HORTAS NA VILA DE SÁRRIA ( 794 )

                                        HORTAS NA VILA DE SÁRRIA

                                                                                                                   Xaime Félix López Arias 

Históricamente as setenta e cinco casas  que compoñían a Pobra de Sárria / Vila de Sárria   tiñan na súa traseira  un pequeno anaco de horta, entre medio ferrado e dous ferrados,  que no caso das casas fidalgas eran  de maior tamaño . Estes espazos  onde as familias cultivaban verduras para o propio consumo  mantivéronse    no seu dimensionado até mediados do século XX e  foron desaparecendo ao darse o proceso de apertura de novas   rúas  e deixar de  ter utilidade como terreos cultivados  ao que cointribuiu  a desaparición dos horteláns  , xornaleiros alugados aos que se lles  encargaban os traballos  necesarios.

Para que non se perda memoria daqueles xeitos de cultivo particular e  da súa ubicación  vai deseguido a relación  dos leiriños  tan intimamente relacionados coas "casas" dunha vila na que a maioria destas  non dispoñían de máis terreos que eses anexos .

                                                        *******************************       

                        HORTAS NA PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA ( 1753 )

HORTA DO HOSPITAL, do Mosteiro da Madalena , un cuarto de ferrado de horta a carón do Hospital de San Roque.

HORTA DO HOSPITAL , da Obra Pía dos Hospitais de Santo Antón Abade e San Roque, medio ferrado de horta  a man dereita e na traseira da Casa-Hospital

HORTO DE TRAS DA CASA,  pertencente á Capelanía  de Santa Catarina, de Santa Mariña de Sárria ,  un  horto de un cuarto de ferrado. 

****************************************************************************** 

            HORTAS  NA  PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1753 )

HORTA DE BAIXO DAS CASAS, do Igerxario de Santa Mariña.    Unha oitava de ferrado.

HORTA DO CURA XOÁN DE LA PEÑA.-  En Tras Casa  Un ferrado.

HORTA DOS  FORNOS,  DO PRESBÍTERO XOSÉ VALCARCE.-  Un ferrado ( murada )

HORTA DE TRAS CASA,  DO PESBÍTERO XOSÉ VALCARCE.- Unha oitava parte de ferrado.

HORTA DE TRAS CASA , DO MESMO PROPIETARIO.- Unha oitava parte de ferrado.

**************************************************************************** 

 ( 1850 ) .- HORTO DA CORTIÑA DA PORTA.- Tras da casa  de Varela , no Arrabaldo. Para  o camiño proxectado entre Sárria e a Neira de Xusá  foron expropieadas  222 varas cadradas e  cinco árbores froiteiras.

******************************************************************************* 

                                        

                                         IDENTIFICACIÓN DAS HORTAS  DE SÁRRIA

HORTA DO CONVENTO.- O Mosteiro da Madalena , agora Convento da Mercé,  até o tempo da Desamortización  tiña  un amplo cercado, do que aínda se conservan algúns dos altos muros e cubos do circundo. Coa chegada dos mercedarios a Sárria abriuse lento proceso de recuperación dos espazos do cercado que pasaran a mans de familias da vila. o que só se consiguiu  en parte. Na actualidade,  está adicada a horta a zona  de acarón da Corga que do mosteiro baixa a San Lázaro, se ben  xa non ten  a produción intensiva dos tempos nos que a existenza do Postulantado   esixía   o aproveitamento  de froiteiras  e hortalizas. Daquel pasado só queda  o chantado de  kiwis , hoxe un tanto descoidado.

HORTA  DA CASA DO CAMPO DA  FEIRA.-  ( Na Rúa da Mercé ) Ocupa terreos procedentes do antigo mosteiro agostiño da Madalena. 

HORTA DO HOSPITAL DE SAN ROQUE OU DA MADALENA.-  Fronte  da Porta dos Carros do Mosteiro da Madalena , Camiño Real no medio ,  até o terceiro terzo do século XVIII  estivo en pé o Hospital de Peregrinos chamado de San Roque, onde eran recibidos os peleriños que ían cara  Compostela. Ao carón deste estaba a horta do hospitaleiro ou hospitaleira , que vivían  no primeiro andar da  casa do hospital. Derrubada esta edificación foi reducido o seu soar  a horta,, e no lugar onde estaba o altar da capela puxeron un cruceiro  , desaparecido hai moito tempo. Finalmente integrada no Barredo do Pombal, que coa Desamortización  pasou a ser  propiedade da  familia Lois. Comprado todo o terreo polo Concello de Sárria, na década de 1950,  este cedeullo á Orde da  Mercé  que  o adicou ao cultivo para axuda da alimentación da Casa e do Postulantado. Máis  adiante  o Concello voltou a compralo  e nese terreo  foi construido o Cemiterio Novo, facendo  en parte del  a Praza de San Roque . A obra incluiu ademáis dos nichos , un columbario lineal para urnas de incineración e un espazo para  acoller cerimonias de despedida  de falecidos.

HORTA DA CASA DE MONDELO.- ( Na Rúa da Mercé ) Naceu coa Desamortización  e   ademáis de servir de asento para a Casa Vella de Mondelo e para a Casa Nova da mesma familia ,  pasando a ser espazo axardiñado 

HORTA DA CASA DE JUIZ.- ( Na Rúa da Mercé ) Tamén foi terreo do convento agostiño, no que  houbo un establecemento  ao servizo da primeira feira ( a do 20 ) no campo onde estivera a capela de Santa María de Barbadelo e  a Cruz da Verónica-

HORTA DE BATALLÓN.- ( Rúa da Mercé / Rúa do Castelo )  Cando Manuel Pérez Batallón  comprou a metade da Fortaleza de Sárria  e dos seus foxos e contra foxos fixo unha alta cerca ou tapal  e , botando para fora a fonte de San Salvador , carrexou  terra apta para o cultivo  e en amplos sucalcos   fixo unha horta na que parrais e froiteiras  foron ornato dun espazo moi produtivo. Pola parte de atrás  da Torre da Fortaleza  hai un pozo e pola parte de abaixo  unha pequena  mostra dos fondos foxos que houbera  darredor da desaparecida fortaleza. Na horta hai un pombal e unha palleira.

HORTA  DE FERREIRÓ .-  (  Na Rúa do Castelo )A Casa de Ferreiró foi unha casa  con bens rústicos  e vocación gandeira, situada baixo da Fortaleza e a súa horta estaba entre a Casa Vella e o Adro de San Salvador, Entre a Rúa Conde de Lemos e a Rúa dos Fornos de Atrás houbo hortas   e  nese espazo, despois de ser parcelado, fixeron casas varios particulares.

HORTA DO HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE.- ( Rúa Maior / Rúa da Mercé )  O Hospital de Peregrinos, que acollía aos que voltaban de Compostela, estivo no soar do actual número 1 da Rúa Maior ( sé do Tribunal de Instancia  )  e ao seu carón , a man dereita, estaba a horta. Darredor de 1928 parte desta horta foi ocupada pola Prisión Preventiva e a  parte frenteira á Rúa Maior foi horta ao servizo dos carcereiros. Visuse reducida cando se alzóu o Clube Anduriñas, e desapareceu totalmente coa ampliación do edificio xudicial. No resío norte , pasado o edificio carcerario,  acondicionouse un Miradoiro no que está instalado un cruceiro e onde hai un grande freixo, un carballo e dúas oliveiras , así como unha área de descanso  cun escudo de Sárria feito en mosaico.

HORTA DA CASA DE CAPÓN DE ARRIBA.-  ( Rúa Maior  , 2  )A Casa de Capón, na traseira da ábsida  da igrexa de San Salvador, tiña anexa unha grande horta , que estremaba coa Rúa Principal- Costa de San Salvador ( hoxe Rúa Maior ) , a Corga de Matavellas  e a Rúa dos Fornos de Atrás . Por  partillas a horta foi  adxudicada   a unha herdeira da familia que  alzou xunto co seu marido  a Casa de Capón de Abaixo. A horta tiña un pozo na traseira da casa. Esta casa ocupa o soar  que no ano 1416 era  asento dunha casa das Aniversarias  da Igrexa  de Lugo  " que estaba  entre a igrexa de San Salvador e a casa de  Xoán Çapateiro, e que  foi aforada ao crego  da parroquia  Afonso Fernández, e a dita praça  tiñan que tela çarrada  et ben reparada  et faser dela orta" . Pagaba por renda  nove soldos cada ano.

HORTA  DA CASA  DE MANUEL YEBRA.-  ( Rúa Maior  , 7 )  Coñecida orixinariemente ( segunda metade do  século XIX como " Casa de Vilafiz" pertenceu á Familia  de Manuel Yebra  e agora é da familia Kappler. A  horta, co seu xardín frenteiro á rúa, a nivel do primeiro andar,  tiña un pozo para a rega. A oeste, separábaa da Horta do Hospital  un muro de contención e facendo sucalco  polo oeste quedaba en plano superior con relación á Horta de Losada.

HORTA DE LOSADA.-  ( Rúa Maior, 9 ). Pertenceu á familia Losada da que formaron parte escribáns asentados na vila. Na actualidade, co enadido duns alpendres,  a horta segue a estar traballada. No século XIX ese terreo foi  comprado polo Concello  para facer ali un edificio terreo  para as concentracións de público  porque nun acto de xuntas feito no andar da Casa Consistorial ( Rúa Maior, 1 )  o piso  rompeu e moitos mozos caeron ao baixo resultando feridos moitos deles. Nunca se fixo ese proxectado Salón terreo. Houbo tamén o proxecto de instalar alí  a Praza do Mercado  para o abastecemento regular  da poboación. Non pasou de proxecto. Máis adiante  o Concello de Sárria  aportou ese terreo á Xunta Carceraria do Partido coa intención de facer alí a Prisión do Partido, na que tiñan que colaborar os demais  concellos. Ao non facer novas aportacións  e dende 1896 estar o cárcere no edificio da antiga Escola  de Gramática / Escola de Primeiras  Letras, deixaron de estaren interesados  en facer realidade esa dotación  e o terreo sacado en poxa  sendo adquirido por  Xesús Rodríguez Guerra.

 HORTA  DA CASA DO PURO.- ( Rúa Maior,  15  ) A histórica  Casa dos  Armesto, señores de Trebolle, alzada no século XVI, ten unha horta na traseira  que daba á Viela de San Lázaro , Ruela da Calexa. Mais recentemente a  casa recibiu  o apelativo " do Puro" , pola táboa publicitaria  do estanco ali establecido.  Tamén foi casa pertencente a unha das ramas da  familia Monteagudo.

HORTA DA CASA DE CAPÓN  DE ABAIXO.- ( Rúa  Maior, 8 )  Ocupou terreos procedentes da Casa de Capón de Arriba.  Unha parte  da  horta foi vendida  ao doceiro Matías Loureiro Alvaredo que alzou ali a súa fábrica de galletas  con dous corpos de edificios  con fronte na Rúa Maior e na Rúa Conde de Lemos. Unha parte da horta primitiva, entre Conde de Lemos  e a Rúa dos Fornos de Atrás foi horta da familia e  tamén o espazo entre esta casa é  a fábrica de " La Sarriana" ( Matías Loureiro ). Outro anaco da horta primitiva  foi expropiado polo concello de Sárria  para facer o Alfonín do Sal  xestionado  pola agrupación de concellos do partido xudicial  . Cando se estableceu  a venda libre do sal a edificación foi subhastada  para adicar os fondos á Xunta Carceraria  e pasou a ser propiedade de Xesús Rodríguez Guerra.

HORTA  DE  GUERRA.- ( Rúa Conde de Lemos  ) En terreos da Familia Novoa segregouse  un terreo, mermado coa apertura da variante da estrada de Lamarregueira , no que o Rexistrador da Propiedae Xesús Rodríguez Guerra alzou casa na que hai un brasón  na  súa frenteira  A horta quedou entre a hoxe  Rúa Conde de Lemos e a dos Fornos de Atrás. Esta casa foi por décadas asento do Rexistro da Propiedade, e por iso  todos lle chamaban  " Casa do Rexistro", Tiña xardín na traseira co seu pozo.  Na horta, cando estes bens foron comprados polo médico  Álvaro López-Vizcaíno ,  alzou unha adega . A edificación principal pasou a ser albergue de peregrinos . No soar da horta foi alzada  unha casa.

HORTA  DE NOVOA.-  ( Rúa Maior  ,12  )Propia da  Casa de Novoa, na Praza, despois Praza da Constitución. Ocupa o soar de varias casas  entre elas a que foi Cárcere do Marquesado até o século XIX,  Estivo nela o Cuartel do Batallón da Reserva  e do Batallón de Depósito. Tiña horta na súa traseira. Dando ao patio tiña un pombal.

HORTA DA CASA  VAAMONDE / CASA DO CONCELLO.- ( Rúa Maior, 14 / Praza da Constitución, 1 )  Alzada segundo proxecto  do arquitecto  municipal de Santiago de Compostela, Daniel García Vaamonde, fillo  do dono e irmán de Camilo García Vaamonde. Na traseira da finca  quedou un espazo adicado a horta. En 1920 a casa e a horta foron comprados polo Axuntamento  á Orde da Mercé, que as herdara de Concepción Ulloa Lois , viuva de Camilo García Vaamonde. O novo dono instalou  ali a Casa do Concello, e tamén estivo  no baixo o Xulgado Municipal / Xulgado de Distrito /  Rexistro Civil e as Aulas de Educación Permanente de Adultos.  Cando se  fixeron obras de ampliación  do edificio municipal, ocupando ademais  os soares das derrubadas casas de Rivas e de Luis Yebra , a maior parte  da horta foi ocupada pola obra nova, e só se mantivo un pequeno resío para  abrir ocos para luces da casa. Ao propio tempo fixeron desaparecer o pombal que ali había.

HORTA DA CASA LOIS DE ARRIBA .-  Pechaba a Praza / Praza da Constitución polo sur. A horta  daba á Travesa dos Fornos  e á Rúa dos Fornos de Atrás. Comprouna o Concello para anchear a Travesa , e no soar   foi alzada  unha edificación particular, anexa ao Hotel e Casa Novoa.

HORTA DE RIVAS  .- A Casa de Rivas, pegada á Casa do Concello , estaba  na Praza da Constitución e foi  adqurida polo Concello para ampliación do Consistorio, Nos Barredos de Casteledo tiña unha singular horta . Ten entrada por un camiño que sae da Rúa dos Fornos de Atrás. Ten alto muro de pedra todo darredor  e unha porta con arco. No seu interior, organizada en sucalcos, hai unha mina de auga, que  moitos  , sen fundamento ningún, din que era  a saída dun furado que tiña orixe  na Fortaleza.

HORTA DA CASETA DE RIVAS.-  A Leñeira de Rivas  , na Travesa dos Fornos,  ten unha hortiña na traseira.  A caseta  e terreo anexo son agora propiedade do Concello.

HORTA  DE SEIXAS .- Na Rúa da Calexa, por baixo do Cárcere. Estaba máis alta  ca rúa e desapareceu con alargamento da rúa e forte rebaixo para  convertila en soar.

HORTA DE MONTEAGUDO.- ( Rúa Maior,   15 / Rúa da Calexa )  A Casa de Monteagudo desapareceu  co alargamento  da Rúa da Calexa , xunto co patio traseiro. A  Horta da Casa  estaba separada do patio por  a entrada dos Carros da Casa Grande dos Saavedra   ( Ruela do Arco ). Tiña un pozo medianeiro coa Casa de Penamaría.  Viu mermada a súa superficie co alargamento da Rúa da Calexa e foi  obxecto de rebaixo.

 HORTA DE PENAMARÍA.-( Rúa Maior , 17 )   A Casa de Penamaría / Casa Poleta tiña patio na traseira cortado pola entrada ao patio da Casa Grande dos Saavedra. Despareceu como  horta e pasou a estar  destinada a aparcadoiro. O pozo medianeiro desapareceu.

HORTA DA CASA GRANDE.- A brasonada  Casa Grande  dos Saavedra / Casa Grande de Sárria / ou Casa dos Somoza de  Laiosa , de onde sairon as actuais casas nº  21 , 23, 25, 27, 29 e 31 da Rúa Maior,  tiña unha grande extensión de  terras anexas  que abranguían as denominacións de A Horta, Os Barredos , O Campiño, O Prado Grande  e As Castiñeiras  , estremando a leste coa Horta de Neira , a norte  coa  carreira do Arrabaldo a San Lázaro  e ao oeste coa Viela ou Ruela de San Lázaro ( agora Rúa da Calexa ). Os terros de perto  do patio porticado,  onde había un pozo  de moi boa feitura , constituían a chamada Horta da Casa Grande. A Casa Grande e  os terreos anexos foron parcelados na década de 1940, dando nacemento ás rúas Rosalia de Castro, Frei Luis de Granada e Padre Sarmiento.

HORTA DE VILAESTEVA.- ( Rúa Maior 19 ) A Casa  Vilaesteva  era coñecida como Casa de Don Francisquito, e na traseira non tiña  horta, senón un patio  con servizo dende a Rúa da Calexa ,atravesando o patio da desaparecida  Casa de Monteagudo ,  porque a entrada do norte era propia da Casa Grande. Cando parcelaron os terreos da Casa Grande  Antonio López " Vilaesteva " mercou un bon anaco da horta desa casa, xunto cunha edificación pegada ao que fora arco do Portón da Casa Grande, alzou unha casa na traseira e  da outra banda un almacén e cortellos. En 1917, en terreos desta horta a Eléctrica  Sarriana  instalou o primeiro transformador  da vila , que foi derruabdo . Coas súas propias mans Antonio López fixo o muro da súa horta , coas pedras arrincadas  nos soares de Rosalía  de Castro ,  nas frenteiras da Calexa e Rosalia de Castro. Tamén abriu un pozo cun pión para  a rega da horta.  A frenteira á Calexa  foi ocupada co alargamento  da rúa  e a Horta de Vilaesteva foi parcelada dando lugar a catro soares.

HORTA DA PALMA.-  ( Rúa Maior 23 ) A agora chamada Casa da Palma, polo nome comercial dunha  tenda de tecidos , ocupa o soar  da Capela de San Xosé , que formaba parte da Casa Grande dos Saavedra. Cando se parcelaron  os terreos anexos á casa-torre ou pazo urbán  unha tira  procedente  da antiga horta dos Saavedra  , delimitada polo patio da casa e a Rúa Rosalía de Castro , pasou a ser a " Horta  da Palma ( de Xesús Fernádez ). Posteriormente  parte da horta, na frenteira ao patio  fi ocupada por un almacén. A entrada á horta , pola rúa Rosalia de Castro,  faise por un portelo aberto na parede que, coas súas mans, alzou  Xesús da Palma  aproveitando as pedras graníticas da antiga fachada da Capela de San Xosé, por el conservadas.

HORTA  DO BARBEIRO.- ( Rúa Maior, 25 ) A estreita  Casa do Barbeiro ( Rúa Maior, 25 ) naceu da parcelación da Casa Grande dos Saavedra, e pasado o patio  como anexa da nova casa fixeron estreita horta  na que con fronte ao patio  fixo  o adquirente Francisco Fernández Saavedra ( Paco Barbeiro ) unha casoupa de baixo e un andar , que acabaría sendo  propiedade do cnsagrado artista sarriao Xosé Díaz Fuentes.  Na horta por moitos anos o seu primeiro dono poñia un pequeno palleiro, un dos poucos exisntes na vila, que nunha ocasión  ardeu pola imprudencia dus rapazolos que xogaban con cerillas. 

HORTA  DE CASA PARDO.-  Nos seus últimos anos como fogar foi coñecida como Casa de Carmiña do Axuntamento.  Tiña unha pequena  horta por riba do nivel da Travesa dos Fornos .Casa e Horta foron adquiridas polo Concello , para  ampliación da Casa Consistorial.

HORTA DE PUCHE.- ( Rúa Maior  16 )  A que foi coñecida como " Casa de Puche" foi a antiga Casa do Hospital Vello / Sé da  Obra Pía dos Guitián / Tulla para pobres , na que había  unha Cámara  para acoller sacerdotes viaxeiros, que estaba instalada riba da Capela, da que se conserva no interior a porta  arcada. A fachada con arcos e balcóns   foi sustituida  na década de 1930 por unha de corte modernista  na que se conservou o escudo familiar da  familia Díaz de Guitian. Na traseira dos edificios ( había dúas casas ) , hai unha pequena  e estreita horta.

HORTA DE REBOIRO.-  ( Rúa Maior, 18 ). Ë un edificio  estreito, con porta e taboado no baixo, e un só balcón no  seu único andar. Posiblemente formou parte do Hospital Vello. Na traseira ten unha  horta estreita.

HORTA DE GALLEGO.- ( Rúa Maior , 20 ) Esta casa, que ten unha frenteira de bon largor tiña na parte posterior unha horta grande  que abrangúia as traseiras da Leñeira  de Rivas , en toda a lonxitude dende  as traseiras  das casas  16,18 e 20  da Rúa Maior , e remataba na Rúa dos Fornos de Atrás. A horta tiña un alto muro polo lado do sur, e foi parcelada en dous soares, mantendo entrada para carruaxes por unha pasaxe con orixe na Travesa dos Fornos. A  Casa de Gallego ten patio posterior e unha casa  pasado este.  Froito da ignorancia máis supina foi que algún " investigador foráneo " ao ollar  o moi alto muro  da horta no lado sur  calificase ese paredón como  resto dunha inexistente  muralla ou cerca da vila.  Esa parede daba ao " Camiño de Fora" seguido polos peregrinos que dende a Ponte Ribeira, pola Pedreira, Os Esqueiredos  e A Veiga de Arriba ou Veiga do Pozo seguían  cara os "Pasais de San Miguel", no río Celeiro, para entraren na parroquia de Barbadelo.

HORTA DE  CASA MIRALDE.- ( Rúa Maior , 35 ) Tiña unha pequena horta na traseira, á que nos primeiros anos 1940 lle enadiron outro espazo procedente da antiga horta da Casa Grande con frenteira á Rúa Rosalia de Castro . Alí foi alzada unha nova casa ( Casa de Lelo, máis adiante Casa do Carcereiro ) e na actualidade ese espazo  acabou sendo distribuido en dúas  hortas, e a da Casa de Miralde acabou convertida en xardín.  Esta casa foi adquirida por Eduardo de Oñate, descendente de Matías López López , quen tamén acabou comprando a casa das irmás Yebra . A parcela de horta da Casa do Carcereiro ( Antonio García )  foi agregada á porción de horta da Casa  Cedrón  , que ao tempo é soar edificable  e segue no seu aproveitamento  tradicional.

HORTA DA CASA DOS CEDRÓN .- (  Rúa Maior,  37 )  Posiblemente esta casa tivo en tempos un terreo posterior de grande extensión  , que pola súa morfoloxía  debeu sair nalgún momento das mans da Casa Grande dos Saavedra / Somoza de Laiosa , aínda que despois foi adquirida  nas primeiras décadas do século XX  pola dona da  Casa Grande de Sárria , e máis adiante eses terreos  foron parcelados . entre eles a casa e a porción de horto até  a Rúa Rosalía de Castro. Eses espazos pasaron a seren coñecidos como  Casa de Horta de Arangüena. A casa conservou un resío de horta  na súa traseira e  o resto  dela  foi vendida por separado  .  A actual morfoloxía das hortas resultantes  conseguiuse mediante pernutas  entre as familias Oñate e García.

HORTA DE LUCIANO  MACÍA.-  ( Rúa Maior 39-41 ) Dende o século XVIII  estableceuse  a familia Macía, procedente  de Froián  na casa dende entón coñecida con ese nome , que tiña unha pequena horta  na parte de atrás da Casa dos Cedrón  con un carreiro de entrada   dende a Rúa Principal, que deu lugar a permutas. A configuración do espazo posterior, xa co destino de xardín,  rematou na Rúa Rosalia de Castro ao enadirlle  terreos segregados  dos que foran da Casa Grande.  Como nota  curiosa hai que sinalar  que  na frenteira á Rúa Rosalia de Castro  Luis Macía Vázquez puxo  muro e reixado procedentes do xardín do Mesón de Aguiar, do barrio de San  Roque  da cidade de Lugo. O número 39 , que foi tenda de calzados e almacén de tabacos,  alzouse nun soar que pertenecera á Familia Florido. Na estrema desta horta hai un pozo compartido  coa casa número 41.

HORTA  DE CASA DE MANUEL MACÍA.- ( Rúa Maior, 41 ). Tiña  horta propia que foi ampliada con unha tira procedente da antiga finca anexa á Casa  Grande, con remate  na Rúa Rosalía de Castro, dende onde se accedía a  una casa destinada a aluguer , entre a Horta Nova e o patio-xardín da traseira da casa da Rúa Maior.  A horta  segue  a estar en producción.

HORTA DE CASA SERRADOR.-  ( Rúa Maior, 43 ).  O espazo que de antigo foi horta foi ocupado por edificacións de almacenaxe , e cando se parcelou a finca da Casa Grande  enadiuse unha tira con fronte á Rúa Rosalía de Castro  na que ao seu fondo foi construida unha  casa ( A Nosa Casiña ) e o espazo de horta restante foi axardiñado.

HORTA DE CASA YÁÑEZ.-( Rúa Maior, 45 )  É casa de baixo e tres andares altos  alzada  riba de soares de antigas casas derrubadas. Na traseira  hai un espazo destinado a xardín, e tamén contou cun alargo de horta , con fronte  á Rúa Rosalia de Castro, procedente da fincabilidade da Casa Grande.  Con fronte a esa rúa foi alzada unha casa, que pola esquerda estrema cun terreo doutros propietarios , e da mesma pro edencia , que estivo destinado a horta e agora está a poulo.

HORTA DE CASA CASTRO.-  ( Rúa  Maior, 47 ) . Na traseira desta casa  estivo a Fábrica de Chocolates de Víctor Castro e na traseira  tiña unha  tira de horta que remataba na Horta da Casa de Neira / Casa de Solance . Para entrar dende a Rúa Rosalía de Castro a esta horta e á da agora chamada Casa Barán foi negociado o establecemento dunha seridume de paso para coches e de a pé. No que foi  a Horta de Castro  construiron un garaxe pequeno e un alpendre   para obradoiro do tallista e escultor Xosé Luis Moreira.

HORTA DE CASA AGUADO.- ( Rúa Maior , 49 ).  Tiña un pequeno  espazo destinado a horta, estremeiro  a norte e  leste coa Horta de Casa Barán Xa non ten ese destino.

HORTA DA CASA BARÁN.-  ( Rúa Maior, 51 ). Tiña un espazo destinado a horta  que chegaba até a  Horta de Neira / Horta de Solance , que estivo traballada até que  o edificio  foi destinado a Pensión para a acollida de peregrinos. Dacordo entre os donos desta Casa e o propietario da Horta de Castro, estabñeceuse servidume de paso  para cloches e de a pé  , dende a Rúa Rosalía de Castro.  A  antiga horta xa non ten esa finalidade, e está vencellada ao negocio hostaleiro.

HORTA DE CASA MACÍA.- ( Rúa Maior, 53 ).  Tiña unha horta na súa traseira que chegaba até a Horta de Neira / Horta de Solance que nos últimos tempos era espazo alugado a terceiros que a traballaban-

HORTA DE CASA MIRANDA..- ( Rúa Maior, 55 ).  Esta casa, que no século XVIII fora morada de membros da Familia Monteagudo, tiña unha horta que chegaba até  a Horta de Neira / Horta de Solance, na que alzaron  un corpo de edificio , fora de ordenación, anexo ao Albergue de Peregrinos instalado alí. O resío de horta que quedou  foi destinado a terraza-solario.

HORTA  DE NEIRA / HORTA DE SOLANCE/ HORTA DE BUXÁN.-  Foi por tamaño a segunda horta máis extensa da " Vila", e debeu chegar até  a Carreira que do Arrabaldo ( parroquia de Santa Mariña) ía até San Lázaro ( na parroquia de Maside ) onde fixeron soares para casas que foron coñecidas como do Barrio da Duquesa.  Esta horta tiña alta cerca a leste, norte e oeste, e estaba con sucalcos e a nivel máis baixo ca as hortas  de Casa Barán, Casa Macía e Casa Miranda.  A derradeira propietaria da Familia Neira ( Mercé Neira Sarry ) , agás  o patio e un terreo anexo da horta, vendeu a Horta de Neira  á dona da Casa Cachete  ( Pena  Carrozas ) que a parcelou, dándolle alongamento á Rúa Frei Luis de Granada , con  catro soares na marxe dereita e  seis na marxe esquerda e outro con fronte a Rosalia de Castro e  Frei Luis de Granada. Na maior parte foron ocupados con edificacións  e  os non edificados    adicados a horta, foron deixando de estaren cutivados a medida que os donos se facían maiores.

HORTA  DE CASA SACO .-1.-  ( Rúa  do Murallón / Rúa Frei Luis de Granada ) 2.- ( Rúa Marqués de Ugena / Rúa Frei Luis de Granada / Rúa do Murallón )

HORTA  DA CASA GAIOSO.- ( Rúa Maior ;  ). Coñececida como Casa Severino e máis adiante tamén como Casa Paulino ) . Nesta casa estivo a  imprenta de Casa Severino-Editorial Nosa Señora do Carmos. Ten un pequeno anaco de horta na súa traseira.

HORTA DA CASA DOS AMERICANOS.-  ( Rúa  Maior ). Ten horta na traseira que foi reducida cando alzaron nela un cortello para a cria  de porcos cun  amplo comedor  riba deles.

HORTA DA CASA PINTOS.-  Está na parte traseira con grande portón de entrada no Calellón de Lois.  E  unha das máis grandes históricas de " A Vila".  Nela hai algunhas pedras  procedentes da desaparecida igrexa de Santa Mariña de Sárria.

HORTA DE LOIS.- ( No Calellón de  Lois, que baixa da Rúa Maior á Pedreira ). Ten alto muro dando ao calellón , que pecha a horta.

HORTA DE CABARCOS DE ABAIXO  .-( Na Rúa Maior  )  A casa no século XVIII era da Familia  Pradeda. E  na segunda década  do século  XX foi chamada " Casa de Tomás Castellano". Ten horta na parte  praseira.

HORTA DE ANTONIO YEBRA.-   ( Na Rúa Maior ) . Tamén foi coñecida popularmente como Casa do Queixeiro ou Casa dos Queixos. Ten unha horta peqiuena.

HORTA DA ESTAFETA.- Pertenceu á Familia Quiroga . A casa foi adqurida por Matías Yebra. Ten horta cun edificio anexo que foi palleira.

HORTA   DE VIÑAS.-  ( Na Rúa Maior / Trevesa da Pedreira . A Casa de Viñas, e a súa anexa horta foron parte da brasoanada Casa dos Cedrón. Ten horta con alto muro de contención que dá á Travesa da Pedreira.

HORTA DA CASA DE SEVERO.- ( Na Rúa Maior ) .  A  casa procede de bens da histórica Familia dos Díaz de Guitián, e ten na traseira  ten unha horta grande.

HORTA DE MORENO DE VISTA ALEGRE .- ( Na Rúa Maior /  Escaleira da Fonte  ). Mnguo a súa superficie cando dela sairon soares  nos que se fixeron casas.

HORTA  DO CURA.- ( Travesa da Igrexa / Praza de Xoán María López / Rúa do Murallón,  A Casa Reitoral de Santa Mariña  e a súa horta anexa débense á acción do pàrraco Froilán de Otero e Lemos , que reuniu terreos de diversa procedencia  ocupando tamén, co permiso do concello, unha porción de camiño.  A horta remata  na Rúa do Murallón  e hai tempo que deixou de ser cultivada. Cando fixeron a Praza do Mercado ( agora Praza de Xoán María López de Almance  ) , ao facer desparecer o desnivel dese espazo  co alto paredón  que dá á rúa  para emcher de terra a praza  fixeron muro alto dende a reitoral á rúa.

HORTA DO BON GUSTO.- Na Travesa da Igrexa. Na Casa houbo unha fábrica de galletas artesás, ten patio e unha hortiña na traseira. Agora  eses espazos están ao servizo dun establecemento de histalaría.

HORTA  DE FREIXO.- ( Na Rúa Maior )  Dende mloito tempo atrás a casa  pertence á Familia Díaz de Freixo. Parte da Casa albergou un " Mesón" . Ten pombal.

HORTA  DA CASA.......- ( Na Rúa Maior/ Escaleira da Fonte . As casas tiñan na traseira horta , adicada  agora ao albergue de `peregrinos . 

HORTA  DE PARDO DE TRIACASTELA.- ( Na Rúa Maior / Escaleira da Fonte.

HORTA DE  CASA DE  CASTIÑEIRA ( Na Rúa Maior ) Na traseira , con fronte agora  á Rúa Marqués de Ugena, houbo unha horta, convertida agora en soar.

HORTA DE CASA DE  PAZOS ( Na antiga Rúa Maior e agora  na Rúa Marqués de Ugena ) . Ten entrada por unha calella  resto dun antigo camiño que ía cara a Carreira de Santa Mariña. Está separada da finca " Villa Aurelia " ( Sociedade A Unión )  por unha alta parede. No espazo da horta  que daba á Rúa Matías López  alzáronse casas en réxime de propiedade  horizontal.

HORTA DA CASA DE FIDALGO.-  ( Na antiga Rúa Maior, agora Rúa Marqués de Ugena ).  A horta, que estremaba coa Rúa Matías López  foi rebaixada ( estaba riba de forte pena )  e convertida en soar.

HORTA DA CARNIZARÍA.-  A casa coñecida como Carnizaría , no vello barrio do Arrabaldo , tiña na traseira   unha horta estremeira  coa Carreira de Santa Mariña ( no actual Cruce do Avenida, Ese espazo e os doutras casas  de perto foron  obxecto de rebaixo en 1852/1853 , e a pedra arrincada serviu , entre outras, como material para facer  a Casa de Nullán ou do Barrio.

HORTA DE MORENO.-  Casa alzada no Barrio da Duquesa. Estrada de Portomarí.- Rúa do Porvir- Rúa Marqués de Ugena, que tamén daba áo Calellón de Moreno- Rúa dos Ausente- Rúa Marquesa Casa López e á Carreira da Alvareda.  Mingouo moito cando o Concello adquiriu a maior parte da súa superficie para facer a Praza da Vila.

HORTA DE  QUIROGA.- A Casa Hotel alzada polo industrial  Venancio Vázquez   na Rúa do Porvir , agora  Rúa Marqués de Ugena , acabou sendo coñecida como " Casa Quiroga". A maior parte da súa horta  foi mercada polo Concello de Sárria para enadilo á Praza da Vila.

HORTA  DO PEDREGAL.-  Na antiga Rúa do Porvir, agora Rúa Marqués de Ugena. Tiña unha ampla horta, propiedade da  Familia Franco.  Adquiridas casa e horta pola Caixa de Aforros Monte de  Piedade da Coruña e Lugo que  parcelou o espazo  abrindo ruelas  nas que alzou varios edificios  en réxime de propiedade horizontal

HORTA  DE CERDÁN.-  Na Rúa Marqués de Ugena ( antes Estrada de Portomarín / Rúa do Porvir ). Desaparecu ao abrir a Viela do Barrido / Mestre André Piquero, e alzar  nela o edificio en réxime de propiedade  horizontal  onde  está o Clube Breogan's  da Terceira Idade.

HORTA DA CASA NOVA  DE CASTIÑEIRA.- Na Rúa Marqués de Ugena  ( antes Estrada  de Portomarín / Rúa do Porvir ), fronte das Escolas Pùblicas .Foi parcelada  e nos soares fixeron tres casas.

HORTA DAS ESCOLAS PÚBLICAS .- Na Rúa Marqués de  Ugena ( antes Estrada de Portomarín / Rúa do Porvir ). Estaban na parte traseira do corpo principa, e ali había un pozo. e cada metade correspondíalle á mestra e ao mestre. En 1958 foi aumentada a respectiva superficie ao restarlla aos patios do recreo. Na  Horta da Mestra foi alzada a Biblioteca Pública Municipal ( Rúa Pedro Saco 4 ) e na Horta do Mestre  o Parvulario. O resto da superfice , na traseira ( Rúa Miguel de Cdervantes Saavedra )  fíxose un aparcadoiro.

HORT.A DE  VERA.-  Na Rúa Pedro Saco ( antes Corga de Vales )  onde alzou casa o dentista  Xosé Vera Hermida. Durante algúns anos tivo  ali unha  granxa  de polos  auténtico foco de contaminación  no medio da vila , que acabou desaparecendo . A maior parte da finca, agás o seu chalé foi  parcelada , abrindo nela a Rúa das Camelias  onde se alzaron varias casas de particulares.

HORTA DA DULCE ALIANZA  .- Na Rúa do Porvir ( antes  Estrada  de Portomarín ). Na fábrica de galletas propiedade da familia de Nestor González, e despòis da  Familia  Sánchez ( Vento ). Este terreo, coñecido despois como Horta do Vento,  deixoulla en herdo ao Concello de Sárria o benfeitor  Xosé Sánchez Arias ( Pepe Vento ).  A Asociación " El Serbal"  ten nese espazo  os bonsais por ela patrocinados.

HORTA DE  BADIOLA

HORTA DA CASA CASTAÑO.- 

HORTA  DE ALFREDO.-

HORTA DE VENTO

HORTA DO ROXO

HORTA  DE REBOIRO DO LÁZARO.-

HORTA DE  CASA ZAERA 

HORTA DE  KAPPLER

HORTA DE  BARALLA

HORTA DE  GUTIÉRREZ 

HORTA DE BARREIROS

HORTA DE ACEVEDO

HORTA DA CASA DO BARRIO

HORTA DE FLORIDO

HORTA DE  CASA PARDO

HORTA DA CASA CARROZAS

HORTA DA CASA  DA COSTA

HORTA DE BOSQUEIRO

HORTA DE PACO SAMPEDRO´

HORTA  DE MANUELA DAS CRUCES 

HORTA DO CHALÉ DE BATALLÓN

HORTA DAS MONXAS

HORTA  DE LABARTA

HORTA DE ÁLVAREZ.-

HORTA DE VIZCAÍNO.-

HORTA DE  MODESTO RIVAS.- 

HORTA DE OÑATE.-  

HORTA DE  VILLA ANDREA 

HORTA DE VALIÑA

HORTA DO HOSPITAL DO MAZADOIRO.-  

HORTA DE ARTURO DE FENOSA .- 

HORTAS DA CORGA DO CONVENTO.-  

HORTAS  DOS FORNOS  DE ATRÁS .-

HORTAS DE CARBALLEIRA.- 

HORTAS DO BARRIO ANDIÓN.-

HORTAS DE PENA DE ARMILLÁN.-   Na Rúa de Formigeiros /  Rúa Pascual Veiga 

HORTAS DA CRUZ DE PRADEDA. 

HORTAS DO CANEIRO.- 

HORTAS DA PEDREIRA.-  

HORTAS DA PONTE  RIBEIRA.-

 HORTAS DAS INSUAS.- 

HORTAS  DO MAZADOIRO.-  

Comentarios

Publicacións populares