SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA: LIBRO DE SEPULTURAS ( 536 )
SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA : LIBRO DE SEPULTURAS ( 536 )
O LIBRO DAS SEPULTURAS , ASÍ DOTADAS COMO POR DOTAR, NICHOS E CAPELAS QUE TEN ESTE CONVENTO DA MADALENA DE SÁRRIA fíxose sendo Prioiro o Padre Pregador Frei Antonio de Castro Méndez Novoa, xubilado, no ano de 1705 e nel seguiron a facer anotacións ate o ano 1835, cando co gallo das politicas de Desamortización os relixiosos agostiños abandoaron o Mosteiro. Os libros que trataban da administración dos bens e os demáis documentos foron levados a Lugo e andando os anos unha boa parte deles pasaron á Biblioteca Provincial de Lugo e ao Arquivo Histórico Nacional de Madrid.
Varios dos fondos documentais e libros da súa biblioteca deberon ser desviados dos cauces confiscatorios acabando en mans de particulares.
Entre os sustraídos do traslado forzoso a Lugo está o manuscrito titulado LIBRO DAS SEPULTURAS , ASÍ DOTADAS COMO POR DOTAR, NICHOS E CAPELAS QUE TEN ESTE CONVENTO DA MADALENA DE SÁRRIA que reaparecéu o 28 de setembro de 1952, Festa da Mercé, cando María Miranda Sampedro, viuva do médico e exalcalde de Sárria Amadeo Macía Vázquwz , fixo entrega do libro á Comunidade Mercedaria de Sárria e para a súa Biblioteca.
A maior parte do contido desta obra propia dos frades agostiños sarriaos foi publicada no Boletín do Seminario de Estudos Sarriaos " Francisco Vázquez Saco". E en 1994 o Servizo de Publicacións do Centro de Educación Permanente de Adultos " Curso de Historia Coamarcal publicóu unha edición facsímil.
A detallada relación de enterramentos existentes na igrexa do mosteiro constitúe a mellor fonte de información referida ao templo, ás súas capelas , a súa evolución temporal e á identificación das persoas enterradas no interior da igrexa e que foron favorecedoras da máis representativa institución de Sárria: O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria . tan vencellado ao feito da pelerinaxe a Compostela e a súa adicación exclusiva á acollida dos peleriños.
Cando en 1896 os relixiosos da Orde da Mercé, da Provincia de Castela, asentaron no que fora o antigo Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, acometeron obras de mellora da igrexa conventual e con esta ocasión recolleron os restos óseos das vellas sepulturas, e depositáronos na porta románica que dende o clautstro comunica coa que foi Capela de San Lourenzo. Na porta de madeira figuraba a lenda "Vita Aeterna". Estes restos foron, finalmente, levados para o que fora Panteón familiar dos benfeitores C Vaamonde e Ulloa, agora propiedade municipal, no Cemiterio Municipal.
Descoñecemos a razón pola que o Libro de Sepulturas., desaparecido no ano 1835 acabóu nas mans de Amadeo Macía Vázquez, e cecáis se debese a que algún dos comisarios encargados da incautación dos fondos bibliográficos fixese regalo dela a algún membro da familia Macía.
Fose o que fose a curiosidade dos custodiadores do Libro de Sepulturas fixo posible , pasados xa case 190 anos da expulsión dos agostiños , poidamos lembrar a cantos desexaron ver acollidos os seus corpos ao lentor do chan do templo conventual sarriao.
................................................................................................................................................................
LIBRO DE SEPULTURAS
( adicatoria )
Áä Biblioteca de PP Mercedarios de Sárria con todo afecto, rogándolle á Comunidade unha oración polo eterno descanso do meu difunto esposo don Amadeo Macía Vázquez, a quen se debe a conservación deste interesante libro do antigo Convento de Agostiños.
Sárria, 28 de setembro de 1952, Festa da Mercé.
María Miranda Sampedro, Viuva de Macía.
.... Datos de interese....
Libro de Sepulturas deste Convento. Nel ao principio estaba a anotación seguinte , que por gastado o Papel, foi preciso trasladala aquí , por ser cousa especial e digna de se saber. Di así:
Nota primeira ( Corpos Santos )
As tres fieiras de baixo do Coro , deben estaren exentas de admitir enterro de persoa algunha pola veneración de tres corpos de persoas de loable vida e virtude que están incorrutos e non se sabe máis de que están debaixo do Coro, como son dous Relixiosos fundadores deste Convento e Hospital, e o outro é o Padre Mestre Frei Xoán Domiungos Serrano, Vigairo Provincial de Galícia. Véxase o Protocolo de Quesada, folio 26.
Nota Segunda ( As tres sucesivas igrexas do Mosteiro )
Tres fundación que houbo de Igrexa neste Convento, véxase o Principio do Protocolo de Frei Marco Quesada, até o folio 38,
Estas eran as Notas que había . que trasladé fielmente. Está todo o Libro escrito polo Padre Pregador Frei Xosé Mosquera . Ano de 1705.
Indulxenzas ( concedidas ao Mosteiro )
O Ilustrísimo Señor Don Caetano Gil Taboada, Bispo de Lugo e despíos Arcebispo de Santiago deu 40 días de Indulxenza ao que ouvise Misa no altar da Nosa Señora , ou rezase unha Salve. Ano de 1738.
O Ilustrísimo Señor Don Frei Francisco Armañá, da nosa Orde da Provincia de Aragón, e natural de Cataluña, Bispo de Lugo, a onde chegóu o ano de 1768 ( agosto 25 ), por outubro . e residiu até o de 1785 que foi a Tarragona Arcebispo. Este señor moi exemplar na súa vida e costumes , moi cartitativo con todo xénero de Pobres e necesitados, reformador do estado eclesíastico desta Diocese e polos seus méritos ensalzado a Arcebispo da súa mesma Patria; quen por se despedir do seu Bispado e preparar a súa viaxe recolleuse neste Convento o día 16 de marzo de 83 até 30 do mesmo mércores de Pascua , en cuxo tempo asistíu a Coro , e moi contento en toda ocasión, por dicir que xa se achaba como Relixioso ; saíu pois o dito mércores de Pascua para Tarragona acompañándoo o Noso Prioiro Frei Pedro Freyre até Astorga . Este señor , pois, estivo neste Convento por tres ocasións ; A Primeira de visita o ano de 70, no que confirmóu e fixo as demáis funcións de visita nesta Igrexa e Pregóu o día do Noso Pai Santo Agostiño e aistiu de Pontifical á dita misa: A Segunda vez de visita en Maside , pois veu a confirmar a esta Igrexa. A Terceira a que queda dita, na que botóu a benzón Papal o día de Resurreción vestido de Pontifical. En cuxas ocasións concedéu aos Altares abaixo mencionados as Indulxenzas que se anotan , procedendo as dilixenzas e condicións que ordea. E o mesmo ao Santo Cristo da escaleira Principal.
Altar Maior
Concedéu 40 días de Indulxenza aos que rezasen unha oración ao Santísimo Sacramento ou fixesen devotamente oración ao Noso Pai Santo Agostiño. Ano de 1770.
Altar da Nosa Señora de Graza ( na esquerda do arco do altar maior )
Concedéu 40 días de Indulxenza , aos que rezasen o Rosario ou fixesen devota oración. Ano dito-
Altar do Santo Cristo ( na Capela da esquerda do altar maior )
Concedéu 40 días de Indulxenza aos que fixesen un acto de contrición, ou devota oración. Ano dito.
Altar de San Xosé ( no arco que hai á dereita do arco do altar maior )
Concedeu 40 días de Indulxenza , aos que recen cinco veces o Noso Pai e Ave Marái, ou fixesen devota oración. Ano dito de 70.
Santo Cristo da Escaleira ( no arquiño riba da entrada ao Refectorio )
Concedeu 40 días de Indulxenza , aos que fixeren xenuflexión e rezaren un acto de contrición diante desta Santa Imaxe. Ano de 1785.
Item , Nosa Señora de Graza ( á esquerda do arco do altar maior )
O Ilustrisimo Señor Don Felipe Peláez e Caunedo , Bispo de Lugo, concedéu 40 días de Indulxenza aos que asistisen devotamente á Salve que todos os sábados se canta á Nosa Señota de Graza. Ano de 1788.
Ademáis dalgunhas advertenzas que se farán adiante encol de sepulturas e máis cousas que se fixeron nesta Igrexa nótase o seguinte:
( Remate do altar maior, camarín,, custodia, gradaría...)
Dende o ano de 1763, no catrienio do Padre Leitor Xubilado Frei Xoán Pumares , Prioiro, e sendo sancristán o Padre Frei Francisco Fernández, fíxose de novo o remate do retábulo maior , o camarín e custodia , con toda a gradaría , adonno de columnas , e dourouse todo o retábulo e retocaron todas as imaxes dos Santos do dito Altar. Levantouse o Presbiterio e puxéronse as lámpadas ás beiras.
( Retábulos )
O retábulo da Nosa Señora fíxose todo novo e tamén o de San Roque e as eses para as arañas,
Dourouse e pintouse todo o de San Xosé todo novo , dourouse e pintouse ano de 1787.
Ao de San Nicolau botouselle o pedestal de abaixo para levantalo e fíxoselle o tornapolvo e tamén se fixo a imaxe do Santo. E no ano de 1793 fíxose outro Retábulo, douróu e pintóu ano de 1797-
O retábulo do Santo Cristo compúxose e douróu e retocaron as imaxes , que antes erar remate do Retábulo Maior. Rebaixouse o solo da dita capela e lastrouse.
O retábulo de San Lourenzo ( que antes era o que tiña a Nosa Señora ) compuxose para o sitio: toda a capela lastrouse de pizzarra , e fíxolle o ceo raso de táboa e o mesmo o cimborrio e coro , e tamén neste se puxo o atril. Este retábulo renovouse, duróu e pintóu ano de 1797.
O púlpito e sombtreiro del fixéronse posteriormente . As alacenas fixéronse todas , en parte de novo.
Advertenza
( Como era o desaparecido Hospital de Peregrinos de San Roque ou Hospital da Madalena )
Fronte dos que son agora HOSPITALIÑOS había unha casa grande coa súa capela terrea e coro alto, e debaixo deste ( dividido da capela con bataustrado de madeira ) había sitio para as camas dos peregrinos dabondo capaz; na dita capela estaba a imaxe de San Roque, en cuxo día se cantaba ali a misa, e celebrábase como Padrón do dito Hospital até que, segundo parece, ao principio deste século , ou algo máis , púxose a dita Imaxe no Altar antigo da Nosa Señora de Gracia , e proseguiuse celebrando a súa festa con rito de doble maior e festivo ( como prosigue en canto a isto ultimamente ).
Había tamén cuarto alto para o Hospitaleiro , con cociña baixa separada de este.
Polos anos de 1777 fixéronse os HOSPITALIÑOS NOVOS e OBRA NOVA de escontra, e quedando o Vello sen servizo derrubouse o ano de 1786 e no sitio onde estivo o altar puxose o cruceiro de cantería , o demáis da dita casa reduciuse a cortiña ; a que ocupaba dende o cubo baixo até o dito cruceiro de cantería ( que non se puxo onde estaba o mesmo Alyar, senón a unha beira, pois o Altar estaba no mediio da testeira ). No demáis quedóu o quinteiro e camiño que está escontra dos Hospitaliños, o mesmo que estaba a parede do Hospital Vello, agás a Lápida que o Hospital Vello tiña por riba da súa porta principal, que está nos Hospitaliños , no medio das dúas portas.
( Honras do Bispo Peláez e Caunedo ao Mosteiro da Madalena )
O Ilustrísimo Señor Don Felipe Peláez e Caundedo , Bispo e Señor de Lugo, chegóu a este Conveto ( vindo de visita ) o día 13 de setembro do ano de 1784, no que estivo até o día 16 de outubro do mesmo ano, en cuxo tempo confirmóu nesta Igrexa toda sorte de xentes que concorreron a este efecto, e que entre grandes e pequenos pasaron de 6.000.
Nesta mesma igrexa fixo Ordes Xeráis nas témporas do dito mes, nas que houbo 66 ordeados.
Concedéu á Imaxe da Nosa Señora de Graza 40 días de Indulxenza para os que asistisen o Sábado á Salve que se canta.
Xa antes por Buleto fixera ao Prelado deste Convento Examinador Sinodal perpetuo, Tivo no medio das súas obrigas, xunto cos seus familiares , unha vida moi recollida en devotos exercizos , Honrounos moito , honra e favorece , Ë o inmediato sucesor do Noso Ilustrísimo Frei Francisco Armañá, que é Arcebispo de Tarragona.
O mesmo Señor Ilustrísimo o ano seguinte de 1789 retirouse a este Convento , dende o día 23 de setembro, até 4 de novembro. En cuxo tempo confirmóu tres ou catro días , tivo Misa de Pontifical de asistencia o día de Todos Santos e pregóu na dita Misa aos fieis dende o Púlpito. O seu exercizo e modo de vida , como vai dito na antecedente.
No ano de 1793 volvéu outra vez a este Convento o mesmo Señor Ilustrísimo , o día 30 de abril, no que estivo algúns días ; pasóu a Monforte e voltóu a este o 9 de xuño , onde se detivo até o 11 de agosto ; en cuxo tempo fixo ordes o Sábado de Trindade , tivo Misa Pontifical de asistencia o día do Noso Padrón, e levóu á súa Divina Maxestade na Procisión e o mesmo fixo o día de Corpus na parroquia de San Salvador de Sárria . Os seus exercizos e modo de vida , como vai dito na antecedente.
................................................................................................................................................................
LIBRO DAS SEPULTURAS , ASI DOTADAS COMO POR DOTAR , NICHOS E CAPELAS , que ten este Convento da Madalena de Sárria. Fr. Antonio de Castro Méndez Novoa, Xubilado. Ano de 1705
...............................................................................................................................................................
Pola pouca razón que había neste convento das Sepulturas e non poder habela , estando como estaba a igrexa por lastrar , lastrouse este ano de 1705 , poiñendo en orde as sepulturas coas súas divisións a cada fieira , e procurouse saber as que son dotadas polos instrumentos que hai no Arquivo, e o mesmo onde están enterrados algúns, que se mandaron enterrar no convento , concorrendo para iso persoas vedrañas que o decrararon.
E así se segue a táboa das fieiras que hai na Capela Maior , Corpo da Igrexa, Capela de San Lourenzo, Capela do Santo Cristo, Capela da Nosa Señora de Graza e Capela de San Xosé.
Poñeranse en cada folla a súa sepultura e na volta dela a razón do herdeiro das dotadas , o que deron, o que renda en cada un ano, e asemade as fundacións que fixeron os dotadores e os seus sucesores para que sempre haxa luz dos benfeitores desta Casa.
Non se puideron averiguar as persoas que foron sepultadas na dita igrexa máis das enterradas en algunhas sepulturas , nin tampouco coñecer as dotadas, pensión interesada de dito...................
...........encárgasase e moito aos Padres Prioiros saber que estiveren por maiores que cando se enterrase algún relixioso ou persoa seglar na nosa Igrexa se poña o nome, día e ano no que se enterróu que un número escrito mirando á sepultura a que lle tocase , acharase noticia da que está desocupada e curiosidade por saber quen xacen en tal parte,
.....................................................................................................................................................................
TÁBOA DE FIEIRAS
Capela Maior: Presbiterio e altar ( folio, 001 ). Primeira fieira da Capela Maior ( 002 ).- Segunda fieira da Capela Maior ( 011 ).
Corpo da Igrexa : Primeira fieira ( comeza 023 ). Segunda fieira ( comeza folio 031 ). Terceira fieira ( comeza folio 039 ); Cuarta fieira ( comeza folio 048 ); Quinta fieira ( comeza folio 058 ); Sesta fieira ( comeza folio 69 ); Sétima fieira ( comeza folio 080 ); Oitava fieira ( comeza folio 092 ); Nona fieira ( comeza folio 104 )
Capela de San Lourenzo ( a carón da Sancristía ) .- Folio 129- Primeira fieira ( comeza folio 129 ); Segunda fieira ( comeza folio 141 ): Terceira fieira ( comeza folio 154 ).
Capela da Vera Cruz .- Folio 114.- Primeira fieira ( comeza folio 115 ); Segunda fieira ( comeza no folio 123 )
( A Capela da Vera Cruz tamén aparece nomeada como Capela do Bon Xesús ou Capela do Santo Cristo )
Capela da Nosa Señora de Graza.- Folio 166.. Primeira fieira ( comeza folio 167 ); Segunda fieira ( comeza folio 173 ).
Capela de San Xosé .- Foliio 179.- Única fieira ( comeza folio 180 ).
Nichos
Nicho Alto da Capela Maior: folio 020 Nicho do lado do Evanxeo : folio 021
Nicho do lado da Epistloa: folio 022 Nicho da parede da Sancrístía : folio 153
Nicho na parede da C. do Santo Cristo : folio 122 Misas cantadas de fundación : folio 185
Misas rezadas de fundación : folio 189 Sepulturas dotadas: folio 193
Hospital e os seus previlexios e concordia ( folio 194 )
Advírtase que este ano de 1765 levantouse a Capela Maior e o que denantes tocaba a Presbiterio e sepulturas de Relixiosos , fíxose todo Presbiterio . Antes había dúas fieiras de sepulturas, e agora non quedóu máis ca unha fieira , porque quedase o demáis para Presbiterio , e a fieira que hai agora na que hai 10 sepulturas , cae puco máis ou menos no medio das dúas igrexas antigas,
As lámpadas estaban no medio, unha delas na Capela Maior e outra delas da Nosa Señora, e puxéronse ás beiras.
As demías mudanzas que houbo iranse notando neste libro.
A maior parte das sepulturas que se contaban segunda fieira cae unha debaixo dos degraos ou chanzos por onde se sobe ao Presbiterio , pois antes non había senón o primeiro degrao , e todo o demáis enadiuse riba das ditas sepulturas da segunda fieira , enchéndose todo de terra para levantar o Presbiterio coma está hoxe.
.................................................................................................................................................................
DEBUXO DO ALTAR MAIOR
O retábulo e imaxes foron da autoría do entallador GREGORIO FERNÁNDEZ ( pai do excelso Gregorio Fernández que fixo as súas maxistrais obras en Valladolid )
O debuxo é unha visión incompleta do retábulo con cinco fornelas para as imaxes. As dúas da parte baixa aparecen valeiras , e nas tres da parte supeiror represéntanse Santo Agostiño e Santiago Apóstolo e outra imaxe dun monxe sen símbolos identificadores,. No remate vese unha cruz exenta no medio dunha espada e unha palma, e nas beiras dous escudos da Orde Agostiña ( corazón atravesado por setas ).
Na frenteira da mesa do altar aparece un relevo co escudo dos agostiños, Entre as fornelas baixas álzase o sagrario.
( Esta disposición vai sofrir varias transformacións ao liogo do século XVIII ). As imaxes do retábulo orixinal ( Santo Agostiño, Santa María Madalena, Santiago Apóstolo, .... ) foron retiradas a partir de 1896 cando a Orde Mercedaria pasa a ocupar o Mosteiro ), e so resta no templo a imaxe de Santo Agostiño que pasóu a ocupar a fornela enadida na parte superior do retábulo.
..............................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR Folio 2
Primeira sepultura da primeira fieira
En vinte e catro de agosto de 1762 foi enterrado nesta sepultura o Padre Leitor Xubilado Henrique Fernández, no lado do Evanxello. Fillo do Convento de Santa María da Cerca de Santiago.
Nesta primeira sepultura ao lado do Evanxello , despois de que se levantóu a Capela Maior , foi enterrado o Padre Procurador Frei Xacinto Carpintero , en 19 do mes de marzo de 1777 er morréu el antes a 13 do dito mes. Ë fillo deste Convento de Sárria.
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padre Frei Francisco Gómez na Granxa de Pacios ( * ) o día 25 de maio de 1799 , e traído foi o seu enterro o 27. Gobernóu as Granxas por 20 anos con moito aumento e celo e edificación. É fillo do convento de Santiago,
Primeira fieira
( na marxe esquerda )- Hai unha anotación anulada que non se dá lido.
Tomarase esta sepultura da primeira fieira segundo a advertenza e demáis que se seguen desta fieira dende o ano de 1765.
As da segunda fieira non gobernarán.
(* ) A Granxa de Pacios de Veiga estaba no actual concello da Pobra do Brollón. A Granxa de Baamorto no concello de Monforte de Lemos.
.......................................
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padre Frei Fernando Cruces , conventual deste Convemto , e fillo do de Santiago - Morreu o día 19 de abril de 1813, ás 10 da noite e foi enterrado o día 21 que foi Mércores de Resurreción.
Nota.- Máis arriba desta sepultura . arrimado á credencia do Evanxello do Altar está enterrado don Xosé Barrio, presbítero. e viciño de Sárria , fillo de Fernando Barrio, xastre. Morréu o día 17 de outubro de 1814 e foi enterrado o día 19 . Fíxolle o enterro a Confraría de Vilaragunte de cuxa confraría era irmán.
Nesta mesma primeira sepultura no lado do Evanxello , foi enterrado o Padre Leitor Frei Bieito Saavedra , fillo do Convento de Santiago ; morréu o día 18 de maio do ano 1824, á unha da tarde , en Fafián onde lle deu a doenza , e déuselle sepultura o 20.
.........................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR Folio 3
Segunda sepultura da primeira fieira
O Padre Frei Francisco de Camba , Na semana primeira da Cuaresma foi enterrado o Pregador Xubilado Frei Lourenzo de Acuña ano de 1748, lado do Evanxello.
Nesta sepultura ( que é a segunda da úneca fieira ) que é ao lado do Evanxello, foi enterrado o Padre Frei Xoán Teira , o día 6 de outubro de 17909. Fillo do Convento de Santiago.
Nesta mesma foi enterrado ( por previlexio ) o pai de don Antonio Quiroga, dono da Casa da Pobra de San Xiao e viciño de Sárria. Morreu o día 2 de outubro , ás 7 da noite e déuselle sepultura nesta igrexa o dia 4 de novembro de .......Requiescat in Pace.
Nesta mesma foi enterradoo Padre Frei Bieito Couto, fillo do Convento de Santiago, fillo do Convento de Santiago, o dí 26 de setembro de 1827.
..............................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Terceira sepultura da terceira fieira
O Correxidor don Diego Portillo, ano de 1720, e ponse porque é antigo, e non se sabe o sitio no que se enterróu +.
Nesta sepultura ( que é a terceira da úneca fieira ) que corresponde ao lado do Evanxello , foi enterrado o Padre Frei Martiño Rivera , o día 25 de novembro de 1782. Fillo do Convento de Santiago.
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padre Frei Francisco Barros o día 11 de novembro de 1800, Fillo do Convento de Santiago. Foi suprior deste Convento de Ponteareas.
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padre Frei Manuel Concha o día 19 de xuño de 1823 . Fillo do Convento de Santiago.
...............................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira
Cuarta sepultura da primeira fieira
O Padre Prioiro Frei Bartoloméu Buceta.
O Padre Pregador Frei Estevo de Cadaval , ano de 1715.
( Debuxo dunha lámpada )
Nesta sepultura que é a cuarta da úneca fieira , que corresponde ao lado do Evanxello, foi enterrado o Padre Procurador Frei André Fraiz , que morréu o día 27 de marzo, Mércores Santo. ás dúas da tarde , foi Visitador da Provincia de México polo Noso Reverendísimo Padre Xeneral, en cuxo cargo estivo 9 anos na dita Provincia, sempre exemplar, e fillo do Convento de Santiago. Déuselle sepulktura o 28 do dito mes ( Xoves Santo ) ano de 1793, Requiescat in Pace. Amén,
Marxe esquerda: ano de 715. Marxe dereita: Non hai agora tal lámpada no sitio. Parte desta está debaixo da lámpada.
....................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira 6
Quinta sepultura de primeira fieira
Nesta sepultura ( que é a quinta de úneca fieira que corresponde de enmedio, lado do Evanxello ) deuse serpultura a Frei Xoán Míguez, o día 23 de agosto de 1784 . Fillo do Convento de Santiago.
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Irmán Leigo Frei Francisco Pardo, o día 21 de febreiro de 1804. Fillo do Convento de Salamanca onde foi enfermeiro algúns anos.
( Hai outra anotación non lexible )
Na marxe dereita : Habíaa , e non hai agora tal lámpada no sitio. Tamén esta sepultura está baixo da lámpada parte dela.
......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira 7
Sesta sepultura da primeira fieira
O nove de febreiro do ano de 1739 morréu o Padre Mestre Xubilado Frei Agostiño García . Está enterrado da sepultura insinuada . Relixioso de exemplar caridade cos pobres e especialmente cos peregrinos.
Ao abriren esta sepultura para enterrar outro relixioso , no ano de 96 , achouse o seu corpo enteiro e o hábito sen perder cor , e san.
Nesta sepultura que é a sesta da úneca fieira , e que corresponde enmedio ao lado da Epístola enterrouse o Padre Frei Felipe Gil , o día 18 de maio de 1795, Fillo do Convento de Salamanca.
Na marxe esquerda : Corresponde agora estar moi fondo o corpo que se insinúa.
Na marxe dereita : Este relixioso de quen se escribe que está enteiro , está moi fondo , por ter levantado o presbiterio , véxase a adscrición ao principio. ( Vese unha anotación borranchada, ilexible )
......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira
Sétima sepultura da primeira fieira
Padre Frei Xoán Blanco.
Padre Procurador Frei Agostiño de Castro, a 30 de outubro 1713
Padre Procurador Xubilado Frei Diego de la Cuesta , Prioiro que foi nove anos deste Convento , o que o reedificóu . Morréu en 28 de setembro de 1719. ( anotacións eliminadas )
Nesta sepultura foi enterrado o Padre Frei Agostiño Alonso , fillo do Convento de ........ Morréu en 24 de setembro do ano de 1764. Este está sepultado ao lado da Epístola. Contando dende o lado do Evanxello é a sétima, como arriba di.
Nesta sepultura que é a sétima da úneca fieira, e corresponde ao lado da Epistola, deuse sepultura ao Padre Frei Manuel Martínez, Procurador deste Convento, o día 28 de outubro , o que morréu o día antecedente xunto a Treilán por telo tirado a mula . Serviu fielmente a este Convento de Procurador uns 15 anos - Fillo do Convento de Santiago . A súa morte ano de 1786. Requiescat in Pace.
No sitio puxose unha cruz de cantaría ( para que o encomenden a Deus ) co rótulo correspondente.
Foi enterrado nesta en 20 de decembro de 1804 o Prioiro ..... Fernández , fillo do Convento de Salamanca . Foi sancristán moi activo por máis de 30 anos.
.......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira
Oitava sepultura da primeira fieira
Na semana segun de Cuaresma morréu o Padre Pregador Frei Lourenzo de ........ Está entre segunda sepultura e da swegunda fieira. Ano de 1748 do lado do Evanxello.
O Padre Frei Martiño López , 3 de marzo de 1756.
Nesta sepultura, que é a oitava da úneca fieira , e corresponde ao lado da Epístola , deuse sepultura ao Padre Xubilado Frei Xosé Rey , fillo do Convento de Santiago e foi o día 3 de febreiro de 1797 , Requiescat in pace.
Nesta sepultura , que é a oitava da úneca fieira, e corresponde ao lado da Epístola, deuse sepultura ao Padre Xubilado Frei Luis Pérez, fillo do Convento de Santiago, e foi o día 25 de marzo de 1826. Requiescat in Pace.
Nesta enterrouse o irmán Domingos Someso , organista deste Convento , e natural da Coruña. Morréu o día 17 de xaneiro ás dúas e media da noite e foi enterrado ao día seguinte. Requiescat in Pacre. Ano de 1830.
....................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira
Novena sepultura da primeira fieira
Ano de 1761
En dous de xuño de mil setecntos sesenta e un enterrouse nesta sepultura o Irmán Novicio Frei Salvador Míguez , fillo do Convento de Salamanca da Ouservancia do Glorioso Patriarca San Francisco , natural de Santa María de Couces , xunto da Nosa Señora da Esclavitude, Gardanía de Herbón, Arcebispado de Santiago.
Nesta sepultura foi enterrado foi enterrado o Padre Procurador Frei Manuel de San Juan , que morréu o día 20 de xuño de 1788 . Foi fillo de San Felipe o Real. Está a dita sepultura ao lado da Epístola e é a penúltima da única fieira .
O 28 de xaneiro de 1805 foi enterrado nesta sepultura o irmán leigo Frei Xulián Domínguez.
Nesta mesma enterrouse o Padre Frei Xacinto Álvarez que morréu en seis de novembro de 1819 e enterrouse o día seguinte pola tarde. Fillo de Santiago. Requiescat in Pace .
Marxe esquerda: fr. Xulián. O Padre Xacinto Álvarez
Marxe dereita : Advírtase que é a primeira sepultura da primeira fieira do lado da Epístola e principiando a contar polo lado do Evanxello é a novena.
.......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Primeira fieira, Segunda fieira
Primeira sepultura da segunda fieira
O Irmán Leigo Frei Pedro Quiroga. 1708.
Abriuse esta sepultura o día 11 de xaneiro de 1734 para enterrar outro relixiosa e achouse un corpo enteiro de maneira que o hábito non perdera a cor e na forma estar enterrado bótase de ver ser do dito leigo.
En 2 de abril de 1754 enterrouse nesta sepultura o Padre Pregador Xubilado Frei Agostiño Magariños, Prioiro actual deste Convento , que é ao lado do Evanxello.
Nesta sepultura que é 10 da única fieira ao lado da Epìstola foi enterrado o Padre Pregador Frei Manuel Sobral., día 30 de xaneiro de 1799. Fillo do Convento de Santiago , É esta a última sepultura da úneca fieira.
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padre Leitor frei Domingos Pérez o día 30 de setembro de 1813 , fillo do Convento de Santiago,
Nesta mesma sepultura foi enterrado o Padtre Frei Francisco Ochogania , o día 18 de agosto de 1823, fillo do Convento de Salamanca,
Na marxe esquerda: Hai unha anotación de moi difícil leitura...·" Esta servirá de 10 sepultura desde este ano 1765, Está antes a primeira da segunda fieira e por iso cae ao lado do Evanxello por non ser senón 9 sepulturas en cada fieira,
.................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Segunda sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura enterrouse o Padre Frei Alonso Cal, o que faleceu o día 30 de outubro de 1761 , É fillo de Pontedeume . Ao lado do Evanxello.
Na marxe esquerda: Esta e seguintes condeadas ou cobertas cos degraos do Presbiterio , Valla isto na maior parte deles pois antes de subir ao Presbiterio , non había senón un chanzo ou degrao,
.....................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Terceira sepultura da segunda fieira
O Padre Prior Frei Faustino Blanco ano de 1708.
O 26 de xuño de 1749 , enterrousen nesta sepultura o Padre Mestre de Novicios actual, de Santiago , Frei Xosé Menéndez que viña de recreación a este Convento , ao lado do Evanxello.
Na marxe esquerda: Coberta
.................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Cuarta sepultura da segunda fieira
( Hai unha anotación anulada con tachaduras )
En 22 de decembro de 1756 enterrouse o Padre Mestre de Novicios Xubilado Frei Cesáreo de Carvia , Prioiro deste Convento , fillo do Convento de Santiago , Mestre de Novicios de Badaya , Valladolid e Santiago, natural de San Salvador de Valoira , Arcebispado de Santiago:
Marxe esquerda: Coberta
.......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda feira
Quinta sepultura da segunda fieira
O Padre Frei Estevo de Puga
En 19 de novembro enterrouse nesta sepultura o Padre Frei Silverio de Verias , Procurador que foi deste Convento , ano de 1742, ao lado do Evanxello. Foi Procurador deste Convento vinte anos menos tres días. Morréu pobrísimo.
Na marxe esquerda: Coberta.
.......................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Sesta sepultura da segunda fieira
En 27 de maio de 1759 enterrouse nesta sepultura o Padre Frei Posidio Franco , Procurador deste Convento
Na marxe esquerda: Coberta
...............................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Sétima sepultura da segunda fieira
O Padre Miguel Fernández
O Padre Frei Xosé Gómez 12 de xaneiro de 1756.
Na marxe esquerda: Coberta
................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Oitava sepultura da segunda fieira
Irmán Leigo Domingos de San .....
Irmán Leigo Miguel Raíces.
O Padre Frei Pedro Gómez ao lado da Epistola terceira sepultura.
O Padre Leitor de Gramática Xubilado Frei Antonio Somoza ao lado do Evanxello, terceira sepultura.
Na marxe esquerda: Ano de 704. Ano 732. Ano 732. Coberta
................................................................................................................................................................
CAPELA MAIOR
Segunda fieira
Novena sepultura da segunda fieira
O 12 de xaneiro de 1734 enterrouse o Padre Leitor Frei Diego García , a cuxo enterro téndose pesado a cera da Confraría das Ánimas que foron doce fachas e catro velas que arderon todo o oficio e misa , achouse non haber mermas cousa algunha.
Hai unha anotación de difícil leitura.
Na marxe esquerda: Coberta. Ano de 1765.
......................................................................................................................................................................
NICHO ALTO DA CAPELA MAIOR
Hai o debuxo a prumiña do arcosolio e sartego presididos por dous escudos de armas dos Condes de Lemos, no que se abriu oco para dar luz ao presbiterio.
" Neste abriuse a vidreira que cae ao Oriente , ano de 1792.
"Este nicho hai tradición mandouno facer Nuno Álvarez de Guitian . Mestrescola de Ourense, para que se nalgún tempo o Señor Conde de Lemos quixese tomar o padroado deste Convento , servise para a Súa Excelenza o dito nicho , e que se non permitía estivese o seu nicho na Capela Maior pasase ao nicho onde antes estaba o púlpito e agora está unha imaxe de San Sebastián. e que os seus herdeiros os Señores de San Sadurniño non fosen contra isto en ningún tempo , pois aínda que pola súa conta fixo o Mestrescola a dita Capela Maior , non por iso era padrón dela senón benfeitor , nin por iso cargara con con pensión algunha este Convento. Isto cpnsta dun apuntamento que está nun libro vello e declaración dalgunhas persoas que viron o testamento do dito Mestrescola e no Arquivo non está , nin razón algunha para ser padrón.
............................................
FRANCISCO VAZQUEZ SACO : " Los Escudos de Sárria" ( 1953 ).
2.- No treito do poligono máis de perto ao chanzo recto do ouso , na súa parte norte, ábrese unha fermosa fiestra de estilo manuelino , preciada xoia arquiteitónica da igrexa conventual.
Riba dela , e flanqueando o airoso florón esculpido riba do arco que a coroa , áchanse dous escudos cos seis roeis dos Castro, grabados sen dúbida para sewlar o Padroado dos Condes de Lemos , dacordo coa escritura outorgada o 27 de xullo de 1643.
O documento foi suscrito polo Prioiro Frei Diego de Deza e por D. Pedro de Valdivieso, contador maior dos estados de Lemos, en nome de D. Francisco Fernández de Castro e Andrade de Lignara e Gatinaria, Conde de Lemos e Marqués de Sárria.
Por razón de tal Padroado , autirízase ao Conde e a cantos o sucedan nos seus estados e maorazgo para poñer os escudos das súas armas na capela maior do mosteiro , e concédese sepultura dentro da capela maiore aos Condes, ás súas mulleres e ós seus fillos, con exclusión de calquera outra persoa, a non mediar licenza expresa do Padrón.
A Comunidade obrigábase , ademáis, a celebrar tódolos anos honras fúnebres e unha misa cantada polos señores da casa e estado de Lemos, na oitava de defuntos, e tódolos sábados unha misa cantada pola intención do Conde actual, e, despóis dos seus días, pola súa ánima e as dos seus ascendentes, e "bos sucesos dos seus sucesores",
Os mesmos sufraxios da oitava de defuntos, repetiranse sempre que " acontecese morte dos señores da dita casa e estados".
O día da Nosa Señora das Candeas , o mosteiro , en recoñecemento do Padroazgo " dará á súa excelencia ou aos seus sucesores achándose presentes. ou ao seu Correxidor que for desta vila e Marquesado de Sárria, unha vela de cera branca, polo menos dunha vila ".
Todas " as vecesque os ditos señores Condes, ou señor Marqués de Sárria viñeren de fora ao dito mosteiro . o dito Prioiro e relixiosos haxan de recibir a primeira vez na maneira que se acostuma a recibir os grandes señores e padróns de semellantes mosteiros ". ( Arquivo Notarial de Sárria. Protocolo de D. Antonio Rodríguez , ano 1643, folio 77- Na actualidade no Arquivo Histórico Provincial de Lugo ).
.................................................................................................................................................................
NICHO DO LADO DO EVANXELLO NA CAPELA MAIOR 21
Hai un debuxo a prumiña dun arco aberto riba de columnas e no que non se ve deseño de sartego. Les: "Este pechouse ano de 1765 "
" Deste nicho non hai razón algunha porque se fixo crese se mandóu facer para depósitos de algunha persoa principal que sucedese morrer nesta Vila ou Comarca e quixesenos herdeiros enterralo nel.
Está anotado no protocolo que quixo facerse o que este nicho se fabricóu para Rui González de Ribadeneira , por se haber desbaratado a súa capela coa nova reedificación e que non o quixo por se ter enterrado o mestrescola na capela maior.
Non se enterróu nela o mestrescola. Vin o nicho aberto e non achéi oso, nin despoxo de cadáver, senón valentes pedriñas e brita."
Nota : Este nicho pasóu a servir de pasaxe entre a Capela Maior e a Capela do Cristo, para o que se retiróu a parte de parede que o pechaba polo lado da capela dos Señores de Castelo dos Infantes.
...................................................................................................................................................................
NICHO DO LADO DA EPISTOLA NA CAPELA MAIOR 22
Hai un debuxo a prumiña do arcosolio e sartego onde están os restos de Nuno Álvarez de Guitián.Presidido polo escudo cuartelado da súa familia.
Lese : " Aquí xaz Nuno Álvarez de Gutián, Mestrescola de Ourense. Mandóu facer esta capela .O dito sepulcro non contén corpo algún ".
Nota: Na frenteira do sartego hai a seguinte inscrición : "Aquí xaz Nuno Álvarez de Gutián , Mestrescola de Ourense que mandóu facer esta capela. " A dita sepultura non contén corpo algún " ( * Sic ¡¡ )
................................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO.- " Los escudos de Sárria" ( 1953 )
" 1.- Está grabado riba do arcosolio que encerra os restos do Mestrescola de Ourense , D. Nuno Álvarez de Guitián, aberto no treito recto do ouso da antiga igrexa conventual de Santa María Madalena, no lado da Epístola,
Don Nuno, nado na casa señorial de San Sadurniño de Froián ( Sárria ), foi insigne benfeitor do Convento da Madalena.
Dooulle bens e fixo construir ás súas expensas a capela maior do templo conventual polo que obtivo da Comunidade o previlexio que os agostiños combateron teimudamente dende que en 1643 nomearon Padróns do Convento aos Condes de Lemos-
Aínda en 1775 D. Fadrique Antonio Losada Ribadeneira , dono entón do couto de San Sadurniño, requeriu xudicialmente aos relixiosos para que cumprisen cos compromisos derivados do Padroado que posuía a liñaxe do Mestrescola sobre o Convento. Entre estas obrigas figuraba a asistenza dos reliixiosos ás honras e enterro dos señores de San Sadurniño, servizo que parece interromperon os agostiños a principios do século XVIII, cando un incendio destruiu o pazo señorial e os documentos que se gardaban no seu arquivo.
Na información depoñen doce testemuñas que invariablemente afirman a existenza do Padroado a favor dos señores de Froián , e das obrigas anexas ao mesmo, entre elas, a asistenza dos relixiosos aos funeráis da casa.
Riba do sepulcro esculpiuse a estatua xacente do Mestrescola, vestido cos ornamentos sagrados : toca a cabeza cunha pequena mitra e sostén coas mans un libro que apreta riba do peito.
En caracteres da época corre polo frontal o seguinte epitafio:
AQVI IAZE NVN ( O ) ALV (A)R(E) Z MAESOESCOLA Q ( VE ) FVE DE ORE( N ) SE Y MANDO AZER ESTA ANO DE MIL E . D. E XI ANOS
O escudo, sen timbrar, é cuartelado en cruz e ostenta, por orde de preferencia , as seguintes armas: un león, seis dados , catro ondas e catro barras.
Presumimos que o león coas ondas representa o blasón dos Balboa , os dados son dos Somoza e as barras, dos Valcarce.
Nota: As notas negando a realidade do enterramento son froito do pleito sostido pola Comunidade agostiña sarriá, aproveitando un incendio habido no Pazo de San Sadurniño de Froián, con perda dos documentos ali gardados, que foi aproveitado para negar o padroado establecido por Älvarez de Guitián, e establecelo a favor do Conde de Lemos. As frases negatorias e o mesmo prantexamento do pleito desmerecen do que se debía esperar duns relixiosos que recibiran do Mestrescola a magnifica capela sen outra obriga que a de acoller os restos mortáis de tan sinalado benfeitor.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Primeira sepultura da primeira fieira
( Hai un debuxo de escudo con unha torre de castelo )
Aquí xaz o Licenciado Vasco de Cuéllar. Dotada
Confina co lado da Epistola do altar da Nosa Señora
Este Vasco de Cuéllar fundóu unha misa cantada Día de San Ildefonso e dúas cando a sepultura.. E deu por todo ao Convento dúas fanegas de pan de renda riba da Horta de Pacios e os bens de Beatriz González. Houbo pleito a dita renda e sacóu o Convento a Horta de Pacios, porque paga de foro Don Xoán Fernández Valdés unha fanega de trigo.
É herdeiro seu hoxe Xoán García das Seixas, escribán de número de A Coruña.
...........................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO.- " Los escudos de Sárria " ( 1953 )
" 29.- Na sepultura de D. Vasco de Cuéllar.
Achábase no corpo da igrexa , primeira fieira , e confinaba co lado da Epistola do altar da Nosa Señora de Graza , colocada diante do muro que separa a capela maior da do Santo Cristo ( Libro de Sepuluras, folio 27 ).
Foi adquirida e dotada polo bacheler Vasco de Cuéllar , crego sarriao, que nos últimos anos do século XVI era administrador do Hospital de Santo Antón Abade , levantado no edificiuo actual do Xulgado . para peregrinos " de volta de Santiago", e en 1602 titúlase reitor do beneficio curado de San Vicenzo de Toldaos , nunha escritura pola que afora a casa que posuía en Sárria a Antonio Fernández Blanco, viciño da vila ( Arquivo Notarial de Sárria. Protocolo do escribán Gregorio de Pedraza , ano 1602, folios 54 e 55 - Na actualidade no Arquivo Histórico Provincial de Lugo ).
O 21 de abril de 1589 , pactóu unha concordia , da que se infiri que a sepultura do convento é posterior a esta data.
No aludido convenio son parte o bacheler Xoán Díaz de Guitián , fillo e herdeiro de Antonio Díaz de Guitián e de Emilia Vázquez de Quiroga , o Vigairo beneficiado de San Salvador de Sárria , Don Cristovo Pizarro e o mencionado Vasco de Cuéllar.
Perante o escribán Pedraza " dixeron que, por canto Sabela de Losada , nai do bacheler Vasco de Cuéllar , que estaba ao de presente defunta , e os ditos Cristovo Pizarro e Vasco de Cuéllar queríana enterrar na Capela maior da dita igrexa de San Salvador e o dito bacheler Guitián e a dita Milia Vázquez , a súa nai, defendíano e quitábano, dicindo ser a dita capela deles e dos seus antepasados e que nela non se podía enterrar persoa niongunha en non sendo o crego da dita igrexa e eles e os seus descendentes , e porque a dita Sabela de Losada era persoa principal e parenta do dito bacheler Guitián e a súa nai, e non tiña nesta vila sepultura , dixo o dito bacheler Guitián que, sen perxuizo do seu dereito, consentía.... que a dita Sabela Losada, defunta , se enterrase en terra da dita capela á man esquerda , e o dito Vasco de Cuéllar dixo e quedóu que polo dito enterro non fose visto adquirir nengún dereito de sepultura na dita capela para sí nin para os seus herdeiros , nin perxudicaría o dereito que nela teñen o dito bacheler Guitián e os seus debedlores...." ( Arquivo Notarial de Sárria. Protocolo de Gregorio de Pedraza, ano 1589- Agora no Arquivo Histórico Provincial de Lugo ).
Cuéllar dotóu a sepultura do convento coa renda anual de dúas fanegas de pan riba da horta de Pacios, e fundóu con elas unha misa cantada que había de se celebrar todos os anos no día de Santo Ildefonso.
O escudo, simple e en punta , carece de xelmo e leva por armas un castelo, do que se ve tres lenzos , resaltado dunha torre.
............................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Segunda sepultura da primeira fieira
É de D. Gregorio de Páramo que a compróu por 500 reais.
En setembro de 1710 enterrouse Don Gregorio de Páramo e Guitián.
En febreiro de 725 enterrouse Dona Ánxela de Brea, muller de Don Gregorio de Páramo , foi en 17 do dito mes.
Don Diego Silverio , sogro de Martiño de Páramo, enterrouse o 16 de decembro de 1789-
Foi sendo Prioiro o Padre Frei Martiño de Murúa , quen recibiu mil reáis por esta sepultura e a que se segue , Consta ao Libro de Escrituras ao folio 243.
Na marxe dereita: Ten tarima.
...............................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Terceira sepultura da primeira fieira
É de Don Gregorio de Páramo, que a compróu ademáis da antecedente por outros 500 reais.
Este cabaleiro e a súa muller morta Dona Ánxela Ojea son benfeitores do Convento e o mesmo os seus pais son.
Na marxe dereito: Ten tarima
.................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Cuarta sepultura da primeira fieira
Hai un debuxo a prumiña dun escudo con castelo.
"Aquí xaz o Duque de Arjona cuxos restos se trasladaron aquí cando se fixo a Capela Maior cuxo sitio era antes a carón dos degraos da Capela Maior".
" Por este señor Duque de Arjona fundóu o seu pai unha misa rezada cada día de prima".
Dando sempre alfaias , como pouco tempo hai un vestido enteiro para a Nosa Señora de raso liso acanelado con xuntas negras. Dúas arañas de prata ........, un par de ....... del altar maior de tafetán con su ..... .. Todas cousas e fixeron os seus antecesores moitas fundacións.
Nota: En realidade nesa sepultura estaban os restos dun fillo do Duque de Arjona. Erro que xa foi sinalado por diversos autores.
..................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Quinta sepultura da primeira fieira
Hai un debuxo a prumiña dun escudo de armas cuartelado
" Aquí xaz D, Carlos de Valcarce que a dotóu con dúas misas de pensión por dúas fanegas de pan de renda."
Cedendo para a súa esmola os lugares de Celeiro , Veiga de Arriba e Manán que rendan todos tres"
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO. " Los Escudos de Sárria" ( 1953 )
" É a sepultura de D. Carlos de Valcarce e Somoza.. Estio na primeira fieira do corpo da igrexa, pegada ao sepulcro anterior; e o 3 de abril de 1665, para el, e para a súa muller Dona Ana Mosquera e os seus fillos ( Libro de Sepulturas, folio 27 ).
Autorizouse ao propietario " para que poida poñer na dita sepultura pedra, alfombra , tarima e escudo de armas, e sentar na dita sepultura as ditas persoas e os seus fillos e non outras" ( Arquivo Notarial de Sárria.Protocolo de D. Antonio R. Somoza, ano 1665, folios 27 e 28. Agora no Arquivo Histórico Provincial de Lugo).
A propiedade foi cedida en troques da renda de dúas fanegas de centeo en cada un ano ao Convento, e os relixiosos obríganse , ademáism a deciren dúas misas rezadas cada ano; unha día da Concepción e outra o de Santo Antonio de Padua.
O escudo está timbrado con xelmo cara a esquerda e é cuartelado en cruz.
Ten no destro de xefe as estacas dos Valcarce e en sinistro de punta os seis dados dos Somoza, cuxo blasón compretan cecáis ocupan o sinistro de xefe. No destro de punta hai unha árbore, cuxo significado descoñecemos.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Sesta sepultura da primeira fieira
" Ë de Dona Ana de Balboa , dotada de unha fanega de trigo en Santa Mariña de Rubín"
................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Sétima sepultura da primeira fieira
" É de Gaspar de Quiroga e de Dona Mariana de Pallares, Señores da Casa da Pedreira , e o seu herdeiro Don Carlos de Oca" - Dotada -
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Primeira fieira
Oitava sepultura da primeira fieira
( Non hai texto que indique enterramento )
Na marxe esquerda: Tarima de Don Francisco Saavedra . Riba desta sepultura e parte da antecedente e non é súa a sepultura. Nota : Non se sabe por que motivo se poida permitir a tarima do dito sitio.
Na marxe dereito: Confina co lado do corpo do altar de San Xosé ,
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Primeira sepultura da segunda fieira
( Hai un debuxo a prumiña dun arco, e lese " Confina coa Capela da Nosa Señora" )
Ä dereita no gráfico da sepultura : " Licenciado Don Faustino Rubinos, presbítero, 1713.
Na metade desta sepulura de medio arriba enterrouse un Neno fillo de Don Manuel Ledo e Dona María Losada , viciños de Sárria, o día 13 de setembro de 1795.
......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Segunda sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura , que é a segunda despois da que ten esculpidas as Armas e é a segunda da segunda fieira , deuse sepultura a Fernando do Barrio , xastre que traballou no Convento, por espazo de 30 anos , en todo de boa conduta . Morrtéu o 8 de xaneiro , e enterrouse o día 10, ano de 1800. Era de xunto a Lugo e viciño desta vila de Sárria.
Nesta mesma sepultura enterrouse Don Manuel Pradeda, viciño desta vila de Sárria, en 27 de setembro de 1809. Foi Mordomo perpetuo da Confraría de Ánimas.
Nesta mesma sepultura enterrouse Sabela Reboredo, muller do tío Bieito de Celeiro, en 27 de marzo de 1822,
........................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Terceira sepultura da segunda fieira
En 3 de xullo de 1805 foi enterrado nesta sepultura Don Antonio Inurreta , natural de Vizcaia, boticario nesta Vila, e do Convento , uns 30 anos.
En 7 de xaneiro de 1810 foi enterrado nesta sepultura Dona María Carmela Rivera , solteira, filla de Don Manuel Rivera e Dona Ánxela Quiroga, viciños de Vilasante.
En 27 de xuño de 1829 foi enterrada nesta sepultura Agostiña González , natural de Pacios de Veiga, foi caseira da Granxa de Pacios moitos anos.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Cuarta sepultura da segunda fieira
Nesta foi sepultado Don Xosé de la Peña, escribán numerario desta Vila , en martes 29 de xaneiro de 1805.
Nesta sepultura enterrouse un fillo de Xoán de Vilariño , chamado Don Manuel, que morréu o 18 de abril do ano de 1817, e enterrouse o día 20 do dito mes e ano.
......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Quinta sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura, enterrouse Dona Tereixa Inurreta, filla do Boticario Vello, viciña de Sárria, foi o día 16 de xullo de 1797. Cara o medio da Igrexa.
Nesta mesma sepultura enterrouse a sogra de Don Xoán Pradeda, viciña do Mato , que se enterróu o día 6 de decembro do ano 1814.
Nesta mesma sepultura enterrouse Don Xoán Pradeda , viciño desta Vila de Sárria, o día 25 de marzo do ano de 1824 , Foi Mordomo da Confraría de Ánimas.
........................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Sesta sepultura da segunda fieira
En 16 de setembro de 1803 enterrouse nesta sepultura , que é a sesta da segunda fieira, e está ao lado do Evanxello , Don Xoán de Armesto, viciño da vila de Sárria , pai da seguinte defunta.
Nesta sepultura enterrouse o día 26 de febreiro de 1817 de Luisa Pradeda , viciño da vila de Sárria, irmá de Don Manuel Pradeda.
......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Sétima sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura enterrouse o cura de Santa María de Góo, o día 21 de outubro de 1765 , chamábase Don Francisco Suárez. Está esta sepultura a carón do altar de San Xosé.
E en 5 de outubro de 1795 enterrouse nesta sepultura Dona Xoana de Armesto ( de 18 anos ) , filla de Don Xoán de Armesto e Dona Xosefa Abraldes de Cedrón , viciñas de Sárria.
En 26 de agosto de 1806 enterrouse nesta sepultura a dita Dona Xosefa Abraldes , viuva que quedóu do referido Don Xoán de Armesto , e nai da expresada Dona Xoana.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Segunda fieira
Oitava sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura enterrouse a muller de Don Xoán de Veiga á que se deu sepultura o 16 de marzo do ano 1814.
Na marxe dereita hai o debuxo a prumiña dun arco, e ao pé lese: Confina coa Capela de San Xosé.
.....................................................................................................................................................................,
CORPO DA IGREXA
Terceira fieira
Primeira sepultura da terceira fieira
Xoán Díaz.
Domingo Fernández
Mateu López , mestre de nenos ,
Nesta sepultura enterrouse Dona Francisca Pradeda, o día 7 de marzo do ano 1817.
Na marxe esquerda : Hai un deseño a prumiña dun arco, e debaixo del lese: " Confina coa Capela da Nosa Señora de Graza".
.......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Terceira fieira
Segunda sepultura da terceira fieira
Xoán García, barbeiro.
En 4 de novembro de 1727 enterrouse Francisca Fernández.
Nesta sepultura segunda da terceira fieira ao lado do Evanxello , enterrouse Antonio de Veiga , natural de Pontedeume, que serviu ao Convento en oficios de hortelán, porteiro e hospitaleiro , por espazo de 18 anos con toda satisfación . Morréu o 31 de agosto ás 4 da tarde , ás catro da tarde , e deuselle sepultura o 2 de setembro , ano de 1799.
Nesta sepultura enterrouse André González, criado que foi deste Convento moitos anos , o día 6 de xuño de 1824.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Terceira da fieira
Terceira sepultura da terceira fieira
O 5 de abril enterrouse Xosé López da Veiga de Arriba ( que dixeron algúns que á súa morte fora enterrado na mesma, e non é a que se segue, é o ano de 1758 , perto do púlpito. O púlpito mudouse despóis.
...................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Terceira da fieira
Cuarta sepultura da terceira fieira
En 3 de xaneiro de 1728 enterrouse Mariana López
...................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Terceira fieira
Novena sepultura da terceira fieira
( Non ten anotación encol de enterramentos )
Na marxe dereita hai o deseño a prumiña dun arco que acolle un altar: Lese :" Confina co altar de San Sebastián . Este altar era onde está San Nicolau.
( Na actualidade o altar, que está na parte interior da porta gótica da segunda igrexa mosteiral. acolle a imaxe da Virxe de Fátima.)
..................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta fieira
Primeira sepultura da cuarta fieira
María López da Veiga .
Na marxe esquerda hai un debuxo a prumiña dun púlpito con. antepeito e tornavoz por riba , dous elementos de talla moi elaborada, e no medio lese : " O Púlpito trasladouse , ano de 1785 , ao lado da Epístolsa , e degraos da Capela Maior , por cuxa razón esta sepultura está franca". Entre o deseño e espazo de anotacións lese: " Está sita debaixo do Púlpito". Tamén se sinala a ubicación da " Pía nova da auga bendita "
...................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta fieira
Segunda sepultura da cuarta fieira.
En 24 de agosto de 1773 enterrouse nesta sepultura María Antonia Fernández de Prada , da Veiga de Arriba, e muller que fora de Roque Arias que foi enterrado na seguinte sepultura.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta fieira
Terceira sepultura da cuarta fieira
Nesta sepultura enterrouse Roque Arias , criado que foi do Convento , viciño do lugar chamado Veiga de Arriba en 18 de decembro de 1763. É a terceira que está fronte do púlpito camiñando cara a pía da porta da Igrexa.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta feira
Cuarta sepultura da cuarta fieira
Nesta sepultura enterrouse Carlos Teixeiro, criado antigo do Convento, a quen serviu fielmente por espazo de perto de 70 anos, até a súa morte; morréu o día 6 de setembro e foi sepultado o día 7 de 1781.
Descende de Celeiro e era Hospitalario.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta feira
Quinta sepultura da cuarta fieira
Nesta sepultura enterrouse Domingos González , criado do Convento, en 21 de novembro de 1761.
..................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Cuarta fieira
Décima sepultura da cuarta fieira
Xoán Abad.
María López da Veiga de Arriba.
Na marxe dereita hai o debuxo a prumiña da pía da auga bendita cunha cruz na parede. Lese: " Confina coa pía da auga bendita". " Fronte desta pía , a c arón da Porta de Grazas, púxose outra pía para auga bendita, ano de 1782 ".
Nota: Levaba o nome de Porta de Grazas a que , fronte da porta da entrada á Igrexa, dá acceso ao claustro.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Quinta fieira
Primeira sepultura da quinta fieira
( Non hai anotación de enterramentos )
" Confina en parte coa Porta de Grazas "
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Quinta fieira
Segunda sepultura da quinta fieira
Nesta sepultura enterrouse Xoán García , viciño desta vila de Sárria , día 9 de setembro de 1768. Morréu á portaría do Convento.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Quinta fieira
Cuarta sepultura da quinta fieira
Xosé Rodríguez, criado do Convento, viciño de Farbán . 1713.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Quinta fieira
Décima sepultura da quinta fieira
Bartolomé " O Bispo ", criado.
Na marxe dereita hai un debuxo a prumiña da cancela da porta da Igrexa.. Lese : ¨Esta está debaixo da cancela da Igrexa"
.......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Quinta fieira
Décimoprimeira sepultura da quinta fieira
( Non hai anotación de enterramentos )
Na marxe dereita hai o debuxo a prumiña dunha parte da cancela da porta da Igrexs- Lése: " Está tamén debaixo da cancela da Igrexa".
.......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Primeira sepultura da sesta fieira
Nicolau Fernández.
Esta non é máis que media sepultura , e non se enterra ninguén nela , por ser o primeiro e úneco degrao da Porta de Grazas para a Igrexa . Así se nota hoxe 14 de maio de 1772. E deste xeito tocan ( contando esta media sepultura ) 11 á sesta fieira.
Na marxe esquerda hai un debuxo á prumiña de medio arco da porta da igrexa. Lese ao pé : " Porta da Igrexa".
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Segunda sepultura da sesta fieira
Lucía Fernández.
Nesta sepultura enterrouse María Pardo, muller do Hospitaleiro do Convento chamado Xosé Teixeiro a 5 do mes de novembro de 1762 , na segunda sewpultura ao lado do Evanxello, en fronte da Porta de Grazas.
.....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
En realidade é a segunda sepultura
Terceira sepultura da sexta fieira
Lázaro Fernández.
A 14 de maio de 1772 enterrouse nesta sepultura Xosé Antonio Teixeiro , Hospitaleiro do Convento, a carón da da súa muller que é a antecedente a esta.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Cuarta sepultura da sesta fieira
A 17 de abril de 1714 , Sabela González, " A Manca", Hospitaleira do Convento.
A 1 de xuño de 1765 enterrouse nesta sepultura André Fernández, viciño de Vista Alegre , freguesía de San Pedro de Outres, Arcebispado de Santiago, morréu neste Hospital.
....................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Quinta sepultura da sesta fieira
A 15 de agosto de 1714 Domingo de Brión, mozo solteiro , segador de Castela, viciño de San Xoán de Sobardes, Alfoz de Muros e Arcebispado de Santiago. Morréu no Hospital. ( Enterrouse , non nesta sepultura , senón na seguinte ).
.......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Sesta sepultura da sesta fieira
En 16 de agosto de 1766 enterrouse nesta sepultura Xoán Castelo viciño de San Mamede de Carnota , Arcebispado de Santiago, viña da seitura e morréu neste Hospital.
.......................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Décima sepultura da sesta fieira
( Non hai anotación de enterramentos )
Na marxe da dereita hai o debuxo á prumiña de parte da cancela da igrexa. Lese : " A metade desta está debaixo da cancela da porta da Igrexa".
..................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sesta fieira
Décimo primeira sepultura da sesta fieira
( Non hai anotación de enterramentos )
Na marxe dereita hai o debuxo á prumiña da cancela da porta da Igrexa. Lése : " A metsade desta tamén está debaixo da cancela da porta da Igrexa".
..................................................................................................................................................................
CORPO DA IGREXA
Sétima fieira
Segunda sepultura da sétima fieira
Non se enterra ninguén por estar ali TRES CORPOS SANTOS
.................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO
Sétima fieira
Terceira sepultura da sétima fieira
CORPOS SANTOS
...............................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO
Sétima fieira
Cuarta sepultura da sétima fieira
CORPOS SANTOS
................................................................................................................................................................
DE BAIXO DO CORO
Sétima fieira
Quinta sepultura da sétima fieira
CORPOS SANTOS
..................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO
( Non hai anotación de enterramentos )
Na marxe esquerda hai o debuxo á prumiña dun confesionario. Lése : " Está inmediata ao confesionario"
......................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO Novena fieira
Cuarta sepultura da novena fieira
Hai un debuxo á prumiña dun altar dentro dun arco riba de catro columnas . Ribs do altar hai unha cruz e dous candeeiros-
" Deste altar tampouco hai memoria". " A metade dela debaixo do altar de San Xoán de Sahagún "
....................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO Novena fieira
Quinta sepultura da novena fieira
( Non hai anotación de enterramentos )
Repitese do debuxo á prumiña do altar do arco aberto na parede norte da igrexa, coa súa cruz e candeeiros.
" Metade dela debaixo do altar de San Xoán de Sahagún.
....................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO
Novena fieira
Sesta sepultura da novena fieira
( Non hai anotación de enterramentos ). Hai un pequeno debuxo á prumiña do altar do arco, recollendo só a cruz.
Lese : " Metade dela debaixo do altar de San Xoán de Sahagún". Hai un texto ilexible.
.....................................................................................................................................................................
DEBAIXO DO CORO
Novena fieira
Sétima sepultura da novena fieira
Hai o debuxo á prumiña, e en pequeno tamaño, do altar do arco , só con cruz riba del.
Lese; " Metade dela debaixo do altar de San Xoán de Sahagún".
" O ano de 1792 abriuse a Porta de baixo do Coro, que vai ao cuartiño ao pe da torre, para recoller cousas da Igrexa".
....................................................................................................................................................................
CAPELA DO SANTÍSIMO CRISTO
Hai o debuxo á prumiña dun altar presidido pola imaxe de Cristo Crucificado .
Neste Altar púxose o Cadriño da Nosa Señora de Belén , coa advocación do Bon Consello. Ano de 1786.
......................................................................................................................................................................
CAPELA DO SANTÍSIMO CRISTO
Primeira fieira
Primeira sepultura da primeira fieira
Nesta sepultura está un que foi lacaio do Conde de Altamira. Morréu o ano de 1725.
O día 20 de xuño de 1752 enterrouse no medio desta Capela pegado a onde se pon o sacerdote para dicir misa Dona Constanza de Lemos, Señora de Castelo dos Infantes,
Ao rebaixar o piso da Capela, sepultóuse máis abaixo a caixa na que estaban os despoxos da dita Defunta.
Na marxe esquerda lese : " Hai obriga por fundación dos da Capela do Santísimo Cristo cantar todos os domingos e festas do ano un Responso despóis da misa maior con toque de campás , e se fose clásico , se cante ao día sweguinte. Esta Capela rebaixouse e lastrouse e quitaron as reixas, o mesmo de 1765.
.........................................................................................................................................................................
CAPELA DO SANTÍSIMO CRISTO
Primeira fieira
Segunda sepultura da primeira fieira
A 29 de outubro de 1714. Un mozo que parecía ser francés . Morréu no Hospital.
Non hai por aquí lousas que fixamente , aínda que neste Libro pintanse divididas.
Ponse aquí o aswento deste defunto, porque principiando a contar as sepulturas dende a parte do Nicho de Orozco é a seguinte na que foi enterrado pouco máis ou menos,
Na marxe esquerda lese : " É un nicho na parede, na que están unhas pinturas antigas da Paixón. Chmase da Vera Cruz.
.....................................................................................................................................................................
CAPELA DO SANTÍSIMO CRISTO
Sartego
Sartego da Capela do Santísimo Cristo
Hai un debuxo á prumiña dun arco que ten dentro tres escudos de armas esquemáticos e na parte baixa a clásica caveira con dúas tibias cruzadas.
Na marxe dereita hai o debuxo dunha escaleira de pedra . Lese: " Escaleira a unha fiestra que sae á Capela Maior. " "Sartego ". " Esta pechouse a cal e canto".
...............................................................................................................................................................
NICHO DA CAPELA DO SANTO CRISTO
Hai un debuxo á prumiña do nicho dos Señores de Castelo dos Infantes, existente na parede da esquerda da Capela, fermoso espazo de arte gótica manuelina , presidido por dous escudos de armas cuartelados que se refiren ás familias dos Balboa, Lemos....
Lese : " É da Casa de Castelo dos Infantes, que hoxe posúe Don Alonso de Lemos",
.....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Primeira sepultura da primeira fieira
Enterrouse un peregrino francés.
Enterrouse un peregrino Xoán Provet.
Enterrouse un peregrino francés chamado Xerome Brucherd , pegado ao altar da Nosa Señora, do lado do Evanxello, pegado á Capela do Cristo.
Na marxe esquerda lese: " Decembro de 716 " " Agosto de 729 " " 1766 " " Esta Capela lastrouse de bargos ese mesmo ano e o Altar de San Lourenzo, que estaba antes á man dereita saíndo da Sancristía nun arco que estaba máis adiante da alacena que agora se fixo ( o que se tapiou ) trasladouse á parte de arriba debaixo do óvalo, e detrás do arco había outro arco oco que tamén se cerróu. Neste altar está e estaba San Bartoloméu , e tamén se puxo San Roque que antes estaba no retábulo da Nosa Señora, ao lado do Evanxello.
Na marxe dereita: " Unha vara de ancho a carón de Orozco"
....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Segunda sepultura da primeira fieira
Encabeza coa parede do oco da Capela do Santo Crtisto
Enterrouse un peregrino francés,
Enterrouse un peregrino do Conde Francia.
Enterrouse un peregrino chamado Manuel Vaquero, viciño de San Martín de Villardiga, xunto Villalpando pegado ao antecedente.En onde de agosto de 54 foi sepultado Pedro García , viciño de Muros,, ou inmediato, por ter morrido de repente e escaparse un fillo seu, a sepultura a carón do Altar da Nosa Señora ao lado do Evanxello.
En 4 de outubro de 1759 deuse sepultura a un peregrino de nacionalidade Alemán chamado Xermán Heurman , na primeira fieira, cuarta sepultura , xunto ao sumidoiro. Ali comeza a fieira.
Na marxe esquerda: Outubro de 714, Oito de novembro de 729, Novembro 15 de 1750. As sepulturas dos peregrinos dende a saída da sancristía até o Altar da Nosa Señora .
Ao pé de páxina: " O ano de 1766 , ou pouco máis, lastrouse toda a Capela de San Lourenzo , e así se pode ter conta coas sepulturas , contando dende o Altar as fieiras,
.......................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Encabeza co oco
Terceira sepultura da primeira fieira
Enterrouse un peregrino do Hospital
Novembro de 726 Vara de ancho
.....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Cuarta sepultura da primeira fieira
Enterrouse un peregrino do Hospital.
Setembro de 715 Encabeza co oco da parede da Capela do Santo Cristo
Vara de ancho
................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Quinta sepultura da primeira fieira
Encabeza co oco da parede do Santo Cristo
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Oitava sepultura da primeira fieira
Encabeza coa reixa da Capela do Santo Cristo ( esta reixa quitouse )
Na parte superior hai un debuxo á prumiña da reixa da Capela do Santo Cristo ( 15 fieiras )
...............................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Novena sepultura da primeira fieira
Encabeza coa reixa da Capela do Santo Cristo
Na parte superior hai un debuxo á prumiña da reixa da Capela do Santo C risto ( 10 balaustres )
..............................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Décima sepultura da primeira fieira
Domingos López da Veiga de arriba
Encabeza coa reixa da Capela do Santo Cristo
Na parte de arriba hai un debuxo á prumiña da reixa da Capela do Santo Cristo ( 8 balaustres )
............................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Décimo primeira sepultura da primeira fieira
Encabeza coa reixa da Capela do Santo Cristo
Na parte de arriba hai un debuxo á prumiña da reixa da Capela do Santo Cristo ( 5 balaustres )
.........................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Primeira fieira
Décimo segunda sepultura da primeira fieira
En 4 de xaneiro de 1722 demos sepultura nesta igrexa a Cristovo Grande , natural de Santa María de Caleiro, xunto a Pontevedra, soldado que foi da Compañía de Don Xacob Medina, Reximento da Infantería de Zamora, Xace nesta mesma sepultura o seu corpo e para quew conste asínoo en 25b de xaneiro de 1722,
Encabeza coa reixa da Capela do Santo Cristo. Confina co lado do Evanxello do altar na Nosa Señora de Graza.
Na parte de arriba hai un debuxo a prumiña da reixa da Capela do Santo Cristo ( 6 balaustres )
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Segunda fieira
Primeira sepultura da segunda fieira
No mes de outubro de 724 enterrouse un de Muros.
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Segunda fieira
Sesta sepultura da segunda fieira
Nesta sepultura enterrouse o 25 de maio de 1800 Xoán Bastch , natural de Mellan , Cantón de Tarzs, Departamento de Lander, en la República Francesa, que es de Gascuña, Peregrino a Santiago que murió en este Hospital.
....................................................................................................................................................................
NICHO DE OROZCO
Hai un debuxo de plana enteira, á prumiña, no que aparece o Nicho de Orozco , co sartego que se fixo desaparecer para abrir a actual porta, grande, da sancristía. Riba do arco aparecen dous escudos de armas cuartelados.
..............................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO.- " Los escudos de Sárria" ( 1953 )
7 e 8.- " No mesmo templo conventual e na antiga capela de San Lourenzo que ocupaba o lugar no que hoxe está a porta de acceso á sancristía, construiron o seu enterramento D. Iñigo Lopez de Orozco Ribadeneira e Armesto e a súa muller Dona Inés Díaz de Balboa Somoza do Rial.
O sepulcro , recollido polo Excmo Sr. Marqués de Ugena , cando no seu lugar se abriu a porta da sancristía , ten estatua xacente de cabaleiro armado , coberta a cabeza co xelmo e viseira aberta e riba do peito as mans que sosteñen unha espada.
Foi D. Iñigo esclarecido favorecedor da Comunidade agostiña de Sárria como o demostra o seu testamento outorgado o 10 de abril de 1516 no Couto de Betote , " dentro do seu pazo". Lega ao Convento cuantiosos bens e rendas coa obriga dos relixiosos digan pola alma do fundador unha misa cantada co seu responso por día da Santa Cruz de Maio , e outras rezadas, con responso tamén , os días da Asunción e Santa Lucía , e un responso cantado o primeiro domingo de cada mes ( Consérvase copia ao folio 13 dun caderno que leva o número 6 n e se garda no Arquivo Histórico Nacional con varios pergameos do Convento da Madalena que forman o legaxo 830 ),
Pouco sobreviviu López de Orozco ao seu testamento , pois o 10 de outubro de 1517 outorgaba o seu a viuva Dona Inés , quen deixa tamén unha manda para o Convento da Madalena ( Figura un estracto no mesmo caderno, folio 19 ).
O arcosolio, máis modesto ca o da Capela do Santo Cristo, leva ás beiras do pináculo que o coroa, senllos escudos.
O da dereita, dividido en trina, ten en xefe a cruz flordelisada coas cinco vieiras dos Ribadeneira. Os outros cuartéis ostentan catro ondas e un león que cremos formen en conxunto o blasón dos Balboa.
O da esquerda , é cuartelado en cruz, cun león pasante en cada cuartel, mirando á esquerda, e bordura con oito aspas.Contén pois, algo alteradas, como ocorre adoito, as armas dos Orozco, que, sewgundo Atienza, son, en campo de prata, unha cruz de gules, cargada de cinco aspas de ouro e cantonada de catroi lobos de sable, mirando ao centro do escudo, bordura de gules con oito aspas de ouro,
O Padre Mosquera inclúe entre as sepulturas dotadas do Convento, a de D. Iñigo López de Orozco , e fai constar que este foi enterrado no seu nicho e que son herdeiros seus o Marqués de Avendaño e os señores da Casa da Barreira ( Libro de Sepulturas, folio 193 )
.....................................
A estatua xacente de don Iñigo López de Orozco foi levada por don Matías Oñate López ( Marqués de Ugena ) ao Parque de " Villa Andrea " e os seus descendentes reintegrarona ao Mosteiro da Madalena- Convento da Mercé. Os mercedarios instalarona ao ar libre no xardín de entrada ao Colexio da Mercé.
Finalmente foi trasladada á antiga Capela de San Lourenzo, e foi colocada nun dos arcos góticos de a carón da antiga porta da sancrístia, onde houbo enterramento e altar. Está a estatua non lonxe da súa anterior ubicación. Os posibles restos reirados do sartego estiveron depositados na porta románica do clauttro, recollidos con outros baixo a lenda "Vita aeterna" e finalmente trasladados ao Panteón de Vaamonde no Cemiterio Municipal . (XAFA )
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Segunda fieira
Décima sepultura da segunda fieira
En 20 de setembro de 1759 deuse sepultura a Florencio Bello , viciño do lugar de Vilar, freguesía de Santiago de Cereixo, xunto das Torres do Señor Conde de Maceda, Arcebispado de Santiago.
..............................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Primeira sepultura da terceira fieira
( Non figura recollido enterramento )
Na marxe dereita hai o debuxo dun arco dentro do que se le : " Vai en brazo da porta da sancristía "
E derbaixo: " Remata co oco de xunto da porta da sancristía onde está a furma do Monumento"
Nota: É o oco de arco gótico onde agora está a estatua xacente de D. Iñigo López de Orozco.
................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Segunda sepultura da terceira fieira
Remata no oco de xunto a porta da sancristía.
....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Terceira sepultura da terceira fieira
Remata no oco de xunto á porta da sancristía.
......................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Cuarta sepultura da terceira fieira
Remata no oco de xunto á porta da sancristía
Agora no sitio están os confesionarios.
....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Quinta sepultura da terceira fieira
Remata no Altar de San Lourenzo e Nicolau.. Trasladouse.
....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Sesta sepultura da terceira fieira
Remata no Altar de San Lourenzo e San Nicolau.
....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Sétima sepultura da terceira fieira.
Remata no Altar de San Lourenzo e San Nicolau
.......................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN LOURENZO
Terceira fieira
Oitava sepultura da terceira fieira
Remata no Altar de San Lourenzo e San Nicolau de Tolentino
.......................................................................................................................................................................
ALTAR DA NOSA SEÑORA DE GRAZA
AÑO 1705
Hai un debuxo á prumiña, a toda plana, que representa o altar , co escudo da Orde Agostiña , a imaxe da Virxe ( de vestir ), dúas lámpadas e tres imaxes pintadas no remate do retábulo ( dous santos e unha santa ). As fornelas lateráis non conteñen o debuxo das imaxes que as ocupaban.
" No ano de 1705, fundóu neste Convento a misa cantada á Nosa Señora con Responso todos os sábados do ano, o Excmo. Señor D. Rodrigo Enríquez Osorio, Conde de Lemos , cedéndonos para este efecto o Padroado do Curato de San Martiño de Louseiro para sempre xamáis, sendo bispo de Lugo o Ilmo. Señor D. Pedro de Rivera , e Prioiro deste Convento, o Bacheler Frei Alonso de Vilasouto , todo efectuado no ano sobredito , 31 anos antes que este convento se unise á Ouservancia dos Agostiños desta Provincia de Castela que foi o ano de 1568.
Todo o sobredito , e outras cousas, áchase no Libro Mestre a follas 262 e seguintes.
..........................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Primeira sepultura da primeira fieira
Leonor Díaz.
Nesta primeira sepultura ao lado do Evanxello enterrouse Dona María de la Concepción , muller de Don Euxenio de Neira o día 10 de setembro do ano de 1827.
...........................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Segunda sepultura da primeira fieira
Diego Álvarez
María, a súa muller
Na marxe dereita.: " É de Gomez Arias e Clara Díaz de Guitián. Ten rótulo.
........................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Cuarta sepultura da primeira fieira
( Na parte superior hai un escudo de armas cuartelado correspondente aos Señores de Requeixo )
Os señores de Requeixo
No ano de 722 enterrouse Dona Xosefa de Quiroga...............
..................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO .- " Los Escudos de Sárria " ( 1953 )
" 32.- Cerramos esta relación coa pedra brasonada do sepulcro dos señores de de Requeixo e Gaibor , cuxo debuxo , conservado como os anteriores polo Padre Mosquera , non incluimos, por coincidir en absoluto co reseñado co número 24.
A sepultura estaba emprazada na Capela da Nosa Señora de Graza , na que os señores de Requeixo tiñan outros dous enterramentos.
Cando no ano 1786 se fixeron algunhas reformas na igrexa conventual , o Prioiro Frei Pedro Freire pediulle ao entón señor de Gaibor, D, Pedro Quiroga e Saavedra , autorización para trasladar a tarima que cobría as súas sepulturas, licenza que lle foi outorgada , coa condición de " non permitir o uso delas a ninguén, fora dos seus caseiros que eu teño na casa principal de Requeixo" ( Carta autógrafa de D. Pedro Quiroga Saavedra , incorporada ao Libro de Sepulturas, a continuación do folio 170 ).
O Libro de Sepulturas rexistra nas tres que posuían os señores de Requeixo e Gaibor , os seguintes enterramentos:
Dona María Saavedra, sen data.
Don Diego de Saavedra , señor de Gaibor e San Martiño de Requeixo, o 9 de setembro de 1720.
Dona Xosefa Quiroga, muller do anterior, no ano 1722.
Dona Luisa de Ribadeneira , en novembro de 1728 ( Folio 169 )
As anotacións do manuscrito do Padre Mosquera recollen xeneralmente os enterramentos efectuados a partires da súa época.
Só os enterramentos de persoas nobres alcanzan maior antigüidade.
No sepulcro dos señores de Gaibor e Requeixo , consta dalgúns enterramentos anteriores ás notas do Libro de Sepulturas.
Así , o 2 de agosto de 1673, outorgaba testamento Dona Xosefa de Quiroga Montenegro , esposa de D. Diego Bolaño Ribadeneira e dona do Couto de San Martiño de Requeixo; e manda que a enterren na sepultura que no Convento de Santo Agostiño ocupa a súa sogra Dona Francisca de Bolaño."
"24,. Na casa dos señores de Requeixo, antiga parroquia de San Martiño, suprimida no arranxo parroquial de 1891, que anexionóu os seus viciños á parroquia de San Salvador de Sárria, hai un escudo , cuxas arnas coinciden coas grabadas nunha pedra sepulcral qu a liñaxuda familia posuía no Convento da Madalena e cuxo debuxo nos conservóu o Padre Mosquera.
Tímbrase con xelmo cara a dereita e é cuartelado pola flor flordelisada dos Ribadeneira aínda que lle faltan as vieiras.
No destro de xefe leva o xadrezado dos Saavedra, no sinistro, a aguia dos Pardo ou dos Aguiar; en destro de punta, unha ponte riba de ondas e, cruzándoa, unha ave; e no sinistro o brasón dos Bahamonde : xaqueis, surmontados dun M coroado, e sete peixes no campo do escudo , que outros colocan na bordura.
Como delimitando o escudo, a dereita e esquerda, corre unha liña de puntos, pequenos roeis e bezantes, que poideran ser pezas de bordura, pois ramén os recolle o debuxo do Padre Mosquera.
Caprichosamente o lapidario deixóu de perefilar ao exterior o campo e convertiu cada un dos cuarteis nun escudo independente.
Os señores de San Martiño de Requeixo , que o eran tamén de Gaibor, enterraron algúns deudos no sepulcro que posuían no Convento de Sárria, como veremos no seu lugar.
...........................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Terceira sepultura da primeira fieira
Dona María Saavedra filla de Don Francisco.
En 9 de setembro de 1720 enterrouse nesta sepultura Don Diego Saavedra, Señor de Gaibor e San Martiño de Requeixo.
En novembro de 728 enterrouse nesta sepultura Dona Lucía de Riba de Neira.
"Moi señor meu de toda consideración : Respondo á da Vosa Reverendísima de data de 7 de xaneiro deste ano e quedo conforme en que Vosa Reverendísima faga as sepulturas que me pertenecen como o que se serve anunciar, sen permitir o uso delas a ninguén fora do caseiro que eu teña na casa principal de Requeixo......Gaibor 12 de febreiro de 1786.
B.L.M.de VR
Pedro Quiroga e Saavedra
Reverendísimo Padre Frei Pedro Freire
.....................................................................................................................................................................
......................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Sesta sepultura da primeira fieira
( Na parte de arriba hai o debuxo dun escudo de armas cuartelado )
Na marxe da dereita lese. " É do alcipreste de Goián. O seu herdeiro Sancho de Neira "
..................................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO.- " Los Escudos de Sárria" ( 1953 )
"31.- É a sepultura de D. Pedro Teijeiro.
Na marxe do folio correspondente do Libro de Sepulturas lese: " É o alcipreste de Goián; o seu herdeiro Sancho de Neira ( Libro de Sepulturas, folio 172 ).
Sospeitamos que se refire a D. Pedro Teijeiro , Cura de Goián, que figura na relación de misas fundadas no Convento, inserta ao final do manuscrito do Padre Mosquera , cunha misa cantada e outra rezada , cada semana, pola renda de catrocentos ducados que entregóu á Comunidade.
O escudo é cuartelado en cruz e está timbrado con xelmo cara a dereita.
Os cuartéis 1 e 4 exhiben unha cruz paté recortada riba dunha peza de difícil identificación, aínda que presumimos sexa un caldeiro, formando as mesmas armas do número 27 : O 2 leva a aguia dos Aguiar ou dos Pardo , e o 3 o anagrama de María coroado, ou o M coroado dos Montenegro.
.................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Primeira fieira
Quinta sepultura da primeira fieira
Os señores de Requeixo
....................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Segunda fieira
Primeira sepultura da segunda fieira
É de Alonso de Páramo
....................................................................................................................................................................
CAPELA DA NOSA SEÑORA
Segunda fieir
Segunda sepultura da segunda fieira
Din que é de Alonso de Páramo
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Hai un debuxo a toda plana, á plumilla, que recolle o alzado do Altar de San Xosé , con tres fornelas, e na do medio está a imaxe do santo. No frontal do altar vese o escudo agostiño do corazón atravesado por setas. Na parte superior hai dous escudos de armas cuartelados que recollen as armas de xeito simétrico.
O Altar e retábulo ( que se fixo novo ) mudáronse ao oco do Arco , Ano de 1766.
A Comunidade puxo a madeira para el e a mantenza do entallador e don Lucas Somoza deu , non sei ben, se 800 reáis para el , ou menos 400.
Ten o dito don Lucas o Padroado da dita Capela , e obriga de tela sempre decente , reparando o tellado e a de poñer no Altar mantéis e todo demáis ornato . E neste ano de 1787 puxo ( por sentenza ) Santo Crucifixo para o Altar , Misal bon , aínda que no principal antigo, Atril para el , uns mantéis ademáis dos que tiña , dous cornialtares , sacras novas e dous candeeiros de Bronce, terza de alto. Tamén enreixaron a dita Capela , e recompuxeron con Argamasa , para maior seguridade , todo isto foi obrigado a facelo , e estarao cando for necesario.
Agora só ten sepultura e media onde se poida enterrar , pois a soleira da súa capela só sae un pé fora do Arco, como consta da escritura , mais parece se estenden as sepulturas até a división das pedras estreitas,
......................................
Para o estudo do brasón debuxado tendo por base os que había no antigo altar de San Xosé, hai que ter presente, ademáis do que está na parede exterior da actual Capela do Sagrado Corazón de Xesús, antes de porta gótica de Santa María Madalena, un escudo, procedente da Casa Grande de Sárria, que se conserva no corredor da pranta baixa do "Albergue Los Blasones" na Rúa Maio nº 31 .
..................................................................................
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO : " Los Escudos de Sárria" ( 1953 )
" 11,. - Perto da porta exterior que dá acceso á nave da igrexa conventual , abríase no século XVIII a capela de San Xosé , adicada hoxe ao Sagrado Corazón de Xesús.
Foi primeiramente cedida a D. Alonso de Páramo e Guitián , e á súa muller Dona Fabiana de Ribadeneira, polo Prioiro Frei Xoán de Terán e Molledo, por escritura de 4 de abril de 1647.
Os relixiosos "ceden a dita capela e o seu retábulo pintado como agora está e consinten que nela poidan poñer as sepulturas que queiran e a fundación de padroado, e alongar cara a igrexa tres ou catro pés para poñeren a reixa para que con máis comodidade poidan se sentaren dentro da dita capela ( Arquivo Notarial de Sárria. Protocolo de Antonio Rodríguez , ano 1647, con rotos no fragmento da paxinación ). Os concesionarios déronlle en recoñecemento á Comunidade " unha custodia de prata coa súa caixa, de valor de mil e cincocentos reais".
Renunciada máis tarde a propiedade polos primeiros posuidores, foi cedida durante a presidenza do Prioiro Frei Xoán Bermúdez de Santiso ( 1659-1661 ) a "outra persoa " , segundo expresión dunha escritura datada en 1665, no que gobernaba Frei Xerome de Guzmán.(Arquivo Notarial de Sárria.Protocolo de Antonio Rodríguez, ano 1665, folios 2-7. Hoxe no Arquivo Provincial de Lugo )
Nunha escritura de concordia , outorgada o 14 de agosto de 1675 entre a Comunidade baixo a presidenza do Prioiro Frei Xoán García e don Xoán de Saavedra Figueroa " dono da Casa do Bosque e Cabo de Milicias deste Marquesado de Sárria ", este obrígase a pagar en cada un ano tres canados de viño coa condición de que o Prioiro e Convento " por cada un ano e día do Patriarca San Xosé , cuxa capela ten na igrexa del e é dotación súa, haxa de se pregar un sermón en servizo e loubor de Deus e do dito Santo, e que fora da dita capela , arrimado a ela, poida poñer e ter o dito Don Xoán de Saavedra tarima e estrado para Dona María de Navia, a súa muller, e máis sucesores na súa casa, e para o dito sermón se toque na súa vispera a campá grande a sinal del e dea aviso ao dito don Xoán e os seus sucesores , por se quixeran acharse a el o fagan" ( Arquivo Notarial de Sárria, Protocolo de Bieito de la Peña, ano 1675, folios 51 e 52. Hoxe no Arquivo Histórico Provincial ).
A partires do século XVIII, hai constancia de moitos enterramentos desta liñaxe, que posuía a casa señorial de Trebolle e a fortaleza do mesmo nome , sita na parroquia de San Martiño da Torre , Concello do Páramo.
En agosto de 1706 foi inhumada Dona Sabela María de la Paz , muller de D. Xoán Manuel de Armesto , dono do señorío e do seu coiuto.
En 23 de decembro de 1709, D. Francisco Antonio de Saavedra e Figueroa.
En 30 de novembro de 1712 , Dona María Bríxida de Armesto, irmá do entón señor de Trebolle.
O 10 de agosto de 1725 , D. Pedro de Saavedra e Figueroa, Cura do beneficio de San Pedro de Maside.
En setembro de 1731, Dona Xoana Francisca Saavedra.
O 4 de abril de 1739 , Dona María Sabela Lobera, nai da anterior.
O 30 de xaneiro de 1740 , Don Xoán Manuel Armesto, señor de Trebolle.
En 27 de xullo de 1762 , Don Xosé Armesto , fillo do señor de Trebolle , D. Francisco de Armesto.
En primeiro de agosto seguinte, Dona Mariana Saco, nai de D. Francisco.
En 2 de xuño de 1764, Dona Ana Francisca Saco , muller do entón señor do couto.
En 2 de febreiro de 1797 , D. Lucas Somoza e Saavedra , dono do señorío ( Datos tomados do Libro de Sepulturas do Padre Mosquera ).
A fin. o 27 de decembro de 1827, D. Xosé Gabriel Somoza.
Don Lucas Somoza axudóu a pagar o retábulo novo que se colocóu o ano de 1766, e a Comunidade correu coa mantenza do entallador e coa madeira necesaria para a obra.
Do altar anteirior que coñecéu o Padre Mosquera , queda no seu manuscrito un inxenuo debuxo, que na parte alta do retábulo reproduce dous escudos xemelgos , iguais ao grabado na pedra empotrada no exterior do muro que cerra hoxe a Capela do Corazón de Xesús.
Este, con xelmo á dereita ( escusamos advertir que por dereita e esquerda se entenden os lados contrarios aos do espectador ) está toscamente labrado e teremos que describilo á vista dun dos que brasonaban a Casa Grande de Sárria,con cuxa liñaxe entroncóu a dos señores de Trebolle e cuxos últimos posuidores foron os Marqueses de Vilaverde de Limia . ( Don Francisco Armesto Pardo Taboada e Quiroga casóu en 1682 con Dona Madalena de Saavedra Figueroa Navia e Llamas da Casa Grande de Sárria ).
É cuartelado en cruz : o destro en xefe exhibe , sen ondas,o león dos Balboa; o sinistro está esculpido con cinco bandeiras : catro en ástil horizontal, colocadas dúas a dúas, e , no medio unha colocada verticalmente. O destro de punta ostenta un grifo, difícilmente identificable no escudo que describimos ; e no sinistro, as cinco follas de figueira dos Figueroa; non soltas, como aparecen na maior parte doutros escudos desta liñaxe, senón unidos a unha rama; forma máis antiga e máis conforme coa que encol da orixe destas armas nos dí a tradición.
..................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Úneca fieira
Primeira sepultura da úneca fieira
A 30 de novembro de 1712 Dona María Bríxida de Armesto e Taboada , irmá do señor de Trebolle.
Dona Xoana Francisca Saavedra , morréu en setembro de 1734.
Tamén xaz aquí Dona María Sabela de Lobera , nai da dita Dona Francisca. Morréu o 4 de abril de 1739.
En 2 de xuño de 1764 enterrouse nesta sepultura Dona Ana Francisca Saco , muller do Señor de Trebolle , Correxedor.
Nesta sepultura achou se un corpo case enteiro , riba del enterrouse a dita señora tendo pasado 25 ou 30 anos despois que este dito corpo estaba nesta sepultura.
En 7 de febreiro de 1797 enterrouse nesta sepultura que agora cae parte dela debaixo da tarima do Altar. Don Lucas Somoza e Saavedra , o que morréu día 5 ás 3 da tarde.
Nota; Segundo a orde de sepulturas deste Libro, corresponde o enterro deste señor á sepultura seguinte , que é dunha lápida grande e outra pequena , e debaixo dela está sepultado.Esta primeira parecéu non corresponder á dita Capela de San Xosé , por non ter máis ca un pé fora do Arco , como consta da escritura de Padroado . Nela está enterrada a súa nai Dona Sabela de Lobera , e a seguinte é onde se deu sepultura ao dito Don Lucas Somoza , cuxa metade está por baixo da tarima do Altar.
.....................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Úneca fieira
Segunda sepultura da úneca fieira
Nesta que é dunha lápida grande e outra pequena , enterrouse Don Lucas Somoza , como consta da Nota antecedente .
Nesta sepultura no día 27 de decembro de 1827 enterrouse Don Gabriel Somoza. Morréu o 25 do dito mes ás dúas da tarde.
......................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Úneca fieira
Terceira sepultura da úneca fieira
( Está esta sepultura debaixo de Altar e tarima )
Din que está aquí Don Xoán de Saavedra e Figueroa,
Ano de 1709 , decembro, 23 Don Francisco de Saavedra e Figueroa.
Ano de 725 , agosto, 10, Don Pedro de Saavedra e Figueroa , Cura de San Pedro de Maside.
Nesta sepultura foi enterrada Dona Mariana Saco , Nai do Señor de Trebolle , Don Francisco de Armesto , a 1 de agosto do ano de 1762.
..........................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Úneca fieira
Cuarta sepultura da úneca fieira
( Esta está por baixo do Altar .......... )
Nesta foi enterrada unha nena filla do Señor de Trebolle, chamada Bernarda.
............................................................................................................................................................................
CAPELA DE SAN XOSÉ
Úneca fieira
Quinta sepultura da úneca fieira
( Esta está debaixo do Altar )
Dona Sabela María de Paz , muller de Don Manuel de Armesto , Señor de Trebolle , agosto de 1706.
Poucos días antes , unha nena, filla súa , xunto da súa nai , na dita sepultura.
O 30 de xaneiro de 1740 enterrouse nesta sepultura Don Xoán Manuel de Armesto, Señor de Trebolle.
En 27 de xullo de 1762 enterrouse nesta sepultura Don Xosé de Armesto , fillo do Señor de Trebolle, Don Francisco de Armesto.
**************************************************************************************
MISAS CANTADAS DE FUNDACIÓN
Fundacións antigas
Cántanse cada semana dúas misas polas primeiras fundacións do Convento , fan ao ano cento e catro misas ( 104 ).
Confraría de Ánimas
Cántanse tódolos primeiros luns do mes unha misa e unha vixilia co seu responso e clamores de campás ; máis cántanse cinco misas e vixilias pola mesma Confraría , o día dous de xaneiro , Venres de Lázaro , a Oitava da Asunción da Nosa Señora, ao outro día de San Nicolau de Tolentino de Día de Defuntos , con procisión este día . Fan ao ano dazasete misas cantadas , e dá por todo ao Convento setenta e dous reais ( 017 )
Dona Fabiana de Riba de Neira
Foi muller de Don Carlos de Valcarce , fundóu dúas misas cantadas , unha delas con sermón e responso o Día da Purificación e a outra a Oitava de Defuntos . Deu a Capela de San Xosé ( Libro Mestre, folio 4 ) ( 002 ).
Pedro López de Saavedra
Fundóu unha misa cantada Día de San Xosé e cinco rezadas . Renda oito fanegas de pan e dous capóns no lugar do Pico ( Libro Mestre, 23 ) Redemidas as 8 fanegas e quedaron os capóns ( 001 ).
( Libro Mestre, folio 129, véxase este folio )
Gómez Pérez
Cura que foi de Santiago de Farbán fundóu dúas misas cantadas cada semana na súa Capela de San Bartoloméu , que é unha de xunto da Sancristía, nicho-altar. Deixóu os Muiños de Abaixo e a renda de Santalla de Lagos ( 104 ).
Gaspar de Quiroga e María Pallares
Fundaron unha misa cantada, Día da Expectación da Nosa Señora , ademáis da dotación de sepultura por que paga catro fanegas e media de pan, riba dos seus bens , que posúe Don Xoán de Oca ( 001 ).
Leonor Álvarez
Fundóu unha misa cantada Día da Nosa Señora de Marzo . Deu o lugar de Zanfoga de San Fiz de Vilapedre ( 001 ).
Dona Inés de Riba de Neira
Fundóu dúas misas cantadas cos seus responsos riba da sepultura onde está Alonso do Campo , o seu marido , renda vinte e dous reáis que paga a Casa de Requeixo ( 002 )
Dona Mariana de Riba de Neira
Fundóu unha misa cantada e outra rezada por dúas fanegas de pan que se cobran en Bade , freguesía de Santa María de Vilamaior ( 001 )
Clara Díaz de Guitián
( Libro Mestre, folio 250 ) Fundóu unha misa cantada e dúas rezadas , Día da Presentación da Nosa Señora , por catro fanegas de pan que se cobran en Corvelle .
Inés López
Fundóu unha misa cantada día de Santa Ana por unha fanega de pan que se cobra no lugar da Silva de Corvelle ( non se cobra ),
Don Rodrigo Osorio, Conde de Lemos
Deu o Curato de Louseiro e en gratificación diso di o Convento a misa do sábado á Nosa Señora todas as semanas do ano non caendo festa de gardar ou Oitava previlexiada .
O Conde Don Rodrigo
Fundóu doce misas cantadas, unha en cada sábado primeiro de mes e unha rezada todos os martes por dous mil reáis que se cobran riba da portaxe de Triacastela,
Iñigo López de Orozco
Fundóu unha misa cantada Día da Santa Cruz de Maio e responso cantado todos os domingos na Capela da Vera Cruz que é o nicho altar que está no recanto fora da Capela do Santo Cristo, por bens que deixóu en San Fiz de Reimóndez , Lousadela e Betote,
Sabela de Vilavella
Fundóu catro misas cantadas cos seus responsos ,Por elas deu ao Convento en Vilar do Monte, freguesía de Reimóndez . Libro Mestre, folio 816,
Xoán Deza e a súa irmá
Cederon ao Convento unha Casa en Sárria que lla compraran a Xoán de Santiago. É a que trai Xoán Antonio de Vilares de Parga,
Vasco de Cuéllar
Fundóu unha misa cantada e dotóu sepultura Día de San Ildefonso pola Horta de Pacios que está aforada a Valdés. ( multiplicada pola súa muller Beatriz González.
Gómez Ares de Laiosa
Fundóu unha misa cantada ao outro día de Santa María Madalena por un canado de viño riba da Viña de Feltores e unha tega de trigo riba da Leira da Videira en Laiosa.
Pedro Vuelta de Teza ( Libro Mestre, folio 860 )
Fundóu unha misa cantada e onde rezadas por once canados de viño en Porto de Lobos de Baamorto ( non se cobran ).
Don Teijeiro, Cura de Goián
Fundóu unha misa csntada Día da Nosa Señora das Dores con clamor e responso e unha misa rezada cada semana , deu 400 reáis -Da función non consta responso nin clamor.
Alonso Martínez de Lapio.
Fundóu unha misa cantada con vixilia Día da Nosa Señora de Marzo e dúas rezadas porque deu a terza parte do lugar de Lapío.
Antonio de Espasantes
Fundóu unha misa cantada e dúas rezadas Día da Nosa Señora de Agosto polo lugar de Espasantes que paga 60 reáis de foro.
Beatriz González
Fundóu unha misa cantada co seu responso Día de San Ildefonso -Esta na táboa non se recoñece a renda . É a do Bacheler Cuéllar.
Dona Fabiana de Riba de Neira ( O Páramo )
Fundóu unha misa cantada a dez de febreiro con ministros e oito velas riba do féretro da súa sepultura sinalada. Máis outra cantada pola Nosa Señora de Marzo, Máis outra cantada Día da Visitación da Nosa Señora. Máis outra Día de Santa María de Agosto. Máis outra cantada Día da Nosa Señora de Setembro. Máis outra Día da Presentación da Nosa Srñora. Más outra Día da Concepción.- Máis outra Día da Expectación da Nosa Señora.
Antonio López de Saavedra
Fundóu unha misa cantada Día da Nosa Señora de Marzo e dúas rezadas .Non se coñece a razón.Está na táboa .Paga por esta fundación Xoán de Toleiro de suforo ..... tegas de centeno,
Dona Ana de Balboa
Fundóu unha misa cantada co seu responso o luns a infraoitava de Corpus por unha leira en Rubín.
......... Diaz de Guitián, crego
Fundóu unha misa cantada co seu responso Día da Visitación da Nosa Señora. Non se recoñece a renda. Está na táboa.
Ana López
Fundóu unha misa cantada Día de Santa Ana. Non se recoñece a renda. E está na táboa,
Alonso do Campo e Dona Inés de Ribadeneira
Fundaron dúas misas cantadas e ....... rezadas Día da Asunción da Nosa Señora, xa quedan atrás postas.
Dona María de Ribadeneira
Fundóu unha misa cantada e outra rezada , Xa queda atrás posta.
Antonia Fernández de Sárria
Funbdóu, é rezada.
Antonio Losada de Sárria
Fundóu unha misa cantada o Día de Fieis Defuntos con dalmáticas e incensario e unha vixilia , a súa esmola quince reáis. Deu por hipoteca a casa nova e cortiña xunto do prado novo do Convento e a horta pegada á casa, Fíxose ano de 1795 a 30 de xaneiro .Pasóu perante Xosé Peña, viciño de Sárria
Don Antonio Losada de Saavedra
Fundóu unha misa cantada coa súa vixilia e dez rezadas. A cantada con vestidos e incensario o Día de Defuntos e responso. As demáis pola Oitava. A súa esmola quince reáis e as rezadas a tres reáis . Deu por hipoteca a casa nova coa horta que está pegada a esta e unha cortiña pegada ao prado novo . Fíxose foro de 1749 . Pasóu perante don Xosé Peña de Sárria.
Misas rezadas de fundación
Dona Fabiana Riba de Neira
Xoán Castaño
Pedro López Saavedra
Catarina de Quiroga
Mónica de Arbieto
Pedro Rodríguez
Xoán Abad
María González, muller de Diego Álvarez
Antonio López da Ponte Ribeira
Lázaro Fernández
Pedro Rodríguez de Sárria
Gómez Pérez, Cura de Farbán
Don Xacob de Quiroga
Diego López de Orozco
Iñigo López de Orozco
Alonso Gallina e Maior de Páramo
Alonso López de Arxemil
Dona Inés de Riba de Neira
Xoán Conde de Treilán
Maior Fernández
Dona Mariana de Ribadeneira
Clara Díaz de Guitián
Dona.......... de Riba de Neira
El Conde don Pedro
El Conde don Rodrigo
Domingos López
Xoán Rodríguez da Veiga
Bernardo Fernández
Pedro Sánchez de Noceda
Xoán de Reiriz
Bartolomeu de Villar
Ares Pérez
Leonor da Pena
Alonso Mourín de Betote
Mariña de Lago
María Afonso
Lope Álvaro e Xoán de Aguiar
Rui González de Riba de Neira
Aldara López
Martiño de Romelle
Inés Rodríguez. viuva de Ares Coquín
Gómez Pérez
Francisco de Covarrubias
Iñigo López de Orozco
Ana Rodríguez viuva de Francisco Covarrubias
Pedro Pérez e Elvira Vázquez
María Afonso de Ribasaltas
Bartoloméu Vuelta de Teza
O Licenciado Gonzalo Pérez
Lope Pérez e Tereixa Fernández
Don Pedro Pérez, Cura de Goián
Don Antonio de Prado, Cura de Besteiros
er
Comentarios
Publicar un comentario