Conde don Rodrigo Alvarez
DON RODRIGO ÁLVAREZ
De Roma pasou don Rodrigo a España, onde en 25 de marzo de 1181 o achamos en Villalpando, confirmando a doazón que don Nuno Peláez lle fixo á Orde de Santiago do Castleo do Courel.Por aquel entón o seu antigo amigo e compañeiro, o Mestre de Santiago, cedeulle o castelo de Monfragüe ou Almofrag, perto de Alcántara , na ribeira do Texo; e tan favorable acollida acharon en España os proxectos de don Rodrigo, que no dito castelo de Almofrag puido estabecer a cabeza do seu Orde na parte Occidental da Penínsua.
Perdida Xerusalén, e tamén por iso Montegaudio, no Outono de 1187, don Rodrigo tivo que voltar para España; mais aquí a súa actividade non permaneeeu ociosa, senón que se empregou con todo afán noutras obras non menos meritorias e de proveito para a sociedade craistiá. Ademáis da de Alfambra, en Teruel, fundou unha casa, titulad do Redentor, cuxa misón era rescatar aos cristiásns que xacían cativos en poder dos nemigos da Fe.
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO
NOTA: O insine historiador , escriror fecundo e coengo compostelán, don Antonio López Ferreiro, foi fillo de pai nado en Santo Estevo de Calvor, freguesía entón pertencenee á Xurisdición da Abadía de Samos.
Unha das máis fermosas manifestacións da vida de Galicia no social e político durante o século XII foi a serie non interrompida de peregrinacións aos Lugares Santos de Xerusalén. Estas tan arrriscadas como gloriosas expedicións nos máis dos casos coa fin principalmente piadosa levaban outra politica, cal era a de prestaren axuda e socorros aos que naquelas apartadas rexións se comprometeran a manteresn ergueito o pavillón do Nome cristián. Considerable foi o continxente co que o noso país dende a primeira Cruzada contribuiu a tan noble empresa; pois nos documentos da época é moi frecuente a mención de persoas que se dispoñían para marcharen á Terra Santa. Mais o principal repersentante deste movemento m que tan activo e enérxico se amosaba na nosa rexión, foi o Cabaleiro don Rodrigo Álvarez.
Don Rodrigo era fillo de don Álvaro Rodríguez,- un dos principais cabaleiros da Corte don Fernando II, - e dona Sancha Fernández, filla de don Fernando Pérez de Traba e de dona Tareixa , Raiña de Portugal. Os seus avós , tanto o paterno , don Rodrigo Velaz , Conde de Sárria, como o materno, don Fernando Pérez , fixeran a viaxe a Xerusalén, e o segundo por dúas veces. O seu neto, don Rodrigo, herdou, pois, dos seus maiores a súa entusiasta devoción cara os Lugares Santos. Ata onde chegaba a xenerosidade da súa alma revelouse dende o momento no que polos anos 1168 se asociou a don Pedro Fernández de Fuencalad,a a don Pedro Arias e a outros magnánimos cabaleiros para a fundación do insine Orde militar de Santiago, na que foi comendador de Monsante e Abrantes en Portugal
Mais España enteirí pareceulle a don Rodigo reducido campo; e por outra parte o seu espìritu aspiraba a outros trofeus que os que se poden alcanzar coas armas materiais; o vencemento del mesmo e a completa sumisión de todo o que na nosa fráxil natureza está preparado a sacodir calquera xugo, Con este propósito encamiñouse a Roma , onde obtivo faculdade do Papa Aelexandre III para abrazar o Instituto cisterciense. Isto non foi senón a preparación para máis arduas empresas. Darredor do ano 1175 á fronte de varios cabaleros españois parteu para Xerusalén. En chegando a Palestina recobrou varias terras e castelos, e estableceuse cos seus compañeiros nunha fortaleza sita no Monte do Gozo ( Mos Gaudii) na entrada da Cidade Santa.
Posesionado de aquel castelo , deu volta cara Europa coa fin de sacar a autorización e os poderes neecsarios para a fundación oa Orde que el ideaba, e espallalado nosa Penínsua.
Deullos ben compridos o Papa Alexandre III en Bulda despachd a en Túsculo o 24 de novembro de 1180; e o título que por virtude dela tomou o novo Orde foi o de Montegaudio ou Montis Gaudii.
Pasando depois a Aragón obtivo do Rei , don Alfonso II, o castelo de Alfambra perto de Teruel, que sinalou como cabeza do seu Orde naqueles estados.
Encomendada a custodia desta casa ao Cabaleiro don Rodrigo González, que despois o sucedeu no Mestrazgo do Orde, volveu para Palestina, onde ao pouco tempo as vitorias de Saladino aniquilaron case de todo o poderío das armas cristiás.
Non é noso ánimo escrbirmos neste mome a biografía do insine fundador da Orde de Montegaudio, de Alfambra, de Almofrag e de Trujillo; que con tan diversos nomes o seu Orde foi coñecido.
Abonda agora con sinalar algús rasgos máis carcterísticos da súa vida para chamar de algún xeito a atención sobre este ilustre personaxe tan pouco coñecido na súa patría.
Despos dos sucesos apuntados , pouco puido sobrevivir don Rodrigo Álvarez. O seu cadáver foi sepultado no convento de Alfambra , perto de Teruel.
No ano 1221, o santo rei don Fernando incorporou a Orde de Montegaudio á de Calatrava , que tamén era Cistercense.ANTONIO LÓPEZ FERREIRO
NOTA: O insine historiador , escriror fecundo e coengo compostelán, don Antonio López Ferreiro, foi fillo de pai nado en Santo Estevo de Calvor, freguesía entón pertencenee á Xurisdición da Abadía de Samos.
Comentarios
Publicar un comentario