Festas do San Xoán de Sárria ( 1906 )
PROGRAMA DAS FESTAS QUE NA HONRA DE SAN XOÁN BATISTA SE CELEBRARÁN NA VILA DE SÁRRIA OS DÍAS 20. 21, 22 , 23 E 24 DE XUÑO DE 1906
Lugo 1906.- Talleres Tipográficos de G. Castro- San Pedro,29
DIA 20
GRANDE FEIRA DE GADO

Ás doce deste día, o disparo de 21 bombas anunciará o comezo dos festexos. A banda popular de música , as gaitas do país, e os xigantes e cabezudos ( "As Pampónigas" ), percorrerán as principais rúas.
Äs tres da tarde celebrarse un CONCURSO DE GADO no campo da feira , onde un xuri competente adxudicará os premios aos mellores exemplares que se presenten.
De sete a nove , CONCERTO MUSICAL na Praza de don Xoán María López.
DÍA 21
Ás seis da mañá , dianas e alobradas .
Ás dez GRAN MISA SOLEMNE a San Luis Gonzaga.
De doce a unha , PASEO E CONCERTO, na praza principal.
Ás catro da tarde a banda de música, gaitas do país e xigantes e cabezudos , perorrerán as rúas e prazas , executando brillantes marchas.
Ás nove da noite ALUMEADO Á VENECIANA e fogo de artificio.
DÍA 22
Ás sete dianas e alboradas.
Ás da mañá REPARTO DE PREMIOS aos nenos e nenas que máis teñan destacado pola súa aplicación no presente curso, nas Escolas Públicas desta vila, amenizando este acto a banda de música que ao efecto se colocará no parterre do dito edificio.
Áa catro da tarde, a banda, gaitas e xigantes e cabezudos , percorrerán as rúas como nos días anteriores , tornando para a praza , onde se celebrarán xogos de cucañas, e serán elevados multitude de globos grotescos.
DÍA 23
Äs seis da mñá , 21 bombas a grande detonación anunciarán as vísperas do GLORIOSO SAN XOÁN . De seguido Dianas e Alboradas.
Ás once , Paseo na praza principal.
Ás dúas da tarde, RECEPCIÓN da brillante banda do Reximento de San Fernando, que percorrerá as rúas e paseos principais.
De seis a oito do serán , GRANDE CONCERTO MUSICAL no que a banda de San Fernando, executará as mellores obras do seu repertorio.
Ás dez da noite, GRANDE VERBEA e alumeado á veneciana , dirixida polo acreditado industrial D. Claudino Pita, e velada de fogo artificial polos tamén acreditados pirotécnicos Fillos de Alonso, de Palencia, rematando coa elevación dun GLOBO COLOSAL.
DÍA 24
Ás oito da mañá , 50 bombas de palenque.
Diana por todas as músicas-
Ás dez, tradicional Misa solemne , seguida de procisión , que saíndo da parroquial d Santa Mariña, percorrerá as rúas de costume, asistindo as bandas musicais e gaitas.
Ás catro da tarde , a banda de San Fernando percrorrerá as rúas principais.
Ás seis, grande PASEO DE MODA na praza principal.
Ás nove da noite Sorprendente Alumeado , VELADA DE FOGO DE ARTIFICIO e elevación de Globos na praza de D. Xoán María López , e dando remate ás festas cunha salva de bombas.
Sárria, 19 de xuño de 2006
A COMISIÓN
****************************
Editaron un programa dos festexos ,de 16 páxinas, con publicidade. É de destacar a participación nos festexos do Sr. Pita , de Betanzos, famoso creador de globos xigantes.
PUBLICIDADE DE CASAS COMERCIAIS
XOSÉ ANTONIO GAYOSO.- Corresponsal do Banco de España. Grande Almacén. Ultramarños, Ferretaría, Quincalla e Tecidos. Viños. Augardentes e Licores de todas clas. Sal, Grans e Fariñas. Ferror. Vidros. Pinturas, Camas e xergóns metálicos. Especialdoade en chapeus e panos para cabaleiro. Últimos modelos en adornos e xéneros para traxes de señora. Variado surtido en calzado. Sucursal e depósito as célebres Máqunas para coser Singer. Expendeduría oficial de explosivos e abonos químicos e minerais. Prezos fixos. CASA DE MARZÁN. Sárria.
.........................................................
CASA PARA VIAXEIROS DE HENRIQUE PRADO. A máis acreditada da localidade. Estrada de San Lázaro. Perto da Estación do Camiño de Ferro.
....................................................................
CHOCOLATES, CAFÉS E TÉS. da grande fábrica de Francisco Fernández. Raiña , 8. Lugo. Son os que máis se venden pola súa calidade e elaboración esmerada.
.............................................................
LA DULCE ALIANZA. Fábrica de Doces. Especialidade en Tortas, Biscoitos, Améndoas, Caramelos, Bombóns, Galletas , Rosquiñas e Pastas- Vendas ao retallo e maior. San Lázaro, 2. Sárria.
...................................................................
CASA DE HÓSPEDES DE FRANCISCO LÓPEZ E LÓPEZ. No Balneario de Céltigos a 4
quilómetros de Sárria.

ULTRAMARIÑOS , ALMACÉN DE VIÑOS E SAL de Faustino Arias Ramil. Rúa Matías López, 19. Sárria.
...............................................................
GRANDE COMERZO de Bisitaría, Quincalla. Paquetaría, Sedaría e Xéneros e Paraugas. Non comprar sen sdenante visitar este acreditado establecemento. FRANCISCO GARCÍA DELGADO. Rúa de Matías López, 15. Sárria.
...........................................................
"EL PARAÍSO" de BIENVENIDO FREIJO. Últimas novidades. Casa especial en artigos de fantasía para regalos. Grande surtido de chapeus, camisolas, calzado e paraugas. Sempre o mellor gusto en panos de seda, rasos, encaixes e adornos para traxes de señora. Hai que visitar este establecemento. Maior, 21 . Sárria.
............................................................
ULTRAMARIÑOS, VIÑOS E AUGARDENTES de todas clas. Sal, grans e fariñas de EMILIO ZAERA. Rúa da Estación , 9. Sárria.
.....................................................
ANTIGA RELOXOARÍA DE FELIPE L. PÁRAMO.- Fai toda clas de composturas garantidas. Vende e arranxan barómetros e termómetros, instala e repara aparatos eléctricos.
Vende reloxos das mellores marcas de todas clas. Merca prata e ouro. Maior, 49. Sárria.

Calzado-Paraugas-Vidros, pinturas e bernices- Gorras - Chapeus- Libros e toda clas de menaxe para escolas-MANUEL LÓPEZ DÍAZ. Almacén de Comestibles de todas clas. Ferretaría e Quincalla. Grande sustido en batería de cociña e artigos de porcelana. Camas metáñicas e somierse, ferramentas, etc., etc. Monopolio das acreditadísimas buxías esteáricas "Santiago Apóstol". Vendas ao maio e ao retallo.

Comentarios
Publicar un comentario