PRAZA DE TOUROS EN SÁRRIA

                       A FRUSTRADA PRAZA DE TOUROS DE  SÁRRIA ( 1912 )

         A celebración de becerradas na vila de Sárria, mesmo con formación de cadrillas locais,  fixo xurdir nos burgueses da vila, algúns deles  comerciantes procedentes de fora de Galicia, a idea de facer unha  praza de touros  con obra de fábrica, que permitise a celebración de festivais ao  longo do ano.  Xosé Antonio Gayoso ( da Casa Marzán ),  Dimas González ( da Casa Dimas ) e  Emilio Zaera ( fillo do turolense Mariano Zaera ) constituiron unha comisión  que nos meses finais do ano 1912 xa tiña comprometidas  máis de 10.000 pesetas  .

          A nova debeu alcanzar certa difusión porque na "Gaceta de Galicia:  Diario de Galicia" de  5 de decembro de 1912 Xaime Quintanilla  publicou un solto co seguinte contido:

"Carta aberta  aos señores  D. Antonio Gayoso , D. Dimas González  e D. Emilio Zaera  que constitúen a comisión  encargada de recadar  fondos para construir , en Sárria , unha praza  de touros"

      Eu supoño, sen coñecelos a vostedes, que son homes dignos , patriotas e que, en vostedes , brilla  o máis puro e elevado dos sentimentos de humanidade  que honran aos homes . Porque  o creo así  diríxolles estas liñas.  É ao corazón  ao que eu vou  chamar con acentos de piedade e de caridade.

       Recadan  vostedes diñeiro para construir  na súa vila unha praza do touros  e, segundo as novas que eu teño,  posúen, xa , máis de 10.000 pesetas. Vostedes, de seguro ,  cren que con iso van facer unha obra meritoria, Pensen, en conciencia se, rodeados de desgrazas  e de dores  teñen dereito a derrocharen  o diñeiro para un espectáculo  bárbaro e salvaxe.

        ¿ É que en Sárria  non hai miseria  que minguar . dores que mitigar , necesidades que socorrer ?Non é de agardar desgraciadamente  que así sexa. Sárria , segundo entendo, non é unha sucursal de Jauja. ¿ Cantas escolas hai nesa vila ? ¿ Son letrados todos os seus habitantes  ou pola contra , abondan os analfabetos  ? ¿ Non lles parece a vostedes  que é un crime gastar  uns milleiros  de pesetas  nunha praza de touros , que non serve  absolutamente  para nada , cando hai homes  que non saben das ledicias  do pan do espíritu , cando hai seres  que viven na indixenza  mental, na máis crasa iñoranza ?.

         Vostedes , como homes honrados, protestarán coa  maior enerxía, do asasiñato do Sr. Canalejas  , ¿ Saben de onde saen os Pardina ?. Do abandono  en que todos temos ao pobo , da falla de instrucción , da nosa carenza de piedade, do noso exceso  de egoísmo. Os homes de intelixenza , como os homes de diñeiro, teñen a obriga  de elevar o  nivel cultural  da masa. Non se extrañen vostedes  que  dos maltratados  poida sair  un asasiño.  Ninguén lles ensina, ninguén lles di  do amor e da fraternidade  e a esas xentes groseiras , materiais, babean  as súas malas paixóns , lévanse a ver  correr o sangue , a emborrachalos de  barbarie....  ¿ Por que cando estalan os seus instintos , vostedes se lamentan ? ¿ Por que se alporizan ?. Foron vostedes, fomos todos, os que os empurramos ao crime , salvaxe a abominable . Foron vostedes,  fomos todos, os que avivamos  os seus instintos , as súas paixóns, as tendenzas  groseiras dos seus apetitos.

           Os estados modernos, as novas nación máis cultas preocúpanse dos nenos porque saben que deles  han xordir os bons cidadáns. Mais ¿ como facer  cidadáns de nenos ignorantes  e famentos ?.  A   fame e a ignoranza só poden incubar  odios e rancores. Hai que volver polos prestixios da nosa raza  e a raza non está, non pode estar , representada polo seu paisán Afonso Cela . A raza fidalga,  a raza gloriosa  desta  vella España  encarnou na  alma rexa de  Menéndez Pelayo, na alma noble  e enérxica de Costa, nas almas de Galdós, de Valle Inclán, de Benavente....

         E xa que cito a Benavente  ¿ Queren  vostedes empregar ben o diñeiro  que teñen no seu poder  ?.  Mándenas  vostedes á comisión xestora  da homenaxe ao insigne  dramaturgo.  Serán  para  os nenos eses milleiros de pesetas , para a obra admirable  do Almorzó escolar. Sexan vostedes caridosos e piedosos  e nobles  ¡ É para os nenos, señores, para os que eu pido esas pesetas  !.  Comprirán  vostedes, así ,  co desexo de Benavente, confortando  os corpos aterecidos  e famentos dos meniños, recibirán o agradecemento dos seus país  e laborarán , desa maneira , pola patria e pola raza.

           Pero desistan  vostedes de edificar  esa praza de touros  proxectada: que sería  unha vergoña  e falaría moi mal  dos seus sentimentos de humanidade  e do seu patriotismo. Non hai dereito a se divertir  cando o pobo padece  e cando os nenos teñen fame.

                                                   XAIME QUINTANILLA
........................................................................ 

........... ¿ Como tomaron  a comisión e os sarriaos  as palabras de Xaime Quintanilla ?..... O certo é que o proxecto de praza de touros esmoreceu axiña , e os taurófilos locis seguiron armándoas   con madeira nas ocasións nas que no patio das Escolas Públicas se poñían a tourear almallos...... e só nos anos finais da ´decda de 1960 se volveron escoitar voces falando da "necesidade" de facer unha praza de touros permanente, e todo quedou en nada...... 
            E despois de armar prazas metálicas por Pacios, O Chanto, nos Prados de Vilasante e no Prado do Lago, en 2016 foi acollida a instalación en Triacastela, .... e para 2017 queren levala ao Campo da Feira do Páramo.... ¡ Que lástima de bois !, que dixo Castelao.

Comentarios

Publicacións populares