LA VOZ DE SÁRRIA.PUBLICACIÓN EN SÁRRIA ( 1931 ) (560 )
( 560 ) LA VOZ DE SÁRRIA. PUBLICACIÓN EN SÁRRIA ( 1931 )
Coa chegada da II República os republicáns sa rriaos botaron á rúa unha publicación da que só coñecemos parte do seu número 5 , e non deron resultado os intentos de tomar coñecemento dos catro números anteriores , e mesmo se houbo números posteriores ao exemplar publicado o 20 de novembro de 1931, Os catro primeiros números sairon á luz nos meses de setembro e outubro. Os textos en lingua castelá foron maioritarios e só ocasionalmente se recollían poemas ou textos en galego.
As dúas páxinas conservadas pertenceron a Don Xosé Pàramo, segundo indica a manuscrita nota posta riba da cabeceira da dita publicación.
Esa cabeceira ten o seguinte contido :
.........................................................................................................................................................................
ANO I Sárria , 20 de Agosto de 1931. Correspondencia a Xosé F. Márquez.Administrador. LA VOZ DE SÁRRIA.Suscripción: Trimestre: 1,00. Nº solto ,0,10
" Deus púxome riba do voso pobo, como o tabao riba do lombo do cabalo , para telo sempre esperto" Sócrates.
.......................................................................................................................................................................
TOQUE DE ATENCIÓN.- Como editorial da Redacción recordan que no primeiro número fixaran a defensa dos intereses comarcáis como liña definidora da súa presenza , declarándose independentes na orde politica e fronte aos grupos republicáns e socialistas que gobernan o país : " Republicáns de antes do 12 de Abril e de antes do ano 1910, era difícil non estarmos enamorados deste sistema popular e democrático . Estivemos dous meses sen nos meter con ninguén , respectando ideas e crenzas alleas , porque así o sentía o noso espiritu liberal".
" Mais de súpeto, aparecen uns frades que cansos de non facer cousa e que viven nunha casa-convento , doado por un Concello; de cuxa doazón non ha tardar moito que o pobo pida a súa revisión e se lance ao ataque . Abusando do púlpito contra o sistema , en Farbán , un domingo ordean non ler xornaís máis ou menos liberáis , outro reparten follatos tiduados " Haced esto" e nos que se vai contra das leis votadas polas Cortes Constituíntes e trátase de manter un estado de guerra fronte aos problemas que o goberno da República terá que solucionar porque así o require a maioría do pobo español. Nós que xiquera nos fixaramos en que esta xente aquí existía e non nos interesa , fumos sorprendidos pola activiade destes frades que se cren donos do campo de loita ou que non hai ninguén que a facérlles fronte se astreva".
" No caso de non adicar máis o tempo nas súas disciplinas e rezos , esquecendo que ninguén nesta vila se metéu con eles, e pola contra seguen nesa campaña, verémonos na obriga de iiniciarmos unha serie de mitíns na contra desa xente que ven a interromper o progreso social de Sárria" ( A Redacción )
.............................................
ORACIÓN. Para o Señor Alcalde ( Poema retranqueiro, asinado por Edmundo Dantés.. V.S, XI- IX - MCMXXXI ).
.............................................
DE CURROS ENRÍQUEZ.- O VENTO : Dín que por boca d ' Espirito Santo / Que debe ter unha boca ben negra.....
.....................................
CENTRO REPUBLICÁN. SÁRRIA.- O domingo día 22 ás tres horas da tarde , e noso local social, celebrarase asemblea xeral extraordinaria , á que deben concorrer todos os afiliados deste Centro, coa fin de trataren asuntos de importancia para a vida desta organizacióm- O COMITÉ.
.........................................
BULRA-BULRANDO.- O Direitor dá resposta ao colaborador de números anteiores, que asinaba como Farruco Folgueiar, que se queixara de que lle cortaban as " pullas" que enviaba , e promete que no sucesivo se publicarán, sen facer modificacións.
..........................................
AO PASO DUNHA CAMPAÑA.- Análise do contido das folliñas distribuídas no Convento da Mercé o domingo 8 de novembro. Comunicaron os feitos ao Ministro da Gobernación , e este remesóu a seguinte resposta: Madrid, 12 de Novembro de 1931, Sr. Presidente da Agrupación Socialista. Moi señor meu : Teño o gosto de acusar recibo da súa atenta 10 do actual e do impreso que coa mesma remesa , que lin con atención. Mando a folla ao Gobernador para que coñeza dela e procure saír ao paso desas campañas tendenciosas . Queda de vostede afectísimo e s.s.s.q.e,s,m, Santiago Casares Quiroga. Asinado",
A Agrupación Socialista remata dicindo.... " esperando que polas autoridades se tomen medidas coertcitivas para evitar que estes feitos se repitan en evitación de posibles complicacións".
.........................................................
CAMIÑABAN DOUS..... : Texto retranqueiro para anunciar que nos " Almacéns Mercurio " hai mantas, sabas, fermosos tecidos, etc., etc, , o mesmo que en paquetaría e calzado. A carón da Casa de Cortiñas. Non se esqueza. " Chuchito".
......................................................
CIDADANÍA E ESCOLA ( Texto de Ricardo Núñez Rodríguez ) Sobre temas educatvos e de saúde na escola: " ... Con homes retrasados física e moralmente , pobres de corpo e febles de espiritu , nin iso é Humanidade . ¿ Incapaces , para que ?." ( Pola Radio de E. Keltoy - Ricardo Núñez ).
...................................................
DIÁLOGO ENTRE CAMPESIÑOS.- Texto curto no que un labego metido a concelleiro admite ser un firmón, ás ordes da ·casa do cacique ".... .- .... Anda axúdame a levantar este saco. - ¡ Claro, deixa o saco que é insoportable este saco !,,,, E é verdade que levaba un grande saco de patacas. Pola copia do orixinal. V.P. Goián , 17.11.1931 .
................................................
DA POBRA DE SAN XIAO.- Crítica polo estado dun camiño na Pobra, falla de puntos de luz, por ter que pagar os viciños o edificio da escola e o material por diciir o Concello que non tiña fondos , mal estado do acceso e salas da Estación do ferrocarril , Asina: Don Necesario ( A Pobra de San Xiao, 15.11.31 ).
.......................................................
DENUNCIAS E PROTESTAS.- CARTA ABERTA. Señor Alcalde da Vila de Sárria. " Aínda que son tan republicán como vostede , non me simpatiza o seu programa politico tal e como o está desenvolvendo". Queixase de que no Barrio da Estación permita un pendello para acoller animáis variados , e apunta que debe estar autorizado polo cacique ( P.P.W, Sárria, Novembro de 1931 ).
.........................................................
PARA OS SEÑORES CONCELLEIROS.- " E verdadeiramente lamentable que, malia ao tempo trascorrido dende o 14 de Abril non se teñan mudado os nomes das rúas desta vila, como son a AVENIDA DE ALFONSO XIII e REINA VICTORIA , cuxos rótulos xa pasados de moda, repugnan a todo bon cidadán español, e en ningunha poboación se consentiría. ¿ Temos que aguantar por moito tempo eses deshonrados nomes incompatibles co noso réxime ? ¿ Ou agardamos que volte a monarquía ?. ( Un viciño )
..............................................................
QUEIXAS DA VICIÑANZA.- ( Varios contribuintes ) Queixa pola escasa potencia eléctrica, deficiencias da instalación e pouco número de bombillas do alumeado público. ( Varios contribuíntes )
............................................................
PRINCIPIO QUEREN AS COUSAS.- ( So se conserva o primeiro párrafo do artigo, no que se refire á publicación no número anterior ( Nº 4 ) dun solto co tíduo " Se non é verdade non o creas "....
........................ A folla segunda do número 5 foi arrincada e principiaría co resto do texto de " Principio queren as cousas "...
a
Comentarios
Publicar un comentario