San Pedro de Maside

                                        SAN PEDRO DE MASIDE ( 1753 )

                A parroquia de San Pedro de Maside, na que se integrara a desaparecida de  San Vicenzo de Maside, formaba parte da Xurisdición do Marquesado de Sárria  e un anaco polo sur, era da Xurisdición de Samos.

           Ata 1890  os tarreos de San Lázaro, As Castiñeiras, Cortiñas do Mazadoiro... formaron parte desta parroquia, onde dende mediados do século XIX se formaran os novos  barrios de San Lázaro, A Estación e Estrada do Mazadoiro, xurdidos darredor da estrada de Valdeorras e da do Mazadoiro a Lama Rigueira e o camiño de ferro.

     . Houbo un intento de facer unha nova parroquia con eses lugares, que se chamaría de San Lázaro de Sárria, que non se consumou, ao acordar a segregación dos tarreos  delimitados pola liña do ferrocarril ata O Pedregal, para unilos á parroquia de San Salvador de Sárria. á que, eclesiásticamnte se uniu tamén a de San Martiño de Requeixo.

                                                      FIDALGOS

DON XOÁN FRANCISCO DE LA VEGA , 64 anos, viuvo. Ten tres fillos  maiores , tres fillas, , un criado maior e unha criada.
                                                         LABREGOS

AGOSTIÑO LÓPEZ, de 30 anos, casado. Ten un fillo menor, dúas fillas , unha irmá, a súa nai e dúas tías.
ANTONIO ARIAS,de 44 anos, casado..Ten un fillo menor e catro fillas.
DOMINGOS LÓPEZ, de 50 anos, casado. Ten un fillo menor, tres fillas, unha irmá e un criado maior.
FRANCISCO LÓPEZ, de 22 anos, casado, ten á súa nai , unha tía e un sobriño men menor.
FRANCISCO VÁZQUEZ, de 52 anos, casado, ten un fillo maior , tamén casado, tres filloas, un criado maior e unha criada.
E polo oficio de taberneiro reguláronlle a utilidade de 36 reais de vellón en cada un ano.
GREGORIO ALVAREDO, de 68 anos, viuvo, ten dúas fillas, unha delas casada , un irmán maior, dous netos menores e dúas netas.
GREGORIO QUINTAIRO, de 40 anos, casado. Ten un fillo maior da súa muller, tamén casado  e este un fillo menor.
XOSÉ LÓPEZ, de 40 anos, casado. Ten un fillo maior casado , uhna filla  e  unha cuñada.
XOSÉ VÁZQUEZ, de 40 anos, casado, Ten un fillo maior e unha irmá.
XOSÉ FERNÁNDEZ, de 40 anos, casado, ten un fillo m menor e unha filla.
E polo oficio de zapateiro do que usa establecéronlle  unha utilidade de 150 reais de de vellón en cada un ano.
XOÁN ARIAS, de 36 anos, casado.Ten un fillo menor.
XOÁN GONZÁLEZ, de 43 anos, casado. Ten un fillo menor, dúas fillas, e a súa nai, viuva-
XOÁN LÓPEZ, de 33 anos, casado, dúas fillas e unha irmá.
XOÁN GONZÁLEZ, de 49 anos, casado, ten dous fillos maiores, un deles casado, un neto menor e unha neta.
XOÁN TOIRÁN , de 66 anos, casado, ten un sobriño maior, casado, unha sobriña e unha criada.
MANUEL VÁZQUEZ, de 40 anos, casado, ten unha filla.
MIGUEL LÓPEZ, de 34 anos, casado. Ten unha filla, un irmán maior e unha irmá.
MANUEL GONZÁLEZ, de 33 anos, casado, Ten un fillo menor , unha filla, un cuñado maior, o sogro, de 64 anos, e unha cuñada.
PEDRO VÁZQUEZ, de 60 anos, casado.
PEDRO LÓPEZ, de 40 anos, casado. Ten un fillo maior, catro menores, unha filla e unha criada.
PEDRO LÓPEZ,  de 44 anos, casado. Ten dous fillos menores e tres fillas.
PEDRO DÍAZ DE PÁRAMO, de 65 anos, viuvo. Ten un fillo maior, dúas fillas, unha irmá e unha criada.
ROQUE ARIAS, de 60 anos, casado. Ten un fillo da súa muller , maior, tamén casado, un fillo mneor e unha filla.
ROQUE LÓPEZ, de 47 anos, casado, ten un fillo menor e dúas fillas.
SANTIAGO LÓPEZ, de 60 anos, casado. Ten un fillo maior, unha filla e unha cuñada.
SILVESTRE LÓPEZ, de 30 anos, casado. Ten tres fillos menores e a súa nai.
SILVESTRE LÓPEZ, de 60 anos, viuvo, con catro fillos maiores, un deles casado, dous netos menores e unha irmá.
TOMÉ DA TORRE, 40 anos, casado Ten dous fillos maiores, un deles casado, e unha filla
MARÍA FERNÁNDEZ, viuva. Ten tres fillos menores . dúas fillas, un cuañdo maior e dous menroes e unha cuñada.
MARÍA MARTÍNEZ, viuva,ten dúas fillas.
DOMINGOS FERNÁNDEZ de 34 anos, casado con  BERNALDA LÓPEZ. e pola ocupación de estanquilleira con que ela corre, reguláronlle de utilidade en cada un ano 30 reais.

Sumaban un total de 145 persoas.











Comentarios

Publicacións populares