, picariños , / nos tempos que eu acorde / montañas vólvense area / e camilña ata o máis torpe./
O oitavo mandamento / di que o falso testemuño, / e as mentiras badoqueiras / son coma Virxe do Puño. / Deste pecado en Sárria / non hai nen xiquer memoria . / que somos limpos e craros . / dixo a señora Gregoria , / que con moita caridade / nesta máis recente historia / falamos ben uns dos outros , / todos somos espilidos / na arte declamatoria / E eu, pobre cura ñobre , / nada teño que enadir ,/ senón rezar para que as cousas / segan no mesmo sentir. /
O nono mandamento di / "non ter pensamento impuro" , / aquí calo que a conciencia / evos cal se fose disco duro, / e eu en esas materias / como outro calquera curro / e pensom vaia se penso, / e non podo facer muro / que canto pasa ben vexo / e miro sen desimulo,/
O décimo di que a "cobiza / que se fai de bens alleos / pecha para todos nós / triunfal entrada nos ceos" / DE todo isto ben mancos / andamos por esta terra, / que sacos temos dabono / e facemos boa guerra / por arrapañar e asacar , / que todo o mundo ben berra / e meu, para min e meum / e portas e xanelas cerra, / que a pillota é macanuda, / e quen non arrapaña... erra,/
Todos estes mandamentos , / xa o dixo Santi Andía , / encerrados van en doius / que son a verdadeira vía; / "Apaña todo o que podas / e non soltes ningún día, / o que é teu porque xa é teu, / e o que collas, tolería / había ser o ceibalo, / que aquel que tarde pía / queda sen caldo e sen sopa, / queda sen ovo e galiña, /
Meus benqueridos fregueses / ben deprendida a lección, / seguide igual de amantiños, / pois que o rato e o leirón / connosco comparten queixo, / e tododiós se fai bon / grazas ao Santo Entroido / e á súa revelación. /
Porque sodes bons cristiáns / douvos eu esta benzón , / coa vasoira de a diario / e elevo unha oración, / para que ningún de vós caia / na verea da perdición, /
Amén
Antón Manteiga ( XAFA )
**********************************************************************************
O ENTROIDO EN SÁRRIA ( 2006 )
No ano 2006 , seguindo o costume de anos anteriores, na AULA DE HISTORIA E XEOGRAFÍA COMARCAIS do Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria ( Rúa Pedro Saco ) editouse o TESTAMENTO do Antroido, da autoría de XAFA.
ANTROIDO DE DOUS MIL SEIS
Tan galano e repoludo, / dita axiña o testamento/ que estás a caer do burro ,/ Non esquezas as melloras, / as mandas e as cousas pías , / que as cousas de testar / fanse con mentes ben frías. / Mira ben os arredores, / e dos que están polos cumes, / non te esquezas de ninguén / e bótalles os teus " perfumes ". Moitas grazas escribano, / moitas e ben repetidas , / vaia anotando a conta / que vosté cobra " a ,mantidas"//
" Eu principio declarando / que son da Vila de Sárria, ANTROIDO Medio Gaiteiro, / vacinado da "malaria"./ Naconvos no Dous Mil Cinco, / e neste Seis morreréi , / e que morramos cada ano / evos entre os Antroidos lei, / ( Os politicos, vem vedes, / aspiran á eternidade, / entran, seguen e repiten,,, / vos ben o vedes, ¡ calade ! )/ Abride ben as orellas, / pois con cara de paspán / vouvos a ler a Cartilla, / o Catón e o Esparabán,//
................................................
I.- Fago primeiro legato / de todos os bens raíces, / que sendo eu tan rico / estou xa até os narices / de un ano si e outro non / ver voar esa piscina / de auga quente, con sauna, / ( ¡ Que lle queres Xosefina ! ) / que vai de Ribela ás Insuas, / e que nunca aquí aterriza, / por iso por galanura / deixo un solar que eu teño / no curuto do San Marco / para que ali o Concello / argalle unhas pías novas / en terras de bons coellos, / para combinar natación, / co movemento de artellos, / que pesca e caza, abofellas, / de bieitos cozorellos / axudarán a que veñan / piscinas de moito pelo,/ Eu no dubido, señores, / polas barbas do Profesta, / que nalgún século chegue / a treinar algún atleta / nunhas pías macanudas, / se aquí rematan a guerra / de planeos.replanteos / e de beber augas ferras , Pois ben, xa teñen terreos / e que están moi norteados / e máis por seren de altura / poiden seren desaugados./..... Primeiro " problema feito" / xa está solucionado , / que alguén corra con presa / e leve a nova a Santiago : / Xa teñen terreos as pías , / non hai xa problema, coido, / que magnifico legato / a Sárria dixo o Antroido. //
II,. Segunda cláusula, digo, / que outro regalo fago, / para rematar o Morelle, / que anda un pouco esemendrellado. / Deixo millonciños de euros / que están na hucha gardados, / non hai mellor inversión / que para a SEPES mandalos, / para que faga uns lotiños / a gosot dos empresarios , / Están no "Banco Romero" / ali ben amoreados, / así que señores xefes / vaian axiña a buscalos. ://
III.-. Terceiro, si , vou e digo / que mando paraa "Outravía" / un nadiña de paciencia, / que a cousa ben malparida " / e non sabemos se aluz / virá cecñais a "autovía"./ Tamén encabuxamento , / mando, eu dou, e regalo / para que con ira e noxo / teñan un así de vergoñá, / por poñer o forno roxo. / A uns por programar `pouco / facendo un camiño coxo, / e aos outros de vara e mando / que agora teñen tesoura, / porque unha cousa é facer / e outra andar de deboura. //
IV.- Como doente que son / e máis condeado a morte / quero dicirvos, sarriaos, / ( non é cousa que me importe ) / que o Centro de Saúde / debe andar no Polo Norte, / pois os anos van pasando / sen que ninguén vaia e corte / a fitiña inauguradora / mentres outros teñen sorte,/ e hai lustros que atoparon / o xeito de traballar en orde. / Deixo aquí un mato de ortigas / para darlles "salva a parte" / a cantos coa súa fachenda / fan co Centro se arretrase. //
V.- ¿ E co río , que facemos ?, / pois o Don Encanamento, / por todos tan agardado, / vai de Oviedo para Oviedo , / de papelin en papel / e cun papelón do demo, / e no se ve solución / que non a haxa , eu temo / Con ánimo de dar resposta / a problema tan agudo , / como eu son enxeneiro / con título ben repoludo / regalo para esta patria / onde papo caldo e unto / proxecto marabilloso, / que ha rematar coas riadas / e que sen dúbida, coido, / fai das bágoas gargalladas, / Vexamos pois, meus amigos, / a solución que eu ofrezo / é facer grande furado / sen que nos importe o prezo / dende Frolláis a Rubián , / que queda alo cara Lemos, / por onde ladrillos fan / e hai a Feira do Catorce, / polo inverno e o verán , / tirando a Sur , no ao Norte,/ Que terra ben cha vos é / e con máquinas modernas / axiña feito se ve / tan desexado desvío, / regalando as nosas augas / de Monforte ao regadío. / Xa o dicía Hipocrates / "Todo mal ten boa cura". / A solución é facer / túnel de bela factura / e así todos veremos , / augas que enchen a Veiga / até por vista de cegos, / non causar danos na Vila / e aproveitar os lemegos / o Sárria, o Mao e o Cabe / sen danos e con proveito, / e canto máis fondo caven / a cousa será máis a xeito./ De nada, meus amiguiños, / Eis a resposta para as cheas. Hai que pensar en politico, / para solucionar as meas, / temos que enlear as liñas / e non hai mellor receita / para as cousas complicadas ; / enredar moito as sinxelas. //
VI., - Xa co reparto da herdanza / vai todo ben arranxado / e agora as cousas miudas / tamén precisan de caldo /.... Nesta Sárria onde vivimos / coitelos, facas, navallas / andan en xornáis a eito / e non son fume de pallas, / que Zola co seu "J ' accusse" / foi tan só un malpocado / e aquí está á orde do día / "Denunciar-Ser Denunciado" / , que con tanto denunciar / temos o patio lastrado. / E non falemos das cousas / na Internet aparecidas , / pois en vergoña de todos / as prumas escrarecidas / quedan ben en pitos cairos / polos ditos e paridas / e querendo aparentaren galos / quedaron todos en "quicas " ./ Para lavar trapos suxos / hai que poñer ao crareo , / farrapos e panos finos / e semella ser moi feo / nas augas suxas, decote, / facer o langureteo." //
VII.- Algunhas cousiñas máis / vou deixalas no tinteiro. / Señor escribano, escriba / que aquí lle vai o diñeiro. / cobre axiña a soldada / que se siga repartindo / amáis de non facer nada / vexo de portas pedindo / a min, o pobre do Antroido / e por axudar aos politicos / de canto teño e dispoño, / polo método analitico / por vía de sustitución / e por amor filantrópico / déixolle á Vila de Sárria / que ten quentura de Trópico, / e como é cousa está que arde / parece cousa sabida / que xa nos mandan ben tarde / o Parquiño de Bombeiros / pois para cando aquí chegue / segundo aluman candea , / segundo cardan estopa / non vai quedar un novelo / e todo serán cardeas / e dende o Campo de Vigo / e esa Ponte da Áspera / non hemos ver outra cousa : / Os osos do pobre Antroido / por baixo de grande lousa, //
....................................................................................
ELEXÍA FINAL DO ANTROIDO
Sárria , castelo antigo, / Sárria, vila fachendosa, / Sárria dos nosos pecados , / voltado en La Ponderosa"
Aquí somos "trinitarios" / da redención de captivos : / tecemos e destecemos / e todos somos ben vivos, / aquí todos en común / a verdade profesamos ; " Aquí todos somos listos , agás o abade de Samos".
Outrora eran outros tempos, agora son os que hai: / "A auga do río Sárria / sempre cara a Veiga avi".
Aquí todos somos xastres / e sabemos cortar teas / O que non é bon de facer / e desenguedellar as meas / E turramos polos fíos / e collemos as tesouras , / cravámolas onde cadra , / poñendo faces moi mouras,//
Sárria, castelo antigo, / Sárria, vila fachendosa , / Sárria dos nosos pecados / voltada en "La Ponderosa".
Cadaquén turra do carro , / sen o loro e a chavella , / xa non se ve o adibal, / e vai a roda moi vella , / A cousa xa ven de lonxe / e non sabemos rousar , / os que nos miran rinse / do noso fato reinchar ".//
Xa acabéi
Asinado: ANTROIDO DO DOUS MIL SEIS
Pepe : Notuit ( XAFA 06 )
*************************************************************************************
ENTROIDO DE 2007
TESTAMENTO ORIXINAL E VERDADEIRO DE DON ANTROIDO 2007
Notario autorizante : Anacleto Cornos Longos.
O ano Dous Mil e Sete / evos ano electoral, / ano de grande reinado / do noso rei DON CARNAL, / por iso agora toca a gaita municipal./
Para a FEIRA DO VINTE / está sinalada a data / d-a miña agardada morte / estralicando eu a pata, / por iso Señor Notario / con anguria que me mata / ben rogado e ben pedido / bótelle o dente a esta xata / e dispoña o testamento, / que a miña vida remata,/
Agora vou e dispoño / de todas as miñas roupas, / que sendo pobre e honrado / eu non lle teño outras cousas :
Esta pucha repoluda / que é testo das miñas ideas / déixoa para os politicos / para que tapen orellas, / e evitar deste xeito, / que lles tiremos por elas / que orelleiras precisan / e ben grandes ¡ abofellas ! / con audífonos a eito / para que escoiten as trelas / da veciñanza común / e se preocupen delas , / deixando para outro ano / esas furibundas guerras / de digo, dixo, falóu, / e non manduquen as peras / de tan grande requilorio / e tanto abrir de cellas, / de tanto abrir bocas grandes / e tanto esquecer promesas./ Non hai dúbida, meniños, / de que son maos escolantes, / pois non deprenden leucións / e son Xúpiter tonante, / o Anxo Fustigador / e o Grilo Ameazante....... / todos a armar liortas, / todos pegando o cante, / todos ao arrecadén, / e nada de tirar para adiante,/
A miña camisa limpa, / con cheiro de amizcle e rosas / déixolla con agarimo / a esas mozas tan fermosas / que de amores rin un día / e noutro, non preguizosas, / esquecen ocas promesas / e van e danlles a porta / a catro galafatiños / con mente de media torta / que aínda pensan en " macho" / e ben precisan da solta, / e elas collen no mundo, / caladas e sen revolta , / o mando que lles negaban / homiños de mente corta / Non é mundo do revés . / é o mundo mellor feito , / e a cantas mundos conquistan / doulles eu forza e máis peito./
Os meus zoquiños de coiro / feitos coa mellor madeira / van entregues peza a peza / aínda que el non os queira / para Bush o Americano / tecedor da arañeira / onde morren moitos homes / nunha guerra fanegueira,/ Estes meus zocos son / armas de destrución masiva, / sempre e cando vaia o couce / ben ao medio da barriga, / Eu non teño forcias, meus amigos, / para darlle o patadón ,/ que alguén poña estes meus zocos / e lle atice nos.....caixóns. /
Os carpíns de la de ovella / quedan en manda aos xuíces, / que ás veces nos deixan fríos / e hai que evitar varices. /
Os pantalóns de pana honrada / van para os ecoloxistas, / con desexo de quentura / e que sigan, altruistas, / loitando polo medio ambiente, / que con tanto aquecemento / os maos fumes políticos / van a envenenar a xente /
Eu non vos deixo gabán, / chaleque, trenca, chaqueta, / porque son pobre en mala hora / e eu non zugo da teta / e a roupa interior , / sería cousa indiscreta / deixala como mellora / e porqueb si e me peta / resérvoa para min só / para que se pudra na terra. /
Ben vedes que pouco deixo , / non teño baixos nin pisos, / non son especulador,/ eu teño os petos moi lisos. / Por se queredes medrar / e seren algo na vida, / regálovos un glosario / de palabras, cousa fina, / para que botanso a pacern / as linguas como escofinas / amosedes poderío, / que a vida hai que vivila , / así que deprendédeas todas / e co seu aquel de risa / sede lobos, sede zorros, / sede cóbregas e anguías , / poñede a volta de folla / a cantos teñan barriga: / Chamádelles alpabardas, / chamádelles papafigos, / dicide que menten sempre, / que son putos consentidos , / mentádelles a familia, / chamádelles resentidos, / dicide que son ladróns, / moi burros e mal vestidos, / que nin xiquer na cabeza / teñen un grande sentido / e que pra burros naceron / e burros son polo fino...... / Con estas vinte palabras / xa tedes carreira feita, / apuntádevos en listas / e coa vosa bandeira ergueita / metédevos a políticos / que para andar de feira / abonda con barallar / e falar coa boca estreita : /
Alpabarda, lacazán , / lapafabas, ministrante, / coxo mental, ananiño, / furabolos, boi frustrante.... ! / Con estas razóns formáis / alcanzarás altos cumes, / que outros con moito menos / ¡ carafio se gastan fumes !,/
E a min que me rexistren , / eu só vos dou consellos, / son outros os que vos dan / gatos ·endeben" coellos. / E rezade unha oración, / por min que neste ano morro, / que xa me amola este choio / e máis vello ca Cascorro / se vou para Xan Raposo , / volvo eu de Xan O Zorro/.
O ANTROIDO 2007
¿ ONDE ATERROU E.T. ? FALANDO DE SÁRRIA
I III
Mil ferrados de fachenda , Imos fa feira ao mercado , cen arrobas de preguiza andamos a velas vir ; unha enchenta de cobiza poñéndonos a parir , furgando adoito na fenda deslousamos o tellado en autófaga merenda e polo noso mal fado ... se estabamos repolando , amamos a quen mallóu , agora ímola andando.... brincamos se o boi muóu.... Barallar e barallar Trepanan con berbiquí e teinudos no esfolar galos que aniñan aquí : ¿ eu de Sárria estóu falando ? ¿ de Sárria falando estóu ?
II IV
Choven dagas floremtinas , Barallar e barallar, brincos, arroutos, anoxos... cada moucho no seu tobo, Tortos, retortos e coxos e as abellas sen trobo , en novelas bizantinas ben teimudos no esfolar meten feras escofinas , adoitamos camiñar esbardallante fanfarria , co andar do cangarexo feles si ( non mel da Alcarria ) ... e o noso feble pelexo Cada moucho no seu tobo nas mans de tanto pizmeiro cada tobo co seu lobo : está en eterno xaneiro : ¿ eu de Sárria estóu falando ? ¿ Esta é a Sárria que eu vexo ?
" ZARRIA LA ZEVIYA GAIEGA "
Poz que bien. Ziete luztro y do año depué de la gran crusá antigobierno siví de Lugo por el toreá der Cordobé y Palomo Linare ( ¡ Tiempoz aquelloz , mushasho, en que Zarria demoztró zer una unidá de deztino e lo universá pagadora de zó y zombra, a pesá del malage de no ir a lo toro ! ), tre desenio y medio pazao, quiyo, laj tropa de Arandalú han alcansao lo úrtimo ojetivo propuezto. Zeviyiiia ezta mar serca (.... y Triana enla avenía de Beserreá ).
Aquello tretrógado que recortaban la pegatina de lo coshe para que puzieran " Sárria, villa gallega" han zalío tocao en toa la linea de flotasión. La ezensia ezpirituale , er duende y er buen zentío yegan en plenitú a laz mente zarriana con toa la fuersa estatutaria de la realidá nasioná.
" Nozotro zomo azí zeñora, naturale como er agua del Guadarquiví, profundo y desgarrao comom una seguidiya , jacarandero como uno coztalero de juerga, y meno desaborío que un guarda siví de zervisio .
Mushasho y mushasha de Zarria, uztede vozotro, zoi la ezebsia der paí que nase, er pensí florío. er frazquiyo de ezensia de " Zeviya Gaiega" ( ¡ va por vozotro ! ). Quiyoz... no escuchá la vó der arcarde de Moztole... No hay peligroj, to eztá controlao.
" La Zeviya Gaiega" oz llama, enrolao, enrolao.... la bandera arsada por Selita avansa jaleá y bien jaleá... parmerom, rosiero der mundo mundiá yevan por toa parte la buena nueva....¡¡ Rexurresit !!.
" Zarria, la Zeviya Gaiega " ha resucitao .
¡ Poz que bien !
*************************************************************************************
ENTROIDO DE 2023
( NIHIL MELIOR ) NÚMERO 2023 Carimbo do lacón e a ristra de chourizos
ESCRITURA DE TESTAMENTO ANUAL OUTORGADO POR DON ENTROIDO DO PORCO CELTA
ENTROIDO DO PORCO CELTA
Entroido do Vinte e Tres / de febreiro neste mez, / a miña figura esbelta / con landras, non con espelñta, / ben cebada e ben mantida / en Sárria perderá a vida / e por culpa do Concello / nunca hei chegar a vello / nunha morte consentida./
Eu vou facer testamento / e López Yáñez, Notario, / no seu traballo diario / dá fe deste documento / moi cavilado e con tento ;/ e como para min é amigo / agora proclamo e digo / que porque Xoán é de lei / con pracer lle pagaréi / cunha améndoa e un figo.
TIMBRE RING-RING CLASE - XA 5 CHOURIZOS VALE 27 S1921985ALA
A miña morte tocaba / ser na Festa do Cocido / e por todos é sabido / o creto de que gozaba/ e todo o mundo loaba / aquela leda ocasión / onde moito comellón / festexando o Carnaval / non o pasaba moi mal / con cachucha e con lacón. /
Apunte, Señor Notario, / tal é a miña vontade: / Morto na flor da idade / e pois eu son solidario, / como as doas dun rosario / o meu corpo repartir, / co meu gozos sentir, / feito anacos deixaréi / e moi ledo eu o daréi / a cantos queiran vivir. /
A cachola e os miolos / van para aqueles politicos / lapafabas e raquíticos, /sexan cordos sexan tolos , /e tamén prós papabolos / lles deixo esta mesma manda :/ Que a quen lle toca apanda / con propósito de emendam / perda xantar e merenda / e se vaia de baranda, /
RENFE dos nosos `pecados/ nesta gozosa ocasión / vai levar un bon xamón / pois os tempos son chegado / de vernos ben agrazados / coa arelada pasarela, / metálica toda ela, / e o Barrio do Mazadoiro / terá un bon pasadoiro / e daravos xenio vela. /
Este meu xamón segundo / vai para Abraham Cupeiro , / galego de corpo enteiro / que de Sárria polo mundo / leva o seu nome fecundo, / Todos os antigos sons / cos seus instrumentos bons / voltan a ter nova vida; / con homildade sentida / recolle mil ovacións.
Ao Clodio, Pilar , García, / Castro Balboa, Escontrela.... /suxeitos de boa estrela / eu por premio e por maquía / voulles deixar neste día / en proindiviso un lacón / e poño por condición / que preparen un cocido / para que sexa comido / todos xuntos e en unión. /
Ao Pardo e máis Fernando / e aos demáis aspirantes , / sexan dagora ou de antes , / que vara, o cetro e mando / andan todos arelando / e cadaquén na súa moto / vai na percura do voto, / doulles roxóns e máis zorza / para que lles medre a lorza / e un bon picante chourizo / ben curado co chamizo, / premio para quen se esforza,/
E á Santa Confederación / do Sil e o Miño chamada / de touciño unha tallada / pola flagrante omisión / de arranxos na perdición / na nosa Praia do Chanto, / pola que gardamos pranto, / tan só lles vou a deixar / e a presa sen arranxar / tape con escuro manto,/
Para un bon caldo de ósos / a miña longa soá / enteiriña se verá / nos pratos máis venturosos, / comesta polos grandiosos / siareiros de San Bandullo / e da augardente do bullo / bebedores de contino / que manteñen tipo fino / facendo xexún en xullo. /
Deixo o rabo todo enteiro / para remate das mandas / aos alpabardas e randas, / raposos no galiñeiro, / que escatiman o diñeiro / e da nosa Sanidade / rexeitan a calidade / e aos médicos castigando / decote lla van negando ,/¡¡ bestas pardas, en verdade !! ./
E poia o Pepe do Roma / colléu a xubilación / e no Barrio da Estación / segue a haber quen coma / churrasco ( na grella asoma ) / de Cociñeiro Maior / e por moi Noble Señor / déixolle eu por medalla, / e non é fume de palla, / de ouro grella e asador,/
E eu, Notario local, / rematado o testamento / dou fe por este instrumento / do seu estado cabal / e de que feito un chaval / o Entroido do Vinte e Tres / o vinte e un deste mes / esnaquizado morrer / pediu por darnos lecer / do xeito que de suso ves. /
Dou e repito fe. ( XAFA )
***************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario