DETENCIÓN NA POBRA DE SAN XIAO DE REPUBLICANOS CONCENTRADOS EN LUGO ( 20.07.1936
Ao ser declrado o estado de guerra na cidade de Lugo os republicanos procedentes de lugares da provincia que foran concentrados no Hospital dispostos a defender a legalidade constitucional abandoaron precipitadamente a capital voltando para os seus lugares de procedenza, uns a pé, e outros servíndose dos camións e coches nos que na mañá daquel día foran mobilzados secundado as ordes emanadas do Goberno Civil-
En direción a Sárria e Monforte darredor das seis da tarde pasaban pola Pobra de San Xiao ( Lánca) dous camións , no dicir do comandante de posto da Garda Civil, Emilio Iglesias Vázquez, completamente cheos de sediciosos , en direción a Sárria, e ao pasar por diante da Casa Cuartel, a forza ali destacada e se n se preocupar das diferencias numéricas de forza xa que oss sediciosos calcúlase o seu número nuns corenta, deulles o alto, botándose aqueles fora dos autos e dispoñéndose a facer fogo contra a forza do Corpo, e visto isto rompeuse fogo contra os sediciosos, fuxindo os ocupantes o primeiro camión, e capturando aos do segundo que resultaron ser :
XERARDO LÓPEZ CASTAÑO,de 26 anos, solteiro,natural e veciño de Vilar ( Sárria) e garda municipal da repetida vila.
FRANCISCO LÓPEZ VILA , de 20 años, solteiro,natural e veciño de Sárria.
ROXELIO LÓPEZ CALVO, de 23 anos, solteiro, natural e veciño de Monforte
XOÁN SANTÍN SÁNCHEZ, , de 23 anos, solteiro , natural e veciño de Monforte.
RICARDO LÓPEZ LÓPEZ, de 27 anos,solteiro, natural da Arxentina e veciño de Vilapedre. (Sárria)
XOSÉ NODAL PENA, de 27 anos, solteiro,natural de Pontevedra e veciño de Vilapedre
AVELINO LÓPEZ PÉREZ, de 35 anos, natural e veciño de Doade ( Sober )
ELADIO GONZÁLEZ, de 25 anos,natural e veciño do repetido Doade
XOÁN MANUEL DONEGO LÓPEZ , de 47 anos,natural e veciño de Monforte
RICARDO LÓPEZ SOMOZA, de 24 anos, natural e veciño de Monforte
ANTONIO SÁNCHEZ CANALEJO, de 26 anos, natural de Madrid e veciño do mesmoe punto
LUIS PÉREZ ALONSO , de 18 anos, solteiro natural de Lugo e veciño de Monforte
ELOY LÓPEZ CANO, de 21 anos, solteiro, natural e veciño de Sárria,
MATÍAS RODRÍGUEZ VARELA, de 23 anos, solteiro , natural e veciño de Sárria
XOSÉ POMBO AGUIRRE, de 22 anos, solteiro,natural e veciño de Sárria
XOSÉ LÓPEZ ARIAS, de 26 anos, solteiro, alcalde pedáneo da Pinza ( Sárria)
XOSÉ QUIROGA PÉREZ, de 27 anos, casado, natural e veciño de Sober
MANUEL SEIJO LÓPEZ, de 26 anos, solteiro, natural e veciño de San Martiño de Oleiros(Láncara)
XOÁN ARMESTO ÁLVAREZ, de 35 anos, solteiro, natural e veciño de Doade ( Sober )
DANIEL CANEL GONZÁLEZ, de 48 anos, solteiro, natural e veciño de Lobios ( Sober )
EMILIO MARCOS DÍAZ, de 39 anos, casado, natural e veciño de Doade
CLAUDIO GARRIDO LAGO, de 31 anos, casado, natural e veciño de Sárria, garda municipal da dita Vila
BENIGNO LAGO DÍAZ, de 31 anos, solteiro, nattural e veciño de Sárria, garda municipal da mesma Vila
Armas ocupadas; 1 rifle, 14 escopetas, 5 pistolas , 2 revólveres e unhas 20 bombas de dinamita cos seus detonadores e mechas correspondentes cargados con cristais e pedras.
O día 4 de agosto o mesmo comandante de posto declara que " todas as armas enontradas foron entregadas aos elementos de "Falange Española", que nos primeiros días se puxeron ao lado da forza estando no seu poder ata estes últimos días en que foron entregadas na Comandancia Militar de Lugo
NOTA.- Ninguha referenza se encontra ao veciño de Sober que morreu a consecuencia de disparos dos gardas na Pobra de San Xiao e cuxa morte consta en acta no Rexistro Civil de Sárria
Comentarios
Publicar un comentario