BIBLIOTECA CAMILO GONSAR : SÁRRIA ( 562 )
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SÁRRIA ( 562 )
( 25 DE FEBREIRO DE 1966 ).- SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO DE SÁRRIA
II.- Biblioteca Publica Municipal.
Acordouse aprobar o convenio suscrito entre D. Xesús Vázquez Rivas, Alcalde-Presidente deste Concello, e dona María das Mercés Freire Carballal , Direitora do Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas , na cidade de Lugo, con data 22 de xaneiro pasado no que se acorda o que segue:
1º.- A Biblioteca Pública Municipal establecida ou que se establecerá en Sárria e á que se lle dará estado oficial mediante a correspondente O.M. de creación, formará parte da organización Servizo Nacional de Leitura e quedará adscrita ao Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas de Lugo, participando de todas as ventaxas , beneficios e obrigas inherentes á súa condición,
2º.- Esta Biblioteca denominarase " Biblioteca Pública Municipal ".
3º.- O réxime interior desta Biblioteca axustarase ao Regulamento que acompaña a este Convenio.
4º.- A Biblioteca quedará sometida ao réxime do Servizo Nacional de Leitura , á súa Inspeción xeral e ao particular do Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas de Lugo.
5º.- O Concello de Sárria obrígase a:
a ) Proporcionar para a instalación da Biblioteca locáis que se axusten ás condicións mínimas esixidas polo Servizo Nacional de Leitura para autorizar o funcionamento dunha Biblioteca Publica Municipal dentro da súa organización.
b ) Pagar as rendas e entretementos dos locáis que ocupe a Biblioteca , ou dos que, previa autorización., do Servizo Nacional de Leitura , ocupase se for trasladada, entendéndose que as rendas e etretemento non se poden computar na cantidade da que se falará na cláusula seguinte.
c) Consinuar anualmente no seo orzamento de gastos e de maneira específica " Para atención da Biblioteca Publica Municipal " una cantidade que se fixa en dazaoito mil pesetas coa que satisfará as obrigas de tipo cultural que lle competen en aplicación da vixente Lei de Réxime Local e especialmente das derivadas do Regulamento de 6 de febreiro de 1926 e outras complementarias , A aplicación de inversións desta entidade será competencia da Xunta da Biblioteca Pública Municipal dacordo co Orzamento que formule.
6º.- O Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas de Lugo, pola súa parte, obrígase a :
a) Cederlle á Biblioteca , en calidade de usufruto por tempo indefinido , o lote inicial de libros que en razón da creación da mesma facilitará o Servizo Nacional de Leitura , que conservará a nuda propiedade dos mesmos , mais non exercerá este dereito senón é no caso de rescisión do Concerto . Este lote compónse de 1.500 volumes,
b) Incrementar anualmente os seus fondos bibliográficos con novas adquisicións de libros e revistas , nunha cuantía que non poderá ser inferior a dez mil pesetas.
c ) Asumir a direción técnica da Biblioteca en todos os ordes, organizándoa dacordo coas normas vixentes.
d) Contestar catas consultas bibliográficas faga a Biblioteca.
e) Facilitar en préstamo , aos leitores da Biblioteca e a traveso do Encargado da mesma, os libros da Biblioteca Central Circulante do Servizo de Leitura e a Biblioteca Provincial Circulante.
Artigo adicional.- Este concerto entrará en vigor o día da creación da Biblioteca e poderá ser rescindido a petición de calquera das partes contratantes unha vez postas de acordo e co refrendo da correspondente O-M.. Se a rescisión se fixese a petición do Concello ou por ter el incumprido o mesmo as obrigas convidas , o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas recuperará todos os libros e revistas que , da súa procedencia e da da Xunta de Adquisición e Distribución de Publicacións ou do Servizo Nacional de Leitura ,obrasen na Biblioteca, Pola contra, se a rescisión proviñese de acto de vontade do Centro Provincial de Coordinación de Bibliotecas ou por incumprimento das obrigas que lle concernen todos os libros e revistas que obren na Biblioteca, sexa cal for a súa procedencia, quedarán de enteira propiedade do Concello.
Apróbanse tamén os Regulamentos que figuran a continuación deste Convenio relativos ao réxime interno da Biblioteca Publica Municipal e o de empréstimo de libros da mesma, que consta o primeiro de 28 qrtigos e o outro de 11,
....................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario