TEATRO EN SÁRRIA

 

                                             TEATRO EN SÁRRIA

As referenza máis antigas que se achan  son dos anos finais do século XIX cando o grupo de mozos coñecidos como " Os Luises" dinamiza o ambiente cultural da vila con veladas teatrais e musicais, festexos e outras actividades ludicas.

Ao longo dos anos  celebráronse veladas  teatrais  programadas tanto  por grupos organizados  como por outros ocasionalmente formados para representacións puntuais.

O Casino, o Cine Salón, o Convento da Mercé,  o Cinema Cissa , o Cine Capitol, os grupos masculino e feminino da Acción Católica local, xunto con ocasionais actuacións de  outros informais, aos que se foron sumando  programacións das Escolas Públicas, Institutos de Ensino Medio e formación de grupos teatrais consolidado como Monte Oribio ou Rebuldeira, mantiveron aceso   o lume do amor `polo teatro , ao que tamén contribuiron compañías de teatro  en xira polas pequenas vilas.

Tamén  os estudantes no Mosteiro de Samos  e no seu tempo  o círculo cultursl da Pobra de San Xiao acolleron actividades teatrais, e nos últimos anos  xa co patrocinio dos organismos culturais  e da Deputación Provincial  as representacións  teñen  unhacrecente presenza  nos diferentes concellos da comarca e nos centros educativos .

A continuación  , agardando ampliar o  listado  con novas aportacións , vai unha relacións de actividades  teatrais na Comarca de Sárria.

 O abade de Samos, Clodio de Tenorio " en certa ocasión permitiulles aos estudantes do mosteiro disfrazárnse para facer unha obra de teatro e no Capítulo Privado de 1603 celebrado en San Juan de Burgos, os capitulares "" usando misericordia rebaixáronlle as penitenzas. 

(1881 ) Anovando unha tradición de moitos anos atrás os mozos de San Xoán de Lóuzara, que na mañá do día de Corpus  fixeron danzas de bandeirilñas , espadas e arcos, pola tarde no Campo da Festa representaron unha comedia  coa vinganza do Cid e a súa voda con Xemnea. (Ver en Diario de Lugo o solto de Henrique Castillo Silva, datado en xuño de 1881.)

( 1884 ) Un grupo de mozos sarriaos viaxa a Monforte  para asistir á representación da obra " Amor de Madre"

( 29.04.1898 )  No Casino de Sárria, ao longo de mes e medio  houbo actuacións dunha compañía de zarzuela composta por once actores, dirixidos  por Miguel Campos Recio. Recolleu moitos aplausos a tiple  "Elisa". Deron de 16 a 20 función, e tres delas foron no baixo da Casa Consistorial ( Rúa Maior nº 1 ) . O 26.04. foi a derradeira función  con "El Rey que rabió" e "Marcha de Cádiz". Estando nesta función coñeceuse  que o torpedeiro  "Orión" , en augas de Cuba, botara a pique dous barcos  de guerra norteamericanos , e foi tanta a emoción que esta nova produciu que houbo que repetir a Marcha de Cádiz" ,  dando o público moitos Vivas a España.


( 1.10.1899 )  Función de teatro no Casino de Sárria: " El puñal del godo", "El compromiso de un padre"  e "Noticia fresca". Houbo rifa de dous pratos de adorno.

(28.08.1900 )  Actuaron no Casino de Sárria dúas compañías. Unha delas estaba dirixida polo Sr. Recio. Obras : "Chateau Margaux" "Un caballero particular" e "  Agua, azucarillos y aguardiente".

                                                      1903

Representación de " El Despacho del Doctor", obra oriixnal do sarriao Bienvenido Díaz de Freijo.

Poema adicado a  Bienvenido Díaz de Freijo  polo bon suceso da programación e creación de obras  de teatro representadas  no CASINO DE SÁRRIA

(  Publicado en El Norte de Galicia , Lugo,  3.08.1903)
                                                                                                     A Bienvenido Freijo

         Cansado ya del viejo y nuevo mundo,
         En adorar a la estéril burocracia
        Has vencido, por suerte, o por desgracia,
        A tener un destino más fecundo.

        El comercio te atrajo , y me confundo
        Al  verte ahora en plena " democracia"
         Con tu habitual distinción, y con tu gracia
        Al frente del "Bazar" hoy sin segundo.

        Me llena de sorpresa y estupor,
        Tanta aptitud diversa reunida,
         Y entre todos, por suerte, es la mejor,

        La que en tu accidentada y fértil vida,
        Nos revela "El Despacho del Doctor" ,
         Obra de chiste y de talento henchida.

( 6.02.1909 ).- VELADA NO CASINO.- Actuación da Rondalla  do Orfeón Sarriano. O Coro cantou a Alborada de Veiga. O orfeonista  Eduardo Carreras Osorio  interpretou"Meus amores " de Baldomir. Audición de gramófono. O Orfeón Sarriano cantou "Mozos e Mozas" Representación de "El Anticuario" de Román Díaz de Freijo. Actores:  Alfredo Martínez, Xosé Barrio,  Vitorino Cabarcos, Gonzalo González,  Román Varela e Luis Yebra.  O Orfeón Sarriano cantou " Sol de primavera" e "Jota aragonesa" .A representación rematou ás 12 da noite.  O diñeiro reunido coas entradas destinouse a unha bandeira para o Orfeón.

(....11.1909 )  Festa benéfica no salón de actos das Escolas Públicas, organizada pola mestra Pilar M. Rodríguez  para axuda dos reservistas que foron á guerra. Monólogo "La Muñeca" ( Sofía Somoza); "Artistas en Miniatura", zarzuela, con Maruxa Pazos, Rexina Sarry,  Manuela Carreira,  Amparo Valcárcel  e Gloria e Pilarita Gómez; "Pobre María" ,  monólogo de Echegaray, por Pilarita Gómez Rodríguez . Pilarita Gómez tocou ao piano o "Himno a la Patria" cantado por todos os nenos e nenas das escolas. Actuou tamén a orquestra do mestre Xoán Gómez.
 
En xuño de 1912 no Casino de Sárris houbo abono para oito funcións do actor "Peña"  que fixera dúas  temporadas no Lugo-Salón . Actores: Pepita Álvarez, Xosé Vila ,Sopeña e señora e Martínez.

En 1913 puxeron en escea " La reja de la Dolores"

(4.04.1915 ) Velada teatral no Casino.  Representación de "Un duelo a muerte" e "La reja de la Dolores". Actuou a orquestra formada por Luis Carrozas, Luis Buján,  Arturo Macía e  Sra. Valcárcel ( piano ).

( 23.05.1915 ) Velada teatral no Casino.  Representación  de  "Un duelo a tiempo" , "Morirse a tiempo" e da zarzuela  "El Anticuario" de Román Díaz de Freijo.  Cantaron cuplés alusivos á inminente chegada da electricidade á vila de Sárria.  Os autores da zarzuela e dos cuplés foron moi aplaudididos.

( 5.11.1916 ) No salón de actos das escolas Públicas de Sárria , representaron a obra  cómico-lírica  Aves nocturnas , letra e música de  Román Díaz de Freijo , composta ex profeso para o  Cadro de Declamación do Orfeón "El Lirio". Actuaron por vez primeira  seis belas e simpáticas mozas da vila. Os decorados correron a cargo de  Manuel Vázquez. Tamén puxeron en escea  SUEÑO DORADO, de Vital Aza, O Orfeón ofreceu  "Alalá" e "Negra Sombra". Actrices:  Lolita Carreira,  Bríxida e Xoaquina Ibáñez, María González,  Matilde Fernández e Pepita Díaz.

(13.05.1917 )  Un grupo de afeizoados de Monforte  representou no Casino de Sárria  "Mal de moitos"   de Ramón López Montenegro e a zarzuela "La Sultana de Marruecos", de López Marín  e Gabaldón-
 
( 18.11.1917 ) No Teatro Sárria ( Cine Salón ) o Clube Celita coa cooperación do Cuarteto Olimpia representou " El asistente del Coronel", xoguete cómico nun acto, orixinal de Gonzalo Cantó, coa participación  de Sara Gonzalo , Siro Castro, Nestor González, Roberto González e Leandro Carballeira, e "El Golfillo", diálogo cómico-lirico con intervención de Sara  Gonzalo e Siro Castro .
 
( 4.01.1923 ) No Salón Teatro ( Cine Salón )  celebrouse unha sesión extraordinaria a beneficio do  Asilo de Ancaiás- Programa : 1.- Sinfonía. 2.- Programa de cine ofrecido pola empresa Barbagelata. 3.- "Una hora fatal", con participación  de Manuel Rivas, Luis Macía, Siro Castro, C. González, X. Castro e Casiano Batallón. 4.- " Sin vacaciones" , xoguete cómico , representado  por Macía, González, Rubín, A, Batallón, C. Batallón, Rivas e Varela.  5.- " Solo para hombres", xoguete cómico coa actuación de Siro Castro, Luis Macía, Euxenio López Rubín, C. Batallón,  Manuel Rivas e C. González. Orquestra : Carrozas, Gómez, Vázquez  e González Zaera. Prezos: Butaca, 1,50 pta.; dianteira,  1 pta;  Xeral, 0,75 pta. ( Publicidade: Tipografía Severino Vázquez ).
 
( 4.08.1923 ) No Cine-Salón ( Cine Barbagelata ) tivo lugar unha función cómico-teatral por afeizoados da vila. Programa; 1.- Piano, Dalmiro G. Zaera; 2.- " Seis retratos tres pesetas " de Antonio J. Onievae José Clavero. Reparto: Manuel Rivas , Siro Castro, Nestor Gonzalez, Luis Macía, Manuel Casstro,  Manuel L. Carballeira  e Antonio Balboa. 3.- Amalita Blanco interpretou cuplés. 4.- " Pulmonía doble", de Ramón López Montenegro e R. Peña. Reparto: Manuel Rivas, Luis Macía, Manuel Castro, Antonio Balboa. Siro Castro, Nestor González. Prezos: Butaca, 1,50 pta;  Dianteira, 1 pta ; Xeral, 0,75 pta.

( 13.01.1924 ) A beneficio da Sociedade " La Unión", no Cine-Salón , un grupo de afeizoados representou  o xoguete cómico " Los Asistentes" de Pablo Parellada  e a comdia en tres actos " El Hongo de Pérez" de Xoaquín L. Barbadillo e A.F. Lepina, representadas por Paquita Castro, Conchita Sebastián, Paz Rodríguez, Sr. Balboa, Carballeira, Eloi Castro, Manuel Castro, Manuel Rivas, Nestor González, María García, Siro Castro e Luis Macía.

En decembro de 1924 , no Hotel Roma, actou o Dúo Cómico

( 26.09.19....)  Representación da comedia en dous actos "Zaragüeta" de Ramos Carrión e  Vital Aza, Reparto: Paquita Castro,  Maruja García,  Nestor González,  Antonio Balboa,  Siro Castro, Manuel Rivas, Luis Macía e  Emilio Sebastián.
 
( 221.03.19...) No Teatro de Sárria representación da zarzuela " La Reja de la Dolores " de Arniches e  García älvarez, musica  de Valverde e Serrano. Reparto: Srta Portavitate,  Sra. Guillén, Sra Guerra, Puchades ( A ),  Srta Aparicio, Puchades ( C ), Sr. Giménez, Siro Castro, Manuel Rivas, Sr. Mata, Sr Velilla,  Nestor González,  Sr. Sampietro, Luis Macía, Sr. Aparicio, Sr. Crespo e Manuel Somoza.

Un xoves de abril de 1928. No Cine-Salón, a beneficio da Cruz Vermella,  representación da obra " Hay que vivir ". Reparto:  Elisa Rodríguez,Andreíta Delgado, Melé Deibe, Rosita de Oñaste,  Celestino Gómez Somoza,  Anxo Pérez Batallón, Matías de Oñate, Emilio Zaera , Luis e Luciano Macía. Os decorados contaron coa colñaboración da Marquesa de Ugena, Rosario López Acevedo, Celestino Gómez Somoza, Matías Vázquez e  Xosé Vázquez Castiñeira ( apuntador ).

( 8.04.1928 ) Na Sociedade Recreativa e Cultural da Pobra de San Xiao representación  da obra "Alucinaciones"  de Amaro Álvarez e Ricardo Núñez Rodríguez, " Amor de Madre" e "La Quinta de don Bonifacio", A obra "Alucinaciones" foi editada incluindo unha fotografía de autores e actores.

( 13.06.1928 ).- No Salón da Casa da Rivereña ( Cruce da Ciguñeira ) celebrouse unha representación organizada polas nenas da Casa Cuartel da Garda Civil, a cargo de Mercé Deibe,  coas obras " Amor Fraterno" e " La Fiesta del Acebo".

( 28.08.1928 ) No Cine-Salón  houbo unha representación á que asistiron moitos sarriaos e veranenates das Augas do Incio desprazados nun ómnibus. Foi representada a obra " Abajo el feminismo", escrita por Manuel Saco Rivera e Luis Macía, actuando Elisa Rodríguez, Amalia de Oñate,  Luis Macía, Manolo Saco e  Luis Penoucos. Completouse a velada con actuacións musicais e de coros de voces.

( 10.11.1928 ) As alumnas da Escola Virxe de Montserrat  ofreceron como programación:  Recitación de   A Candidita ( Haydée Calvo ); "Padrón Municipal" de Vital Aza  ( Ánxeles Escobar,  Rosa e Pura González, Paquita Vázquez,  Consuelo Asensio, Lola L. Sánchez, Amelita Salgado,  Xulia García e  Carme Cortiñas ) e  " A probiña que está xorda" ( Purita González ).

( 26.11.1928 ) Estrea da obra "Entre fantasmas", obra da autoría de Manuel Saco Rivera e Luis Macía.

( 30.11.1928) Nova representación de " Entre fantasmas"  , no Cine-Salón.

No Cine-Salón  os días 6 e sete de.........de 19....celbráronse dúas funcións benéficas , coa seguinte programaciós: 1.- Sinfonía de obras escollidas. 2.- Comedia en tres actos  de E. Suárez de Deza "  ¡Oh ! ¡oh! El Amor" ( Reparto: "Valentina" María Vázquez ; "Margarita", Rosa María de Oñate; "Alicia" Carmela Quiroga; "Luis" Consuelo Asensio; "Mademoiselle Chiquet" Elena de Oñate ; "Lía" Pili Pombo ; "Lucy" Carmiña Peña; "Rosita" Carmiña Vázquez; "Doncella", María Luisa Quiroga; "Julio", Luis Macía ; "Cupido", Rafael G. Blanco; "D. Ramiro", Matías de Oñate ; "Jimmy", Manuel Pérez-Batallón; " Chófer", Antonio Peña).3.-" ·Contos galegos", por Rafael González Blanco:4.-  Fox, bailado por Conchita Freijo, Tinita Lópex, Pili Pombo, Carmela Quiroga e María Vázquez, dirixidas por Luis Macía. Parte musical: Carme Pérez  de Sobrado e Manuel Vázquez Saco. Perruquería: Manuel Acea Suárez, de A Coruña. Prezos: Butaca, 2 pta,.; dianteira normal,  1,25 pta; xeral, 1 pta. Apuntador : Xosé Vázquez Castiñeira.
 
(24.01.1929) Función benéfica  no Cine-Salón organizada polas alumnas do Colexio Montserrat e Escolas públicas . Programa :  " La carta de Pepe", dos Álvarez Quintero ( Haydée Calvo e Tinita López Acevedo ); Xoguete cómico " El Padrón municipal" de Vital Aza  ( P. R. González,  A. Escobar,  C. Asensio, P. López, X. García,  A. Salgado, L. López Sánchez ; C. Cortiñas ),"Baile de charleston " ( Tinita López e Tinita González ); Coro: " Los monaguillos", parte musical de Amelita Salgado.
 
( 13.07.1930 ) Na Real Abadía de Samos na celebración da consagración abacial de dom Mauro  Gómez Pereira , a vila de Samos adicoulle  unha Homenaxe de Simpatía baixo da forma de Velada Literario-Musical, cunha primeira parte musical , proxeción dunha pelicula  e representación de dúas obras teatrais: 1.- " Hambre atrasada", xoguete cómico nun acto. Actores: "Perengánez" ( Amadeo Vaslcarce );  "Don Mariano" ( Emilio López ), "Eulalio" ( Augusto Quiroga ); "Alcalde" ( Euxenio Quiroga); "Secretario" ( Carlos Valdés ); "Concelleiro" ( Xosé Chaos); "Fondista" ( Abundio García ). 2.- " Los reclutas", zarzuela nun acto. Actores: " Médico" ( Carlos Valdés ); "Sarxento" ( Euxenio Quiroga" ); "Recluta coxo" ( Amadeo Valcarce ); "Recluta xordo" ( Abundio García ).

( 9.07.1936 ) O xornal " El Pueblo Gallego", de Vigo, publica  "Tesatro Gallego en Tierras del Incio", artigo de Anxel Fole.

( 26.11.1936 ) A beneficio de Falange Española de las JONS de Sárria representación teatral no Cine-Salón. Publicidade: "Teatro Salón. Sárria, xoves  26 de novembro de 1936. Dúas grandes funcións,  A beneficio de Falange Española de las JONS de Sárria, organizada  polos camaradas de Foz , levarase á escea  a espléndida obra de  Anxo Custodio  titulada  " Los  Cuatro Caminos". Prezos:  Butaca, 2 pta,; Dianteira, 1,25 pta; xeral, 1 pta.  A este acto patriótico deben asistir todos os veciños de Sárria, cooperando co seu arraigado civismo a engrandeceren  o labor da  Falange neste Partido. Quen así non o faga non merece calificativo de cidadán , nin poderá vanagloriarse  de ter tomado parte nesta Santa Cruzada que a todos os bons españois nos está encomendada.  Cidadáns de Sárria ¡ Arriba España ! "
 
( 31.03.1946 ) No Postulantado Mercedario, representación de " Derecho de Asilo".drama en un acto. Actores: Perfecto Fondevila,  X. Luis Díaz,  Xosé C. Delgado, Anxo González, Herminio García e Florencio Chamorro. " El Palaciego Burlado",  comedia en dous actos. Reparto:  Xosé B. Osorio, Manuel Crespo, Laurentino Martínez, Xoán Asla, Xosé Atauza, Xaime Solla Fontán,  Xosé A. Rivera e Benxamín Fierro ).
 
( 1946 . Nadal ,  ) No Postulantado Mercedario :  representación de zarzuelas  e comedias do mercedario  Manuel Sáncho, morto en 1936.

( 30.12.1947 ) No Cinema CISSA  ás 10:45 estrea da obra " Camelorum tremebundos", orixinal de Antonio Vázquez  e X. Castro,  baixo a direción de Antonio Quiroga. Reparto: Nunsa  Pérez-Batallón,  Mariña López Rodríguez,  Adita G. Teijeiro, Paz F, Garrote, Alfonsa L. Mayoral, Rocío Maceda, Modesto Rivas,  Camilo López, Luis Castro, Antonio Vázquez, Celestino Franco, Arturo Díaz de Freijo , Antonio R. Cabarcos, Pedro Viñas e Luis F. Garrote. Conxunto musical: "Los Chamacos de Quiriguá" ( Mourín, Castellano , Tato e Pardo ). Propaganda  e decorado: Xosé Mª Castro, Xesús Castro, Antonio Vázquez, Instalación eléctrica e montaxe:  Manuel Gutiérrez e Antonio Quiroga.
 
"Camelorum tremebundus " foi representada tamén o 7.01.1948 en beneficio do Hospital Asilo de Sárria.
 
( 27.12.1948 )  No Cinema CISSA representación da comedia en tres actos, da autoría  de Antonio Paso ( fillo ) e Emilio Sáez, " Papanatas", interpretada pola compañía  de Antonio Vázquez. Reparto do grupo   de afeizoados :  Iolanda Díaz Gallego,  Mariña L. Rodríguez, Adita G. Teijeiro ,  Mº Elvirita Mourín e María  González Cabaleiros; Celestino Franco, Modesto Rivas,  Manuel L. Bernardo,  Antonio R. Cabarcos, Xosé Montero e o neno Quicolo.Amenizou o acto: Camilo. Presentador: Luis Castro González, Apuntador: Leopoldo L. Rodríguez ( Leopoldo Vizcaíno ). Montaxe, decorados e efectos especiais : Modesto Rivas e Manuel Gutiérrez. Representación ás 7 e ás 11 da noite. As funcións tiñan fiveron finalidade benéfica.

( 7.01.1949 ) No Cinema CISSA, ás 20 horas, representación de " El Divino Impaciente", de Xosé María Pemán, polo grupo teatral dos mozos da Acción Católica de Sárria, dirixidos polos cregos Xosé Xulio Quintós e Xosé Regal- Asistiron dous representantes do Consello Diocesán de LÑugo.

 ( 1950 ) Na festa onomástica  do Padre Mestre, no Postulantado Mercedario. Programación: 1.- Presentación ( Conde Ocampo ). 2.- " El amigo verdadero" ( canto )- 3.-" Felicidades", poema ( F. León ) 4.- "Toditos los molineros" (canto), "¡ Buenas noches !", por X. Gil, 5.- "Carballeira de San Xusto" ( canto). 6.- " Los dos asistentes", entremés cómico.7.- "¡ Mirala como le mece !".8.- "Un duelo a muerte",  drama cómico, por Ovejuna. 9.- " El sol le dijo a la luna".

( 1950 ) No Postulantado Mercedario, pola festa de San Tomé de Aquino: "¡ Fuera !", xoguete cómico de Rafael Pérez. " La bolsa o la vida", sainete de Castro Les.

( 1950 ) No Postulantado Mercedario, ploa festividade de San Pedro Nolasco- Programa da velada :: 1.- "Biografía de San Pedro Nolasco", poe Ramón Conde Ocampo. 2.- "Himno de la Juventud Mercedaria", do Padre Carlos Silva. 3.-  "Esos Catedráticos" ( diálogo: Conde, Vila, León e Villajuán ) .4.-."Barcarola", canto do P. Sancho, mercedario. 5.-"La casa de la Fortuna" ( comedia  con unha historia escrita por San Xoán Bosco.

( 14.03.1951 ) No Cinema CISSA , ás 5 da tarde, en sesión infantil e ás 8 en grande gala, posta en escea da farsa cómica , en tres actos e en prosa da autoría de Paso e Sáez . " ¡  Que solo me dejas !", baixo da direción de Estevo de la Torriente e Aguirre- Reparto : Dona Antonia ( Pacita G. Garrote ),  äfrica ( Iolanda Díaz Gallego );  Violeta e Obdulia ( Mariña L. Rodríguez ), Caietana e Dona Urganda ( Adita G- Teijeiro ), Carriles ( Manuel Portela García ),  Tolomeo ( Modesto Rivas González ), Pancho ( Manuel López Tourón ), Julián. Minguez e Mozo ( Antonio Vázquez Rivas ),  Gomítez ( Antonio Sánchez López ),  Sr. López e D. Xenaro ( Manuel L.Bernardo ). Notario e Gundemaro ( Xosé Montero ), Habichuela ( Luis Buceta ).Apuntador: Antonio R. Cabarcos. Maquillaxe e decoración : Avary. Montaxe: Manuel Gutiérrez e Manuel López Sánchez.  Prezo butaca: 3 pta. ( infantil). Mobiliario: Talleres de Luis Pardo ( San Xulián ) "Caravanas".

( 23.10.1951 )   No Postulantado Mercedario. "San Pedro Pascual y el Acólito Divino" (  xoguete escénico relixioso) e "Los tres valientes " ( bufonada ).

( 31.03.1953 ) No Postulantado, na festa onomástica do Psdre Benxamín Fernández Villar.Programa. : 1.- Presentación, por Xesús González Pardo. 2.- "El gran conflicto", comedia, con Perfecto Fondevila, Laurentino Martínez, Alberte Pulido, Anxo González,  Xosé A. Suárez e Xaime Argiz. 3.- "Pastor, Capitán y Padre", recitado por Antonio Seara.4.-  "Fuente clara ", canto a dúas voces. 5.- " Semblanza de San Benjamín ", por Francisco de la Calle.6.- "Sueños de gloria", recitado por Luis Vázquez. 7.- " O bono Jesú", canto a dúas voces . 8.- " Lo que es un Padre Maestro", por Rafael Blanco.

( 1954 ) No Postulantado Mercedario. " El médico a palos", de Moliere .  Reparto: Luis Vázquez,  Xosé B. Osorio,  Eutimio Gutiérrez , Xosé María López, Perfecto Fondevila, Xabier Iturrarán , Anxo González  e Xosé Otazue. " La casa de la Fortuna",comedia ( Xosé Luis G. Díaz, Laurentino Martínez,  Salvador X,  Mansilla, Xosé Amable, Alberte Pulido e Xoán Luis  J. Caramés ).
 
(...09.1954 ) No Cinema CISSA. . Representación  de "Camino de Santiago" e "Una corona de perlas" a cargo das Mozas  da Acción Católica de Sárria. Ademáis ofreceron cantos dos pobos de España.

( 17.02.1958 )  No Cinema CISSA. Representació de " La Casa de la Troya ", polo Orfeón e Teatro Español da Universidade de Santiago, e actuación da Tuna, tendo por madriña a Carmiña Sobrado.

( 28.01.1962 ) Postulantado Mercedario. Representación de "Pastor y borrego"

(18.03.1962 ) Postulantado Mercedario. Representación de "El condenado por desconfiado", del mercedario Tirso de Molina,

( 2.10.1963 ) No Cinema CISSA , actuación do grupo teatral El Lazarillo, de Lugo,  dirixido por  María do Carme de Cabo. Obra: "Juego de niños, de Víctor Ruiz Iriarte ". Actores: Carlos de Cabo, Concepción Fernández, María Victoria Navarro e Xosé Rodríguez Trebolle ( sarriao ).

( 17.03.1967) En el Cinema CISSA  Representación de  " El Cenáculo" de Hugh Benson. Grupo Teatro de Xuventude. Reparto: Virxe ( Cuqui García  Bernardo ); Madalena ( Merce Moreno ),  San Pedro ( Francisco Ascón ),  San Xoán ( Xosé Ramón López Menéndez ),  Verónica ( Maruxa López Eirín ),  Acaz ( Alfonso Carlos López Arias ),   Samuel ( Delia Díaz ),  Daniel ( Ana María Santiago ),  Xosé de Arimatea ( Xesús Somoza González ),  Xudas ( Raúl López ), Lonxinos ( Xosé Luis López );  Dirixe e asesora: Colexio da Asunción,  Axudantes de direción:  María Luisa Piñeiro,  Aurorita López,  Loli Gasrcía. Función:única :  Venres  día 17 ás 8 da tarde, A beneficio do Seminario Diocesán. A empresa do Cinema CISSA cedeu gratuitamente o  local.

( 10.11.1968 ) Teatro lido dentro da programación do "Carro de la Alegría". No Cinema CISSA , pola Farándula, da Coruña.

( 13.11.1968 )  No Cinema CISSA actuación do Grupo Ditea de Santiago de Compostela, que representou " Arlequín servidor de dos amos " e o entremés de Miguel de Cervantes " La Guarda".

( 15.10.1971 ) No Ciema CISSA ,a Agrupación do Teleclube  de Mariz representou a obra de Xosé Trapero Pardo " Non chores Sabeliña" ( zarzuela )

( 21,12.1971 ) Nas Escolas Públicas , representación de "Auto de Nadal" polos alumnos da EXB, obra en galego da autoría de Xaime Félix López Arias.

(15,05,1984 )  O Grupo Monte Oribio  representou no Colexio Frei Luis de Granada a obra "Vaise pechar unha casa máis" de Xulio Pita.
 
( 17.05,1984)  O Grupo Monicreques  fixo unha representación de teatro guiñol.

(24.04.1999 )  No Salón de Actos da Casa da Cultura  o Teatro de Títerez " A Media Luniña" presentou "Star  Toixo", obra dirixida ao público infantil

( 9.08,2000) Zarabanda Teatro presentou a obra " O Retorno"
 
( 2005 ) Na sede de Albataira , en Vilamaior ( Sárria ), representación da obra " A bolsa de Estrella 
 
( 22.05.2009 ) No CEIP de Samos,  representación  de "Auto trascendental da escola tradicional", de Manuel María.

( 31.10,2009 ) AICOS, asociación sarriá de inmigrantes, presentou " Espazos de encontro  a tgravés do Teatro " baixo da direción  e  guión de Esther Pedouzo. Actuación da nixerianas Tina  e Anna, os dominicanos Minely, Edwin, Dilcia, Elisa e Miguelina e os galegos Xosé Manuel e Ana  cos nenos  Danielchey , Rayli, Alfonso,  Oiana , Xoán Carlos e Xela, prsentando unha obra que versou sobre a problemática da inmigración, 

( 27.06.2010 ) A Aula de Teatro do Concello de Sárria representa " Comedia bífida"

( 17,08,2010 ) Nova representación de "Comedia bífida"

( 17.08.2010 ) Na Ponte de Lóuzara ( Samos )  o Grupo Faro-Miño presentou a obra " Eu pecado bancario"

( 20.08.2010 ) Na Casa da Cultura o Grupo Zarabanda , de Barcelona, integrada por emigrantes galegos , dirixido por Iolanda Díaz Gallego, representou a obra "  A ficción tamén atrapa".

( 4.09.2010 ) No Edificio Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao o Grupo Hipócrita Teatro ofreceu  a obra " Homes en escabeche",

( 26.03 a  3.04.2011 ) I Semana  de Teatro Popular "Vila de Sárria",. 26: Presentación da mostra Clase Aberta. 27: " Homes en escabeche ", de  Hipócrita Teatro, de Lugo. 30: "Animaliños " ( infantil ) con Teatro do Miolo , de Lugo. 31: "Baleiro", con  Garelia Teatro, de Betanzos.  1: " Comedia bífida ",  coa Aula de Teatro do Concello de Sárria. 2.- "Os pecados capitais", de  Gargallada Teatro, do Barco de Valdeorras. 3: "Retratos",  co Grupo Teatrocrea, de Viveiro.

( 12.08,2011)"Letras galegas ", do Grupo Zarabanda.

( 5.11.2011 ) No Salón de Actos da Casa da Cultura, "Barvarela. Almorzos e cubatas", co Grupo Hipocrita Teatro, de Lugo.

(22.06,2012 ) Na Praza da Vila, a Aula de Teatro do Concello de Sárria representou " Comedia plautina"

(....08,2012 ) Na Praza da Vila , reposición da " Comedia plautina"
 
(  10.11.2012 )  Na Casa da Cultura de Sárria, "Caso 315 ", monólogo, con  Juan Díaz.


 ***********************************************************************************
 
A Rama Feminina da Acción Católica programou representacións  teatrais de nenas e mozas na súa sede da rúa Matías López
 
O grupo de teatro formado con ocasión do Campo Universitario de Traballo do SUT  houbo representacións nos cines da vila.
 
Grupo de Teatro " O Espantallo"
 
"Grupo de Teatro Monte Oribio"
 
Grupo de Teatro do Clube Breogáns"
(
 2009 )  O Concello de Sárria anunciou o seu propósito de formar un Obradoiro de Teatro, tencionando poñelo baixo da direción de Guillerme Cancelo. Creou a Aula de Teatro con curso a desenvolver dende  novembro de 2009 e xuño de 2010, na Casa da Cultura, orientada a grupos de  12 a 15 anos e de adultos, incluindo dous bloques de  técnicas interpretativas  e un curso de maquillaxe  de caracterización teatral.
 
 Rebuldeira Teatro
 
 ( 2012 ) O grupo teatral " Os Estorniños" formouse en San Sadurniño de Ferreiros ( Sárria ) e actouo na Residenza de Anciáns de Sárria,  no CEIP Frei Luis de Granada de Sárria e en Palas de Rei. Louseiro ( 2013 ), Profesora: Mary Luz Martínez Lado.Actores procedentes de  Ferreiros, Manán,  Corvelle e Sárria.Obras: " O xastre  valente",  "Todo é un conto", " A ratiña presumida",
**********************************************************************************

( 11.2014 ) Mes do Teatro de Adultos en Sárria, Na Casa  da Cultura de Sárria

( 2.11.2014 ) " Trufaldino servidor de dous amos", de MDM Producciones

( 8.11.2014 ) " ¿Para que serven os homes ?". de Ti e Máis Eu Teatro.

( 22.11.2014 ) " Emperador, que pensas ?. Fala ! ". de Hipócrita Teatro

( 29.11.2014 )  " A muller soa", de Ana Plaza

 ( 25.04.2015 ) Na Casa da Cultura, reprsentaciónde " D.E.P., Unha comedia de morte", de Pep Antón Gómez e  Jordi Sánchez. Dirixida por Marco Orsi.Intérpetres : Josue García, Xoque Carbajal  e Patricia Rodríguez.

(  2015 )  Mes do Teatro de Adultos . Na Casa da Cultura de Sárria

( 31.10.2015 )  "Vilar de Inferno", con  Pinchacarneiro Teatro.

( 5.11.2015 )  "Alba e a casa pechada", de  Nosrum Cai.

( 8.11.2015 ) " A  órbita de Lucecú ", de  Lucecú Teatro.

( 21.11.2015 ) " O reparto" , con O Bordelo.

(29.11.2015 )  Aula de Teatro do Concello de Sárria

(  14.03.2018 )  Na Casa da Cultura  " A Lola" ( dramatización )  de Avelaíña Teatro.

( 28.06.2019 )Na Praza da Vila, "Illa sen tesouro", do Programa Cooperativismo en Movemento.

                           .

                             A VARIA ACTIVIDADE TEATRAL       

"Teatriños de Nenos" ,. Na vila de Sárria foi costume que grupos de nenos e nenas preparasen pequenas obras de teatro que ofrecían  en algunha das súas casas ( por exemplo na Casa de Ferreiró, ou na Casa da Estafeta ).

             

                ESPAZOS PARA AS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS                              

1.- Casino de Sárria.-  Na Rúa Maior, edificio anexo da Casa Saco.

2.- Baixo da Casa Consistorial ( Na Rúa Maior, 1 ) Só de xeito ocasional.

3,. Salón de Actos das Escolas Públicas.- Inaugurado en 1896, acollía actos culturais e tamén bailes e xuizos con  xurado

4.- Cine-Salón ( Teatro de Sárria ).- Na antiga Rúa do Porvir ( treito primeiro  ). Foi a primeira sala estable en Sárria para  proxeción de películas  e representacións  teatrais.

5.-  Sociedade La Unión.-  No seu salón da Casa de Zaera, no Barrio da Estación, primeiro, e en Villa Andrea ( Rúa Matías López) de 1931 adiante, na sala interior ou na pista exterior.

6.-  Cinema CISSA.- Na Rúa do Porvir, agora treito final da Rúa Marqués de Ugena. Magnifico esceario e moi boa sonoridade.  Cedido para actividades teagtrais de afeizoados e para fins de beneficencia, e con esporádica presenza de compañías foráneas.

7.- Cine Capitol-_ Na Rúa Diego Pazos. Cedido o local esporádicamente para representaciós escolares, de afeizoados e de promoción publica.

8.- Postulantado Mercedario.- a ).- No Convento vello. b ) A partir dos anos 1960 no edificio novo, cuxa pranta baixa  acollía a escea, onde grupos teatrais de postulantes facían representacións teatrais e artísticas. c).-  No patio exterior fixéronse representacións da Paixón de Cristo.

9.- Igrexa do Convento da Mercé.-  Acollida  da escenificación da Paixón de Cristo.

10.- Praza da Vila.- Teatro ao aire libre no anfiteatro,

11.- CEIP  Frei Luis de Granada, O Comedor fai servizo de salón de actos, e tamén se fixeron representacións na pista coberta.

12.- Colexio da Mercé: a ).- No Salon de Actos do antigo postulantado. b ).- No patio exterior

13.- Colexio da Asunión.- Na Capela- Salón de Actods

14.-  Salón de Actos da Casa da Cultura de Sárria.- As dúas aulas de nenas das antigas escolas  adaptáronse para Salón de Actos con esceario.

15,. CEIP do Oural

16.- CEIP de Triacastela

17.- CEIP de Samos

18.- CEIP do Incio

19.- CEIP de Paradela

20.- CEIP do Páramo

21.- CEIP da Pobra de San Xiao


Comentarios

Publicacións populares