VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ , CHOCOLATEIRO E POLITICO SARRIAO EN MADRID ( 660 )

 VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, CHOCOLATEIRO E POLITICO SARRIAO EN MADRID ( 660 ) 66

DICCIONARIO  BIBLIOGRÁFICO  DE COMERCIANTES,  AGRICULTORES  E INDUSTRIALES ( Madrid,  Escuela Tipográfica del Hospicio. Fuencarral, 34.  1891.

                                           VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ

Non é posibleter, como nós temos,  concebida  unha idea  elevado do que é Madrid   como  poboación  industrial e produtora, sen unirmos a esa idea  un concepto  non menos elevado  daqueles que máis teñen contribuido  coa súa intelixenza  e os seus constantes esforzos  a que Madrid figure   a carón dos pobos máis traballadores da Nación.

Entre os que se achan neste caso  figura o inelixente   indistrial D. Benigno  Vázquez e López , cuxo retrato  ofrecemos hoxe  aos noso lectores  como homenaxe rendido  ao home que chegóu  a  unha psición folgada , semeando beneficios  ao país no que vive  e servindo de exemplo  polo seu amor ao traballo , a esa mocedade  que percura , cega , a fortuna , por outros medios  que sóconducen á miseria  e ao abandono.

Don Venancio Vázquez  viu a  liz  en Sárria, pintoresca vila  da provincia de Lugo , ese encantador país  onde, por un deses contrastes tan frecuentes  na realidade da vida , a un clima benigno  e un ceo espléndido , correspóndelle  unha pobreza que obriga  aos seus laboriosos fillos a percurar a sustentación  lonxe do fogar e da familia.

Corría o ano  1859  cando o noso biografado , maís cheo de esperanzas que de medios  para conquerir a fortuna  coa que soña  sempre o que consagra  o traballo honrado  os mellores anos da súa vida , chegóu a Madrid , onde dende o primeiro momento  soupo desenvolver  a fe, aenerxía  e a  constamza  que constitúen   o fomdo do seu carácter , cualidades que  non tardaron en abrir  camiño á súa  noble e lexítima  ambición.

Non trascorreran  moitod anos  cando Vázquez  se achóu  á fronte dun acreditado muiño  de chocolate e  e do almacén central , situado nas Cuatro Calles . O mesmo un que o outro  sufriron moi axiña importantes modificacións , até situarse  á altura na que actualmente se acha , porque D.  Venancio Vázquez  une, á súa actividade incansable, unha intelixenza  exquisita  e un gusto delicado  que, apartándoo do camiño trollado   da rotina , lévano  a perfecionamentos  que fan honra aos seus coidados  e honran  a industria española.

O muiño  recibiu a forza motriz  do vapor, a tenda  convertiuse en  riquíismo estuche  que encerra preciosidades   no xénero ao que se adica , e despóis da última e costosa  reforma, o establecemento  das Cuatro  Calles  pode competir  cos mellores  de Madrid e do extranxeiro<

A fábrica  , instalada hai algúns anis na calle Caracas , é un edificio espacioso  e perfectamente axeitado  ao  obxecto  ao que se destina , ofrece ese espectñaculo   admirable propio   dos grandes establecementos fabrís.  Máis de cen obreiros  achan ali  ocupación , e é por todo estremo  grato contemplar  aquela actividade , aquel movemento   que denuncia , dende lonxe . a manifestación do traballo  , que é a vida , o porvir  e a gloria dos pobos civilizados.

Todo isto demostra  que D. Venancio  Vázquez  non é só o home  que debe   a súa fortuna ao traballo, senón tamén o xenio , que non está contento  só con producir , senón   que quere e sabe producir ben.

Se como indistrial  o nome de D.  Venancio Vázquez  figura, con xustiza , entre os escollidos  , como particular  ocupa lugar  preferente  no cariño  do pobo de Madrid  e no aprecio dos seus concidadáns . A súa bulsa  non se acha xamáis pechadas  para socorrer os grandes infortunios , e esa actividade, inxénita  nel,  aplícaa  o mesmo ao desenvolvemento da industria , ca o remedio  da desgraza  ou a colaboración  de todo pensamento patriótico .

 Dígao senón a provincia  de Granada nos días terribles . Formando parte da Comisión  do Círculo da Unión Mercantil, como presidente e tesoureiro , de cuxa sociedade é membro influinte , D. Venancio Vázquez  acodiu solicito  ao socorro das  desditadas  vítimas,  valéndolle  os seus traballos  ser nomeado fillo  adoptivo  de Santa Cruz de Alhama ( que por un tempo tomóu o noem de Santa Cruz del Comercio)

No tempo do cólera , non faltaron  os seus coidados  e auxilios  aos atacados  pola  mortífera  enfirmidade  en Madrid , e o seu nome vai unido  á fundación  da segunda TendaAsilo .

Ten  importantes  condecoracións , entre eles  a  Grande Cruz de Isabel la Católica.

O voto dos seus conveciños  elexiuno   nas eleccións da  coalición,  e o do Axuntamento  Tenente Alcalde  do Distrito de Buenavista .

Os seus electores  quedaron satisfeitísimos  da súa xestión  administrativa  no Municipio , oonde ,  como en todas partes,  distinguise pola súa  actividade e a súa honradez.

Un xornal de oposición dicía  do señor Vázquez  :

"  Con homes como el , non nos extrañará  que o Sr. Abascal  consiga demostraar  que Madrid ten máis importancia , baixo do piunto de vista  da produción, que outras  moitas capitáis de provimcia  de España , que nos acusan  de consumir sen producir !.

                                              Somos de conformidade.

Un  comerciante sarriao  triunfador  en Madrid, no tempo de  Venacio Vázquez lópez.

                                                        XOSÉ VÁZQUEZ GARCÍA

Nacéu  en A Aguiada, parroquia de  Santo Estevo de Calvor ( Sárria )  o 5  de outubro  de 1852 . Comezóu a súa  carreira comercial  en 1865 en  calidade de dependente , sendo despóis encargado , e por último , socio de D.  Domingo Castedo. En 1884, e por falecem ento do seu socio ,  estableceuse definitiva,mente , pasendo a ser propiedade súa  o almacén de ultramariños  que hoxe existe  na calle de Hortaleza, núm, 19. É socio fundador  de " La Luz " , circo do gremio,  e foi vogal da súa Xunta Direitiva . ë hoxe un  dos comerciantes  sinalados como  máis intelixentes  e activos ,  tendo conquistado , mercé  a continos e laboriosos  esforzos , un posto honrado  e respectable  no comerzo desta Corte.

 

 

Comentarios

Publicacións populares