Román Díaz de Freijo

A PRIMEIRA PELÍCULA FEITA EN SÁRRIA  REALIZOUNA DON ROMÁN DÍAZ DE FREIJO ,  "AVES NOCTURNAS" FOI RODADA EN 1916.


            ROMÁN DÍAZ DE FREIJO LÓPEZ.- Naceu en Sárria o 22 de novembro de 1867. Era fillo de Manuel Díaz de Freijo Silva e de Carme López-Yáñez Dorado, neto ,por parte de pai ,de Xoán Díaz de Freijo, liquidador de hipotecas, e por parte de nai de Xoán López Yáñez, escribano en Sárria,
Don Manuel, cultísimo avogado, foi deputado provincial e estivo proposto para gobernador civil de Luzón ( Filipinas ), cargo que non aceptou. Foi promotoro fiscal de Padrón. Era de fácil e elocuente palabra de finos modais e un namorado de Galicia. Amigo íntimo do grande escritor, xornalista e poeta lucense Aureliano J. Pereira. Irmán de do Román  era o que tamén foi amigo noso, Bienvenido, autor de "El despacho del Doctor" e de outras obras teatrais, sendo grande versificador.
         Cursou don Román o bacharelato en Lugo e máis adiante foi oficial da Administración Subalterna de Sárria. Bastantes anos despois ingresou en Facenda, en Lugo, onde se xubilou o 14 de febreiro de 1941.
         Escritor, poeta e músico, escribiu as obras seguintes:, todas elas representadas  varias veces  no Casino de Sárria, en medio de aplausos : En 1904, EL ANTICUARIO, pequeno paso cómico-lírico , de un acto e en prosa; en 1909, PROTECCIÓN FATAL , drama en un acto e en prosa; en 1916 LA BANDA MUNICIPAL, xoguete cómico-lírico en dous actos, e AVES NOCTURNAS, película cinematográfia, en un acto;  e en 1926 O SUPERTIZOSO, zarzuela en tres actos.  Para  "Banda Municipal" e "O Supertizoso, don Román tamén  compuxo a música. No Casino de Sárria - onde don Ramón foi varias veces  querido presidente - organizou  e dirixiu el mesmo varias veladas teatrais-musicais  e grandes bailes , representando papeis  na maior parte delas  e tocando en todas elas piano, e en algunha, a harpa.
         En Sárria, durante anos, dirixiu coros de mozas para cantar nas Flores de Maio, pola Concepción  e noutras festas relixiosas . " Aínda parece que o estamos ven do ensaiar un coro de mociñas  - do que formaban parte Carme González  Pérez, Alvina da Pedreira e Severina Saco, excelentes cantoras  ,na antiga escola de nenos  , no ano 1897, para a festa do Apostolado da Oración-
         ¡  Como tiña boa voz , pertencera, sendo moi novo, ao inolvidable ORFEÓN SARRIANO, fundado e dirixido  polo entusiata capitán mallorquín do Pedro Lliteras, que foi quen lle ensinou música, así como a outros sarriaos, entre os que se acha o mestre e querido amigo, mestre  da infancia ,   Luis Carrozas Saco !.
         Era tamén do Román un bon prestidixitador , que facía  numerosos e variadísimos xogos".
         En  Mondoñedo casou con dona Artura Ralero Rego , e en Mondoñedo permaneceu dende que se xubilou, téndolle verdaderio cariño.

(  Solto de prensa de Eduardo Lence Santa e Guitián - Mondoñedo, 5.12.1946)

Tomado de XENTE DE SÁRRIA (  Xaime Félix López Arias )
                                                       ......................................
* A antiga escola de nenos estaba na parte traseira do Hospital de Santo Antón Abade- Casa Consistorial.  Foi alzada a finais do século XVIII , para Escola de Gramática e Primeiras Letras, e Casa do Mestre. En 1896 deixou de ser  Escola   , pasando para ese local o Cárcere, que estaba no ex-mosteiro da Madalena,

XAFA ( netopacios@gmail.com )

Comentarios

Publicacións populares