A ESTRADA DE SÁRRIA A LUGO ( 558 )
A ESTRADA DE SÁRRIA A LUGO ( 558 )
Integrada dentro de proxectos de artellamento das comunicacións entre a capital da provincia e a zona sur ( Monforte e Quiroga ) a promoción e realización dun "moderno" camiño corréu de conta da Deputación Provincial lucense, que seguiu coa súa mellora e mantemento até que o vial foi incautado polo Estado , caendo dentro da titularidade do Ministerio de Obras Públicas , e moutos anos despóis producise o seu traspaso á Xunta de Galicia,
Proxectada inicialmente como Camiño Provincial entre Monforte e Viveiro, pasando por Sárria, Lugo e Vilalba , e concebida como un eixo inegrador das comarcas da Mariña, a Terra Cha, Sárria e Lemos, pasou a ser coñecida como " Camiño ou Estrada de Lugo a Valdeorras " , " Camiño ou Estrada de Lugo a Quiroga " e " Estrada de Lugo ou Nadela a Campos de Vila", tiña como complemento o ramal de Bóveda a Monforte de Lemos, poñendo así en comunicación a capital coas terras de Sárria, Lemos , Quiroga e Valdeorras .
Esta estrada , con orixe en Nadela, na estrada de Madrid á Coruña precisóu de obras de fábrica con pontes riba dos ríos Chamoso ( A Ponte Batán ), Mazandán, Tórdea, Neira ( A Ponte da Estrela ) , Sárria ( Ponte da Pobra-Agreimonde ) e Celeiro ( A Ponte Nova do Mazadoiro ), e foi elemento determinante no crecemento da vila de Sárria , de maneira que abandoando o estreito marco do outeiro vilego , a "Estrada Nova ", xunto coas estradas de Sárria a Aranza ( ou de Sárria a Ribadeo ) , a Estrada de Sárria a Portomarín e a do Mazadoiro á Lamarrigueira, deron lugar ao nacemento de novos barrios nos que asentaron comerciantes e menestráis que deron nacemento á nova vila de Sárria que entre 1845 e 1895 , co reforzo da apertura da liña de ferrocarril de Palencia á Coruña, sufréu unha profunda transformación.
A estrada , con orixe en Nadela, segue en liña direita pola parroquia de San Pedro de Santa Comba, deixando á esquerda a igrexa parroquial e a casa reitoral, e dende ali con voltas e revoltas baixa na percura do río Chamoso. Para atravesalo foi construida a PONTE BATÁN, dende a que entra a vía na parroquia de San Fiz de Paradela ( O Corgo ) na que fixeron unha Casiña de Peóns Camiñeiros. Pasada a Ponte Batán barallaron dúas opcións : A primeira era seguir cara a Ponte de Neira , no P e áramo , polo antigo camiño francés de Lugo a Monforte. A segunda , que foi a que foi adoptada, proxectada para pasar pola Pobra de San Xiao até Sárria, supoñía un encarecemento importante porque houbo que facer dúas pontes, e tiña a favor o evitar a súpeta Costa do Páramo e a fragosidade de Goián e Arxemil para chegar a Sárria.
Decidido o novo trazado , moitos anos adiante, para evitar as perigosas voltas da estrada fixeron unha nova ponte, coñecida como PONTE DA SILVA que supuxo o non uso da Ponte Batán.
Pasado o lugar nado darredor da estrada alcánzase o comezo da chaira que chega até a vila da Pobra de San Xiao ( Láncara ) e a estrada forma unha longa liña recta até chegar ao río Mazandán, despois de ir salvando as baixadas e subidas propias de regueiros que van cara o río Chamoso ou cara o Mazandán.
Pasado o río Mazandán a estrada salva o río da Tórdea deixando á esquerda a igrexa de San Pedro de Maceda. Deixa o Concello do Corgo na estrema que con Làncara forma o río Neira , introducíndose na Pobra de San Xiao, pasando rente ao Pazo dos Quiroga, que queda á esquerda. Deixada atrás esta vila atravesa o río da Sárria pola Ponte da Pobra e Agreimonde, entrando no Concello do Páramo, pola parroquia de Santa María de Vilafiz, onde se fixo preciso desmontar o promontorio rochoso do monte e unha vez pasado o lugar de Vilafiz, pasando perto da igrexa parroquial, introdúcese no Concello de Sárria ., na parroquia de San Miguel de Vilapedre, seguindo pola de San Fiz de Vilapedre, por Zanfoga e O Pereiro até chegar á parroquia de Santa María de Vilar na entrada do Monte do Conde . En San Miguel de Vilapedre e Santa María de Vilar ( Padriñán ) ao abeiro da apertura da estrada naceron mesóns para acollida de viaxeiros e traxinantes .
Polo paraxe de Valmao, entre o Monte de Santa Cristiña e o Monte do Conde segue a estrada pola parroquia de San Vicenzo de Betote, onde houbo unha Casiña de Camiñeiros, e deixando á esquerda o Castro, chega ao Alto da Piqueira, e por Chelo alcanza no Reguiño , rego de Barbalde, a parroquia de San Martiño de Requeixo , cuxa igrexa parroquial no lugar de San Martiño deixa tamén á esquerda. e por As Penelas chega ao río Celeiro, augas abaixo da Ponte do Mazadoiro ( Ponte Vella do Mazadoiro ) , onde nomeban A Acea, onde se fixo a Ponte Nova do Mazadoiro. O proxecto inicial da estrada dende As Penelas ( baixo da Corga da Trea , de Treilán ) seguía pola beira esquerda do río Celeiro cara A Veiga de Abaixo ( Ponte da Áspera ) e a Veiga de Arriba ( Veiga do Pozo ) por terras da parroquia de San Pedro de Maside, deixando á esquerda a Vila de Sárria, e seguí cara a parroquia de Santiago de Farbán.. O Concello de Sárria e as forzas vivas da vila manifestaron disconformidade con ese trazado e esixiron que pasase perto das Insuas e por Lamalonga ( este espazo da parroquia de Maside ) e atravesando a Corga de Formigueiros entrase na parroquia de Santa Mariña de Sárria pasando pola Alvareda, principio da Carreira de Santa Mariña, deixando á dereita o Barrio do Arrabaldo, e pasada a Cortiña Grande da Ponte e o Chao da Viña , entrase en Pacios de Casteledo ,da parroquia de Santiago de Farbán, chegase á Lama Rigueira. Esa petición foi atendida , e desa modificación naceron os hoxes treitos urbáns , da Sárria nova, coñecidos como Rúa Matías López ( dende as Pontes Novas do Mazadoiro ) e Rúa Benigno Quiroga ( que por algún tempo foi Rúa da Liberdade ) até Pacios de Casteledo ( Farbán ).
A estrada pasaba así pola parte baixa da Vila, e pola Costa do Arrabaldo e a Costa da Fonte , en forte subida persoas, animáis e carros podían alcanzar as rúas de Ferradores e Principal, onde se achaban a maior parte das casas da vila e os centros oficiáis. O Concello , para que a vila tivese unha boa entrada conseguiu facer unha escaleira granítica entre a estrada nova o a Rúa de Ferradores, que foi coñecida como Escaleira da Fonte, porque serviu sobre de todo para facilitar a baixada e a subida das persoas que se surtían de auga para usos domésticos na úneca fonte de auga potable existente na vila, a moumental Fonte Ribeira.
Para facer máis doado o acceso á Vila a Deputación de Lugo abríu unha estrada con orixe nas Cortiñas do Mazadoiro que pola Cortiña e Souto de San Lázaro ( de Maside ) entraba na parroquia de San Salvador de Sárria, e seguía por entre San Salvador e o antigo Hospital de Santo Antón Abade e baixo da Fortaleza de Sárria, que entón estaba con todas as súas torres e cerca , alcanzaba a paraxe dos Esqueiredos , e despóis de deixar á esquerda a igrexa de Santiago de Farbán, remataba na Lama Rigueira , xa na estrada de Monforte.
**************************************
FASES DA APERTURA DA ESTRADA DE LUGO A QUIROGA OU DE LUGO A VALDEORRAS CON RAMAL A MONFORTE DE LEMOS ( ESTRADA DE NADELA A CAMPOS DE VILA )
TREITO I.- De Nadela a San Fiz de Paradela. TREITO II.- De San Fiz de Paradela a Lamapulleira. TREITO III.- De Lamapulleira a Sabarei. TREITO IV.- De Sabarei á Pobra de San Xiao. TREITO V.- Da Pobra de San Xiao ao Monte do Conde . TREITO VI.- Do Monte do Conde ( Valmao ) a Sárria . TREITO VI - De Sárria á Valiña. . TREITO VII.- Da Valiña a Vila de Mouros. TREITO VIII .- De Vila de Mouros a San Fiz de Rubián.- ...........................
****************************************
DOCUMENTACIÓN DA ESTRADA ENTRE NADELA E SÁRRIA
Para coñecer todo o proceso de apertura da estrada de Nadela a Monforte , dentro do amplo proxecto de facer un camiño moderno entre Moforte e Viveiro, pasando por Sárria, Lugo e Vilalba e cun ramal en direción a Ferrol , nada mellor que darmos a coñecer os acordos da Deputación Provincial de Lugo, ao longo de varios anos. Cando todo o proceso rematóu o Sur da provincia de Lugo e a comarca de Valdeorras ( Ourense ) entraron na modernidade, e Lugo, Sárria, Monforte, Quiroga e O Barco de Valdeorras pasaron a disfrutaren dunha estrada vivificadora das relacións humanas e potenciadora das respectivas economías, que se verá potenciada cando entre 1875 e 1882 , e case en paralelo á estrada, xurdirá o trazado do camiño de ferro de Palencia - A Coruña.
O PRIMEIRO PASO : A CONSTRUCIÓN DA PONTE BATÁN RIBA DO RÍO CHAMOSO ENTRE SAN PEDRO DE SANTA COMBA ( LUGO ) E SAN FIZ DE PARADELA ( O CORGO )
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 1844 ).- Subhasta da PONTE BATÁN, riba do río Chamoso, entre as parroquias de San Pedro de Santa Comba ( Lugo ) e San Fiz de Paradela ( O Corgo ). Xeralmente coñecida como PONTE DA SILVA.
*************************************************************************************
SEGUNDO PASO : A APERTURA DA ESTRADA ENTRE NADELA E SAN FIZ DE PARADELA
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 16.03.1845 ).-
CAMIÑOS.- Don Ignacio Timoteo Yáñez , Xefe político da provincia. :
Fago saber : Que a Excelentísima Deputacióm Provincial desexando ver remunerados os sacrificios feitos polos pobos para obteren comunicacións interiores , acordóu que sen alzaren a man e con toda preferenza se continúen os traballos d o trazado e orzamento da liña de estrada dende Monforte a Viveiro , co ramal necesario para empalmala coa de Ferrol ; e en atención a que non pode dende logo darse principio á construción simultánea de toda a liña , que están máis adiantados os traballos preliminares que compreende desde esta cidade a Monforte . e que de conseguindo nesta , a non ser que para cando estexan rematados os traballos científicos e preparatorios , se presente algunha Empresa ou contratista que queira subhastar toda a liña por xunto ou adiantar os capitáis necesarios á realización da obra toda para o que conta con fondos dabondo cos que asegurar os réditos e amortizar unha boa parte dos capitáis , dispuxo que polo de pronto e en virtude de achárense aprobadas pola Direción Xeral de Camiños , os planos , perfís,orzamento e condicións facultativas do primeiro treito de camiño cara Monforte dende Nadela a San Fiz de Paradela, se saque a púbkica subhasta a súa construción para o vindeiro 6 de abril , no que dende as 11 da mañá até as 2 da tarde serán admitidos no Salón da Súa Excelencia as proposicións e posturas que se fixeren . sendo arranxados ás condicións e orzamentos da mesma Corporación a todos os que desexen interesárense nesta obra-
Ao propio tempo acordóu que no día 30 do corrente mes pase o Sr. Enxeneiro aos ditos puntos para enterar aos que se presenten da direción que vai levar o camiño.Lugo, 14 de marzo de 1845. Ignacio T . Yáñez.- Alexandre C. Gómez. Segredario.
*************************************************************************************
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 29.04.1845 ).- ( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE VALLADOLID, 13.05.1845 )
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.- " Entre as necesidades que os adiantos da civilización crean nas sociedades modernas , unha das máis imperiosas é a das comunicacións .
Sen elas , unha provincia aíllase e continúan espallados os seus habitantes sen se prestaren os mutuos auxilios das súas luces e producións das comarcas respectivas , nin axuntarense para percurar os intereses que lles son comúns..
Aínda pode acontecer que os seus froitos de toda clas de producións sofren nos mercados unha rivalidade tal doutras nacións ou provincias distantes da mesma que fai preferibles a estes, porque a facilidade das comunicacións até chegar a aquel punto recargan menos a súa condición que as que se verifican dos primeiros.
Esta necesidade que así as nacións estranxeiras como a maior parte das provincias de España apresúranse a satisfaceren , fai máis precaria a situación das que como a nosa quedan atrasadas nesta parte. Cada día que pasa, medra o perxuizo por máis dun concepto.
Ben convencida a Deputación desta verdade , e tendo presente que o mellor medio de que chegue a se realizar un pensamento útil nesta parte é o de contratar na súa totalidade a construción dunha liña , acordóu hai tempo verificalo respecto da de Monforte a Viveiro . Mais subordinando este pensamento á formación dos traballos científicos e paralizados estes no ano anterior polas pretensións sobor da direción do camiño de esta a Monforte , tivo a Deputación que se limitar a contratar a Ponte Batán . riba do Chamoso, que se está rematndo e o primeiro treito dende Nadela a San Fiz de Paradela ao que se vai dar principio , porque un e o outro eran comúns ás dúas direcións polas que se contemdía .
Dirimida pola Súa Maxestade esta cuestión , aínda as atencións doutras estradas distraeron últimamnte aos Enxeneiros destinados a esta Provincia en virtude de ordes superiores.
A evitar os perxuizos que a repetición de motivos semellante poidesen ocasionar , e desexosa a Deputación de asegurar a construción de toda a liña citada nun tempo dado, ligando os fondos destinados a este obxecto a unha contrata . e procurando por este medio a ocupación do maior número de brazos e sen tardar. acordóu despóis de reunir copia de datos sacar a pública subhasta a liña de Monforte a Viveiro a tanto a vara liñal de toda a obra., reintegrando ao Contratista cos produtos dos arbitrios ou a parte deles que se sinale e satisfacéndolle o rédito que se estipule polos adiantos até extinguir a débeda.
Por este medio pódese dar principio no corrente ano aos traballos da estrada , pois son suficientes os científicos que poidan concluirense dende logo para as obras máis urxentes e obrigatorias do mesmo.
Coa fin de levar a efecto o dito acordo a Deputación aprobóu as seguintes condicións baixo das que os que queiran presentárense licitadores poderán verificalo dende esta data facendo as súas proposicións na Segredaría desta Corporación , xesa por pregos pechados ou verbalmente até 1º de xuño vindeiro no que se verificará o remate perante a mesma dende as doce da mañá até as tres da tarde.
1º.- Contrátase mtoda a liña de camiño dende Monforte a Viveiro pasando por Sárria . Lugo e Vilalba , por un tanto de vara liñal de camiño de toda a obra, segundo o tipo establecido pola Deputación.
2º.- O Contratista executará as obras con arranxo aos planos, perfís e condicións facultativas aprobadas pola Superioridade . adoptando por régoa xeral no trazado da estrada o camiño máis curto con tal que as pendentes non excedan do 5 por cento-
3º.- O Contratista ou Empresa obrígase a construilo nun prazo máximo de sete anos o máis tarde.
4º.- En cada ub dos sete anos construirase a parte proporcional polo menos-
5º.- Admitiranse proposicións que non excedan do tanto que se fixe como prezo de cada vara liñal e baixo das condicións que se estipulan , considerándose como mellor a diminución do prezo de cada vara .a do rédito e a do tempo que deba terse rematado.
6º.- Asígnase para pagamento das obras a cantidade de 600.000 reáis en cada un ano a entregar por semestres.
7º.- A Deputación poderá anticipar as entregas ás épocas que se fixan na condición anterior.
8º .- A Deputación entregaralle ao Contratista as existenzas que teña ao tempo de se celebrar a escritura de contrata, mais coa condición a invertilas dende logo nas obras que se designasen cos seus importes , sen perxuizo das condicións 4ª e 18ª.
9º.- A conta abrirase para o recoñecemento de capitáis por valor das obras e vencemento de intereses en virtude das certificación e estados mensuáis do Enxeneiro da Provincia.
10º.- Se o contratista suspendese as obras importunamente ou non as activase dun xeito convinte segundo o pautado na condición 4 ª , a Deputación poderá continualas por conta daquel.
11º,. Cando circunstancias insuperables e alleas á vontade do Contratista impedisen continuar as obras en todo ou en parte, a autoridade competente calificará os casuáis , e decidirá ao que este terá que se suxeitar.
12.- O pagamento de terras verificarase polo empresario á vista en virtude de libramentos da Deputación . cuxo importe se acreditará na súa conta e devengará xuros iguáis aos das obras-
13.- A Deputación hipoteca ao Contratista para ter para o pagamento do Capital e xuros devengados nas obras que se constrúan , a parte necesaria dos arbitrios actuáis ou doutros que os sustitúan polos 600.000 reáis anuáis que se consinúan a este obxecto.
14.- Autorízase ao Contratista para ter un interventor que visará os libramentos que a Deputación expida.
15.- Se o Contratista crese convinte crear accións garantidas coas ditas hipotecas a Deputación auxiliará esta operación cos medios que estexan ao seu alcance.
16,. Serán de conta do Contratista e débese entender igualmente inclusos nas obras que fan parte do camiño , todos os canos de rego.
17.- Son igualmente de conta do Contratista o pagamento de terras e persoas que irrogue aos particulares a explotación de materiáis e o seu depósito.
18.- As obras da estrada deberán principiárense dende SAN FIZ DE PARADELA ou punto no que conclúan as últimas construcións e levarse a liña de seguida , sen perxuizo de acordo máis adiante e de común consentimento se conviñese comezar por outra estrema ao mesmo tempo.
19.- A latitude do camiño será de 24 PES PARA O FIRME E 6 PARA OS PASEOS co largo ademáis para gavias que sinalan os perfís , sen perxuizo de aumentalas nos montes comunáis e poulos de terreo chao.
20.- O Contratista afiuzará o seu remate con un millón de reáis en fincas rústicas ou urbás cuxo afiuzamento poderá levantar logo que o importe dos adiantos ou o seu creto contra a Provincia esceda de 500.000 reáis.
21.- Os gastos de escritura serán de conta do Contratista.
22.- Enténdese que esta subhasta áchase á aprobación da Dirección xeral de Camiños e Canles e do Goberno.
Lugo, 30 de Abril de 1845.- O Presidente. Ignacio Timoteo Yáñez.- Alexandre Castro Gómez. Segreadario.
************************************************************************************
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE VALLADOLID, 3.03.1846 )
Don Ignacio Timoteo Yáñez, Xefe politico desta provincia , etc,
Fago saber: Que téndose dignado aprobar a Súa Maxestade en Real Orde de 9 o actual, de conformidade co preparado pola Dirección xeral de Camiños, o proxecto , orzamento e condicións dos treitos segundo e terceiro da estrada de Lugo a Monforte, que compreende o espazo que media dende SAN FIZ DE PARADELA Á POBRA DE SAN XIAO , con dúas pontes riba do río Tordea e Neira , dispuxen sacar a pública subhasta a construción destas obras sinalando para ela o vindeiro dia 22 de marzo ás once da mañá ás tres da tarde no Salón da Excma Deputación desta Provincia en cuxo día admitiranse as proposicións que se fagan e estexan arranxadas ás condicións que dende hoxe se acharen de manifesto na Segredaría deste Goberno politico a cantos gosten de se inteesaren na contrata ; e para a súa mellor intelixenza, se algúns o desexan, pasará o Sr, Enxeneiro o día 19 do esmo mes de Marzo a entreralos da direición que debe levar o camiño e dos demáis datos que poidan interesarlles para calcular o custe das obras co debido coñecemento. Lugo, 23 de Febreiro de 1846 .Ignacio Timoteo Yáñez.- Miguel Rodríguez Guerra, Segredario.
****************************************************************************************
AS OBRAS ENTRE LAMAPULLEIRA E O RÍO DA NEIRA
( BOP DE LUGO, 31.08.1846 ).- Esplanación en terraplén. Monte de Sabaréi, Lamapulleira de Abaixo e Manán de Abaixo ( 540 varas ).- En desmonte: Lamapulleira de Arriba, Lamapulleira de Abaixo, Manán de Arriba e de Abaixo ( 1.680 varas ). Total : 2.320 varas.- Pontes e Pontón riba dos ríos da Neira, da Tórdea e Mazandán , con acopio de pedra , preparar madeira para os alicerces dos mesmos . Nesta última parte os traballos foron por administración.
*************************************************************************************
GASTOS DE OBRA DE NOVA CONSTRUCIÓN
( BOP DE LUGO, 31.10.1846 ).- Mestre encargado de operarios ( 168 reáis ).- Por axuste construción de obra de tráfico , alcantarillas de tapa ( 10.000 reáis ). Por contrata: Esplanación ( 2.062 reáis ). Total: 2-064 reáis ). Total: 12.232 reáis.
************************************************************************************
OBRAS ENTRE LAMAPULLEIRA E O RÍO DA NEIRA
( BOP DE LUGO, 30.06.1847 ) .- Afirmado 1ª capa.- 2º treito en Lamapulleira, 2.320 varas, por administración , 3 º treito en Sabaréi, 760 varas , por administración . ** Explicación do progreso : Unha ponte e un pontón riba do río da Tórdea e o arroxo Mazandán. 3º Treito, un acopio de pedra de cantaría para elas por contrata . Acopiar e preparar madeiras para os alicerces dos mesmos e construir o pontón por administración . ** Alcantarillas de tapa dun só craro de 3 pés, 3º Treito, Prado de Laxes e Mazandán. O mesmo de 2 craros , o mesmo de Maceda que se satisfaceron fora do total da contrata. ** Conservación: Recebadas 690 varas liñais. Paseos arranxados, 100 varas. Liña de beirarrúas desembrozadas, 542 varas.
************************************************************************************
OBRAS FEITAS NO ANO 1850
( BOP DE LUGO, 30.06.1850 ).- ESTRADA LUGO-QUIROGA. TREITOS 2º E 3º.- Obras contratadas: Esplanación: 10.957 varas. Firme: 10.957 varas. 22 taxeas. 2 pontes e 1 pontón. Obras feitas até a data: 8.963 varas de esplanación e firme , 20 taxeas, 2 pontes , 1 pontón. Pendentes de facer: 1.994 varas de esplanación e firme e 2 taxeas.
TREITOS 4º e 5º .- Obras contratadas: Esplanación: 9.949 varas. Firme: 9.949 varas. Muros: 346 varas. Petrís: 286 varas. Taxeas: 58. Pontóns: 1. Obras feitas: Esplanación: 8,624 varas. Firme: 00 varas : Muros: 254 varas. Pretís: 180 varas. Taxeas: 24. Pontóns: 1. Obras pendentes: Esplanación: 1.325 varas. Firme: 9.949 varas. Muros: 92 varas. Pretís: 106 varas. Taxeas: 34. Pontóns: 0.
( BOP DE LUGO, 1.09.1850 ) ESTRADA DE LUGO A QUIROGA: Esplanación , en desmonte en terraplén , riba de muro de sostemento, entre muros: 5º.- En desmonte, en terraplén en desmonte de pedra , San Fiz de Vilapedre , Zanfoga e Padriñán . Taxeas dun só craro , 16 por contrata. Ponte de 36 pés de luz e un arco rebaixado rina do río da Sárria ( en construción os petrís ) e enrasaron as beiras e murallón até a faixa.
************************************************************************************
AS OBRAS ENTRE O NEIRA E O MONTE DO CANDO
( 31.12.1850 ) Afirmado con primeira capa ( 5.892 varas ),- Con 2ª capa: Pacios ( 1.820 varas ). Con terceira capa, Pacios ( 2.450 varas ). Obras de fábrica, Vilafiz ( 35 varas ). Taxeas ( 26 varas ) . Ponte de 36 varas de luz , Rematada a Ponte de riba do río da Sárria . Murallóns: construidos os murallóns de entrada da Ponte do río da Neira.
***********************************************************************************
ESTADO DAS OBRAS EN 1851
( 3.02.1851 ) .- ESTRADA DE LUGO A QUIROGA.- Esplanación e afirmado : En desmonte de terra ( 321 varas ) En terraplén ( 239 varas ). Sobre muro de contención Monte de Vilafiz ( 215 varas ). Entre muros ( 37 varas ). En desmonte de terra: Zanfoga ( 2.335 varas ). En terraplén, Padriñán ( 1.637 varas ). En desmonte de pedra . Agro de San Fiz e Padriñán ( 90 varas ).Total: 4.894 varas.
************************************************************************************
GASTOS DO ANO 1851 NA ESTRADA DE LUGO A QUIROGA
( BOP DE LUGO, 16.02.1852 ) ESTRADA DE LUGO A QUIROGA. Consta de unha légoa.
GASTOS
Peón Camiñeiro: 1 , que traballóu 365 días a razón de 4 reáis por día, percibiu 1.460 reáis
OBRAS: Recebados: 8.223 varas. Liña de paseos arranxados: 11.818 varas. Liña de gavias desbrozadas: 10.524 varas. GASTOS DE NOVA CONSTRUCIÓN ( Treito 3º )- Esplanación treito 3º: 7.774 reáis . Machaqueo e arranxo de firme, treito 3º : 29.636 reáis 23 maravedís. Construción de obra de fábrica: Ponte riba do río da Neira: 9.108 reáis. Machaqueo e arranxo do firme nos treitos 4º e 5º , 20.154 reáis 12 maravedís. Muros sostemento , nos treitos 4º e 5º : 546 reáis 17 maravedís. Construción de obra de fábrica : Pretís: 613 reáis. Taxeas: 1.395 reáis 17 maravedís. SUMAN OS GASTOS: 69.528 reáis 3 maravedís. ( 31.12.1851 )
EXPROPIACIÓNS DE TERREOS DENDE O MONTE DO CONDE ATÉ O MONTE DA VALIÑA ( BOP DE LUGO , 5.O4,1852 )
Peritos taxadores: Antonio María Valiño ( pola Provincia ); Cibrao Rodríguez ( polas parroquias de Betote, Requeixo e Santa Mariña de Sárria ) ; Xoán Carreira ( polas parroquias de Farbán e Reimóndez )
PARROQUIA DE SAN VICENZO DE BETOTE
1.- RAMÓN VILA ( 165 reáis 28 maravedís, Prado Vello, Pedride, Chelo, Lamela de Arriba, A Lagoam Pedride ). 2.- XOSÉ TOURÓN ( 526 reáis, 11 maravedís, Agro Pedride, Chelo ) 3.- NICOLAU ARIAS ( 784 reáis 28 maravedís, Calzada, Pedride, Chelo ). 4.- FRANCISCO LÓPEZ QUINTE ( 74 reáis, 5 maravedís, Pedride ). 5.- RAMÓN FERNÁNDEZ ( 140 reáis 3 maravedís, Pedride, Chelo, Chelo ), 6.- DOMINGOS GALLEGO ( 370 reáis 26 maravedís, Pedride, Pedride, Chelo ). 7.- DOMINGOS LÓPEZ ( 170 reáis 32 maravedís, Pedride, Pedride ). 8.- RAMÓN TORRES ( 133 reáis, 30 maravedís, Pedride, Pedride, Pedride ). 9.- AMARO LÓPEZ ( 41 reáis 6 maravedís, Perdride ), 10.- PEDRO DÍAZ RIGUEIRO ( 51 reáis 17 maravedís , Pedride ). 11.- XOSÉ LÓPEZ MONDÍN ( 78 reáis 9 maravedís, Pedride ). 12.- ANTONIO LÓPEZ DO PACIO ( 45 reáis 10 maravedís, Pedride ) .13.- RAMÓN DO REGO ( 14 reáis 14 maravedís , Pedride ), 14.- MANUEL LÓPEZ BARRIO ( 38 reáis 3 maravedís , Pedride ). 15.- MANUEL LÓPEZ DE TREILÁN ( 103 reáis , Pedride ). 16.- MANUEL CASTRO DE TREILÁN ( 41 reáis 6 maravedís, Chelo ). 17.- EUXENIO GONZÁLEZ ( 20 reáis 20 maravedís , Chelo. 18.- INACIO VALCARCE ( 10 reáis 10 maravedís, Chelo )... Expropiaron 4 carballos e 1 vídalo ).
PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO
1.- XOSÉ LÓPEZ MONDÍN ( 252 reáis 16 maravedís, Chelo, Penelas , Penelas, A Míllara) 2.- FROILÁN ARIAS ( 309 reáis 16 maravedís, Chelo ). 3.. RAMÓN VILA ( 6 reáis 6 maravedís, Chelo ). 4.- DOMINGOS TORRES ( 256 reáis 16 maravedís, Penelas, Brucedo, Mazadoiro, Lama da Gándara ) 5.- MANUEL DE CASTRO ( 563 reáis 13 maravedís, Penelas, Brucedo, Mazadoiro, Lama da Gándara ) 6.- FRANCISCO LÓPEZ QUINTE ( 212 reáis 6 maravedís, Penelas ). 7.- ANTONIO PÉREZ ( 8 reáis 8 maravedís, Penelas ). 8.- DOMINGOS GALLEGO ( 61 reáis 26 maravedís, A Míllara ). 9.- DOMINGOS QUINTE ( 212 reáis 6 maravedís ( A Míllara, Mazadoiro, Nabega, Lama da Gándara. 10.- FRANCISCO VÁZQUEZ ( 43 reáis 8 maravedís , A Míllara ).. 11.- MANUEL LÓPEZ ( 106 reáis 3 maravedís . O Chao, Lama da Gándara ). 12.- INACIO VALCARCE ( 51 reáis 17 maravedís, Mazadoiro) 13.- LUIS LÓPEZ GAYOSO ( 356 reáis 12 maravedís, Mazadoiro, Mazadoiro, A Lama ). 14.- FRANCISCO SACO ( 309 reáis 12 maravedís, Mazadoiro ). 15.- VICENZO LÓPEZ ( 226 reáis 20 maravedís, As Nabegas. 16.- XOSÉ TORRES ( 14 reáis 14 maravedís , Lama da Gándara ). 17.- XOÁN LÓPEZ CUCO ( 70 reáis 1 maravedí, Lama da Gánadara ). 18.- MANUEL GONZÁLEZ DE CELEIRO ( 217 reáis 6 maravedís , Lama da Gándara )....Expropiaron 72 carballos, 31 castiñeiros , 3 mazairas 1 ameneiro .
PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA
1.- MANUEL GONZÁLEZ DE CELEIRO ( 430 reáis 18 maravedís, Cortiña da Alvareda ). 2.- XOSEFA GONZÁLEZ ( 453 reáis 6 maravedís , Alvareda ). 3.- Bernardo Macía ( 487 reáis 7 maravedís ) 4.- MANUEL FERNÁNDEZ ( 231 reáis 25 maravedís, Alvareda ). 5.- XOÁN ULLOA ( 297 reáis 22 maravedís, Alvareda ). 6.- CIBRAO RODRÍGUEZ ( 452 reáis 5 maravedís, Alvareda ). 7.- HERDEIROS DE PRADEDA ( 297 reáis 22 maravedís, Alvareda ) 8.- ANTONIO RIVAS ( 272 reáis 31 maravedís , Alvareda, Aira ). 9.- XOÁN CABARCOS ( 515 reáis 30 maravedís, Alvareda ). 10.- XOSÉ RODRÍGUEZ ( 187 reáis 15 maravedís, Alvareda ). 11.- XOÁN CARREIRA ( 1.147 reáis 14 maravedís , Alvareda , Cortiña ). 12.- XOSÉ REBOREDO ( 991 reáis 29 maravedís, Alvareda ). 13.- FRANCISCO MACÍA ( 2.248 reáis 16 maravedís , Alvareda, Ponte Ribeira, Viña do Chao ). 14.- Señora de Vilasante ( 198 reáis 26 maravedís, Aira ). 15.- MARÍA XOSEFA LÓPEZ, viuva ( 309 reáis , Aira ), 16.- FRANCISCO VARELA ( 1.985 reáis 28 maravedís ( Arrabaldo, Cortiña Grande ) 17.- XOSÉ LÓPEZ CARRIL ( 705 reáis 18 maravedís, Cortiña Grande ). 18.- EVARISTO GUITIÁN ( 60 reáis 25 maravedís, Cortiña Grande ). 19.- XOÁN GARCÍA DA PONTE ( 694 reáis 7 maravedís, Cortiña Pequena ). 20.- MANUEL DÍAZ ( 133 reáis 30 maravedís, Cortiña Pequena ). 21.- ANXO FERNÁNDEZ ( 53 reáis 18 maravedís, Cortiña Pequena, Cortiña da Ponte Ribeira ). 22.- MANUEL VARELA ( 318 reáis 9 maravedís, Cortiña da Ponte Ribeira ). 23.- ANTONIO LOUREIRO- Ferreiró ( 1.478 reáis 2 maravedís, Viña do Chao, Pacios ) 24.- XOSEFA SÁNCHEZ ( 1.363 reáis 20 maravedís ( Pacios ), 25.- XOSÉ RODRIGUEZ , ou Antón ( 705 reáis 18 maravedís, Pacios ). 26.- XOSÉ NOVOA ( 584 reáis, Pacios ). 27.- FRANCISCO LÓPEZ "PROFETA" ( 154 reáis 17 maravedís, Pacios ). 28.- ANTONIO DÍAZ DE VIGO ( 154 reáis, 17 maravedís, Pacios ). 29.- PEDRO RODRÍGUEZ ( 264 reáis 23 maravedís, Pacios ). 30.- ANTONIO DÍAZ ( 264 reáis 23 maravedís , Pacios ) ......... Expropiaron 14 carballos, 5 castiñeiros , 3 pereiras , 2 cerdeiras e 1 mazaira.
PARROQUIA DE SANTIAGO DE FARBÁN
1.-BERNARDO CEDRÓN ( 309 reáis, A Nogueira ). 2.- INACIO VÁZQUEZ ( 472 reáis 24 maravedís, Nogueira, Agro de Fenoxento ). 3.- FRANCISCO MÉNDEZ ( 78 reáis, 9 maravedís, Prado de Filloi, Prado Pequeno ). 4.- FRANCISCO VARELA ( 67 reáis 32 maravedís, As Nogueiras ). 5.- XOSÉ ARMESTO ( 576 reáis 26 maravedís, As Nogueiras. Cortiña do Prado ), 6.- ILDEFONSO FLÓREZ ( 103 reáis, Prado Longo ). 7.- FRANCISCO MACÍA / GREGORIO BARRIO ( 103 reáis, Prado Longo ) 8.- ANTONIO LÓPEZ ( 206 reáis , Prado Longo , Agro de Fenoxento ). 9.- MANUEL LÓPEZ "CUCO" ( 195 reáis 23 maravedís, Prado Pequeno, Agro de Fenoxento ). 10.- FRANCISCO GUDÍN ( 803 reáis 13 maravedís, Cortiña da Penela, Cortiña da Porta, Cepo ). 11.- XOSEFA ALVAREDO ( 2.274 reáis 8 maravedís , Cortiña da Penela, Filloi, Agro , Lama Rigueira ). 12.- MANUEL IGLESIAS ( 185 reáis 13 maravedís, Macedo ). 13.- SEÑOR DE LÁNCARA ( 515 reáis, Prado de Filloi ). 14.- XOSÉ LOIS ( 824 reáis, Lama Rigueira ). 15.- XOSÉ VÁZQUEZ ( 10 reáis 10 maravedís , Lama Rigueira ), 16.- PEDRO LÓPEZ ( 63 reáis 28 maravedís, Lama Rigueira ).....Expropiaron 52 castiñeiros e 54 carballos.
PARROQUIA DE SAN FIZ DE REIMÓNDEZ
1.- ANTONIO LÓPEZ ( 1.823 reáis 3 maravedís , Lama Rigueira, Lama Rigueira , Pereiras, Carreira da Lama ). 2.- XOSÉ LÓPEZ TOURÓN ( 927 reáis, Pereiras, Carreira da Lama ). 3.- MANUEL LÓPEZ CORREO ( 734 reáis 13 maravedís., Pereiras, Ardiñal, Penela de Outeiro, Penelas , Castro ). 4.- XOSÉ LEBÓN ( 309 reáis, Pereiras ), 5.- XOSÉ LÓPEZ ( 494 reáis 13 maravedís, Pereiras, Pereiras ) 6.- FRANCISCO LÓPEZ DE OUTEIRO ( 266 reáis 26 maravedís , Carreira da Lama. , Barredo ). 7.- XOÁN GONZÁLEZ REY ( 515 reáis , Ardiñal ) . 8.- XOSÉ LÓPEZ ( 2.523 reáis 16 maravedís , Ariñal , Barredo , Barredo , Chousa de Reano ), 9.- ANTONIO MARIA PARDO ( 263 reáis 22 maravedís, Ardiñal. Chousa de Reano , Castro ). 10.- BERNARDO ALVAREDO ( 284 reáis 9 maravedís, Ardiñal, Penela de Outeiro, Riba da Laxe, Castro ). 11.- XOSÉ DE CASTRO ( 280 reáis 5 maravedís, Ardiñal, Presa ). 12.- MANUEL LÓPEZ ( 57 reáis 22 maravedís ). 13.- FRANCISCO DÍAZ ( 615 reáis 31 maravedís , Penela de Outeiro, Penela de Outeiro, Barredos, Castro, Castro ). 14.- FRANCISCO FERNÁNDEZ ( 20 reáis 30 maravedís , Barredo ). 15.- MANUEL CABAÑAS ( 638 reáis 20 maravedís, Sanmil ). 16.- MARTIÑO DÍAZ ( 412 reáis , Fontelas, Cruz ). 17.- DOMINGOS LÓPEZ ALVAREDO ( 1.483 reáis 7 maravedís, Alvaredo, Cruz, Cruz, Cortiña de Abaixo, Languas ). 18.- XOÁN VÁZQUEZ DE ALBÁN ( 309 reáis, Cruz ). 19.- XOÁN BELLO ( 638 reáis 10 maravedís ). 20.- MANUEL CASTRO ( 432 reáis 20 maravedís, Senrela ). 21.- MANUEL NIETO ( 636 reáis, Cortiña de Abaixo, Cortiña de Abaixo, Ribeira ), 22.- FROILÁN BELLO ( 453 reáis 6 maravedís, Cortiña de Abaixo ), 23.-. SALVADOR GARCÍA ( 1.907 reáis 30 maravedís, Cortiña de Abaixo, Currás ). 24.- FRANCISCO GONZÁLEZ DE VILAR DO MONTE ( 329 reáis 20 maravedís , Lameiro ). 25.- ANTONIO TOURÓN ( 108 reáis 5 maravedís, Lameiro ). 26.- MANUEL LOUREIRO ( 778 reáis 22 maravedís, Languas )..... Expropiaron 27 carballos, 36 castiñeiros, 4 cerdeiras, 4 ameneiros e 1 lamigueiro.
PAGAMENTOS: San Vicenzo de Betote ( 2.810 reáis 20 maravedís ).-San Martiño de Requeixo ( 4.318 reáis 15 maravedís )..- Santa Mariña de Sárria ( 16.113 reáis 15 maravedís ).- Santiago de Farbán ( 6.787 reáis 16 maravedís ).- San Fiz de Reimóndez ( 17.212 reáis 32 maravedís ) Total: 47.702 reáis 30 maravedís . Houbo ocupación de 192 parcelas.
*************************************************************************************
O CAMIÑO DE MONFORTE A BÓVEDA
Unión da vila de Monforte con Bóveda pasando por Ribas Altas, A Áspera e Ver-
(... 07. 1852 ) Treito de Monforte de Lemos até A Áspera: Expropiación de terreos-
*************************************************************************************
OBRAS NA ESTRADA MISTA DE LUGO A QUIROGA
( BOP DE LUGO, 31.10.1852 ). OBRAS AFIRMADO : A Pobra e Vilafiz ( 93 varas ); Pobra e.... ( 181 varas ) ; A Pobra e Vilafiz ( 195 varas ) ; Capela ( 350 reáis 17 maravedís. )- 1ª Capa de recebo, 2º e 2º treito. Esplanación a media ladeira en desmonte e en terraplén : Callás ( 420 varas ), Betote e Callás ( 270 varas ) ; Betote e Callás ( 200 varas ) .- 1 PONTÓN de 30 pés de luz e un arco rebaixado riba do río Mazadoiro. No estribo esquerdo colocaron 4 fieiras riba da primeira de replanteo e no dereito a primeira riba do zócalo.
************************************************************************************
ESTABLECEMENTO DE PORTAXES NA POBRA DE SAN XIAO E EN BÓVEDA
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE CÁCERES, 23.07.1858 )
" Ilmo. Señor : Estando rematada e aberta ao tránsito a parte da estrada de Lugo a Quiroga compreendida entre a dita CAPITAL E SAN SADURNIÑO ( * ) cuxa extensión é de sete légoas, e en construción dende este punto até BÓVEDA , a Raiña ( Que Deus Garde ) , servúse dispoñer que se sitúen dúas PORTAXES, unha na POBRA DE SAN XIAO, con arancel de cinco légoas . e outra en BÓVEDA , con arancel de catro légoas, ; autorizando á Vª Ilmª coa fin de que proceda á construción dos edificios necesarios para as respectivas administracións , e procurando que no primeiro dos ditos establecementos , correspondente á parte de liña rematada, se dea principio a exacción de dereitos á posible brevidade, segundo os medios dos que ao efecto poidan dispor.
De real orde comunícollo á Vª Ilmª para a súa intelixenza e efectos conseguintes. Deus garde á Vª Ilmª moitos anos. . Madrid, 26 de Xuño de 1858.- Guendoloin.- Sr. Direitor xeral de Obras Públicas.
**************************************************************************************
FONDOS PARA ESTRADAS CON ORIXE NA DE LUGO A QUIROGA
( DEPUTACIÓN PROVINCIAL, 17.10.1856 ) Aplicación de fondos para camiños :...... Ao de Sárria a Baralla empalmando a estrada xeral de Castela na provincial de Quiroga, trinta mil sesenta reáis ( 30.060 reáis )...... Ao da Ponte Mazadoiro de Sárria que empalma a vila coa estrada de Quiroga . doce mil ( 12.000 reáis )....
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario