CAMIÑO VECIÑAL DE PRIMEIRA ORDE DO MAZADOIRO A LAMA RIGUEIRA (1853)

 O CAMIÑO  VECIÑAL DE PRIMEIRA ORDE DO MAZADOIRO A LAMA RIGUEIRA

                                                      SÁRRIA 1853

A Rua Xela Arias, a Rúa da Calexa., a Rúa Conde de Lemos, a Rúa dos Esqueiredos e a Estrada de Arriba de Farbán, foron orixinariamente  o Camiño de Primeira Orde do Mazadoiro á  Lama Rigueira  promovido pola Deputación de Lugo , con orixe na Ponte da Acea ( segunda Ponte Ribeira ) que despois de pasar por perto da Igrexa de San Salvador seguía  por diante da Igrexa de Santiago de Farbán até a aldea da Lama Rigueira Atravesaba terras das parroquias de San Martiño de Requeixo, San Pedro de Maside, San Salvador de Sárria e Santiago de  Farbán.

O primeiro paso para conseguir que a vila de Sárria fose atravesada por unha estrada  esixía a ocupación de terreos , previa expropiación, permitindo así que as carruaxes e cabalerías  entrasen cómodamente na poboación. Hai que ter presente que a Estrada de Valdeorras por ese tempo  aberta  pasando polo pé da vila  rente á Costa , constituía entón  unha vía de circunvalación que pasaba por tras das casas da parte baixa do Arrabaldo.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 14 de decembro de 1853 publicou  a relación de propietarios de terreos e bens que ían ser obxecto de ocupación.

Lista dos propietarios de terreos  que ocupa o camiño veciñal de 1ª Orde  que cruza a vila de Sárria e empalma  na estrada provincial  de Lugo a Quiroga  nos puntos do Mazadoiro á Lama Rigueira.

1.- Manuel de Castro ( Treilán). 2.- Xoán Saco ( Sárria ). 3.- Vicenzo Gayoso ( Treilán ). 4.-  Anxo Fernández Gallego ( Sárria ).5.- Manuel de Castro (Treilán ) 6.- Xosé López ( Treilán ) 7.- Domingos Torres ( Treilán ) 8.- Luis López Gayoso ( Treilán ). 9.- Francisco Prieto ( Sárria ) 10.-  Manuel Sampayo ( Sárria ) 11.- Domingos Gallego ( Sárria ). 12.- Domingos Quinte ( Sárria ) 13.-Pedro Díaz de Freijo ( Sárria ) 14.-Pedro Castiñeira ( Sárria ) 15.-  Manuel Quiroga ( Sárria ) 16.- Xoán Saco e consorte ( Sárria )17.- Xosé Luis de Rivas ( Sárria ) 18.- Bieito María  Somoza ( Sárria ) 19.- Antonio González ( Sárria ) 20. Francisco González ( Sárria ). 21.- Xosé Macía ( Sárria ) 22.- Xoán Saco e Xosé Monteagudo  23.- Xosé Monteagudo 24.- María Xosefa  Capón ( Sárria ) 25.- Parte do alpendre da Igrexa de San Salvador ( Sárria )  26.- Antonio Loureiro ( Sárria ) 27.- Xoán López @ "Cuco" 28.- Pedro Díaz  29.- Inacio Vázquez ( Farbán ) 30.- Taberna da parroquia ( Farbán ) 31.- Miguel Loureiro ( Farbán ) 32.- Xosé Armesto 33.- Francisco Gudín 34.- Manuel Díaz ( Farbán ) 35.- Antonio López ( Farbán ) 36.- Xosé Armesto ( Farbán ) 37.- Xosefa Alvaredo ( Farbán ) 38.- Herdeiros  de Ildefonso Flórez ( Valdeorras ) 39.- Xosefa Alvaredo ( Farbán ) 40.- Francisco Gudín (  Farbán ) 41.- Xosefa Alvaredo ( Farbán ) 42.- Francisco Gudí  ( Farbán )  43.- Xosefa Alvaredo  ( Farbán ) 44.- Xosé Luis de Rivas ( Farbán ) 45 .- María Somoza ( Farbán )

             Sárria , 7 de decembro de 1853. O Director: Castro del Villar. É copia: Manuel Vaamonde.

O camiño aberto  para facer posible a entrada na vila vindo de Lugo  , despois de sufrir o estreitamento xunto da Casa de Monteagudo, hoxe Casa do Puro) subía a Costa de San Salvador  e pasada a igrexa parroquial seguía por baixo dos foxos da Fortaleza , que estivo en pé até 1860, e a Casa de Ferreiró, seguía cara Os Esqueiredos, deixando á dereita o espazo da antiga capela de San Marco e o primeiro cemiterio municipal ( na parte baixa do actual Campo da Feira ),

Ademais  dos terreos expropiados para o ancheamento das vellas carreiras riba das que se fixo o "camiño moderno" ou "estrada " que introducio a vila de Sárria nas modernas comunicacións, houbo necesidade de expropiar  o alpendre da igrexa de San Salvador,  que debía ocupar  a frenteira da igrexa e parte do lateral norte, e tamén  parte da Taberna propiedade dos veciños de Farbán, que debía estar nos Esqueiredos , pasado o cruzamento co "Camiño de Fora" que dende a Ponte Ribeira e pola Pedreira seguía até o Castro das Paredes,

A incomodidade do xiro para se incorporar á Costa de San Salvador  e o tránsito multiplicado por diante da Casa do Concello ( hoxe Rúa Maior 1 ) fixo xurdir a idea de  facer unha variante  ( a actual Rúa Conde de Lemos ) que evitase a súpeta costa  e  para iso  había necesidade de atravesar, seccionándoas as "fincas da porta" das casas de Novoa ( hoxe Mesón Tapas e Casa Guerra ), Capón e Ferreiró,  dando lugar a dous treitos chaos atravesados pola Corga de Matavellas, en plano superior con relación á Corga dos Fornos de Atrás, antiga saída cara Monforte dende a Praza Principal, tamén chamado "Camiño de Fora",

Pasados só  catro anos da formación do expediente expropiatorio primeiro as forza vivas sarriás foron quen de convenceren ao Gobernador Civil e á Deputación Provincial de Lugo, da bondade e necesidade de facer variación polos terreos da traseira da igrexa de San Salvador, dando así nacemento a unha nova vía dentro desa parroquia vilega.

 

                       VARIACIÓN DO CAMIÑO DO MAZADOIRO A LAMA RIGUEIRA ( 1858 )

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo  do 3 de marzo de 1858 anunciou o comezo do proceso expropiatorio   do que resultaría en definitiva  a actual estrada provincial.

                                          PROVINCIA DE LUGO

                                         DISTRITO DE SÁRRIA

"Acordada por  este Goberno a variación do camiño veciñal de Sárria a Farbán , e aprobado o proxecto formado polo Enxeneiro da provincia , insírese a continuación a nómina dos donos  dos terreos, a quen  afecta nas súas fincas o traxecto do dito camiño.

                                                     SÁRRIA

D. Xosé Méndez Novoa.-  D. Pedro Xoán Saco Quiroga, -María Xosefa Capón Rivas.-  Pedro Loureiro

Na súa consecuencia  sinálase o termo de dez días  contados dende a data  aos efectos previstos  no artigo 4ª  do Regulamento  de 27 de Xullo  de 1853. Luigo, 2 de marzo de 1858. O Gobernador: Euxenio Reguera.

Nota:  Xosé Méndez Novoa e Pedro Xoán Saco Quiroga  viron expropiados terreos seus entre a actual Rúa Maior e a parte posterior da Casa de Guerra ( actual  nº 10 da Rúa Maior ). A María Xosefa Capón Rivas expropiáronlle  terreos da finca da Casa de Capón, na traseira dos n º 8, 6,4 e da Rúa Maior) até a Corga de Matavellas. A Pedro Loureiro ( da Casa de Ferreiró ) partíronlle a Finca da Casa dende a Corga de Matavellas á parte baixa do actual Campo da Feira- Estes terreos son hoxe a Rúa Conde de Lemos.

Xunto coa Rúa Xela Arias ,  e a Rúa Conde de Lemos constitúen as rúas ben urbanizadas da vella "estrada provincial", e a Rúa da Calexa e  a "Estrada de Arriba de Farbán "  , agás o asfaltado da calzada  agardan merecer a atención  que merecen,


é


Comentarios

Publicacións populares