Festas do San Xoán de Sárria ( 1933, 1939 )

TRADICIONAIS FESTAS DE SAN XOÁN. SÁRRIA (  1933 )

Grandes de Festas de San Xoán, amenizadas   polas  espléndidas  bandas de música , a LIRA DE RIBADAVIA, E SOCIEDADE  MUSICAL DE VILANOVA DOS INFANTES ( Xuño 1933 )

                                               PROGRAMA
DIA 23
Ás catro da tarde , UNHA SALVA  DE BOMBAS   E REPENIQUE XERAL  DE CAMPÁS, anunciarán  o comezo destes festexos. De seguido percorrerán  as rúas da vila , Gaitas do País , a popular  RONDALLA  LA UNIÓN , que dirixe  o entusiasta  D.  Luis Carrozas, e coñecida e celebrada  banda LA LIRA de Ribadavia.
Ás dez da noite , GRANDE  VERBEA na Praza de d. Xoán María López, artísticamente engalanada  e con orixinal  e brillantísimo alumeado  eléctrico, dirixido  polos técnicos desta vila  D. Manuel Loureiro e  D. Xosé López Pérez.

DÍA 24.-
Äs  nove da mañá, Dianas  e Alboradas polas  bandas de música  que percorrerán as rúas da vila.
Ás once , MISA SOLEMNE , na parroquial  de Santa Mariña, saíndo de seguido  a tradicional Procisión  que fará o percorrido de costume, concorrendo coas bandas de música ( *  )
Äs cinco da tarde, na Praza de  D. Xoán María López, concerto pola LIRA  e deseguido   romaría  no mesmo lugar.
Ás once de noite , GRANDE VERBEA,  disparando   grande  cantidade de fogo aéreo de artificio.

DÍA 25.-
ROMARÍA  TÍPICA GALEGA NAS INSUAS. Ás doce da mañá , partirán desde a Praza  da Constitución  cara este fermoso parque natural , as bandas de música  e a rondalla LA UNIÓN ,  que desfilarán  con alegres marchas  polas rúas  da vila ; para esta festa  que foi o número cume no programa do pasado ano , contamos coas mesmas comodidades , é dicir haberá  Bares  ben instalados e os Hoteis servirán alí  xantares a distintos prezos, e coa fin de lle dar  paior realce, se cabe ,  a tan espléndido festival , conseguimos  poder  escoitar nese día  ademais de "La Lira" , a banda da " Sociedad Musical de Vilanova dos Infantes " , son s sen ningunha dúbida  das mellores  agrupacións musicais  de Galicia  e desde logo  as máis fieis inepretadoras  das melodías da nosa terra.
Ás dez da noite, última  GRANDE VERBEA  amenizada  por estas dúas  bandas  e como remate dos festexos  será queimada  grande  cantidade  de fogo aéreo  e de praza.

                                                   NOTAS
O fermoso debuxo da poratda do Programa ( impreso  en "Palacios"-Lugo ) , tirado a dúas tintas, foi obra do amigo dos comisionistas, o lucense Sr. Fraga, que fixo agasallo del aos ramistas.
"Prégase  ás Srtas.  concorran  ás verbeas locindo  o clásico Mantón"
" Ás Insua  foron cedidas  , para a Romaría  Típica , polos seus propietarios  D. Eliseo Buján  e D. Manuel Saco".
 
                                                 PUBLICIDADE
NÉSTOR GONZÁLEZ  . La Dulce Alianza. Matía. Sárria. Galletas. Sárria. ( deseño publicitario de "Fraga" ).


( * )  A PROCISIÓN EUCARÍSTICA  saía da igrexa de Santa Mariña, seguindo pola rúa Maior ata a igrexa de San Salvador, deténdose  os oficiantes , para benzón ,  diante da Capela de San Xosé -da Casa Grande-,  baixaba todo ao longo da Rúa Maior ata a Casa da Costa, para alcanzar a Capela de San Roque ( nova benzón )  , da Casa do Barrio, na rúa de  Benigno Quiroga. Dende alí, polo Cruce do Avenida seguía pola Rúa Matías López ata "Villa Andrea", e  pasando por diante da Capela da Virxe do Perpetuo Socorro, no entón Calellón  da Marquesa de Casa-López ( benzón ) , subía  polo Murallón, ata recollerse na igrexa parroquial.
Ademáis da custodia co Sacramento  sostida   baixo palio polos sacerdotes , os porteadores levaban a ombreiros  a imaxe de San Xoán, e os nenos e nenas de primeira   comuñón, en fieiras facían compaña   aos fieis , mentres a banda de música  , que poucas horas antes percorrera as rúas da vila, agora baixo a calor  volvía  a  desfilar polas rúas costaneiras , antes de rematar o intenso programa da mañá co concerto  ofrecido na Praza de D. Xoán María López.Unha auténtico maraton musical.

                                      ***************************************

                                             FESTAS DO SAN XOÁN ( 1939 )

A vila de Sárria , saúda cariñosamente  a cantos forasteiros  a honren  coa súa visita nestes tradicionais festexos.

                                                  PROGRAMA OFICIAL

 DÍA 23.- Ás cinco da tarde , cunha salva de 21 bombas de palenque e voleo xeral  de campás , será anunciado  o comezo dos festexos , recorrendo a continuación  todas as rúa da vila  a brillante  banda de música  do Reximento Infantería  Zaragoza nº 30, co seu acoplamento de gaitas , e a popular banda LA ARMONÍA  de Vilapedre , tocando  alegres marchas.
Ás dez e media da noite , dará comezo a  GRANDE VERBEA  da víspera de San Xoán , na Praza de Xoán María López , que estará  enteiramente engalanada e alumeada  eléctricamente, en cuxo festexo  alternarán as dúas bandas  de música expresadas.

DÍA 24.-Ás nove da mañá , cun disparo de bombas  de grande potenza, darase a coñecer  a festividade do día, e deseguido as músicas  mencionadas aledarán  a vila, facendo  oir bonitas Dianas e Alboradas.
Ás  dez, MISA SOLEMNE, na parroquial de Santa Mariña  e ao remate da mesma sairá  a TRADICIONAL PROCISISÓN  que percorrerá o itinerario de costume, á que acompañarán  as dúas bandas de música referidas.
De  12 e media  a dúas da tarde  GRANDE CONCERTO  DE MÚSICA CLÁSICA a cargo da  famosa banda  militar indicada, na praza  de Xoán María López.
De cinco a sete da tarde PASEO DE MODA  na mesma praza , amenizado  pola dita banda militar, que executará fermosas  pezas de Música  Seleita.
De  sete a nove , BAILES POPULARES, na repetida praza , a cargo  da música LA ARMONÍA.
Ás 10 e media da noite  MONUMENTAL VERBEA amenizada polas dúas indicadas bandas de música alternando.
Ás doce e media , SESIÓN DE VARIADOS  E BONITOS  FOGOS ARTIFICIAIS  dirixidos polo competente  pirotécnico  de Monforte , D, Ricardo Álvarez.

DÍA 25.- Ás nove, previo disparo  de bombas, DIANAS E ALBORADAS pola banda de música  LA ARMONÍA  na dita praza de Xoán María López.
Pola tarde, de seis a nove , BAILES POPULARES, na repetida Praza , amenizados pola música de Vilapedre.
Ás  10 e media da noite , repetición da verbea  na praza na que tivo lugar nas noites anteriroes e a cargo da banda de música  LA ARMONÍA.
Á una da madrugada , SEGUNDA SESIÓN  DE FOGOS ARTIFICIAIS, polo mesmo pirotécnico.

DÍA 26.- Ás dez , DIANAS pola música "La Armonía"
De doce a dúas , GRANDE COCERTO na Praza da Constitución ( * ) , pola dita música de Vilapedre.

De cinco a nove, na mesma Praza , diversas carrieras pedestres,  concurso de bailes  e outras varias distracións , con premios en metálico; amenizando este festival a banda "La Armonía".
Äs  dez e media , ÚLTIMA VERBEA, coa que  se darán por rematados por rematados os festexos.

NOTAS.- 1ª.- A Comisión organizadora dos festexos  resérvase  o dereito de alterar ou modificar o presente programa , se por causa das circunstanzas se vira obrigada a iso.
2ª.- Pregamos a todos os viciños  que durante os días dos festexos  e para maior realce dos mesmos , fagan locir nos seus balcóns , as colgaduras Nacionais.
3ª.- Encarecemos ás Señoritas  que dispoñan de Mantón de Manila , concorran ás verbeas ás verbeas , ataviadas co mesmo.
4ª.- Para tomar parte nas carreiras pedestres  e nos outros concursos , é necesario inscribirse previamente , para o que a Comisión exhibirá aos que desexen tomar parte neles a orde , maneira e premios de cada número.
( * ) Suspendida a Constitución polo movemento militar, o letreiro na praza non foi retirado, e sorprende que a Comisión siga usando a denominación  dese espazo.

A Comisión editou na Imprensa de  Felipe Rodríguez.- Rúa Porvir, 8.Sárria, un díptico coa programación.
                                                    PUBLICIDADE
"LA SARRIANA"  Fábrica de Galletas  de Matías Loureiro.Sárria, teléfono , 69.- Exportación a todas as provincias.

WILOSKA. Marca de Fábrica. Salchichóns e Fiambres. Guillerme Kappler. Apartado 2. Teléfono 42. Sárria

CASA PINTOS. Sárria. Maior 42. Teléfono , 34. Grande surtido en  ultramariños finos e licores  nacionais  e extranxeiros.
              



Comentarios

Publicacións populares