MOSTEIRÓ : SANTA MARÍA DE GÓO ( O INCIO ) ( 656 )

 MOSTEIRÓ: SANTA MARÍA DE ,( O INCIO  )                      ( 856 )

Na Idade Media na beira dereita  do río OMANO ( Río Mao ) , que tamén chamaban " Humano", máis abaxo da Ponte Godoni (  Ponte de Góo ) , houbo  un pequeno mosteiro que deu  lugar , andadno tempo , a un lugar  con muiño e batán nomeado MOSTEIRÓO , que agora escribimos MOSTEIRÓ, que non é outra cousa que a evolución do primitivo nome de " MOSTEIROLO".

O pequeno mosteiro debéu obedecer  á advocación de " San Salvador ".

Cando se fixo o encoro de Vilasouto  , no río Mao,  as mellores terras de cultivo   do lugar quedaron asolagadas, e  do antigo cenobio  non  queda máis lembranza  en non sendo o topónimo .

Aquel mosteirolo caéu baixo a influenza do Mosteiro de San Xulián de Samos, e rematada a vida cenobítica, as terras a el pertencentes pasaron a fomar una unidade foral, que  tiña como elemento anexo destacado a ERMIDA DE SANTA CATARINA.. Para mellor documentar a súa titularidade a  Comunidade bieita de Samos, co seu abade á fronte, no ano 1555  levóu adiante o apeo do lugar de Mosteiró, na forma seguinte:

MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE SAMOS  : APEOS DOS  BENS  NO CONDADO DE LEMOS, SÁRRIA, BARBADELO, VAL DA ARMEÁ , ETC  ( 2 ) 

                       APEO DO LUGAR DE MOSTEIROO  SITO NA  FREGUESÍA DE GOM

                                                     (  30  de novembro de 1555 )

E despóis do de  susodito  no dito lugar  de Gon  aos días trinta de novembro  de 1555 perante  o dito señor  don frei FRANCISCO  DE PARADA, abade do Mosteiro, por si  e o dito mosteiro , proseguindo o dito tumbo e apeo  da dita freguesía de GON , dixo que pedía e pediu  ao dito señor Xuiz  que made baixo do xuramento  aos ditos ALONSO LÓPEZ e ANDRÉ DO SOUTO el  ou por ao ptresente  consonte  ´á dita provisión  dos moi altos Señores  do seu moi alto Consello  que lles faga dar apeo  e poñer fitos e marcar e declarar  se o lugar de MOSTEIRÓO , sito na dita  freguesía de Santa María de  GON e todos  os bens raíces ,a el e ao dito Mosteiro seu  pertencentes  no dito lugar de  MOSTEIRÓO , conforme  á dita  provisión real a el amosada  e notificada  por min  o escribán,  os que absolvendo o dito xuramento  dixeron:

Que era verdade  que sabía que o dito lugar de MOSTEIRÓO  conforme a dita provisión real a el amosada  e notificada  por min o escribán , os que absolvendo o dito xuramento , dixeron que era vedade  e sabían que o dito lugar de MOSTEIRÓO  e as cousas del ten DÚAS CASAS  de morada nas que viven o dito ANDRÉ DE GON , son deste Mosteiro  coas súas entradas e saídos , coas súas cámara se cortes   e curráis  e coa ERMIDA DE SANTA CATARINA  que está a carón das  casas do dito lugar de MOSTEIRÓO  e con trinta tegas de  semente  de herdade  pouco máis ou menos , cos  seus MUIÑOS e BATÁN  e hortos..... e ........ catrocentas castiñeiras  e cerdeiras  e todas outras árbores.

Como parte  e marca   marcando por un marco o RÍO  DE GON  ( río Mao )  para VILASOUTO  e  da outra parte  chega á DEVESA DE GON  e  como ven todo cerrado  e arrodeandado  de pedra  e cabarca  e chega ao CORTIÑEIRO DE  MOSTEIRÓO  e del cara  o camiño que vai  ao AGRO DE SOBRE DA RIBA , que está riba das casas e volve a dar  ao VALE DO CURRAL  e estrema de alí  coa  leira do lugar do CURRAL ,que tamén é foral de Samos , que leva e posúe o dito ALONSO LÓPEZ DE GON , e dalí torna  abaixo e  dá e parte  na herdade de Catarina Osorio  e os seus fillos  e como volve a dar  ao dito río  que vai para VILASOUTO ( río Mao )  do lugar de GON , segundo  que todo iso como é destas estremas para adentro  que é  todo propio desmo a Deus  do dito MOSTEIRO DE SAMOS , coas súas entradas e saídos , con máis p prado que din  PRADO DO PONTIGO , que parte co RIGUEIRO   que ven de LEBASTE e doutra parte no río  e da outra parte nun leiro de Catarina Osorio , que será en semeadura  seis celemíns de semente, segundo que o levan e posúen todo o dito ANDRÉ DO SOUTO e SIMÓN RODRÍGUEZ e segundo o teñen todo  en foro do dito MOST EIRO DE SAN XULIÁN DE SAMOS.

E confesa pagar  por todo iso de RENDA, foro e pensión  en cada un ano SETE FANEGAS  DE PAN DE CENTEO,  e un PORCO CEBADO,  ben tamizo  por dereitura  e o porco bon sen malicia  e confesan pagaren  e cada un ano  ao dito MOSTEIRO DE SAMOS  de renda, todo propio é desmo a Deus  do dito Mosteiro  como dito vai  durante o tempo  e xeiras e voces  da dita súa carta de foro  no seu tempo e lugar en cada un ano, coas súas obrigas , o dito ANDRÉ DO SOUTO e  SIMÓN RODRÍGUEZ,  consonte á dita carta de foro ,  ou se o fixesen  por esta carta  daban todo o seu poder cumprido  a todas as Xustizas  para que por todo rigor de xustiza  e vía de execución  todo así  llo fagan gardar , cumprir , pagar , haber por firme  como dito é  e para que fenecido  o dito foro o fagan cumprir  fáganllo  deixar libre  e quieto  ao dito MOSTEIRO DE SAMOS , a eles e aos ditos herdeiros seus  como cousa súa  propia con todos os melloramentos  e perfeitos  e del feitos por  haberían  novo foro do dito Mosteiro  fenecido o  seu, así por voces como por condicións , ben como se  así  entre ele for mandado , xulgado e executado por Xuiz en sentenza definitiva de xuiz competente  e a tal sentenza fora por eles consentida e non apelada e pasada en cousa xulgada , polo que renuncian  todas leis, foros e   dereitos e hoxe de min, escribán , feitos, e por facer  a todos en xeral  e a cada un deles en especial á lei e dereito  que di que xeral renuncia do dereito feito non valla.

E por máis seg uridade por non saberen  escribir rogáronlle  ao dito ALONSO LÓPEZ por eles asine do seu nome neste  rexistro  e a testemuño de todo isto. 

E o dito Señor Xuiz  visto todo o susodito dixo  que así os condenaba  como  ditos os susoditos  ANDRÉ DO SOUTO  e SIMÓN RODRÍGUEZ e os seus herdeiros  e  a todo interpoñía  e interpuxo  a súa autori<dade  e decreto xudicial  que valla.

E rogoulle ao dito ALONSO LÓPEZ  asine por el  da súa man e sexa testemuña  de todo  o dito  ALONSO, PEDRO  DE OROZCO  e GONÇALO MACIA  e SEBASTIÁN DE OROZCO  polo dito rogo  a ALONSO LOPEZ DE GON.

                                                  Pasóu perante min :  XOÁN LÓPEZ,  escribán.

.....................................................................................................................................................................

a

a

Comentarios

Publicacións populares