Festas do San Xoán de Sárria ( 1946 )
FESTAS DO SAN XOÁN.- SÁRRIA ( 1946 )
GUIÓN
BANDAS DE MÚSICA.- Vilanova dos Infantes.-Sobrado do Bispo.- Brigantina, de Betanzos.
PIROTECNIA.- Don Pedro López, de Sárria ( Xato)
ALUMEADO ARTÍSTICO.- Casa Romero, de Pontevedra,
ALTAVOCES:-Radio Gómez, da Coruña
PROPAGANDA:.- Imprensa Editorial Jevasa.- Portada e debuxos de A. Vázquez Rivas
PROGRAMA: Misa Solemne.- Sermón.- Procisión.- Concertos.- Verbeas.- Romarías.- Festas de sociedade, etc.
ORGANIZACIÓN:.- Comisión oficial de festas.
PROGRAMA
DÍA 15.- Comezará na parroquial de Santa Mariña, ás 9, a solemne novena a San Xoán
DÍA 22.- Repenique xeral de campás, grandes salvas de bombas e o pasarrúas das bandas interpretando escolleitas partituras, anunciarán o comezo das festas.
Ás 11 da noite primeira EXTRAORDINARIA VERBEA, na Praza de D. Xoán María López, que locirá, o mesmo ca Rúa Maior e Praciña do Concello, un artístico alumeado.
DÍA 23.- Dianas e Alboradas.
Ás 11, na igrexa parroquial de San Salvador , solemne función do Santísimo Corpus Christi, e Procisión.
Á 1 , na Praza de D. Xoán María López, Grande Concerto, coa intervención de todas as bandas.
Pola tarde animad´sima ROMARÍA , e no parque de festas de La Unión, Te-Baile.
Segunda monumental VERBEA , durante a que se celebrará a primeira sesión de fogos artificiais.
DÍA 24.- Dianas e Alboradas.
Ás 11, en Santa Mariña , Misa solemne, sermón a cargo do Doutor Don Manuel R. Posse , párroco de Santa María do Sar, Santiago, e Procisión .De seguido Concerto , e pola tarde concorridísima romaría.
Terceira grande verbea , ás 11, con nova sesión de fogos artificiais, anunciando o seu remate unha enorme traca
PORTADA: AVARY ( Antonio Vázquez Rivas )
A ARTE ROMÁNICA NO CONCELLO DE SÁRRIA
No concello sarriao , que encerraba dentro das súas estremas un bonito xoial de arte románica en igrexas de dentro da vila e rurais, conserva hoxe as que reseñamos.
ALBÁN.- Prezado exemplar , igrexa dunha nave , que nin na súa porta nin na súa ábsida perdeu ninguna das súas características.
BARBADELO.- Antiga e prezosa igrexa que pertenceu ao mosteiro que no lugar tiñan os Bieitos . Porta principal moi interesante con tímpano pentagonal, porta lateral e torre da época , esta riba de robustos arcos no interior , no ángulo noroeste da nave,
BELANTE.- Situada como a anterior , á beira do camino francés das peregrinacións. Homildoso exemplar de románico rural.
BIVILLE.- Totalmente reformada , respetouse da fábrica románica a porta da parede norte.CORVELLE.- Interesante exemplar de sobria decoración cistercense na ábsida semicircular . Porta lateral románica. Frontis moderna.
FERREIROS.- Moi modificada, conserva no muro norte unha porta da época.
FROIÁN, SAN PEDRO.- Só conserva do románico a fronte do muro sur que corresponde a un exemplar do estilo rural máis sinxelo.
LOUSADELA.- Moimento moi interesante que chegou íntegro ata nós . Nave é ábsida retangulares . Os capiteis historiados do arco toral acusan recio primitivismo.
PARADELA, SANTO ANDRÉ.- Conserva íntegra a fábrica primitiva . Os seus arcos altipasados e algún elementos decorativos son prerrománicos , aproveitados, cecais, dunha obra anterior.
REIMÓNDEZ.- Subsiste da fábrica románica , a ábsida , semicircular , moi homildosa.
REQUEIXO, SAN MARTIÑO.- Exemplar homildoso tamén do románico rural da comarca.
SÁRRIA, SAN SALVADOR.- Ábsida románica, exento de decoración ao exterior. Porta lateral de transación , con interesante relevo que representa a Cristo Maxestade , no tímpano. Frontis gótica.
SARRIA, CONVENTO DA MERCÉ.- Na claustra, porta de traza románica, con elementos decorativos de transición.SETEVENTOS.- Conservada completa. Inresante pía da auga bendita, procedente dun capitel de transición visigótica.
VILAR DE SÁRRIA.-Nave reformada. Absida semicircular con fiestras ben decoradas.
*****************
FILLOS ILUSTRES DE SÁRRIA.- GREGORIO FERNÁNDEZ.-
É cousa sabida que Gregorio Fernández , o grande imaxineiro da escola castelá do século XVII , ocupa un lugar destacado entre os máis excelsos escultores españois.
Era natural do Reino de Galicia , como di a lenda do retrato do artista , que se conserva no Museu de Valladolid.
Tres pobos disputan o seu berce: Pontevedra, Santiago e Sárria.
Razóns moi poderosas inclinan a balalnza cara a nosa vila , coma recoñecen algún biógrafos do esclarecido imaxineiro , entre eles o redator do artigo Fernández, Gregorio, na Enciclopedia Espasa.
Fixéronse algunhas pescudas nos libros de batizados para achar a partida do escultor. Ben é verdade que os libros máis antigos das parroquia d Santa Mariña e San Salvador son posteriores á data na que naceu o artista ( * )
Nunha escritura de 16 de xaneiro de 1571 , un Gregorio Fernández, entallador, entrega ao Hosptal de leprosose ( gafos ) a imaxe de San Lázaro que lle fora encargada, e esixía que lle pagasen os catro ducados e medio, importe da contrata.
Este Gregorio Fernández podía ser, pola data o pai do famoso escultor.
Este púxolle ao seu fillo primoxénito ,nado en Valladolid, o nome de Gregorio. É moi probable que tamén el levase o nome do seu pai.
No obradoiro sarriao do "vello" Gregorio Fernández espertaría a afeizón pola escultura que había inmortalizar máis tarde a Gregorio Fernández o célebre imaxineiro do século XVII.
( * ) Entre os papeis procedentes de Santa Mariña de Sárria hai unas follas nas que está a inscición do matrimonio dun Gregorio Fernández e María López, feitta polo crego Valecillo, e no mesmo acto fan batizar a un fillo seu ( 1578 ). Está ben documentado que o altar maior de Santa María Madalena de Sárria, e as súas imaxes ( consérvase alí a de Santo Agostiño ), xunto coas cadeiras do coro baixo, xa desaparecidas, foron da autoría de Gregorio Fernández ( pai ).
*********************
DA VELLA SÁRRIA.- NOTAS SOLTAS
Exractamos do célebre Catastro do Marqués de la Ensenada, que se conserva manuscrito no Arquivo da Delegación de Facenda de Lugo ( Nota: hoxe no Arquivo Histórico Provincial ), os seguintes datos relativos a Sárria e que xulgamos de interese As novas refírense ao ano 1753re
No índice dos individuos eclesiásticos, viciños e forasteiros "comprenhendidos neste Libro do Real deles da freguesía de San Salvador de Sárria " figura en primeiro termo o Apóstolo Santiago. E no folio primeiro está escrito:
" O Apóstolo Santiago , Percive dos viziños desta freguesía que teñen labranza nela por razón de voto, a medio ferradp de zenteo cada ano.."
Na parroquia de Santa Mariña percibía tamén "o Apóstolo Santiago por voto dos que teñen xugada para labrar, medio ferrado de zenteo".
Da parroquia de Santa Mariña , había cincuenta e seis casas habitables, tres arruinadas e ningunha inhabitable.
Algúns prezos que rexían en Sárira no ano 1753 : " O ferrado de trigo valía 4 reais; o de centeo, 3 ; un carro de nabos, 8 ; un carro de leña de carballo, 3 : un carro de leña producida no monte, 2 ; un leitón cebado, 22 ; un carneiro, 8 ; un cabirto,4; unha libra de cera, 8 ; unha libra de manteiga, 2; un capón, 2 1/2 ; unah galiña,2 ; un cuartillo de nabiña, medio real".
***************************
SÁRRIA NO CAMIÑO FRANCÉS A COMPOSTELA
O Camiño francés das peregrinacións , que atravesba o nos Concello de leste a oeste, deixou fondas pegadas na nosa toponimia.
Partindo da Brea ( Vereta, Camiño ) na parroquia de Calvor, onde aínda persiste a Capela da Virxe do Camiño ( * en Perros ) e unha casa que conserva o nome de Hospital ( * Na Aguiada ), internábase en San Mamede do Camiño, que nas escrituras dos protocolos sarriaos do século XVI , aínda se chamaba San Mamede do Camiño francés ( *parroquia na que tamén había unha capela e un casar chamado den San Pedro do Camiño).
En Sárria había tses hospitais para peregrinos ( * ) : O da Madalena ( actual Convento de Mercedarios ), documentado a partir de 1219 . O de Santo Antón, emprazado no lugar que hoxe ocupa o Xulgado de Instrucción. O de San Lázaro que estivo situado no Barrio que aínda hoxe conserva este nome.
Dende os arrabaldos da vila, dirixíase a Barbadelo, atravesando a Ponte da Áspera; e está sinalado o seu paso polo Mercado da Serra; Barreiros , da parroquia de Ortoá; Domíz, na de Meixente; e Lavandeira, na de Biville; para saír pola Brea ( recórdese o homónimo de Calvor ) ao concello de Paradela por Ferreiros.
Notas aclaratorias , froito de novas inestigacións:
( * ) Hoxe podemos precias: En Sárria houbo tres hospitais para peleriños
: 1.- Hospital de San Roque, ou de Santa María Madalena, alzado fronte ao Mosteiro, na despois chamada Horta do Pombal, onde está agora a Capela do Cemiterio Mjuicipal novo.. Só atendía aos peleriños que ían cara Santiago.
No século XVIII derubaron o Hospital e fixeron os Hospitaliños Novos , perto da Porta dos Carros, que estiveron en pé ata finais do século XIX,2.- Hospital Vello de Sárria, que estaba no actual número 16 da Rúa Maior (Casa Puche ), e que deixou de estar activo nas décadas finais do século XVI, pasando a ser a sede da Tulla da Obra Pía dos Gutián, e da cámra destinada a acoller cregos que estivesen de visita en Sárria.
3.- O Hopsital de Santo Antón Abade, na Rúa Maior 1, fronte aá igrexa de San Salvador, no edifico onde está o do Xulgado- e que foi Casa Conststorial ata 1920-. Foi fundado por don Dinís de Castro e Portugal, crego, fillo do Conde Lemos na década final do século XVI. Só acollía a peleriños que voltaban de Santiago e presentaban "a Compostela"
O Hospital de San Lázaro, estaba na parroquia de san pedro de maside, e pasou a se integrar o Barrio de San Làazro na vila de Sárria o ano 1891. (XAFA )
**************************************
Todos os traballos literarios son da autoría do membro da Real Academia Galega , don Francisco Vázquez Saco ( orixinais en castelán ), que foi quen introduciu as colaboracións nos Programas que só viñan incluindo dende corenta anos antes, o guión de actos e publicidade.
A orientación de divulgación histórica dada por don Francisco Vázquez Ssaco, vense mantendo dende hai 70 anos, de maniera que os Libros-Programa das Festas do San Xoán, cada ano, cumpren o seu cometido de amosar as mellores pàxinas da historia da Comarca de Sárria. ( 2016 )
.-
PUBLICIDADEA orientación de divulgación histórica dada por don Francisco Vázquez Ssaco, vense mantendo dende hai 70 anos, de maniera que os Libros-Programa das Festas do San Xoán, cada ano, cumpren o seu cometido de amosar as mellores pàxinas da historia da Comarca de Sárria. ( 2016 )
.-
IMPRENTA EDITORIAL JEVASA.- Os bons impresos acrecentan a fama e creto dunha empresa, industria ou comerzo. Confíe as súas encargas á Imprenta Editirial Jevas , Rúa Maior, 36, Teléfono , 27. Sárria, e distinguirase oolas súas cartas comerciais e demáis traballos de imprensa.
LA SUCURSAL.- M. Rodríguez Rodríguez. Queixos, Manteiga, Licores, Galletas, Marmeladas , Fiambres. San Marco, 2. Lugo
BANCO PASTOR.- Sucursais: Madri, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Gijón, Sárria e en outras 31 prazas sw Galicia.
Visite neste días DROGUERÍA DILO.- Para as festas de San Xoán últimas novidades .Bisitaría fina. Medias de gasa. Medias de seda. Pañoletas.
BAZAR LOS CHICOS.- LUGODROGUERÍA GALAICA.- LUGO
¿ Licores seleitos ? ¿ Bon café exprés ? ¿ Viños de calidade ? ¿ As mellore tapas de cociña ?. No CAFÉ BAR CUATRO CAMINOS.
XESTORAS Luz Gegundez Fernández e Marcelina Ferriro Panadeiro . LugoEMILIO ZAERA. Cereais e Viños. Exportador de froitos do País. Sárria , ( Lugo )
BENXAMÍN GUTIÉRREZ DE QUIBEO.- Fábrica de velas de cera e buxías. Teléfono, 15 . Sárria ( Lugo )
CAFÉ-BAR ARGENTINO.-LUGO
DANIEL VERA HERMIDA.- Ferrataría. Louza e cristal, Batería de cociña, Pinturas e bernuices. Cristal plano.Material eléctrico, Biciletas e repostos. Maior, 30. Teléfono, 76. Sárria
AMPARO TORRES.- Medias , garabatas , Roupa de neno. Confecións, Lás, etc. SárriaCEFERINO.- Reloxoaría.- Pratería.- Sárria ( Lugo )
BODELAS SOTELO-NAVAL.. Viños e augardente. Rúa - Petín
LA SUIZA.-Reloxoaría e Óptica. Surtido en gafa fina. Xosé Antonio López Rodríguz . Rúa Diego Pazos ( 6 )
LAGO&COSTAS, LDA..- Viños e Licores. VigoCASA LÓPEZ DÍAS ( * ) Sucesor , Xosé Viñas López.Ultramariños. Ferretaría. Batería de cociña.- Louza. Cristal. Sementes en xeral. Vidro plano. Rúa Maior 35. Teléfono, 14.-Sárria ( Lugo )" Serrador".-
27 A GRANDE FEIRA CABALAR DE SÁRRIA 27 está chamada a ser das máis importantes pola grande riqueza pecuaria da comarca. Será considerada feira exraordinaria de ano a que se celebre os días 26 e 27 de setembro. Celèbrase con premios todos os días 27.
( Imprensa- Editorial JEVASA )
Comentarios
Publicar un comentario