CLEMENTE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, INDUSTRIAL SARRIAO ( 796 )
CLEMENTE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, INDUSTRIAL SARRIAO. ( 796 )
Clemente Fernández González naceu na Casa-Mesón ou Taberna de Barreiros, lugar tamén coñecido como Granxa de Barreiros, na parroquia de Santa María de Ortoá ( Sárria ), Foi fillo de Manuel Fernández Rodríguez, de Ortoá e de Manuela González Fernández. Membro da familia coñecida como " Os de Antón de Marcos " destacou como industrial á fronte dun variado número de negocios , aínda que ao residir en Madrid a súa figura non é moi coñecida. Deixou unhas notas manuscritas nas que fixo relato das súas actividades, que versionadas en galego din o que segue:
AS ORIXES
ª NUNHA ALDEA de Galicia, parroquia de Santa María de Ortoá, e na Casa chamada de Barreiros , a 6 quilómetros do Axuntamento de Sárria, provincia de Lugo, naceu o que suscribe o día 20 de Decembro de 1857. Os seus pais : Manuel Fernández e María Manuela González. labregos de modesta posición , que se ben cultivaban extensión de terreo dabondo, era e é pouco produtivo, unido isto a seren bastantes de familia. Era pouco desafogada a situación . unido isto á falta de medios de instrución , pois para dúas ou máis parroquias había un aldeán que por unha modesta asinación en especie, dábanos leccións de primeira instrución e ensino, algúns meses do ano. Destes poucos meses en moitos deles tiña que atender o pastoreo do gado. Cando tiña 12 anos xa pensaba que alí non podía estar porque nunca podería ver máis ca o que vía todos os días, o que alcanzaba a vista e estaba era o meu constante pesadelo e nesta preocupación , sen poder borrala do meu pensamento, cheguei aos 16 anos.
CLEMENTE PASA A MADRID
Xa cando ía cumprir estes díxenlle ao meu pai que o meu porvir non estaba alí onde eu nacera , e que era necesario que me dera outra orientación, e en efecto naqueles días tiña o meu pai que se trasladar a Madrid , a onde ía todos anos para visitar algúns amigos daquelas aldeas , levándolles encargas do entroido , dos seus familiares , e ao tempo darlle venda a algunhas mercancías que mercaba , que eran xamóns , touciño , longaniza, ovos, et. ,etc.. Estas mercadorías ían un carro , único medio de transporte até Medina del Campo , onde chegaba o ferrocarril e os dous iamos nos carro uns treitos no carro e outros andamos.
Ali quedei cun irmán de nai do meu pai. Este tiña unha modesta carnizaría na rúa de Jacometrezo nº 3 .Como a súa situación era mediana non podía terme, percurei eu mesmo colocación adicándome á carnizaría que era o primeiro que vin e non me disgustaba. Estiven en varias casas e naquela época gañaba pouco e ensinaban tamén moi pouco , adicándome ao servizo de limpeza , reparto e recados, Así estiven catro anos , pasados estes establecinme nun posto na porta dunha tenda . Así estivo uns tres anos e como todo era pequeno, e a penas sacaba para vivir e facendo moitas economías defendíame, pero nada máis e decidín marchar de novo a Galicia.
XA EN SÁRRIA : DA PEQUENA CARNIZARÍA Á EXPORTACIÓN DE GADO VACÚN
Ali puxen un posto de carne e só gañaba para vivir. Así as cousas coñecín a un rapaz dunha aldea de perto chamado Pedro Rodríguez ( * ) . Dacordo con este e un meu irmán chamado Xosé , decidimos irmos a Lugo e presentármonos ao único banqueiro, o Señor Soler. Este señor recibiunos moi ben, nós propuxémoslle que nos facilitase diñeiro para comprarmos gado para comprar gado para Madrid , en letras e estas fariamolas efectivas unha vez realizadas as vendas e os cobramentos.
Sen dúbida a nosa decisión foille simpática, e despois de varias preguntas de información aceptou a nosa proposición . Isto acontecía no comezo do ano 1883 . Os primeiros vagóns levounos a Madrid o meu irmán Pepe. Tropezou con algunhas dificultades , primeiro porque había que había que conducir o gado por terra até Toral de los Vados e como comezamos con tenreiras , estas cansaban moito. Mercabamolas nas feiras dos arredores de Lugo e até poñelas no tren tardabamos 4 ou 5 días . As xornadas tiñan que ser moi curtas e todas chegaban moi coxas e ocorriusenos facerlles uns zapatiños de sola. Isto deu bon resultado . Faciamos as xornadas maiores , resultando que chegase menos coxas.
Como digo, a facturación facíase en Toral de los Vados . Metiamos en cada vagón 36 a 42, segundo o tamaño , tardando polo xeral 3 días esta mercancía en chegar a Madrid .Chegaba este gado en bastante mal estado , mais aos 3 ou catro días estaba moi reposto , procedendo á súa venda.
Naquela época consumíase pouca tenreira en Madrid e a que se consumía era de Castela e provincias de perto a onde chegaba o ferrocarril e estaban á fronte deste negocio negociantes e inytermediarios pouco recomendables e aos poucos meses de mandarmos tenreiras a Madrid concordamos os tres socios que eu fose o encarregado das vendas en Madri.
ESTBLECEMENTO DE CLEMENTE EN MADRID
Ali me trasladei , dándome tan boa maña que aos poucos meses fíxenme o dono do mercado. Tiña ao meu favor que naquela época mercábase moi barato e amparado nisto empecei a mandar xovencas a vender polos pobos da provincia de Madrid , Toledo, Guadalajara , Murcia....1 Mesmo en Madrid fomentei a venda de maneira considerable . dándose o caso de vendermos de 40 a 60 vagóns mensuais . Cando tiña este negocio de tenreiras ben organizao e o dominaba ben, comezamos a comprarmos bois e vacas, vendendo moitas vacas para os pobos co resultado satisfatorio dabondo e do máis inferior e o resto para o Matadoiro de Madrid.
Todo isto ocorría en (18)84 e parte do ( 18 ) 85. Nos últimos meses do 18 ( 85 ) comecei a matar algunhas vacas , moi poucas , facendo máis ben ensaios , mais pouco a pouco organicei unha matanza regular. Non temín que para seguir matando vacas era indispensable industrializar os caídos , ou sexa os coiros e despoxos , que se ben na carne gañábase pouco ou nada, o demáis deixaba unha utilidade aceptable , Comecei polos despoxos e fundición do sebo. Aos dous anos puiden secar os coiros do pouco que mataba e en cada un ano aumentaba un pouco, traballando moito e gastando moi pouco O ano ( 18 )89 quedeime en subhasta co subministro da carne ás Casas de Beneficencia , na crenza de que pagarían con puntualidade, mais tropecei con que o que as viña suministrando era D. Pedro Rodríguez, home de posición folgada e grande amizade co señor España, Presidente da Deputación, e do señor Interventor , señor Corrales, cos que influiu grandemente para que non me pagasen e conseguino, que dos doce meses do ano só conseguin un.
Cantos malos ratos pasei ! , non quero acordarme ; a conta subía a unha cantidade entón moi superior ás miñas forzas , que subía das 300.000 pesetas, as que pasaron a resultas e cobrei andando o tempo en Papel Municipal , Este papel tivo entón unha depreciación do 30, 40 e 50 por cento. Eu, grazas aos meus bons amigos resistín até a amortización , e de máis venderlle o suministro ás Casas de Beneficencia , uns anos toda, outros anos parte, até o ano 1934 . Se ben os 8 ou 10 anos últimos a nome do meu fillo Tomé , por terme eu desentendido eu do abasto e deixáronse perder por non terme avisado ao seu debido tempo, que se isto sucedese estaría subministrando até hoxe probablemente.
Dende 1890m a 1920 foron os anos de máis actividade . En vacas mataba de 30 a 40 , tenreiras de 20 a 80, segundo as xeiras, años de 80 a 100. Nos anos que sinalo traballei non só os máis senón os moitos que eu merquei, En peles de tenreira tamén fixen boas operacións até 1920 ou 22. Despois cedínlle este negocio a Tomé , cunha cantidade respectable en contas correntes e no 1933 fíxenme cargo novamente dos coiros, peles e sebo, en menor escala, mais levándoo bastante ben . até xullo de 1936, que estalou a revolución.
Xa direi o que pasou cando remate esta guerra que é a máis cruel que rexistra a Historia do Mundo
..........................................
NEGOCIANDO NO RIFF ( NORTE DE MARROCOS )
Segurei contando todos os asuntos que tiven na miña vida comercial .
MINAS DO RIFF , como comezou este asunto en primeiros de xaneiro do 1907.
Os meus antigos D. Antonio Fernández e Don Santos Barro presentáronme a D. Francisco Ruiz Pastor e Don Segundo Pardo. Estes tiñan autorización para estableceren unha factoría nas Chafarinas ( Marrocos ), Facéndome ver que era un negocio moi grande encariñámonos con el os Srs Fernández, Barro, Don Honorio Riesgo e máis eu, E en primeiros de abril do ( 190 ) 7 mandei ao señor Navarro , Pastor e Pardo, estes dous últimos tiñan ali un amigo que se chamaba Serafín Moreno , ali estivo o Señor Barro uns días en Melilla, mais nada viu nin lle ensinaron nada. De volta o Señor Barro , como os demais quedaban alo vivindo á nosa conta, marchei a Melilla , Recibíronme moi agarimosamente os señores Pastor, Pardo , Moreno ... Unha vez alí fun a saudar ao Gobernador Militar , que era o Xeneral don Xosé Morina Vega , Recibiume moi amable e referinlle o caso que ali nos levaba e respostoume " que aquelo non valía nada nin era negocio. Chafarinas é un posto estratéxico militar sen movemento de ningunha clas ". Visto isto xa que en consecuencia que era un timo o que nos querían dar aqueles vividores, visto que aquelo non era viable, ocorreuseme mercar la. Era o tempo da rapa e pareceume que o prezo non era para perder o diñeiro . Un dos vendedores díxome "Estes negocios son moi pequenos , mais eu teño un bon. Estou subministrando ao Roque , Xefe político destas cábilas, víveres, tendas de campaña, municións , todo o que poido " ( Este era David Charbit ) " O home anda escaso de diñeiro , tanto que eu ando mal porque me debe moito e ten varias minas de chumbo e de ferro que llas daba a el por pouco diñeiro".
Loou este negocio moito e animoume de tal xeito que decidin marchar a Zeluán que era onde tiña o seu cuartel xeral, Fixamos un día , pedímoslle permiso , o mesmo a el ca o Gobernador Militar de Melilla, Obtido este e provistos duns agasallos encamiñámanos a Zeluán, unha caravana , os irmáns Davide e Xosé Charbit ( hebreus ) , Pastor, Pardo e máis eu e varios servidores con cabalarías e unha escolta que nos mandou o Roqui para facernos compaña dende a fronteira até Zeluán.
Chegamos pola noitiña, se mal non recordo era o 18 de abril de 1907 e tíñanos preparadas unhas boas tendas de campaña e unha abundante cea de galiñas asadas con manteiga de vacas e ovos cocidos . Ao seguinte día recibiunos con grande aparato de servidores seus , que decían eran os seus ministros. Unha vez na súa presenza Davide Charbit , que sabía o árabe e o español, fíxolle presente o onxecto da nosa visita , entregándolle uns obxectos que lle levabamos, que recibiu con demostracións de agradecemento, Pasados uns intres recaeu a conversa loando as minas das que iamos a tratar ,
Metidos no trato chegamos a convir a cesión de todas as minas da cábila de Finlaya en 800.000 duros pagadeiros en fraccións de 100.000 máis o 10 por cento dos produtos das minas que se explotan en Gelaya "
.......................................................
Decembro de 1936
Un cálculo aproximado do que eu poido ter en Madrid.
Pesetas
Casa de Vallecas.................calculo....................................................... 700.000
Soares do Hipódrimo
Id da Rúa de Vallehermoso
Id Soar Galileo ( hipoteca )
Id Id Estación Espinar
Id Id Ronda de Segovia 31
Bens en Averán e Blanca........Calculo............
En Cine Savoy........Calculo invertido.......................
Suma todo isto.............................
Bens no C
a
a
( * ) Pedro Rodríguez Somoza, que tamén trunfaría como exprtador de gado vacún e que se estableceu na Vilanova de Lourenzá. Coñecido como " Don Pedro de Sárria " posuiu diversoas inmobles na cidade de Lugo.
Tardamos se mal non recordo doce días, ao referido Medina , alí tomamos o tren e o carro seguiu cara Madrid.
Comentarios
Publicar un comentario