OS HOSPITÁIS DE MIRALLOS E MORGADE ( 655 )

                    OS HOSPITÁIS DE MIRALLOS E MORGADE    ( 655 )

O lugar  de Mirallos, na parroquia de Santa María de Ferreiros ( Paradela ) e o casar de Morgade, na parroquia de  San Salvador da Pinza ( Sárria ),  beira do Camiño de Santiago, houbo hospitáis dependentes  da Orde Militar do Hospital de San Xoán de Xerusalén  nos que foron atendidos os peregrinos que ían  cara Compostela.

 A  igrexa de Santa María de Ferreiros estaba   onde agora chaman o lugar da Airexe e no século XVIII perdéu  a súa condición de templo parroquial, condición  que é concedida á que fora capela románica do Hospital de Mirallos.  A capela de San Vitoiro ocupa o lugar da igrexa suprimida. O Hospital  de Mirallos estaba fronte á capela, camiño en medio,  pasado o rego que dende Delle leva as súas augas  ao Loio . 

Veiga e Delle son lugares  da parroquia de Santa María  de Ferreiros,  o primeiro perto  do río Loio e o outro baixo do Monte Maior.

Maio de 1180.-  PETRUS MONIZ ENTREGA  Á ORDE  DE SAN XOÁN DE XERUSALÉN  OS HOSPITÁIS  DE MIRALLOS E MORGADE , A IGREXA DE FERREIROS , O CASAL DOS CABALEIROS EN VEIGA E O DAS CASAS EN DELLE- 

                                                 Petrus Muniz

Por todos sexa coñecido  e manifesto  que eu dou e me ofrezo  a Deus e ao Hospital de San Xoán de Xerusalén , pola man  do Comendador  don JOHANNIS  FERNANDI  e por  man de PETRO GERALDI , e todo o dou comigo para  remedio  das ánimas do meu pai e da miña nai  e de todos os meus parentes  e amigos , o HOSPITAL DE MIRALLOS  e con todos os bens  a el pertencentes , e dou tamén a igrexa de Ferreiros  con todos os bens  a ela pertencentes   e dou un CASAL DOS CABALEIROS  en VEIGA . que eu o gañéi, e a metade do CASAL DE DELLE,

Isto douno  baixo tal condición  : que en toda a miña vida quero ter todo isto por meu e vivir nel , aínda que queira tomar o hábito do Hospital,  de maneira que á miña fin  e morte todos os bens  enriba nomeados peremanezan libres e sen impedimento para o Hospital de San Xoán. .

En verdade eu, o COMENDADOR IOHANNIS,  e todo o Convento dos nosos frades, recibímoste como confrade noso a tí  o dito PETRUS  MUNIONIS , e en beneficio  de toda a Orde nosa, E dámosche para a axuda  das túas necesidades  o Hospital de Mirallos e  o Hospital de Morgade  con todo o seu dereito e voz  e o noso COUTO  con todas cantas cousas nos pertencen  a nós nel. E dámosche a nosa ración na CASA DA PONTE DO MIÑO, isto é, a prebenda  segundo lle corresponda  a uno dos nosos freires  e se quixeras tomar o nosa Orde  recibiremos nela  cando ti queiras  e todo canto deliberaches  e posuiches confirmámoscho  , de xeito  que así permaneza  todo o tempo, e aínda que falezas , sen seguir a nosa Orde, faremos por tí  do mesmo xeito  que por calquera  freire noso.

 Ademáis  eu, o antedito Petrus Moniz, con total vontade , suxeitoa a Deus e súbdito do Hospital, rogando e querendo  que todo se faga, digo que cando don PETRUS GERALDI  estiver nesta Terra , por cuxa advertenza, sexa Comendador  e provisor  do xa dito lugar de MIRALLOS ,  e que este de min adquiriu , e seguno isto confirmo e segundo todo o demáis  que no pauto resoa.

Quero tamén  que se alguén da miña xente quixer  ser obediente ao Hospital e no dito lugar desexasen  ser servidores, o recibades antes que a outros no servizo  e permanezan neste lugar  ; de maneira tal  que se de min  quedase fillo ou filla os recibades  e amparedes , segundo bons naturáis  e axudadores que reciben  bens dos antecesores  aceptados na sede de Deus, de maneira  que por isto  vod retribúa  en eterna beatitude. Amén.

Dádeme un freire voso para que habite comigo, que co meu beneplácito  sexa trasladado  e sen el de  ningunha maneira quero que se faga.

Feito este acordo  e polas dúas partes asinado na Era Milésima  Bicentésima Centésimo Oitava no mes de maio.

                     Fernando , testemuña-- Iohanne , testemuña.- Pedro, escribiu. 

                                                         ************************ 

A CASA DA PONTE MIÑA é a Casa  de San Xoán  de Portomarín, vila  cabeza da Encomenda da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén,  na marxe dereita  do río Miño. Esta vila  estaba unida pola ponte á  vila de  San Pedro de Portomarín, cabeza do Couto de Tras Loio, orixinariamente  xurisdición  dependente do arcebispado de Santiago de Compostela.

O HOSPITAL DE MORGADE   dependía tamén da  Encomenda de Portomarín . O seu Couto formóu parte desa xurisdición e posteriormente  do Concello de San Xoán de Portomarín , En 1840 integrouse no Concello de Sárria. 

A parroquia de Santa María de Ferreiros  pertencéu ao arciprestádego do Páramo e a de San Salvador  da Pinza do de   Paradela.

Na actualidade en Morgade hai un establecemento adicado á atención aos  peregrinos. Na parroquia de  Santa María de Ferreios, en O Cruceiro hai un albergue público e un privado, ademáis  dun estabñecemento hosteleiro.  En Mirallos  e na Pena de Mirallos  os peregrinos son atendidos  nun bar-casa de comidas e  unha pensión. 

                                                      ******************************

Comentarios

Publicacións populares