PRIMEIRA PUBLICIDADE EN SÁRRIA ( 1849 )
PRIMEIRA PUBLICIDADE EN SÁRRIA ( De 1849 ADIANTE )
Nos fondos xornalisticos ofrecidos por GALICIANA van sendo coñecidos reclamos publicitarios de produtos e servizos ofrecidos ao público , nunha vila que levaba anos arelando que a prometida estrada de Nadela a Valdeorras asomase ao Val de Sárria pola Piqueira de Betote, aparece o seguinte reclamo publicitario:
1849.- 12 de outubro ( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO )
BOTICA DE MANUEL DE PAZ
Na vila de Sárria e botica do Licenciado D, Manuel de Paz, acaba de chegar un surtido de esquisito chocolate o que penetrado da superior calidade por se achar composto dos ricos cacaus Caracas de Puerto Cabello e Guanaguay así como as especiais canelas aromáticas de Ceilán, únicas sobre as das demais nacións de Europa, co móbil de avisar ao respectable público para que se penetre atéa evidencia da súa calidade esmerada, advertindo que ademais de ser tan recomendable á parte alimenticia é tamén cosmético mediciñal para os fractulentos , e outras persoas que pola grosura son propensos a aplopexías.
.......................................................................................................................................................................
1886, 21 de outubro ( EL REGIONAL, Diario de Lugo )
ESTACIÓN DE SÁRRIA
PEDRO RIGUEIRO
( CARREIRO )
En obsequio á súa numerosa clientela encárgase de conducir á vila e viceversa toda clas de bultos polo curto prezo de un real, así como tamén de facturar e retirar encargas r mercancías sen cobrar cantidade algunha por este servizo.
O moito tempo que leva adicado a estas operacións e a súa práctica constante garanten a súa competenza nesta clas de servizos.
.........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario