Alcumes Sarriaos

                                                   ALCUMES SARRIAOS

           O listado de consumidores de electricidade subministrada pola Eléctrica Sarriana entre 1915
e 1917, para mellor identificación,  carón de nome e apelidos propios aparecen os alcumes daqueles viciños, para  unha mellor identificación.

       Aparecen os seguintes : Andión, Andurna, Don Antonio dos Coches, Antonio de Lóuzara, Antonio dos Periódicos, Antonio dos Zocos, Arnago, Badiola, Balsa, Barbeira, Barbeiro,  Barrido, Barrio, Batallón, Bermello, Bocacha, Bosqueiro, Burgalesa, Cabada , Cabeza Pelada, Caldeireiros do Pàramo, Campo da Feira, Cantineira, Capón, Carballeira, Carballos Tortos, Carmen das Casetas, Carrozas, Castellana, Catuta, Ciguñeira, Cochero, Comercio Novo, Confiteiro , Cornapecha, Costa, Crisóstomo, Chafarote, Chino, Cholda, Choqueiro, Churrero, Dios, Eduardo de Barreiros,  Escaleira, Escribano, Euxenio da Veiga,  Fernando Electricista,  Ferrador de Alfonsín,  Ferreiro de Riocabo, Fidalgo, Ferreiró, Foles, Fonas, Forneiro,  Fragua de Rodil,, Franca, Galleteiro, Gardaagullas, Guillade, Hortelano, Xoán de Manán, Lagos, Lapío, Lourenza, Mallorquín , Manuel do CMfé, María da Pedreira, Mariposa, Mariposo,  Melle, Micaelo, Miralde, Monfortino, Mordeorellas, Paco da Fonda,  Paco Sampedro,  Pallares, Panadeiro, Pantusa, Patas Tortas, Pedredas, Don Pedro da Botica, Pedro da Costa, Pedro Chico, Pedro Rubìn, Pedro do Toleiro, Pedro dos Zocos, Pedrones, Pepe Díaz, Pepe de Dios, Pepe de  Macía, Pepe de Orden, Pepe da Ponte, Pepe do Rexistro, Pepe Sanmamede,  Pernas de Chanteiro, Petrita, Pica, Pontevedra, Prieto, Prieto Canteiro, Pulpeiro, Ramón de Martínez,  Ramona dos Ferreiros,  Rego, Requetrún, Rodil, Roivás , Rosa do Carro,  Rosendo da Casilla,  Rosquilleira,  Roto, Roxa, Santalla, Sacristán,  Serafín da Botica, Serrador,  Severo de Evaristo, Teixeiro, Tirana, Tomás do Forno, Torera,, Trebolle, Tres Pelos, Tropa, Vaquera, Vento, Vilaesteva, Vilarexo,  Vilaro Carpinteiro,  Xaboneira , Zaera, Xastre Mariposo,  Xastre da Pedreira, Xastre da Ponte, Xastre do Roxo, Zapateiri, Zoqueiro, Zorro...

        Do século XVIII,  cando menos, viñan  os Ferreiró, Reboiro, Cuco, Celeiro,  Serrador, Costa, Moreno, Florido, Capón, Colomo, Cachete....

Mási recentes son os Fonas, Puro. Marzán, Pizarrillo,Carballeira, Zaera... que en moitos casos pasaron a servir de denominación a persoas alleas  ás familias orixinarias que opor contiudade nos negocios ou na resdencia nas súas vellas casas levaron en herdo, xa  como alcume, as anteriores denominacións. das familias ás que sucederon.

E así Peito Serrador, que era un Viñas, foi Serrador de por vida , e Pepito Jiménez pasou a ser Pepe Pintos, ou os Folgueiras de Portomarín, asentados no  Bbarrio da Estación,, despois do asolagamento causado polo encoro de Belesar,  pasaron a ser Benigno,  Angel ou Tino  Zaera.. sen ser descednetes do turolense  Mariano Zaera...


Comentarios

Publicacións populares