Fillos de sarriaos
FREI LUIS DE GRANADA ( *Granada, + Lisboa ) LUIS SÁRRIA. Frade dominicano, escritor en castelán, portugués e latín, é o autor literario español máis fecundo, un dos místicos máis destacados e foi conselleiro de reis de Portugal e de destacadas figuras do seu tempo. Está aberto o proceso para a súa beatificación.
Era fillo de Narciso Sárria ( algún autores cítano como Francisco), un sarriao que se asentou en Granada despois da conquista da cidade polos Reis Católicos.
Quedou orfo sendo áinda neno , e contou coa protección do Conde de Tendilla, gobernador de La Alhambra. Estudou en Valladolid , e residiu en conventos dominicanos andaluces ata que se asentou en Lisboa, ocupando cargos destacados dentro do Orde de San Domingos.
Proposto para o arcebispado de Braga, declinou a designación. Foi perseguido pola Inquisición española, e foi o verdadeiro iniciador do castelán literario moderno, e a súa obra fecunda , xa no seu tempo, foi traducida ao portugués, francés, inglés, italiano, alemán e mesmo ao xaponés.
En Sárria levan o seu nome: a ).- Unha rúa no Barrio Andión, entre a Calexa e O Murallón . b).- O CEIP ubicado na zona escolar ( Praza de Galicia ) . c).- Un edificio na rúa Calvo Sotelo, que ocupa o espazo onde estivo a casa que a tradición sinalaba como lugar onde nacera o seu pai. Esta casa, que aínda estaba en pé darredor de 1970, contan que tiña na parede una grande cruz de madeira. Inapropiadamente sinalábana algúns como a casa nadal de Frei Luis , erro corrixido, porque el naceu en Granada, trocando o seu nome de Luis Sárria, polo de Luis de Granada cando entrou en relixión.
**************************************
ANTONIO XOAQUÍN LÓPEZ FERREIRO.- ( * 9.11. 1837 ) Coengo compostelán, historiador e escritor .
O seu pai RAMÓN LÓPEZ VÁZQUEZ ( fillo de Domingos López e Caetana Vázquez ) naceu e n Santo Estevo de Calvor, na Xurisdición da Abadía de Samos., no lugar de Pintín, na actualidade pertencente ao Concello de Sárria ( dende 1840 ).
No fondo parroquial de Santiago, San Fiz, serie Libros Sacramentais , número 10, folio 66 volto, do Arquivo Histórico Diocesán de Santiago de Compostela, hai unha inscrición que dí :

" En dez de Novembro de mil oitocentos trinta e sete eu o Doutor Don Antonio de Otero e Rubio, Reitor e Cura propio das Igrexas parroquiais de San Fiz de Solovio e Santa María Salomé da Cidade de Santiago , bauticei solenemente na de San Fiz e púxenlle os Santos Óleos a un neno que naceu o día antecedente , fillo lexítimo de RAMÓN LÓPEZ e XOANA FERREIRO, a súa muller, veciños desta parroquia de San Fiz. Púxenlle por nome ANTONIO XOAQUÍN. Avós paternos: DOMINGOS LÓPEZ e CAETANA VÁZQUEZ , a súa muller, viciños de SANTO ESTEVO DE CALVOR, Bispado de Lugo. Maternos : ANTONIO FERREIRO e a súa muller XOAQUINA , viciños da espresada de SAN FIZ. Foron padriños os Avós maternos, a quen advertín o parentesco espiritual e máis obrigas e para que conste asínoo como Reitor e Cura propio = Doutor Don Antonio de Otero e Rubio ( rubricado )
Na marxe esquerda: "ANTONIO XOAQUÍN; fillo de Ramón López e Xoana Ferreiro.
********************************************
LÓPEZ DE ANDRÉS

..........................................................................................................................................................................

Comentarios
Publicar un comentario