A FECULERA ESPAÑOLA ( SÁRRIA )
A FACTORIA DE FÉCULAS DE SÁRRIA
.................................................................................................................................................................
( La Noche.- Santiago de Compostela; 21.08.1957 )
FECULERA ESPAÑOLA, S.A.
UNHA FÁBRICA QUE SE NOS MARCHA
DE SÁRRIA ( LUGO ) PARA ASTORGA (LEÓN )
O valor das instalacións era de oito millóns de pesetas. O seu destino fábrica de Fécula
O capital total do indsutrial primeiramente referido é de 12 millóns de pesetas,
...................................................................................................................................................................
...................................................................................................................................................................
En tarreos sitos entre a estación do ferrocarril e o río Celero, estremamdo coa estrada de Portomarín e co camiño da Ponte de San Lázaro á Estación,estableceuse a factoría de Feculera Española SA, que estivo activa durante tres lustros, sendo pechada e traslada cando , diante da baixa de prezos pola adquisición de patacss, os labregos sarriaos deixaron de producir o tubérculo, limitándoo para o autoconsumo
En 1957 comezou o proceso de desmantelamento da factoría ao cesar a producuión e os verquidos sen depuración que se facían direitamnte ao río Celeiro , causando un verdadeiro conflito ecolóxico, comeceu un lento proceso de recuperación da flora e a fauna asociadas ao río.
.................................................................................................................................................................
( La Noche.- Santiago de Compostela; 21.08.1957 )
FECULERA ESPAÑOLA, S.A.
UNHA FÁBRICA QUE SE NOS MARCHA
DE SÁRRIA ( LUGO ) PARA ASTORGA (LEÓN )
O valor das instalacións era de oito millóns de pesetas. O seu destino fábrica de Fécula
Don Eduardo Martín Alonso solicitou da Xefatura de Industria de Lugo , a oportuna autorización para poder trasladar a Astorga ( León ) a industria que tiña instalada en Sárria, de fábrica de fécula da súa propiedade que consta da seguinte maquinaria: Lavadoiro completo de patacas, balanza automátia, muiño raiadeira, batería de bombas de pistón , peneiira de pallotas, centrifugadora separadora , batería de remecedoras, estación de refinación , reguladora de leite de almidón, elementos de planos decantadores, centrífuga para líquidos densos, forno de gases con alimentación forzada , trasportadores varios, secadeiro contino de fitas, instalación de muiñaría , empaquetadora e paso de fécula, mecedor completo, prensas, penerra, bomba de pistón, roca de trasporte , secadoiro xiratorio de gases direitos, trasmisións e accesorios . caldeira de vapor Babcock Wilcox de 102 metros cadrados , elementos complementarios integrados por trasmisións , instalación de auga con aparellos entrífugos e depósitos, obradoiro de reparacións , laboratoiro básculas , con potencia total de 407 cabalos.
...................................................................................................................................................................
Algúns anos despois varias das naves da antiga factoría foron ocupadas por unha granxa de galiñas, consentida polo Concello malia a que o cheiro que espallaba pola vila, conbiando co que tamén producía a granxa que Xosé Vera Hermiia instalara na rúa Pedro Saco, e só as continas protetsas dos viciños fixeron posible as clausuras deses dous focos de contaminación e salubridade.
Vendidas as naves a varios industrias, asentarone alí entre outras a fábrica de mobles de Babío, que enadiu una nova edificaicón a carón do río, a fábrica de piensos de Vicenzo Chaos , almacéns e pequenos obradoiros.
...................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario