Erros
NA DEFENSA DOS TOPÓNIMOS DA COMARCA DE SÁRRIA
Por iñoranza, "snobismo", "falsa fineza" e preguiza os nomes propios de parroquias, lugares e paraxes veñen sufrindo distorsións, deturpacións e agresións inxustificadas , nas que, como ben é sabido, tiveron e teñen boa parte de culpa entidades e funcións públicas ( notarios, gardas civís, cregos , xulgados e rexistros,etc). que , aínda que sendo sabedores de que por lei os topónimos galegos son en lingua galega, manteñen híbridos, falsas traduciósn e bailan a " J " a pracer.
Lamentablemente son moitas as ocasións nas que se producen erros , e para evitalos vai aquí unha relación de "asneiras toponímicas" que se deben corrixir:
"PONTE DE DON FERMÍN" ( erro ) .- Chaman algúns con ese nome á PONTE VELLA DO MAZADOIRO , que estaba no antigo camiño de Sárria a Lugo, e serviu de entrada á Estación do Tren cando en 1880 se puxo en servizo a liña A Coruña-Sárria. O don Fermín a que alude esa "popular" denominación , foi don Fermín Somoza García ( Furela ), fillo de quen , despois da chegada do ferrocarril a Sárria, alzou unha casa, onde houbo unha fábrica de gasosas, a carón da "histórica "PONTE DO MAZADOIRO, e cas e ponte estiveron dentro da parroquia de San Pedro de Maside, ata 1890, passno entón a se integrren na parroquia de San Salvador de Sárria.
O nome propio é PONTE VELLA DO MAZADOIRO, para distinguila das novas pontes do Mazadoiro, construidas para a estrada de Valdeorroas ( 1850) e estrada de Monforte (1950 ) e estrada de acesos a Galicia ( 1980 ).
Don Fermín nada tivo que ver coa ponte, aínda que foi alcalde de Sárria, e se algúns lle dan o seu nome é porque viviu na casa que herdou do seu pai e este alzara a finais do século XIX, cando a PONTE DO MAZADOIRO , refeita no séxulo XVIII , xa levaba , con outra estrutura, servindo dende a Idade Media aos camiñantes e pasaxeiros que ían ou viñan de Lugo e dos portos da mar.
"AS ACEÑAS" /" LAS ACEÑAS" ( erro ) .- Para o conxunto do espazo que vai dende O Carballal ou Pedra Chantada , en Frollais, e Veigadelo ( Farbán ) a denominación correcta é "FOZ DAS ACEAS". "A Acea de Riba" ( Reimóndez ) e "A Acea de Baixo "( Farbán ) son os nomes de casar, lugar e muiños.
"CIGÜEÑEIRA " ( erro ).- O cruce , e barrio, da CIGUÑEIRA deben o seu nome a que no cruce da estrada de Corvelle ( aberta en 1860 ) coa estrada de Samos , despois de 1890, un home natural do lugar da Ciguñeira, en Barbadelo, instalouse nunha casa no entón chamado Barrio da Ponte Vella, pasando a denominar a casa, o cruce e o barrio. O topónimo "Ciguñeira" aparece na terra de Sárria en lugares de Sárria e O Páramo e en Castelo dos Infantes hai varios predios que levan ese nome. Non ten nada que ver coas cigoñas, senón que alude a tarreos onde hai a pranta coñecida como falsa cicuta ( cicconaria) e na Idade Media deu nome aos tarreos onde proliferaba esa pranta. ( "Cicconaria de Suso" e "Cicconiaria de Iuso" eran tarreos propios do Mosteiro de Barbadelo )
"MASIZ " / "MASID ".- Estas dúas maneiras de denominar a parroquia de San Pedro de MASIDE non teñen xustificación ningunha e son simples aberracións , e non teñen xustificación a non ser a de imitar a terminación de "Madrid" e. Houbo tamén a parroquia de San Vicenzo de Maside e o lugar de Santo Estevo de Maside , e figurou tamén o topónimo en Monte "Masiti". Deriva dun nome de posuedor "Masitus", de onde saiu o xenitivo "Masiti ", que derivou en Maside,
SANTIAGO DE " LA VEGA" .- A parroquia de SANTIAGO DA VEIGA está na Veiga de Sárria VEIGA é o topóimo patrimonial é A VEIGA.
"SAN JULIAN DE LA VEGA".- Históricamente escribíase como San Jullao da Veiga e San Jillao da Veiga. SAN XULIÁN DA VEIGA é parroquia na Veiga de Sárria ( Na Pobra do Brollón hai outra parroquia chamada tamén San Xulián da Veiga . En documentación eclesiástica aparece como San Xulián da Veiga de Sárria, e esta denominación sería aconsellable que se oficializase, máis agora polo feito de que o Parque Empresarial sarriao está nesta parroquia, e evitaríase ademáis a confusión coa da terra de Lemos.
LAGUELA.- O Monte de LAGOELA está nas parroquias de Vilamaior ( Sárria ), Andreade e Barán ( Paradela). O topónimo é o diminitivo de Lagoa ( Lagoela ), que deron en escribir "Lagüela" e mesmo vemos formas como " La Güela " ou " A Güela". Debe ser recuperada a forma autética.
MACAQUE.- Monte na parroquia de Ortoá . Históricamente Lama de Caque ou LAMA CAQUE, na que Caque responde a unha expresión indicativa de "lagoa". A forma correcta é LAMA CAQUE.
TORRE DO BATALLON/TORRE DOS BATALLONES.- A Fortaleza de Sárria , derrubada en 1860, mantivo a súa lembranza nunha das torres de flanco, que popularmente se coñeceu como Castelo de Batallón, porque se conservou grazas aos desexos de don Manuel Pérez Batallón de darlle á súa horta un miradoiro previlexiado cara a Veiga. Duns anos para acó, vemos que deron en chamarlle Torre ou Castelo " do Batallón" , ou dos" Batallones", formas espúreas, por o nome correcto é TORRE DA FORTALEZA, porque en Sárria sempre se chamou A FORTALEZA á edificación m militar que presideu Vila Nova de Sárria-A Pobra de Sárria-Sárria. Nada tivo que ver esa edificación, nin a torre que agora resta, con ningún Batallón nin Batallones, pois os únicos Batallóns que en Sárria houbo foron o Batallón de Reserva e o Batallón de Depósito, que tiveron asento na Casa Novoa, na Praza da Constitución ( nº 12 da Rúa Maior ). Tamén convive con esas expresións a de "Castillo de Batallón", e mesmo en publicacións hai quen chama á Torre , con confusión evidnet, "Castelo dos Infantes", que é o nome dunha parroquia sarriá. O nome de RÚA DO CASTELO ás veces dá lugar a confusión "postal" coa dita parroquia.
EL SALVADOR.- No Concello de Sárria hai ,entre outras, as parroquias de San Salvador de Sárria, San Salvador de Vilar de Sárria, San Salvador do Mato, San Salvador da Pinza e San Salvador da Pena.Tamén houbo o mosteiro medieval de San Salvador de Barxa ( Calvor ). Dende o tempo en que os mercedarios chegaron a Sárria, e se encargaron da parroquia, foi aparecendo na escrita e na documentación a expresión de "parroquia de" El Salvador ". A forma correcta, legal e valedeira é SAN SALVADOR, o mesmo que é de San Salvador a catedral de Oviedo e son moitas outras igrexas e capelas que teñen esta advocación.. e en Italia está Santo Salvatore e Saint Sauveur en Francia . En todas as misas din ¡ Santo, Santo, Santo é o Señor ...! , "Santo entre os santos é, ¿ Qué razón sustenta a suplantación do topónimo histórico Sancto Salvatore, ... ünicamnte o desexo de "castelanizar " o nome tradicional. Ou sexa, autoodio.Alí estivo a "Casa
ALBATAIRA.- É unha mala trascrición da histórica denominación do Partido da LOBATAIRA ( Vilamaior da Lobataira e Nespereira), coa que se denominou una asociaación cultural, cecais por erro na apreciación fonética. Vilamaior da Lobataira ou Vilamaior de Paradela foron as denominacións históricas de Santa María de Vilamaior ( Sárria).
A MARRIGUEIRA.- Ocasionalmente ten aparecido escrita esa anormal denominación , para o lugar de A LAMA RIGUEIRA ( Farbán). En tempos pasados dicían" A Lama da Rigueira"
ESCALEIRA MAIOR .- Aínda que o Concello de Sárria a ten rotulada con ese nome, a denominación histórica e correcta é a de ESCALEIRA DA FONTE. A escaleira fíxose darredor de 1855 , para salvar a antiga "Costa da Fonte", pola que se baixaba ata a Fonte Ribeira , único manantio constante de auga potable na vila, para percurar a auga necesaria para os usos domésticos.
ESCALEIRA PEQUENA.- Rotulada con esa denominación, o nome correcto e histórico sería ESCALEIRIÑA DE TEIXEIRO.Alí estivo a "Casa da Escaleiriña"
CASA DO MARQUÉS.- É a denominación "popular" de "VILLA ANDREA ", a residencia de verán promovida despois de 1880 polo politico e industrial chocolateiro don Matías López López. O nome figura con grandes letras no arco da porta de entrada á actual Praza da Vila.
MOSTEIRO DA MAGDALENA.- A forma correcta é MOSTEIRO DA MADALENA ( Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria ). A forma MADANELA frecuente en outros lugares de Galicia só se recolle en algúns documentos relacionados con esta institución, sendo maioritaria a expresión "Madalena". Con esta expresión aparece a denominación "Casa do Madanelo" en algunhas parroquias rurais da comarca : Santa María Madalena de Adai e Santa María Madalena de Moscán teñen esta advocación.
MONTE/SERRA DO ORIBIO .- O medieval Alpe ou mons Eripius evoluiu na forma IRIBIO. AntepOsto o artigo "o" ( O IRIBIO ) deuse o nomeamento ORIBIO , que é certamente incorrecto. A cabeza grande deste monte denomínase A IRIBIO.
RÍO ORIBIO/ RÍO OURIBIO / RÍO OROBIO/ RÍO OROPIO.- O río que baixa dende a Serra do Iribio, Monte da Meda e Monte da Albela ata dar augas ao Río Neira , documentado por vez primeira no século VI é a RIPA SARRIE , FLUVIO DE RIPA SÁRRIA , ata fins do século XVIII coñecido como RÍO DA SÁRRIA, e dende entón RÍO SÁRRIA, sufriu un forte intento de sustitución do seu nome propio e histórico ( o río deu nome á comarca, vila,parroquias ,etc), cando nunha operación orquestada dende a Delegación de Información e Turismo en Lugo, a partir do ano 1965, e con sucesivas ustitucións de letreiros, como por presión e borrado do nome histórico na prensa, se sustitiu polo nome de Río Oribio.
Iniciouse esa aberración de sustituir o hidrónimo histórico ( Sárria quere dicir corrente fluvial, e é da mesma raíz indoeuropea - que Sar, Sarea, Sarre) por un orónimo ( tamén erróneo, Eripius derivou en Iribio ), e aínda que se solicitou do Concello de Sárria que "dese benzón " a ese cambio, non o lograron porque, ao dicir da Coropración, a vila dera nome ao río ( con evidente erro , porque foi o río quen deu nome á Vila Nova de Sárria, a finais do século XII, e o nome xa viña de antes dos románs).
Houbo a " folclorada "de bautismar o río , nun dos seus regueiros de nacemento, con presenza dos xerifaltes promotores da idea ( eles dixeron que era porque era " un río con tres nomes "Triacastela-Samos -Sárria ) e ata houbo unha benzón solemne do abade mitrado de Samos , que din que dixo : "Eu te bautizo Río Oribio, e que cadaquen que te chame como queira".Que iso contan.
Luis Macía , escribiu un bon traballo amosando como no século XII , en Pena Partida, perto de Triacastela se documentaban uns muiños "in ripa de rivulo de Sárria, e o bieto Plácido Arias insistiu nos seus traballos no feito de que toda a documentación medieval facía referencia a que o mosteiro de Samos estaba a carón do río Sárria e as Clases de Historia e Xeografía Comarcal publicaron un amplo traballo sobre o tema, secundando tamén a loita contra a suplantación o xorrnalista Víctor López Villarabid, insistindo na mesma direción con numerosos soltos de presnsa.
Pouco a pouco foise abrindo luz no asunto, divulgando as máis de cen referenzas contidas no Tombo de Samos, nas citas do Padre Sarmiento, en mapas históricos de Galicia a partr do século XVI, nas enciclopedias e nas publicacións xeográficas. E finalmente , baixo o impulso do delegado de Obras Públicas en Lugo , Sr Cobreros, corrixiuse a rotulación nas estradas poñendo letreiros coa lenda RIO SÁRRIA na Ponte Nova de Almirón, na Ponte de Samos, na Ponte Nova de Pascais, na Ponte Nova de Frollais e na Ponte do Caneiro en Sárria.
O río SÁRRIA deu nome a dous condados ( condado sarriense suevo e condado de Larín ou de Sárria ), a unha terra, a un alciprestado, a un arcediadago, a un marquesado, a unha xurisdición, a un partido hipotecario, a un cantón militar, a un concello, a un partido xudicial, a un distrito, a vaias parroquias ( San Cristovo de Río de Sárria- San Cristovo do Real, San Martiño de Río de Sárria- San Martiño do Real, San Salvador de Sárria, Santa Mariña de Sárria, San Salvador de de Vilar de Sárria ), dous mosteiros ( Santo Antoiño de Sárria e Santa María Madalena de Sárria), a lugares ( Freituxe de Sárria, Veiga de Sárria en Reiriz,a Ponte de Sárria ( hoxe Ponte Ribeira ), Vilar de Sárria ) , ao Val de Sárria e á Veiga de Sárria.
Catro das capiais dos concellos da comarca están na beira de augas fluentes ao río Sárria : Triacastela, Samos, Sárria é a Pobra de San Xiao , constituindo un auténtico eixo integrador da Terra de Sárria.
A forma espúrea ORIBIO , carece de toda xustificación e obedeu a un capricho de persoas que descoñecían o pouso da historia e que o topnóimo levaba vivo máis de dous mil anos , e é de siñiifcar que na Serra do Iribio nace o REGO DO IRIBIO, que leva augas ao río Lóuarzra ( na bacía do Sil ), mentres que o río Sárria pertence á bacía do Miño.
Outra forma espúrea, debida a Elías Valiña Sampedro , que descoñeceu que Iribio ven do Alpe Eripius, e que Oribio é forma con asimilación de artigo, coidou que ese "O" sería un castelanismo redutor de " OU "e cun non ben aplicado enxebrismo, supoñendo riquezas minerais no tempo dos románs deulle ao topímo errado un bernis de falso ouro, preseetando en algunhas das súas publicacións a inxustificada denominación de "OURIBIO".
Finalmente como a algúns autores e viaxeiros a forma "Oribio" lles soou como "exótica", ou fixeron lecturas precipitadas, tamén enadiron aos anteriores despropósitos outras novas aberracións como "Oropio" e "Orobio", xa que todos os anovadores aparecen empeñados en poñerlle ouro ao que só auga leva.
RÍO PEQUENO.- RÍO CELEIRO RÍO BARBADELO Outras denominacións: Río da Rañoá, Río do Lázaro, Río das Vacas,Río da Estación , Río Mazadoiro e Río das Insuas.
ISLA DO TOLEIRO.- INSUA DO TOLEIRO
ISLA DA VEIGUIÑA.- INSUA DA VEIGUIÑA
"ARMEA".- A denominación do Val da Armeá , parroquia e lugares de ARMEÁ presenta acentuación aguda. o mesmo que Vilameá , Ferreiroá.... consonte se deriva da denominación primitiva AR MEDIANA , malia a froma "Armenia" cultista que aparece na diplomática medieval samonense.
SAN VICENZO.- SAN VICENZO DE BETOTE SAN VICENZO ( DE MASIDE )
BIVILLE.- VIVILLE
RIVELA RIBELA
RIVEIRA .- RIBEIRA
CORBELLE.- CORVELLE
INICIO INCIO O INCIO "OINCIO"
VAL DO MAO
HERRERÍA ,. FERRARÍA
SAN SATURNINO SAN SADURNIÑO
SUÑID SUÑIDE
CÉSAR CESAR
SANTA CRISTINA SANTA CRISTIÑA
SAN MARTIN SAN MARTIÑO
PONTE DA ESPERA / PONTE ÁSPERAS PONTE DA ÁSPERA
SAN VICENTE SAN VICENZO
SAN ESTEBAN SANTO ESTEVO
SAN CRISTÓBAL SAN CRISTOVO
( netopacios@gmail.com )

Comentarios
Publicar un comentario