SANTA MISIÓN DE SÁRRIA ( 1948 )

 Nas décadas finais  do século XIX  e primeiras do século XX  en numerosas parroquias das vilas e do medio rural galego celebráronxe xornadas intensivas  de cristianización e penitencia colectivas . coñecidas como SANTA MISIÓN, con actos programados nas igrexas e ao aire libre, abertas non só aos fregueses das parroquias organizadoras  senón tamén  á reralidade  de fieis da bisbarra e arciprestádegos  da contorna. Era  costume  que un dos días  estivese aberto para recibir procisións das parroquias veciñas que en longas ringleiras seguían ás imaxes dos  seus santos padróns, ou ás de máis especial devoción,  que  nun amplo campo ou carballeira se concentraban, presidindo  a actuación dos pregadores, as confesións e comuñóns masivas e a benzón de crucifixos e obxectos piadosos.

Nos tempos posteriores á Guerra de 1936/ 1939,  trunfante  o nacional-catolicismo , e dentro dun proceso de "recristianización ", tiveron grande pulo esas xornadas , que eran dirixidas por relixiosos pertencentes a diferentes ordes ( xesuítas, franciscáns, mercedarios, dominicanos... ) todos moi versados nas artes oratorias, bons escenificadores e que dirixían  a súa atención a nenos, homes e mulleres, nos actos  a eses sectores dirixidos, e que  nos actos multitudinarios facían uso de recursos estilisticos e retóricos na percura das " conversións masivas " e o "arrepentimento xeral"

E Sárria non foi unha excepción, e no mes de xuño de  1948,  os "misioneiros· foron chamados  para  a celebración da Santa Misión, que foi unha celebración con masiva participación  , sendo medido o seu  bon suceso polo número de confesións e comuñóns, para o que os misioneiros contaron coa axuda do clero local, dos relixiosos mercedarios e os bietos de Samos. e pàrrocos de ecónomos de varios arciprestádegos.

A impresión xeral dos fieis  e unha valoración dos froitos proucidos aparecen reflectidas  nas novas publicadas polo diario El Progreso de Lugo,

                                          SÁRRIA,CLAUSURA DA SANTA MISIÓN

O pasado día 20  tivo lugar o solemne acto de clausura da Santa Misión. Milleiros de  persoas acodiron a  rebiren o pan eucarístico nas misas de comuñón , e se volcaron  despois pola tardiña , con grande entusiuasmo, na ampla Praza de Xoán María López, para asistiren ao acto final.

A voz dos misioneiros fíxose emoción aos ollos de todos os asistentes. Cando o reverendo señor cura de Santa Mariña  ía botando riba de nós  a benzón eucarística. , ao fulgor da Custodia  e á forza do momento uníase  a apoteose triunfal da gracia no corazón de Sárria.Todo subraiao polo grito final:  Cristo vence., Cristo impera, Cristo reina xa-

Nas primeiras horas do día 21 unha enorme multitude  se agrupou na estación  para despedir aos Padres . Autoridades  e pobo superáronse  nesta emotiva manifestación de cariño. Cando arrincou o tren ollamos pranto de emoción en todos os rostros.

                                CHEGADA DO BISPO DA DIOCESE LUCENSE

Horas máis tarde  facía a súa entrada na vila o excelentísimo señor bispo da Diocese ( Rafael Balanzá Navarro ) , Foi recibido na porta da igrexa de Santa Mariña  polas autoridades eclesiásticas e civís desta vila, representacións  oficiais e clero  das parroquias da contorna. O   señor bispo,     baixo palio  que portaban  membros da Corporación Municipal,  dirixiuse ao altar maior en solemne procisión . Acto seguido  procedeu a adminstrar o santo Sacramento da Confirmación  aos numerosos nenos da vila  e da contorna. Con este acto solemnísimo  remataba esta Misión que agardamos sexa un fío de espiritualidade  na vida desta noble vila de Sárria.

                                          ------------------------------  

Como era costume  nas igrexas puxeron cruces conmemorativas  da Santa Misión, ás que se enadiría outras na década seguinte, cando relixiosos xesuitas pregaron a última das celebradas en Sárri.

E como sempre hai quen vai de "creativo " pola vida ., como queira que na  parede  norte da igrexa de San Salvador de Sárria se lía "Santa Misión" en senllas cruces., un "ignprante con título" npm tivo mellor idea que a de porlle por nome "Igrexa de Santa Misión"  E como  sempre hai quen se suma ás albardadas, vemos como en algunhas ocasións, e mesmo en planos de obras de carácter público, rotula como  de "Santa Misión" o templo que dende o século XIII, levou e segue a levar  o nome de SAN SALVADOR DE SÁRRIA.

No santoral non aparece  santa ningunha que leve por nome "Misión " , e dende logo, se de ignorantes foi facer o troco , cousa de máis ignorantes  é que non se corrixa o erro e o nome do Salvador ( Xesús Cristo ) se vexa sustituído por unha denominación aberrante,

Comentarios

Publicacións populares