As cheas do río Sárria

                                              AS CHEAS DO RÍO SÁRRIA

                                                                   1879

(   La Ilustración Gallega y Asturiana, 10.03.1879 )


"As insólitas avenidas do presente inverno  arrastraron  á impetuosa corrente  dos ríos  a maior parte das pontes rurais desta comarca, interceptándolles aos labregos  o traballar nas súas fincas  que moitos posúen  na ribeira oposta a aquela na que viven ,así como a flor das suas mellores terras , sebes e cerras , leñas e gado , e para rematar esta obra de devastación  acaba de acontecer  o afundimento da ponte, sita riba do río Sárria,  no camiño que leva a desta vila a Samos e Courel  e no antigo camino real de contino paso que enlaza Santiago  e pobos intermedios co Bierzo e Castela, cortando amplas relacións comerciais.

       Con este motivo cremos do noso deber  chamarmos a atención da Deputación provincial  polos intereses que representa , para que arranxe  de xeito provisorio  a citada ponte de  pedra  de riba do río Sárria , no que un dos arcos centrais  está afundido , mandando aseguralo antes de que se esborrallen  os restantes, e dispoña  a súa reparación definiva  polos moitos intereses económicos que perxudica  e amplas e grandes  relación ás que afecta, xuntándose así o esforzo posible  de todos combater tan sensibles calamidades e remediar a miseria pública deste país"

............... 1879.... A PONTE  MALFADADA..... A chea do río Sárria  causou o afundimento dun dos arcos centrais da PONTE RIBEIRA..... A Deputación negouse a arranxala e só se fixo un arranxo consistente en poñer un taboeiro de madeira riba de traves, que se mantivo ata perto de 1930 ( 50 anos ). Cando se fixo a estrada nova dende a estación do tren ata Vigo de Sárria, a Ponte de Ferro ( no Toleiro ) permitiu regularizar o acceso a Sárria....  O taboeiro de formigón  supuxo unha mellora .
Ese taboeiro e o da ampliación da décda de 1980 ( outros 50 anos ) foi eliminado , e sen xustificación lóxica, e así a Ponte de Sárria ( nada no século XII ) deixou de ser lugar de paso  , convertíndose en monumento á "estulticia", e para maior escarño  , a Ponte de Ribela , que o río levou por diante  segue sen ser recuperada, e a  Ponte Ribeira, que aguantou o tipo, caeu  vítima dun ataque de "enxeneiritis aguda".

                                                                   1959
                                                            . A nós 27 de Agosto
( EL PUEBLO GALLEGO , sábado, 29 de agosto de 1959)

              Unha terrible treboada asolou  a zona de Triacastela-Samos-Sárria
                  As augas baixaron dos montes a cachón torrenciais  e arrasadoras.
             Dous irmáns arrebatados  da súa casa e un neno, da man da súa nai, pereceron

        "O cataclismo comezou aproximadamente ás seia da tarde  do xoves A   nós  colleunos a treboada  cando na unión do Presidente da Asociación da Prensa de Lugo, don Purificación de Cora Sabater ,  nos achabamos  no Mosteiro de Samos. Metidos de cheo na treboada  puxémonos de camiño para  Lugo rondando xa as oito  da tarde. A oscuridade era case total  e os tronos e lostregos  sucedíanse maneira abraiante. O Seat que conducía o señor  de Cora avanzaba  con dificultade  no medio dunha chuvia  torrencial que convertirá a estrada, por algún lugares, nunha auténtica lagoa.

        Fumos parados por varios campesiños que nos contaron algo das tráxicas consecuencias  da treboada . Houbera vítimas  humanas , e os camiños, os leiros , muiños de maquía  e pequenas construcións rurais  foran arrasadas polas augas. Informáronnos  que máis adiante  a estrada estaba cortada  e que non ía ser posible  o paso do coche.  Malia esa advertencia seguimos  coa treboada enriba a nosa viaxe.

       Ao chegarmos ao punto onde se nos sinalara ,  vimos que efectivamente a  estrada estaba cortada . Con moito esforzo o señor de Cora  puido pasar  o  seu coche  cunha grande foxaca á esquerda  producida polas augas. Cando pasamos por Sárria  o río presentaba un terrible aspecto , con máis de tres metros por riba do seu nivel ordinario e cunha larganza en trinta superior á normal.

      Como consecuencia desta impresionante treboada  morreron afogadas tres persoas  e outra está ingresada no Hospital Provincial.

        Os mortos foron or irmáns Xosé e Filomen López , de 71 e 75 anos respectivamente, que cando despois de gardar o gado  na corte trataban de  entrar na súa casa  foron arrastrados pola impetuosidade das augas, que descendían polas abas dos montes . Os seus corpos foron achados 500 metros máis abaixo , semidesnudos  e enterrados no medio de pedras e entullo

       Tamén morreu  afogado o neno  Xosé Luis López e López , que ía con toda  presa coa súa nai  que o levaba da man , con direción ao seu fogar para protexérense da chuvia. Un gorgollón de auga  encorada  tras dunha parede baixou pola corredoira  e envolveu á nai e o fillo. A primeira non puido manter collido ao neniño  e este foi arrastrado  pola corrente ata o río Sárria, onde se perdeu.

       Cando escribimos esta crónica moitos campesiños en barcas do país  e dende as beiras   rastrexan no río na percura do seu cadavre. A nai ingresou no Hospital Provincial con gravísimas feridas . Os facultativos tiveron que lle dar ata sesenta puntos  de sutura  nas súas carnes desgarradas.

       O aspecto que presenta a comarca é francamente desolador. Ata dagora non se teñen máis novas  de outras posibles  vítimas. . Malia a isto  é moi posible que en todo o día de hoxe a Garda Civil nos facilite novas informacións  desta treboada que  asolou a zona de Samos".

...................................................................................................................................................................

( 13 de febreiro de  1900.-  SÁRRIA......." Por esta  reina un temporal  desfeito, os ríos sairon  de madre , achándose a veiga  completamente  alagada.............

....................................................................................................................................................................




Comentarios

Publicacións populares