Festas do San Xoán ( 1952 )

GUIÓN DAS FESTAS PATRONAIS  DE SAN XOÁN.- SÁRRIA. 1952

DÍA 22.- O  disparo  de bombas  e voleo de campás  anunciarán  o comezo das festas. ao tempo que o afamado sexteto rexional "Os Montes " e a Banda Municipal de Sárria, percorren  a vila  interpretando  alegres  pasarrúas.
Ás doce , na Praza de D. Xoán María López, PRIMEIRO CONCERTO, por ambalasdúas  agrupacións musicais.
Pola tarde, na referida Praza e na Praciña do Concello, GRANDE FESTA na que intervirán as referidas bandas  e a afamada ORQUESTINA DE BETANZOS.
Ás 11, primeira VERBEA ,  e á 1  magnífica sesión de fogos artificiais.

DÍA 23.- Dianas e alboradas  polas agrupacións  musicais que interviron o día enterior e ademáis , a Banda  Municipal  de Lugo  e o Cuartete   Rexional Infantil Lucense.
Ás  12, segundo grande CONCERTO   e pola  tarde extraordinaria  ROMARÍA.
Ás  11 da noite danoite, GRANDE  VERBEA DA NOITE DE SAN XOÁN , con intervención  de todas  e extraordinaria sesión de fogos artificiais , á unha  da madrugada.

DÍA 24.- Dianas e alboradas.
MISA SOLEMNE  , ás 11 , e de seguido  PROCISIÓN EUCARÍSTICA , que percorrerá  o itinerario de costume. Ao se recoller esta, seleito CONCERTO.
Pola tarde, grandiosa  FESTA  na Praza  de D. Xoán María López e Praciña do Concello.
Ás  11 da noite, ÚLTIMA MAGNA VERBEA, con nova  e extraordinaria sesión de fogos artificiais  que, o memos que nos días anteriores, se celebrará á unha.

DÍA 25.- Dianas e alboradas.
Ás 12, na Praza de D.Xoán María López, último e escolleito CONCERTO, a cuxo remate  as bandas percorrerán  a vila camiño das INSUAS , onde  se celebrará  a xa tradicional FESTA GALEGA, anunciando o  remate  destas festas o disparo de bombas de palanque.

Alumeado:  Casa Romero. Pontevedra.
Pirotecnia :  Irmáns Álvarez, de  Chantada e ,don Pedro López, Sárria.
As Insuas  foron cedidas polo seu propietario , para a Festa Galega.
As  sociedades de recreo " Casino de Sárria" e "La Unión " , organizan para  estes días grandes  festivais.

A Comisión encargou a impresión do díptico coa programación  a Imprensa JEVASA.

Comentarios

Publicacións populares