SÁRRIA NAS ENCICLOPEDIAS ( 559 )
SÁRRIA NAS ENCICLOPEDIAS ( 559 )
O primeiro Concello Constitucional de Sárria , Cabeza do Partido Xudicial de Sárria, establecido entre 1820 3 1823, deu paso á reimplantación das institucións do antigo réxime, nun tempo de opresión e arbitrarismo do nefasto reinado dun absolutista Fernando VII , adicado á persecución dos elementos liberáis que estableceran leis exaltadoras de conceptos como Nación, Constitución, liberdade, eliminación de previlexios , sostidas polos cidadáns e representantes por eles elexidos .
1827
SÁRRIA.- Xurisdición de Señorío de España, en Galicia, provincia e bispado de Lugo. Está composta pola vila do seu nome e de 30 freguesías que son : 1.- Santalla de Arxemil. 2.- San Vicenzo de Betote. 3.- San Mamede do Camiño. 4.- San Mamede da Chanca. 5.- San Xulián de Chorente. 6.- Santa María de Corvelle. 7.- Santiago de Farbán. 8.- San Sadurniño de Ferreiros. 9.- San Martiño de Fontao. 10.- San Pedro de Froián1. 11.- San Sadurniño de Froián. 12.- San Vicenzo de Froián. 13.- San Martiño de Louseiro. 14.- Santo Estevo de Lousadela. 15.- San Pedro de Maside. 16.- Santo Estevo do Mato. 17.- San Salvador do Mato. 18.- Santiago de Nespereira. 19.- Santa María de Ortoá. 20.- Santo André de Paradela, 21.- San Salvador da Pena. 22.- Santa María da Pena. 23.- San Fiz de Reimóndez. 24.- San Martiño de Requeixo. 25.- Santa Mariña de Rubín. 26.- Santa Mariña de SÁRRIA. 27.- San Salvador de SÁRRIA. 28.- San Pedro de Seteventos . 29.- Santiago da Veiga. 30.- San Xulián da Veiga. 31.- Santa María de Vilamaior. 32.- San Salvador de Vilar de Sárria, en cuxos artigos acharase a súa poboación , situación, produtos, industria e contribución. Dista 5 légoas da capital e 18 de Santiago.
SÁRRIA.- Vila de Señorío de España en Galicia, provincia e bispado de Lugo, cabeza da xurisdición do seu nome, que se compón de 30 freguesías con un Xuiz Ordinario para toda ela, e este fai o nomeamento dos alcaldes pedáneos que hai en cada unha.
O casco da vila ten 132 viciños e 650 habitantes divididos en dúas parroquias que son as de Santa Mariña e San Salvador . A Xurisdición ascende a 700 viciños e 5.000 habitantes.
Hai nos arrabaldos deste pobo un convento de Agostiños , un hospital, caixa de correos e escola de primeiras letras.
A poboación está regularmente formada, porén é pequena e de terceira orde. Situada a 5 légoas ao Sur de Lugo e 18 de Santiago, na donda costa dunha cuiña que remata no río da Sárria, e cínguea polo Oeste outro arroxo considerable que vai mesturar as súas augas coas do río, pouco máis abaixo da vila, que domina a súa deliciosa veiga que ten o seu mesmo nome.
Pasa polo seu pé unha antiga verea real que, dende as alturas do Cebreiro e estremas da provincia de León, conduce á cidade de Santiago, e cruzan no mesmo paraxe outras varias carreiras interesantes dabondo, con especialidade as que, dende os vales de Quiroga , Valdeorras e Lemos , xiran cara os portos da costa do Norte.
É cabeza de marquesado, pertencente de antigo á casa dos condes de Lemos, hoxe incorporada na de Berwik, e noutros tempos foi residencia dun Correxidor que tiña coñecemento de alzada e preventivo en 5 xurisdicións chamadas " As Cinco Pobras".
É paraxe decote frecuentado de transeúntes e traficantes, e noutro tempo poido selo máis xa que existen actualmente catro fermosas pontes de pedra ben conservados, riba do río e do arroxo.
A súa graciosa , amena e pintoresca veiga a Leste e Norleste da vila, espállase como unhas dúas légoas en todos sentidos, en cuxo centro e lugar de CÉLTIGOS , na beira esquerda do río que a rega, hai unhas augas mineráis xofrosas mornas , moi saudables para moitas doenzas, con especialidade para as cutáneas.
Celebra feira o 20 de marzo de cada ano. Produce trigo, centeo, millo, nabos, patacas, todo xénero de legumes e froitas , caza, pesca de río e abondosos e sustaciosos pastos. Industria: teares de toda clas de tecidos de lenzo, cría de toda especie de gado , queixos e manteigas. Extración de todos estes artigos e carnes salgadas.
Todas as freguesías desta xurisdición abndan máis ou menos de iguáis ou semellantes produtos.
Contribúe con 5.500 reáis . Dereitos enaxenados : 400 reáis.
**************************************************************************************
1849
DICCIONARIO MADOZ
SÁRRIA.- Río na provincia de Lugo e un dos alfluentes do Neira ( Véxase a súa descrición no artigo do partido xudicial de Sárria ). ( Nota : As referenzas documentáis medieváis figuran como " ripa Sarrie", " fluvio Sarria ", " amnis Sarria". Até o século XVIII as referenzas dín " río da Sárria".
SÁRRIA.- Xurisdición da antiga provincia de Lugo, composta da vila do seu nome , e as freguesías de. 1.- Arxemil. 2.- Betote. 3.- Camiño. 4.- Chanca. 5.- Chorente.6.- Corvelle. 7.- Farbán. 8.- Ferreiros.9.- Fontao. 10.- Froián, San Pedro. 11.- Froián, San Vicenzo. 12.- Froián, San Sadurniño. 13.- Louseiro. 14.- Lousadela. 15.- Maside. 16.- Mato, Santo Estevo. 17.- Mato, San Salvador . 18.- Nespereira. 19.- Ortoá.20.- Paradela, Santo André. 21.- Pena, Santa María. 22.- Pena San Salvador. 23.- Reimóndez. 24.- Requeixo. 24.- Rubín. 25.- Seteventos. 26.- Veiga, San Xulián. 27.- Veiga, Santiago. 28.- Vilamaior. 29.- Vilar de Sárria. 30.- San Salvador de Sárria. 31.- Santa Mariña de Sárria ; o xuiz ordinario era nomeado polo Conde de Lemos e outros partícipes ( Nota : Non inclúen a parroquia de Albán ).
SÁRRIA.- Concello na provincia e diocese de Lugo ( 5 légoas ) , audiencia territorial da Coruña ( 20 ) e partido xudicial do seu nome. SITUACIÓN: Ao SO da provincia entre os elevados montes do Páramo e A Meda, que o cubren polo O. e L. O SEU CLIMA, é frío no xeral, máis san dabondo. Compónse das FREGUESIAS de : 1.- Albán ( Santa María ). 2.- Arxemil ( Santalla ). 3.- Barbadelo ( Santiago ). 4.- Belante ( Santa María ). 5.- Betote ( San Vicenzo ). 6.- Calvor ( Santo Estevo ). 7.- Castelo dos Infantes ( Santiago ), 8.- Camiño, San Mamede, 9.- Cesár ( San Salvador ). 10.- Corvelle ( Santa María ). 11.- Chanca ( San Mamede ), 12.- Chorente ( San Xulián ). 13.- Fafián ( San Xoán ) .14.- Farbán ( Santiago ). 15.- Ferreiros ( San Sadurniño ), 16.- Fontao ( San Martiño. 17.- Frades ( San Xulián ). 18.- Froián ( San Vicenzo ), 19.- Froián ( San Sadurniño ), 20.- Froián ( San Pedro ). 21.- Goián ( San Miguel ). 22.- Lier ( Santa María ). 23.- Loureiro de Froián ( San Martiño ), 24.- Lousadela ( Santo Estevo ). 25.- Louseiro ( San Martiño ). 26.- Maside ( San Pedro ). 27.- Mato ( San Salvador ). 28.- Mato ( Santo Estevo ). 29.- Meixente ( San Xulián ). 30.- Lugar de Morgade. 31.- Nespereira ( Santiago ). 32.- Ortoá ( Santa María ). 33.- Paradela ( Santo André ). 34.- Pena ( Santa María ). 35.- Pena ( San Salvador ). 36.- Pinza . 37.- Piñeira ( San Miguel ). 38.- Reimóndez ( San Fiz ). 39- Requeixo ( San Martiño ). 40.- Rubín ( Santa Mariña ), 41 .- SÁRRIA ( San Salvador ). 42 .- SÁRRIA ( Santa Mariña ). 43.- Seteventos ( San Pedro ). 44.- Santa Eufemia ( Santo Antolin ). 45.- Veiga ( San Xulián ). 46.- Veiga ( Santiago ). 47.- Vilamaior ( Santa María ). 48.- Vilapedre ( San Miguel ) .49.- Vilapedre ( San Fiz ). 50.- Vilar ( Santa María ) ,51.- Vilar de Sárria ( San Salvador ). 52 .- Viville ( San Miguel ) , que reúnen darredor de 1,100 CASAS diseminadas no territorio ; este abonda en auga potable de boa calidade, e ten algún arboredo tanto de froitas como de construción ; hai varias ESCOLAS indotadas e as máis delas son temporáis. O TERMO MUNICIPAL estrema por N. co de Láncara ( e O Páramo ) , L. Samos , S. Rendar , e O., Paradela . O TERREO participa de monte , mais disfruta de fermosas cuiñas e frondosos vales regados por infinitos arroxiños que levan as súas augas ao Sárria , que corre polo medio do distrito .Os CAMIÑOS municipáis así como o que se dirixe a Lugo e os que como vereas marchan en outras direcións , están mal coidados ; O CORREO recíbese na cartería de Sárria tres veces na semana e ali concorren a recollela dos pobos e freguesías xa indicados. AS PRODUCIÓNS máis comúns son o centeo, patacas . millo, trigo, legumes. hortaliza, liño e froitas ; críase gado de todas especies , porén prefirese o vacún, hai caza, pesca, muiños fariñeiros e varios artesáns de primeira necesidade . COMERZO : o que proporciona a feira e mercados de Sárria e outras da contorna. POBOACIÓN: 1.008 viciños. 5.043 almas . RIQUEZA impoñible : 568.141 escudos. CONTRIBUCIÓN: ( véxase o cado sinóptico do partido xudicial ) , O ORZAMENTO MUNICIPAL cúbrese por repartición entre os viciños
************************************************************************************
SÁRRIA.- Partido xudicial de entrada na provincia e diocese de Lugo, audiencia territorial e capitanía xeral de A Coruña : abrangue os seis concellos de Láncara, Paradela, O Páramo, Rendar, Sárria e Samos, que reúnen perto de mil poboacións distribuidas nas 165 freguesías seguintes:
1.- Adai ( Santa Mariña ). 2.- Albán ( Santa María ). 3.- Aldosende ( Santiago ). 4.- Andreade ( Santiago ). 5.- Arxemil ( Santalla ). 6.- Armeá ( San Pedro ). 7.- Bande ( San Pedro ) . 8.- Barán ( San Pedro ). 9.- Barbadelo ( Santiago ). 10 . - Bardaos ( San Xoán ). 11.- Bardaos ( Santalla ). 12.- Belante ( Santa María ). 13.- Biville ( San Miguel ). 14.- Calvor ( Santo Estevo ). 15.- Camiño ( San Mamede ). 16.- Carballo ( San Xil do ). 17.- Carracedo ( San Vicenzo ). 18.- Castelo ( de Somoza) ( San Tomé ). 19.- Castelo dos Infantes ( Santiago ). 20.- Castro ( San Mamede ). 21.- Castro ( San Martiño ). 22.- Castro de Rei de Lemos ( Santa María ). 23 .- Castroncán ( Santa Marta ). 24.- Cedrón ( Santiago ). 25.- Cervela ( San Cristovo da ). 26.- Cesár ( San Salvador ). 27.- Corvelle ( Santa María ). 28.- Cortes ( San Salvador das Cortes ). 29.- Couto ( San Mamede do Couto ). 30.- Cuvela ( San Pedro da ). 31.- Chanca ( San Mamede da ). 32.- Chorente ( San Xulián ). 33.- Eirexalba ( Santo Estevo ). 34.- Estraxiz ( Santiago ). 35.- Fafián ( San Xoán ). 36.- Farbán ( Santiago ). 37.- Ferreiros ( San Sadurniño ). 38.- Ferreiros ( Santa María ). 39.- Foilebar ( Santa María ). 40.- Fontao ( San Martiño do ). 41.- Formigueiros ( Santiago ). 42.- Frades ( San Xulián ). 43.- Francos ( Santa María ). 44.- Freixo ( San Silvestre ).- 45.- Friolfe ( San Xoán ). 46.- Frolláis ( San Miguel ). 47.- Froián ( San Pedro ). 48.- Froián ( San Sadurniño ).......... Froián ( San Vicenzo )..........49.- Galegos ( Santa Mariña ). 50.- Gondrame ( San Vicenzo ). 51.- Gondrame ( Santa María ). 52.- Góo ( Santa María ). 53.- Goián ( San Miguel ). 54.- Grallás ( Santo Estevo ). 55.- O Incio ( Santa Mariña ) 56.- O Incio ( San Pedro ). 57.- O Incio ( San Miguel ).......... Hospital do Incio ( San Fiz )........ 58.- Laxe ( Santiago da Laxe ). 59.- Lagos ( Santalla de ). 60.- Lama ( Santa María da ). 61.- Láncara ( San Pedro ). 62.- Larín ( San Salvador ). 63.- Laiosa ( San Martiño ). 64.- Lier ( Santa María ). 65.- Louseiro ( San Martiño ), 66.- Loureiro de Froián ( San Martiño ). 67.- Loureiro do Real ( Santa María ). 68.- Lousada ( San Martiño ). 69.- Lousada ( San Romao ). 70.- Lousadela ( Santo Estevo ). 71.- Loio ( San Xoán ). 72.- Lóuzara ( San Cristovo ). 73.- Lóuzara ( San Xoán ). 74.- Mao ( San Romao do ). 75.- Mao ( San Salvador do ). 76.- Mao ( Santa María do ). 77.- Maside ( San Pedro ). 78.- Mato ( Santo Estevo do ). 79.- Mato ( San Salvador do ). 80.- Meixente ( San Xulián ). 81.- Montán ( Santa María ). 82.- Moscán ( Santa María Madalena ). 83.- Moscán ( Santa Cruz ). 84.- Monseiro ( San Miguel ). 85.- Muro ( San Xoán do ). 86.- Neira ( de Cabaleiros ) ( Santa María ). 87.- Neira ( Santa María Madalena de Neira ). 88.- Nespereira ( Santiago ). 89.- Noceda ( San Xoán ). 90.- Oleiros ( San Martiño ). 91.- Ortoá ( Santa María ), 92.- Pacios ( de Loureiro ) ( Santa María ). 93.- Pascáis ( Santalla ), 94.- Paradela ( Santo André ).95.- PARADELA ( San Miguel ). 96.- Paradela ( Santa Cristiña ). 97.- Paradela ( Santalla ). 98.- Paradela ( San Vicenzo ). 99.- Pena ( San Salvador da ). 100.- Pena ( Santa María ). 101.- Pinza ( San Salvador da ). 102.- Piñeira ( San Miguel ). 103.- Piñeiro ( San Salvador ). 104.- Pobra ( San Xulián da ). 105.- Real ( San Cristovo do Real ). 106.- Real ( San Martiño ). 107.- Reascos ( Santa María ). 108.- Reboiro ( Santa María ). 109.- Reimóndez ( San Fiz ). 110.- Renche ( Santiago ). 111.- RENDAR ( Santa María ), 112.- Requeixo ( San Martiño ). 113.- Reiriz ( Santo Estevo ). 114.- Ribas de Miño ( San Facundo ), 115.- Ribas de Miño ( Santiago ). 116.- Ribeira ( San Mamede da ). 117.- Romelle ( San Martiño ). 118.- Ronfe ( San Pedro )- 119.- Rubián de Cima ( San Vicenzo ). 120.- Rubín ( Santa Mariña ). 121.- Sá de Páramo ( Santiago ). 122.- SAMOS ( Santa Xertrude ). 123.- Santo Andrea da Ribeira ( San Pedro ). 124.- Santo Antolín ( Santa Eufemia ). 125.- SÁRRIA ( San Salvador ). 126.- SÁRRIA ( Santa Mariña ). 127.- Seteventos ( San Pedro ). 128.- Sirgueiros ( San Xoán ). 129.- Soñide ( Santa María ), 130.- Souto ( de Ferradal ) ( Santiago ). 131.- Suar ( San Lourenzo ). 132.- Teivilide ( San Xulián ), 133.- Toirán ( San Salvador ). 134.- Toldaos ( Santiago ). 135.- Toldaos ( San Vicenzo ). 136.- Torre ( San Martiño da Torre ). 137.- Touville ( Santa María ). 138.- Trascastro ( Santalla ). 138.- Trasliste ( San Xoán ), 139.- Veiga ( San Xulián da ). 140.- Veiga ( Santiago da ). 141 .- Viance ( Santiago ). 142.- Vilapedre ( San Fiz ). 143.- Vilapedre ( San Miguel ). 144.- Vilar ( Santa María ). 145.- Vilar de Sárria ( San Salvador ). 146.- Vilarello ( San Pedro ). 147. - Vila de Mouros ( San Miguel ). 148.- Vilaesteva de Herdeiros ( Santa Mariña ). 149.- Vilafiz ( Santa María ). 150.- Vilaleo ( Santa María ) 151.- Vilamaior ( Santa María ). 152.- Vilambrán ( Santa María ). 153.- Vilaragunte ( Santa María ). 154.- Vilarxoán ( San Lourenzo ). 155.- Vilarmosteiro ( Santa Eufemia ). 156.- Vilasante ( Santa Cruz ). 157.- Vilasouto ( San Mamede ). 158.- Vileiriz ( San Salvador ). 159.- Vilouzán ( Santo Estevo ). 160.- Viso ( Santa Cristiña ). 161.- Zóo ( Santiago ).
Comentarios
Publicar un comentario