FESTAS DE SÁRRIA ( DESAPARECIDAS ) ( 537 )
FESTAS DE SÁRRIA ( DESAPARECIDAS ) ( 537 )
Nas parroquias de San Salvador e Santa Mariña de Sárria, e nos espazos nelas integrados procedentes de San Pedro de Maside e de San Martiño de Requeixo en tempos pasados celebráronse festas relixiosas e profanas que gozaron de xusta fama e foron ocasión para a devoción e para o lecer.
Pouco a pouco forn desaparecendo, aínda que, de atnto en tanto algunha delas é recuperada por viciños amantes da recuperación das vellas tradicións. Por desgraza a súa xenerosidade non acha consolidación e algúns anos despóis rexurden, tamén precariamente, a celebración.
E así , para xeral memoria, lembramos algunhas das festas sarriás dos pasados seiscentos anos.
*************************
SAN LOURENZO.- Celebrábse no Mosteiro da Madalena , onde estaba a capela do santo, na que se entrerraba aos peregrinos que morrían no hospital ou estando de paso. Había a festa relixiosa e ao remate da función había musica fora da lonxa, no espazo que hai diante do Cemiterio Municipal ( que ocupa o que fora Barredo do Pombal ). Ali situánse tendeiros que vendían viño, pan e roscas. Deixóu de se celebrar ao abandoar os relixiosos agostiños o Mosteiro en 1836 no tempo da Desamortización.
SAN ROQUE.- Celebrábase no Hospital e Mosteiro de Santa María Madalena. A celebracióm relixiosa facíase na Capela do Hospital de San Roque e ao ser derruba a súa imaxe pasóu a un altar da igrexa conventual. A festa profana, coas mesmas características ca do San Lourenzo mantívose fronte ao Barredo do Pombal até o abandono da vida cenobítica no tempo da Desamortización.
Cando os Mercedarios ocuparon o vello mosteiro a imaxe do San Roque pasóu para a igrexa parroquial de Farbán , onde recibe culto e o santo é suxeito das festas xunto coa imaxe do Santo Cristo.
Dalgún xeito, nos anos fináis do século XIX e primeiros do século XX, membros da familia Moreno, e os Oñate, axudaron a realzar esta festa, e mesmo nalgunha ocasión houbo festa profana na praza do Mercado, a carón da igrexa de Santa Mariña.
Nos tempos de hoxe , con menos pulo, a devoción a " Roque Santo e pelengrín ", que na súa novena cantaba coa súa aguda voz María da Veiga de Arriba, segue a se manter en Santiago de Farbán. Algúns grupos de amigos sarriaos soían xuntarse no día da súa festa para gozaren dun bon xantar.
SAN MARCO.- Ptrincipiaba a función relixiosa na igrexa de San Salvador e rematada a misa saía a procisión cantando as letanías ate a Capela de San Marco, que era do Arcediago de Sárria, e na que tomaban parte cregos de varias parroquias. Incluía unha cerimonia de benzóns dos campos, e por iso gozaba do favor das xentes. A Capela de San Marco estaba na parte baixa do actual Campo da Feira.
SAN ANTONIO DOS ASENTOS.- Na parroquuia de San Salvador de Sárria. Tiña lugar na entrada dos Esqueiredos ( de Sárria ), onde conflúen a Rúa Conde de Lemos e a Rúa do Castelo. Recibía ese nome porque adosada á parede de contención de Conde de Lemos había unha bancada de pedra corrida. Na igrexa de San Salvador estaba a imaxe de Santo Antón, que tamén daba nome ao Hospital ( Rúa Maior 1 ).
XIRA DAS INSUAS.- Celebrábase no entón chamado Parque Natural das Insuas ( vizosa carballeira propiedade da Familia Saco ) con ocasión das Festas do San Xoán nas décadas dos anos 30 aos 60 do pasado século XX. Normalmente tiña lugar o día 25 , e os sarriaos concorrían levando merendas, ou comendo nos postos que ali se instalaban ao tempo que gaitas do país e bandas de música ambientaban o lugar.
Algúns anos despois tratouse de recuperar o espiritu da vella celebración co Día ou Festa da Empanada , programados ben no Campo das Insuas ou no Parque do Chanto,
SAN LÁZARO.- Feira e Festa que tiña lugar a carón do Hospital de San Lázaro, na parroquia de San Pedro de Maside , documentada cando menos dende o século XV. Mantívose esta celebración dende 1891 dentro da parroquia de San Salvador , quedando así integrada na vila de Sárria. A imaxe do santo está na Capela de San Lázaro.
SANTA LUCÍA.- Festa que se celebraba no Barrio de San Lázaro,xa integrado na vila de Sárria, no derradeiro domingo do mes de agosto. Incluía función relixiosas , procisión e festa profana. Na actualidade os viciños do barrio manteñen os actos relixiosos.
SANTA MARIÑA .- A súa imaxe na igrexa de Santa Mariña " A Nova" , da autoría de Isidoro Brocos, deu pé para mozos das familias Moreno Díaz de Freixo e outros organizasen festexos na honra da "Patroa da Vila de Sárria )
Os lugares onde tivo lugar o festexo popular foron . ·a ).- A Praza de Xoán María López de Almance. b ).- O Barrio das Casetas
SAN LUIS GONZAGA.- Na Rúa do Porvir , a carón da Casa Moreno. Foi unha celebración festiva propiciada polos "Luises", organización relixiosa xuvenil establecida na parroquia de Santa Mariña de Sárria, en cuxa xestación tomo parte o xuiz de primeira instancia Luis de Mesa
ENTROIDO.- As tradicionáis e populares celebracións de Entroido , diante da presión das autoridades e das clases dirixentes que as entendían como propias dun pobo inculto, e as presións dos reitores das parroquias católioas da vila, que as considerban " pecaminosas e moi pergosas " e merecentes dun trío de desagravio polos pecado s do mundo, acabaron limitándose a disfraces individuais, e ocasináis desfiles de carrozas, organizados polos " mozos ben "! da vila e que dende a Guerra Civi l tiveron total prohibición, e só se conservaron no seo das Socieddaes Recrattivas.
Nos anos finais da década dos anos 1950 , con certa toleranza por parte da Garda Civil, organziáronse bailes populares , sendo ramistas varios viciños da Rúa Maior ( Luis Villesteva, Matitas Loureiro, Miralde... ) organizaron bailes na Praza da Constitución que se complementaron con desfiles de carrozas. Tamén , con base no Barrio Novo e no Barrio das Casetas, sendo animador especial das mesmas o viveirense Antonio Suazo ( Antonio de Previsión ) sairon, sempre con sorpresa na aparición e percorrido , carrozas de boa factura e de humorística temática.
Dende o ano 1973 endiante Meigas e Trasgos- CIT de Sárria organizón o "Antroido na Rúa", con desfiles de carrozas, que agora con moi bon suceso organiza o Concello de Sárria.
Os festxos do Carnaval, con concesión de sustanciosos premios, na Sala de Festas Litmar , acabaron decaendo, tanto polo feito de concorrer grupos foráneos con disfraces de elaboradísma factrura que non lograban seren superados polos carnavaleiros locáis, como polo feito do natral declive dos festexos programados nas salas de festas ( Xuntanza, Litmar, Bhuda... ) . Iso supuxo ademáis que os disfraces individuais e de grupos, por lbre, que saían ás rúas neses días, desapareceron.
Os Enterros da Sardiña e os Domingos de Piñata, para cuxa recuperación houbo varios intentos, esmoreceron totalmente.
O Casino de Sárria e a Sociedade La Unión, como festas de primavera, ofreceron a partir de 1940 uns moi controlados festexos de Carnaval, agora só presentes no Baile Infantil do Luns de Entroido, e na celebración gastronómica coa que os socios de La Unión manteñen o eco das antigas celebracións.
A partires de 1985, en contadas ocssións, houbo baile de Entroido na na Rúa na Praza da Constitución, nas Ameneirizas ou na Praia do Chanto. Algún intento de consolidar un baile de Entroido con pagamento de entrada, e baixo carpa, non tiveron bon suceso, causando perxuizo sustancioso aos organizadores.
Moi atrás quedan os Bailes de Carnaval do Café Español e o Novo Club, do Círculo das Artes , o Clube Celita e do Círculo Sarriano, desaparecidas asociacións , que presentaban a "faciana culta" da celebración e eran ocasións para un público máis popular ca os que concorrían ao elitista Casino de Sárria.
Novas experiencias foron as da celebración nos colexios da vila de desfiles previos ás vacacións e á participación masiva de alunmnos e pais con comparsas e carrozas no desfile do Domingo de Entroido.
Tamén desapareceron os festexos populares nas aldeas, entre eles os famosos da parroquia de Fafíán, sendo de dstacar, por outra parte, o bon suceso da programación feita nos últimos anos pola Asociación Os Gorriós de San Martiño de Louseiro,
Aquela vella tradición de " Correr o Entroido" propia dos grupos de rapaces do medio rural que andaban de aldea en aldea polas intransitables corredoiras hai décsdas que desapareceron debido á baixa natalidade , á escaseza de xente moza e ao feito de que é na vila onde, agora baixo xeitos máis urbáns, se mantén o Entroido , máis como espectáculo para ollar que para participar,e case desprovisto do espiritu trasgresor e critico das antigas carnestolendas.
SAN PEDRO .- Foi celebración ocasional no Barrio da Estación, que se integróu na vila de Sárria en 1891 , adicada a festa a ese santo porque esas terras formaran parte da freguesía de San Pedro de Maside.
SANTIAGO.- Foi tamén celebración ocasional no Barrio da Estación. Tamén houbo celebración da Festa de Santiago na Sociedade La Unión, que desaparecéu cando a crecente mecanización do transporte failitóu o habitual desprazamento ás praias.
VIRXE DOS DESAMPARADOS.- No Barrio da Estación. A imaxe e devoción da Virxe dos Desamparados foi intruducida polas Irmanciñas dos Anciáns Desamparados , na capela da Virxe do Carme do Hospital Municipal Asilo do Barrio do Mazadoiro ( San Martiño de Requeixo ) .
Cando as Irmanciñas dos Anciáns Desamparados abandoaron o Asilo e o Hospital Municipal foi derrubado para facer no seu soar a nova Residencia de Anciáns a imaxe da Virxe foi depositada na vivenda da familia Babío, na Rúa Frei Severino Vega Cid, para, finalmente ser posta á veneración dos fieis na Capela de San Lázaro.
Esas mudanzas supuxeron o esmorecemento das celebracións relixiosas e profanas, e só de tempo en tempo, con desigual fortuna, houbo comisións veciñáis que cosnseguiro pasaxeiras recuperacións da outrora festa popukar máis destacada dos barrios da vila.
VIRXE DOS MIRAGRES.- No Barrio das Insuas. a).- Cando formaba parte da parroquia de San Salvador os viciños do barrio decidiron facer unha festa e co consentimento dos Mercedarios, que rexentaban a igrexa parroquial., adicárolla a advocación mariana da " Medalla Milagrosa ". Ao pasar o barrio a formar parte da parroquia da Nosa Señora do Rosario, encargaáronlle ao entallador Segundo Sexto fixese unha imaxe para o novo templo, que agora se venera nel.
SAN MARTIÑO.- No Barrio do Mazadoiro, parroquuia de San Martiño de Requeixo. Esta festa foi organizada en algunhas ocasión, mesmo con xantar colectivo, sen lograr consagración e regularidade.
FESTAS RELIXIOSAS NA VILA DE SÁRRIA XA DESAPARECIDAS
1.- DOUS DE XANEIRO.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada da Confraría de Ánimas
2.- VENRES DE LÁZARO.- No Mosteiro da Madalena, Misa cantada da Confraría de Ánimas.
3.- OITAVA A ASUNCIÓN DA NOSA SEÑORA: No Mosteiro da Madalena, Misa cantada da Confraría de Ánimas. No Mosteiro da Madalena . Dúas misas cantadas fundadas por Alonso do Campo e Inés de Riba de Neira.
4.- DIA DE SAN NICOLAU DE TOLENTINO.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada da Confraría.
5.- DÍA DOS FIEIS DEFUNTOS.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada con procisión, da Confraría. No Mosteiro da Madalena. Misa cantada , fundada por Carlos de Valcarce. No Mosteiro da Madalena. Misa cantada con dalmáticas e botafumeiro e unha vixilia , fundada por Antonia Fernández de Sárria.
6.- TODOS OS PRIMEIROS LUNS DO ANO: No Mosteiro da Madalea. Misa cantada co seu responso e clamor de campás, da Cofraría.
7.- DÍA DA PURIFICACIÓN DA NOSA SEÑORA.- No Mosteiro da Madalena.. Misa cantada con sermón e responso
8.- DÍA DE SAN XOSÉ.- No Mosteiro da Madalena- Capela de San Xosé . Misa cantada fundada por Pedro López de Saavedra.
9.- DÍA DE SANTA ANA.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Inés López.
10.- TODOS OS SÁBADOS DO ANO.- No Mosteiro da Madalena- Altar da Nosa Señora de Graza. Misa cantada fundada por don Rodrigo Osorio, Conde de Lemos.
11.- TODOS OS PRIMEIROS SÁBADOS DE CADA MES.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada polo Conde Don Rodrigo.
12.- DÍA DA SANTA CRUZ.- No Mosteiro da Madalena- Capela da Veracruz.- Misa cantada fundada por Iñigo López de Orozco.
13.- DÍA SEGUINTE AO DA MADALENA.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Gomez Ares de Laiosa.
14.- DÍA DE SANTO ILDEFONSO.- No Mosteiro da Madalena . Misa cantada dotada por Vasco de Cuéllar. Misa cantada co seu responso, dotada por Beatriz González.
15.- DÍA DA NOSA SEÑORA DAS DORES.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada con clamor de campás , fundada por Don Pedro Teijeiro, Cura de Goián.
16,. DÍA DA NOSA SEÑORA DE MARZO.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada con vixilia . fundada por Alonso Martínez de Lapío . No Mosteiro da Madalena . Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira. No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Antonio López de Saavedra.
17,.- DIA DA NOSA SEÑORA DE AGOSTO ( 15 DE AGOSTO ).- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Antonio de Espasantes. No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada poir Dona Fabiana de Riba de Neira.
18.- DÍA DEZ DE FEBREIRO.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada con ministros, riba da súa sepultura, fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira.
19.- DÍA DA VISITACIÓN DA NOSA SEÑORA.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira. No Mosteiro da Madalena, Misa cantada co seu responso fundada por Diego Díaz de Guitián.
20.- DIA DA NOSA SEÑORA DE SETEMBRO ( 8 DE SETEMBRO ) .- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada. Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira.
21.- DÍA DA PRESENTACIÓN DA NOSA SEÑORA.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira.
22.- DÍA DA CONCEPCIÓN DA NOSA SEÑORA.- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira.
23.- DÍA DA EXPECTACIÓN DA NOSA SEÑORA .- No Mosteiro da Madalena. Misa cantada fundada por Dona Fabiana de Riba de Neira.
25.- LUNS INFRAOCTAVO DE CORPUS.- No Mosteiro da Madalena, Misa cantada co seu responso fimndada por dona Ana de Balboa.
26-
Comentarios
Publicar un comentario