A CARLISTADA NA TERRA DE SÁRRIA ( 1836 / 1840 )
A CARLISTADA DA TERRA DE SÁRRIA ( 1836 / 1840 )
(BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 11.02.1835 ) .- ASALTO Á CASA ADMINISTRACIÓN DO PARTIDO DO INCIO.-
O Alcalde Maior de Monforte en comunicación do 31 do mes prósimo pasado particípame que unha horda de fauciosos asaltou a casa daministración do partido do Incio; Mais que os honrados e pacíficos habitantes daquela comarca xustamente indignados de veren alterada a orde , e profanado o seu chan por uns malvados , que en todos se sinalan cos maiores crimes , amotináronse a repenique de campás para rexeitalos cara a parroquia de Eirexalba.
Poño este feito en coñecemento de todos os habitantes da provincia para que vexan como a pouca costa poden exterminar aos bandidos que lles producen aldraxes considerables.
Lugo, 9 de febreiro de 1835.- Gobernador Civil da provincia.- Laureano Gutiérrez.
( BOP 23.03.1835 ) ASALTO DA CASA DE SANTA MARÍA DE FRANCOS DE PARADELA.-
O Alcalde Real Ordinario de San Pedro de Portomarín particípame que na noite dodía 7 do corrente, unha gabela de enmascarados e armados asaltaron a casa do cura de Santa María de Francos de Paradela, que para conseguilo finxiron seren tropa acompañada da Xustiza.
Os efectos roubados son : unha grande porción de diñeiro, en ouro e pratra, unha capa nova de pano negro, un paraugas, algúns garfos e culleres, un atadiño de cigarros e unha caixa para o tabaco, unha tea de estopa de vinte e oito varas, catro novelos de fío, unha manta de burel, tres panos do nariz, dous aderezos de prata dourados, un caponte e uns zapatos.
Malia as indagacións da xustiza , non se puido averiguar quen poidan ser os referidos asaltadores , e por iso encárgolles a todos os alcaldes e celadores de policía desta provincia , especialmente aos do Partido de Taboada e Sárria, poñan da súa parte todos os medios que sexan posibles para descubrilos e entregalos ao Alcalde Maior de Sárria diante de quen pende actualmente a causa.
Lugo, 23 de marzo de 1835.- O Gobernador Civil: Laureano Gutiérrez.
(BOP 7.06.1835 ) OS FAUCIOSOS NO CARITEL ( SAN PEDRO DE FROIÁN - SÁRRIA )
O 31 de maio prósimo pasado unha porción de fauciosos achábanse no pobo do Caritel, a unha légoa de Sárria. O Alcalde Maior desta vila por novas que tivo da súa permanencia avisou ao comandante da columna móbil daquel punto para que saíse a atacalos , como efectivamente o verifica en moi pouco tempo poñéndoos en precipitada fuxida sen outra máis desgraza que a morte dun valente soldado.
A persecución infatigable da tropa aos rebeldes a se retiraren cara a xurisdición do Incio, onde contramarcharon a favor da noite para poñer en salvo as súas vidas. Catro deles que sen folgo para proseguiron ou cecais con demasiada confianza ousadía se atreveron a quedaren escondidos na mesma xurisdición, foron aprehendidos polos paisáns dela que xa outra vez con igual ocasión deron mostra da súa lealdade e da aversión coa que miran a estes foraxidos. Os catro reos foron conducidos á vila de Sárria e fusilados para terrible escarmento no mesmo sitio onde falecera valentemente o bizarro cazador da columna móbil que os atacou no Caritel.
É para sentila a sorte desgraciada que tiveron estes mozos mal aconsellados , mentres cecais os seus pérfidos intigadores , a beneficio da súa simulación e cautela , se sustraeron da vixianza das autoridades e gozan unha total impunidade.
Aprendan con esta triste leción os demais e convénzase os pobos de que para obteren a paz e librárense das vexacións que por causa dos rebeldes lles traen mágoas, débense interesaren na súa persecución e esterminio. Os habitantes do Incio dereon exemplo por dúas veces ; e é moi probable que os fauciosos non se atrevan a pisaren no sucesivo aquela comarca.
Lugo, 5 de xuño de 1835,- O Gobernador Civil. Laureano Gutiérrez
( BOP, 10.06.1835 ) PROCLAMA DO COMANDANTE MILITAR DA PROVINCIA DE LUGO DIRIXIDA EN ESPECIAL AOS POBOS DE SÁRRIA, BURÓN E NAVIA DE SUARNA.
Comandancia Militar de la Provincia de Lugo
Unha miserable faución composta de asasiños pretende envolvervos nunha horrorosa guerra civil, ¡ insensatos !, de valuto atá de agora brasonaron de levar adiante aos seus criminais intentos, protexidos por axentes ocultos tan traidores como eles ; mais eu asegúrovos sofrirán o condigno castigo no derradeiro suplicio, como lles aconteceu aos de Sárria, O Burón e Navia de Suarna.
Habitantes da provincia de Lugo : Vós , mellor que ninguén , coñecedes a necesidade de rematar con esta horda de ladróns, que non fan máis que roubarvos e achegar un milleiro de desgrazas razón pola que me apresuro a facervos presente a necesidade que hai de acabar con eles . para logralo ditareivos o xeito de como o conseguiredes, e son : os de se reuniren catro, cinco ou máis parroquias tan axiña como algué teña novas da aprosimación ou chegada dos malvados, e nese caso, valéndose das campás como toque de alarma , sairedes na súa persecución , facéndolles coñecer o aborrecimento que lles tedes , e o dano que vos causan. Eu ofrézovos pola miña parte non vos abandoar ; as columnas que percorren a provincia non estarán lonxe, e coa velocidade do raio , voarán no voso auxilio . Pescudade e investigade os axentes ocultos que están no medio de vós, que son os que labran a vosa ruina. darme parte deles ao momento e veredes e o rápido dos seus atroces crimes.
Por cada faucioso desarmado que me presentedes, ou deades parte de onde se acha para arrestalo,dareivos a gratificación de 320 reais a cada indiviudo que teña colaborado na aprehensión : por un armado o duplo , e polos "cabecillas" 500 pesos. Se así o facedes vereime libre de ditar medidas que, nin a min, nin a vós seran satisfactorias, asegúrovolo, mais chegado o caso, saberrei eu o primeiro tinguir o sable no sangue dos que , non só atentan contra as vosas facendas , senón contra os dereitos da nosa lexítima soberana.
Pobos apáticos , no mesmo caso vos considero que aos fauciosos , e de conseguinte mirareivos como a aqueles ; imitade aos de Cotobade e Lalín aos vosos veciños do Incio e non acharedes en min máis ca un protetor,
Así o agardo de vós o voso Comandante Militar. Xenaro Fernández Gil.
( 12.06.1835 ) MULTA Á PARROQUIA DE SAN VICENZO DE CARRACEDO ( LÁNCARA ) POR COLABORACIÓN PASIVA COS FAUCIOSOS.-
" A parroquia de Carracedo conduciuse coa maior infidelidade no parte que deu de teren estado alí os fauciosos na noite do nove do corrente : non só non se reuniu á veciñanza para celar a marcha daqueles cara os pobos da contorna , e non tocaron as campás atá moito despois , senón que , polo que despois apareceu, deu un parte falso encol do número de dos fauciosos, co que estivo a punto de causar un grave perxuizo á tropa que saiu a perseguilos, e que houbera que pasar moi comprometida no seu valor e bizarría se non houbera neutralizado os esforzos dos rebeldes.
Sen perxuizo pois das serias providencia que o Sr. Comandante Militar da Provincia teña por oportuno tomar aprontará toda a parroquia , sen esceción de persoas nin clases, mancomunadamente , a suma de cen ducados, dentro de corenta e oito horas, e pasadas estas partirá a tropa a cobrala militarmente . O Pedáneo será responsable do cumprimento desta orde. Sárria xuño 12 de 1835. Xoán de Mata Alvaredo.- Pagouse.-Alvarado.
( Nota manuscrita facilitada por Luciana Macía Salgado, para o Arquivo Histórico Comarcal de Sárria )
(BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 17.06.1835 )
O señor Comandante militar accidental desta praza di en oficio de hoxe o que segue:
O señor Comandante militar desta provincia di dende a vila de Sárria con data 14 do actual o seguinte :
Teño a satisfación de anunciar a completa derrota e dispersión da faución de Sarmiento , facéndolle cinco mortos e tres prisioneiros entre eles o cabecilla D, Ambrosio de Vera, escribán de Toro, en Castela a Vella, cuxa pausible nova se servirá Vde. faela publica nesa cidade para satisfación dos bons e temor dos malvados.
"Son as doce da noite , hora na que acabo de chegar a este punto, onde tomarei a forza que hai aquí descabsada seguindo a persecución dos rebeldes.
Enche coa maior compracenza os desexos do Señor Comandante miitar, facendo saber a todos os habitantes desta provincia un feito de armas que fai honra aos valentes que o acometeron , e que se poderia chamar glorioso, se a condición dos inimigos non fose tan vil e merecera outro ditado que o de ladróns foraxidos.
Cando viñan de instalar o desorde e a confusión na Feira da Esfarrapa, e de se atrever a chegaren moi perto desta capital ao favor da noite, ben certo se achaban de recibiren o tal escarmento.
Os que se persuadan de que os fauciosoos han prevalecer nesta leal provincia, equivócanse groseiramente para que malia o ouro que espallan os inimigos ocultos do Trono e.de todas as tramas que urden para mergullarnos nas maiores desgrazas , a orde tense mantido ata dagora cun curto número de tropas , e os rebeldes fuxiron sempre como animais atemorizados , que cren encontrar a cada paso o castigo das súas iniquidades numerosas son despreciables , e se nalgunha circunstancia se achan setenta ou oitenta reunidos a maio parte son xente temerosa e de mudable parecer , que ao menor contratempo se retiran.
Sensatos habitantes desta provincia , repítovos que con algún interese que tomedes pola vosa parte., a gavela de perturbados que vos incomodan serán esterninadas moi axiña. Quen vos rouba , vos asasiñan e vos interrompen nas vosas relacións, interceptando os camiños e atacando a vosa seguridade persoal, ben merece o voso rexeitamento e abominación.
Lugo, 15 de xuño de 1835,. O GCI,. Francisco de Gurria
BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 21,06.1835
ARTICULO DE OFICIO
Goberno Civil de la Provincia de Lugo
Coa fin de reanimar o espíritu público nos asuntos desta provincia por onde soen circular máis frecuentemente os rebeldes dispuxen vistar os partidos de Monforte, Sárria e Taboada acompañado do señor Comandante militar, ao mesmo tempo que me cabe a satisfación de ter obtido as ventaxas máis terminante do celo e utilidade coas que os veciños honrados , as autoridades todas e con especialidade os Alcaldes Maiores, cooperan felizmente ao exterminio dos inimigos da orde e do Trono da S.Mde.a Raíña Dona Isabel e apresírome a poñer no coñecemento do público a derrota que afortunadamente experimentou a faución de Sarmiento no día de onte.
Mentres eu me detiven na vila de Monforte para presidir os exames daquel Colexio de Humanidade resolveu o Señor Comandante saís na persecución dos fauciosos , e alcanzándoos no pobo chamado Sáa do Páramo , dispuxo tan atinada e oportunamente a súa batida que logrou poñelos en vergoñenta fuxida , facéndolles cinco mortos e tres prisioneiros.
Noticioso deste glorioso acontecemento marchei eu no seguimento da columna , e ao chegar a me incorporar a ela na tarde do 16 , estbase a dispoñer o necesario para fusilar aos aprehendidos. o que se verificou acto contino fronte da ca sa do mesmo Sarmiento, con cuxa oportuna ocasión fixen convocar aos pàrrocos da contorna , inculcándolles os seus deberes e a responsabilidade que lles impoñen as leis civís e o evanxello, do que deben ser observadores exemplares, se non aconsellan e non promoven a paz entre os seus fregueses e a firme ahesión ao Goberno lexítimo que felizmente nos rixe.
A sobresaínte pericia militar , valor, infatigable celo, noble entusiasmo e subordinación de que respectivamente de que deron indudables probas neste choque o señor Comandante don Xenaro Fernández Cid,, os oficiais Don Mateo Vidal, do segundo batallón de Estremadura, 15 de liña, Don Fernando Gil do segundo de Voluntarios de Galicia e a tropa que estaba baixo do seu mando , proporcionanme o doce pracer de lle anunciar ao publico o seu heroico comportamento , para que lles sirva de xusta satisfación e coa fin de que produza nos demais o estímulo e laudable emulación , propia dos que desexan presentaren valerosamente o seu peito na defensa da xusta causa .
Lugo, 19 de xuño de 1835
O Gobernador Civil: Laureano Gutiérrez
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 24.03.1836 ).- O comandante do destacamento de Portomarín do primeiro batallón de Voluntarios de Galicia don Bernardo Méndez., con data 22 do actual entre outras cousas di o seguinte:
Foi atacado este destacamento por forza de 40 homes dunha e outra parte do río, á unha da noite do día 22, durando o fogo con suspensión dalgúns intervalos atá as 3 e media da mañá.
Poño en coñecemento da VªSª que tanto os gardas da ponte como os celadores dunha e doutra parte do río, non me deron parte ningún; polo que achándome illado tomei a precaución ao ser día, de sair a recoñecer as inmediacións do pobo con parte da miña forza, adqurindo novas por un paisán de que xa se retiraran. Admiro o carácter destes veciños , e que non houbese un só que se me presentase a dicir o que pasaba; nin menos a se refuxiar no cuartel; pois se non fose pola suma vixianza que este punto require chegaría o caso de que se presentasen á porta do cuartel sen sabelo, como se verificou ; pois non abriron fogo atá que as centinelas deron a voz de "ás armas".
Con respecto aos Nacionais , a pesares do fogo vivo que pola nosa parte se sostiña , non houbo ningún que se acollese ao noso partido, resultando que algúns deles entregaronlles as armas aos fauciosos.Na descoberta que meditei vin que romperon a porta da ponte e demais, e so se puderon conservar os que puido defender a tropa.
Todo o que confirma con data de onte no seu parte dende Portomarín o coronel D. Vicenzo Irañeta , asegurándome que non houbo máis dano que o das portas , téndose defendido a tropa segundo é o seu deber ; mais abandoada de todo, pois nin un só Nacional se incorporou a ela.
Lugo, 24 de marzo de 1836
Marqués de Astariz
..........................................................................................................................................................................
(BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 22.05.1836.- Por novas que tomei dos meus confidentes de que as faucións dos cabecillas Sarmiento, Pérez e Villaverde , se achabna reunidos no Páramo, coa fin de atacaren á compañía de Nacionais mobilizados da Pobra do Brollón, ao mando do seu comandante D. Ruperto Robles , que debía conducir armamento e municións para o val de Quiroga , dispuxen que unha Compañia do 15 de liña, protexese ao dito Robles atá a Ponte de Neira; chegado a aquel punto coa fin indicada ,
Con respecto aos Nacionais , a pesares do fogo vivo que pola nosa
parte se sostiña, non houbo ningún que se acollese ao noso, partido
o día 16 do corrente e hora da súa mañá na que o dito Robles debía estar nel como así tivo efecto. As disposición en certidume dos partes coonfidenciais produciron os efectos que se coñecen polo parte cuxo teor á letra é como segue;
" O Comandante do Cantón da Vila n de Sárria D, Ramón Borrell , con data 17 do corrente , di o que copio: " O capitán graduado D. Antonio González comunícame o parte cuxo contido é o seguinte;...."Serían pouco mási das sete da tarde do día de onte entrei nesta vila de Sárria coa columna do meu mando custodiando un convoi reducido a varios caixóns de armamento, municións e outros efectos , que de orde do Sr. Brigadier e comandante xeneral desta provincia , van con destino á vila de Monforte. Nefeuto saín da capital ao amencer con cen homes de infantería do indicado corpo, 75 voluntarios mobilizados da Pobra do Brollón ; con esta forza emprendín a miña marcha en direción á Ponte de Neira tomando todas aquelas precaucións de seguridade indicado pola ordenanza , destinando á vanguardia un piquete de doce homes e un sarxento dos mencionados mobilizados , tanto para a marcha , como polo seu traxe de paisáns podía enganar aos inimigos, e deseguido destinei do 15 de liña unha guerrilla de 20 homes baixo das ordes do subtenente do mesmo D. Xosé Gambirari , seguindo a esta unha reserva de 50 infantes, tamén do mesmo, a cuxa cabeza me puxen eu co tenente D. Ramón López Acevedo, quedando o resto da forza na retagarda e de conseguinte o convoi; e baixo a indicada orde puiden chegar sen novidade ás Penas do Cañón, onde me notificaron ter ollado entremedias delas uns tres homes, aos que de sutaque se dirixiu a descoberta facendo no dito sitio o seu recoñecemento, marchando igoalmente pola dereita a guerrilla , sendo o resultado ter collido dous fauciosos co seu correspondente armamento ; e examinados por min, dixeron seren pertencentes á faución de Villaverde ; pero que había algúns días andaban espallados; e sen entrar en máis pormenores seguín a marcha atá a Ponte de Neira, a onde cheguei ás once e media da mañá ; e parecéndome indispensable darlle un pequeno descanso á columna , o que efectuei atá as doce e media a cuxa hora se presentou naquel punto o subtenente do primeiro Batallón Voluntarios de Galicia D. Patricio Serrano , coa forza de 40 infantes do mesmo corpo a quen segundo instrucións que tiña se lle entregou o convoi, e antes de me retirar para a capital, mandeille ao tenente D. Ruperto Robles que fusilase aos dous fauciosos fora do pobo, por canto achándose estes completamente convencidos do seu delicto, tiña un deles o de terlle collido nun peto unha orella e o instrumento co que executaba estas atrocidades; todo nefeuto se cumpriu coa maior orde ; e emprendendo de seguido a miña forza do meu batallón apenas tiña andado pouco máis dun tiro de fusil , vin baixar cara a miña guerrilla unha forza consideraable de cabalería inimiga, que interpolada con algunha infantería, trataba a toda casa de interceptarme o paso, e sen máis agardar dispuxen que a guerrilla baixo das ordes dosubtenente Gamberari os flanquease pola dereita , o que executou tan á miña satisfación , que arramplou completamente a uns 50 da cabalería , perseguíndoos por aquel costado atá a súa total dispersión colléndolles unha unha égoa coa súa sela , mentres eu co resto da forza practiqueino pola esquerda , seguindo o centro o tenente D. Ramón López Acevedo, visto isto e atendendo a que a columna de Sárria, se achaba igoalmente empeñada nun horrorísimo fogo dos inimigos, que en forzas duplicadas trataban de atropelalos e coller o convoi, dispuxen inmediatamente protexelos o máis axiña posible, supoñendo con fundamento un funesto resultado no convoi ; pero a sereidade daqueles oficiais e a súa tropa, en unión coa pouca cabalería nosa , foi superior ás maiores tropas aguerridas , sen que os seus fortes parapetos e moitedume puideran contrarrestar aquelas baionetas tan ben empregadas por cidadáns libres como decididos defensores do trono de Isabel II, en termos que cando eu cheguei, apenas nada tiña que facer , suposto que aqueles bandidos continuaba a súa vergoñosa retirada, imposible crelo a non telo visto, donos enteiramente dos postos que ocupaban, seguiuse o seu alcance en diferentes direcións , atá que completamente dispersados , dispuxen que a a tropa descansase , porque o exceso de calor e a sede daqueles infelices non lles permitía articular; neste tempo observei que a mesma fución que eu batira primeiramente xuntarase e pasando a ponte creían atacalos pola retagarda, pero frustrouselles o intento , dispoñendo que a cabalería en unión cunha guerrilla de 20 infantes do 15 baixo das ordes do mencionado Gamberari atacounos seguíndoos eu con outra guerrilla polo centro, o que nefeuto surtiu o resultado que se desexaba , pois as cabalerías mandadas polo valente alférez D. Roque Losada , ao que seguía o intrépido tenente D. Ruperto Robles, como tamén a guerrilla de Camberari, atacáronos tan vigorosamente que interceptándolles o paso da ponte, víronse precisados e todo desorde a se botaren ao río , retirándome eu de seguido para seguir a miña marcha atá esta; sendo o resultado despois de tres horas dun fogo contino por ámbalas dúas , terlles feito oito mortos vistos, sen contar os dous primeiros que foron fusilados , o número de feridos puido ser de algunha consideración polos sinais que en todas direcións se manifestaba , asegurando a Vde. que os principais cabecillas eran Villaverde, Sarmiento e datos positivos de que tamén se achaba Bullán , non baixando a forza que eles tiñan de 90 cabalos e uns 550 infantes antes máis que menos, como igoalmente a captura de tres cabalos e unha famosa égoa morta que se supoñía sería dalgún dos cabecillas ; pola nosa parte a sensible perda do Sarxento segundo de Nacionais mobilizados Antonio Iglesias , e a máis un soldado de cabalería gravemente ferido chamado Manuel Reande , un cabalo ferido e dous feridos levemente. Sería seguramente faltar á xustiza se puxese en esquecemento as proezas extraordinarias de todos en xeral, particularizando o valor do tenente moblizado D. Ruperto Robles, tanto á caneza da súa tropa como en unión cos de cabalería, deu probas dun valor extraordinario, non facéndoo menos o alférez de cabalería D. Roque Losada, cos demáis que nos seus respectivos casos se distinguiron sobremaneira, que foron o tenente do 15 D. Ramón López Acevedo, o subtenente D, Xosé Gamberari, o da mesma clas de Nacionais mobilizados D. Antonio Pombo Somza, e o subtenente de Voluntarios de Galicia D. Patricio Serrano, ecargado da conservación e direción do convoi, mandou tocar á baioneta a cuxo toque e decisión dos oficiais, practicárano coa maior sereidade e entusiasmo.
Todo o que me apresuro a poñer no coñecemento do público para a súa satisfación, como igoalmente que a perda do inimigo fpi moito maior do que expresa o antecedente parte, segundo confirman as novas extraordinarias que recibo.
Lugo, 19 de maio de 1836
Ramón Teijeiro
........................................................................................................................................................................
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 7.08.1836 ).- O tenente coronel Manuel Iglesias , comandante da primeira columna de operacións desta provincia , dime con data do 5 dende Portomarín , que deu alcance no monte de Ferreiros, ás gavelas de Pérez e Sarmiento que abateu e dispersou, facéndolles cinco mortes e ferido a varios deles, sendo un destes o cabecilla Sarmiento segundo din os paisáns, e colléronlles once cabalos e égoas, dous fusís coas súas baionetas , unha carabina, unha saca de ferraduras , instrumentos para ferrar, varios cartuchos , pólvora solta , mantas, chapeus , varios papeis e outros efectos.... O mesmo comandante Iglesias nun oficio do 4 díme ter prendido no pobo de San Mamede , na casa de Domingos Campo, a Manuel Rodríguez , veciño de San Lourenzo de Albeiros, o que había tempo enchía de terror a aqueles habitantes, e que impuxera ao poibo a contribución de 2.000 reais que agardaba recabdar o mesmo día da súa detención. Formado de seguido o correspondente sumario, foi pasado polas armas no mesmo día en Portomarín, presenciando a execución o receptador Domingos Campo, contra quen se segue o sumario.
( 5.11.1836 ).- O xefe da compañia de exploración do partido de Sárria díme que percorrendo aqueles pobos e casares , prendeu dous fauciosos, dos que un deles morreu no acto da súa aprehensión e o outro ía ser fusilado.
(19.11.1836 ) .- O tenente coronel don Xenaro Fernández Cid , comandante da columna de Sárria., deume parte de que sabedor de que algúns fauciosos da gavela de Pérez se achaban na Feira de Paradela ( parroquia de Santa María de Vilamaior da Lobataira ) tratou de sorprendelos . mais iso non foi posible aínda coas precaucións coas que fixo a marcha , que os perseguiu por espazo de dúas légoas, dándolles por fin alcance ; que acosados os inimigos fixeron unha descarga na que mataron dous cabalos nosos, mais cargados só por vinte infantes nosos puxéronse en precipitada fuxida e completa dispersión, deixando catro mortos , un cabalo, cinco égoas , varias capas, mantas e outros efectos de pouco valor.
( 24.12.1836 ) O comandante do Xoaquín Díaz de Rávago dende Santa María de Montán ( Samos ) , con data de onte dame parte de ter alcanzado nas alturas daquel pobo un grupo de fauciosos montados ao que a nosa cabalería dispersou causándolles aos rebeldes a perda de tres mortos e seis cabalos que se lles tomaron coas súas selas e con algunhas armas e efectos ; dous daqueles son dos desertores de Voluntarios de Galicia que consumaron este delicto en Sárria.,
( 24.12.1836 ).- As faucións dos distritos de Monforte e Sárria coñeceron a miña resolución de exterminalos a cuxo efecto abranguei todo o país con diferentes columnas e a dispersión e o temos descóbrese atá nos seus xefes.Pérez fuxiu con vinte homes montados deixando o país, pois segundo as novas que eu teño pasou o Miño pola Ponte de Belesar.
( 20.02.1837 ).- Veño de recibir parte do capitán Xoán Gualverto Corcuera, comandante da columna de Sárria, que nun encontro que tivo coa faución na tarde do día de onte morreu o cabecilla famoso Manuel Pérez , quedando morto riba do campo, e levado a Toirán ( ? ) o cadáver deste malvado, o que me apresuro a comunicarllo ao público.
( 20.03.1837 ) .- Do mesmo xaito o comandante de Sárria contraéndose a comunicación da columna de Esqueirón D. Francisco Montero, maniféstalle que á volta dunha batida de Terra do Conde , vira a doce fauciosos de infantería , aos que perseguiu, sendo o resultado ter collido unha escopeta e unha égoa que se dicía era do "caudillo".
( 22.03.1837 ) ,.,,,, E finalmente que foron pasados polas armas en Chantada Domingos Barrul, tiduado capitán da faución de Vilaverde , Manuel López e outros dous da mesma Sárria, igoalmente Xosé Núnez pertencentes á de Sarmiento.
( 4.06.1837 ).- ... Que polo comandante do destacamento de Vilarbuxán foi pasado polas armas o día 24 na Feira de Castro de Rei de Lemos Ramón García, faucioso reincidente,
( 20.06.1837.- O comandante da esquerda do Miño D. Xoán Corcuera , participa en 19 do corrente dende Carracedo , que se lle presentaron a indulto dous fauciosos procedentes da de Sarmiento , que foron fusilados en Portomarían , Manuel e Xosé de Ouro , naturais de Cunqueiro ; en Sárria Pedro López @ "Casavella" e Anselmo Rigueiro da parroquia de San Silvestre de Freixo ( Samos ) e Xosé Seijo de Láncara ; e na Ponte de Neira Manuel Coireiro , de Santo Estevo de Farnadeiros , todos seis por seren fauciosos aprehendidos con armas . O mesmo comandante avisa hoxe terse presentado a indulto Xoán Doce, de Vilar de Penas ( O Páramo ) un dos dez que acompañaban ao cabecilla Sarmiento , o que parece pasou cos nove ladróns que lle quedaban para se incorporar con Ramos na provincia de Santiago..
(2.01.1838 ).- Perda que sufriu a faución de Souto de Remesar.- Neste momento veño de recibit parte oficial do capitán D. Roberto Robles, comandante do Cantón de Sárria, dende aquel punto, a súa data do día de onte , no que me manifesta que na tarde do mesmo foi sorprendido en San Pedro dos Montes , parroquia de Friol polo valente e activo tenente don Antonio Pombo , da Compañía de Nacionais do Brollón , con só cinco lanceiros de Voluntarios de Galicia toda a miserable gavela do perverso Souto de Remesar , colléndolle trece égoas coas súas monturas , capas, once lanzas e tres certerolas. Os foraxidos conseguiron fuxir a beneficio do fragoso do terreo , aínda que un deles ficou atravesado por dúas lanzadas. O que me apresuro a poñer no seu coñecemento da Vº Sª para a súa satisfación e que se sirva mandar que se insira no Boletín oficial desta provincia para a do pobo. 2 de xaneiro de 1838.
( 10.02,1838 ) Os habitantes das poboacións rurais, os nacionais e a tropa rivalizan en celo e decisión para perseguiren aos dispersos da pequena gavela de Souto de Remesar e aos que procedentes das provincias limitrofes ousan pisaren este pacífico país en todas as partes achan o seu exterminio.
O día sete foron pasados polas armas en Sárria Xoán Díaz, de Eimer e Manuel González @ "Barreiriño", veciño de Teilán, pertencente ao distrito municipal de Noceda ( sic )- Somoza Maior de Lemos- dirixidos polo pedáneo e polo seu cura capturaron o día 4 ao primeiro , que perseguido e ferido gravemente nun muslo polos nacionais mobilizados que recoñecen aquela bisbarra , ocultárase no monte chamado Pena Maior . o segundo foi detido por unha partida do destacamento de Esqueirón e polos nacionais de San Cristovo de Martín, contribuindo tamén á prisión don Anxo Frade , comerciante e nacional de Monforte que pasando casualmente polo camiño, detivo e desarmou ao facineroso que fuxía montado nunha égoa.
( 2.06. 1839 )... Este importante combate cuxos pormenores eu espresei .a Vª Excaª por separado se recibo a tempo o parte detallado do Coronel Luna , deu por resultado a morte dos cabecillas Souto de Remesar, Carril, Cura de Albarez e outros dos seus titulados oficiais segundo se infire dos moitos papeis que eu teño no meu poder aprehendidos riba dos mesmos mortos, séndoo máis de 40 rebeldes que sen aqueles quedan tendiod no campo, porción de feridos que se agocharon nas centeeiras , algúns afogados no Miño, 7 cabalos mortos, 41 recollidos polas nosas tropas , 7 extraviados , 22 armas de fogo, 23 lanzas, 3 cartucheiras de cabalería, 30 monturas , 1 corneta, 47 capotes de montura e outra porción de efeutos , que foron abandoados ou inutilizados no campo polo ardor co que tan distiinguidas tropas se entregaron á persecución di inimigo por espacio de tres legoas con máis sede de gloria e de exterminar á canalla que no de adquriren trofeow debendo cecais á súa xenerosidade a vida moitos dos feridos que se poideron agochar.
( 8.07.1839 )As faucións reunidas do Canónigo, Martínez e O Ebanista cuns 200 infantes e 130 cabalos e 130 cabalos , forza esaxerada ao meu parecer, pasaron o Miño polo vao de Santo Andrea ( San Pedro de Santo Andrea da Ribeira ) ás doce do día 28 , tratando de envolveren ao capitán de mobilizados do Brollón, D. Roberto Robles, que con 68 infantes da súa compañía e 29 cabalos lles saiu ao encontro sostendo con vivo fogo por espazo de tres horas, rechazándoos e facéndolles repasar o Miño coa perda dun morto visto, outros que reiraron e varios feridos , tendo pola nosa parte dous soldados e un cabalo feridos.
O capitán de nacionais mobilizados do Brollón , D, Roberto Robles, avistou o 22 unha faución reunida de 30 cabalos e 50 infantes nos montes que hai entre San Sadurniño e Froián ( Sárria ) , e téndose posto na súa persecución á cabeza de 28 cabalos que tiña ás súas ordes logrou dispersalos completamente dando morte a catro vistos por el mesmo e collido a un que resultando ser Xosé Quiroga do 16 de liña que foi fusilado, e amáis matoulles un cabalo, e aprhendeulles 3 fusís , 2 carabinas e 2 cananas con outros efeutos.
( 26.08.1839 ) Certificacións de defunción dos mortos en Treilán (San Martiño de Requeixo ) por unha partida de carlistas.
No Libro II de Bautismos , Matrimonios e Defuncións das parroquias de San Salvador de Vilar de Sárria e San Martiño de Requeixo aparecen as certificacións do enterramento das vítimas da matanza ocorrida no lugar de Treilán cando unha partida de carlistas queimou as casas da aldea e deu morte a varios veciños. A "Matanza de Treilán" permaneceu por moito tempo na memoria colectiva da comarca sarriá.
2.- En vinte e sete de Agosto de mil oitocentos trinta e nove deuse sepultura Eclesiástica ao cadáver de ANTONIO DE PRADO, Marido que foi de Ana López , de quen tivo por fillos lexítimos a María Xosefa, Xoana, Vicenta, María, Domingo, todos celibatos e de tenra idade ; morreu de morte violenta e precipitada o vinte e seis do dito mes , por este motivo non fixo testamento , nin verbal, nin xudicial, nin recibiu os Santos Sacramentos. E para que conste asino: "Pedro Arias ".Folio 131.
3.- En vinte e sete de Agosto do ano mil oitocentos trinta e nove deuse sepultura Eclesiástica ao cadáver de XOSÉ TORRES , de estado celibato, e de idade 38 anos, fillo de Domingos Torres e de Engracia Fernández; morreu de morte violenta e precipitada o vinte e seis do dito mes, por este motivo non fixo testamento nin recibiu os Santos Sacramentos. E por ser verdade e conste asino. "Pedro Arias". Folio 131.
4.- En vinte e sete de Agosto de mil oitocentos trinta e nove deuse sepultura a XOÁN TORRES, Marido de Manuela López, de quen tivo por fillos lexítimos a Engracia, Domingos, Xosefa, Xosé e Francisca, todos celibatos e algúns de tenra idade ; morreu de morte violenta e precipitada o vinte e seis do dito mes, polo que non fixo testamento, nin verbal, nin xudicial, nin recibiu os Santos Sacramentos -E para que conste asino: "Pedro Arias " Folio 131,
5.- En vinte e sete de Agosto do ano mil oitocentos trinta e nove deuse sepultura Eclesiástica ao cadáver de VICENZO DE PRADO , Marido que foi de Catarina Rodríguez, tamén defunta, de quen non tivo sucesión , morreu de morte violenta e precipitada o vinte e seis do dito mes, por cuxa causa non fixo testamento , nin verbal, nin xudicial , nin recibiu os Santos Sacramentos. E para que conste asino: " Pedro Arias" Folio 131 volto.
6,- En vinte e sete de Agosto do ano mil oitocentos trinta e nove deuse sepultura Eclesiástica ao cadáver de FRANCISCO LÓPEZ , Marido que foi de Xoana López, de quen tivo por fillos lexítimos a Francisco, Manuela e María Carme , todos celibatos e de tenrs idade ; morreu de morte violenta e precipitada o vinte e seis do dito mes, polo que non fixo testamento, nin verbal, nin xudicial , nin recibiu os Santos Sacramentos. E para que conste asino : "Pedro Arias ". Residía na parroquia de Santa Mariña coa súa familia. Folio 131 volto.`
Houbo seis mortos nesta matanza e quedaron orfas 17 persoas.
( 27.09.1839 ) O 27 presentouse ao comandante do Cantón de Melide, implorando indulto un rebelde da gavela de Souto de Remesar, co seu fusil.
O 23 atacaron os fauciosos ao mando de Souto con 70 cabalos e 70 infantes ao pobo do Cereixal ( Becerreá ) pero foron rechazados por 37 nacionais ao mando de D. Tadeo Cedrón, causándolles 7 mortos , un deles oficial e 3 desertores do Reximento de Castela, e colléronlles 7 armas e outros efeutos.
( 6.10.1839 ) A columna de Sárria deu vista o 6 do presente entre Castromeixe e Fruxinde ( en Biville de Sárria e Ferreiros de Paradela ) ao comandante do Partido de Paradela , sarxento 1º de cabalería da gavela do rebelde Souto, Pedro Maña, que con 4 ladróns máis montados , outros 4 de a pé levaba prisioneiros a 32 paisáns , co obxecto de facerlles tomar as armas á forza , e sendo cargados pola cabalería da referida columna deuse o resultyado de lle dar morte ao referido sarxento Maña e a outros 3 ladróns , capturar 5 e rescatar 26 dos prisioneiros, 2 égoas boas coas súas monturas e un cabalo. A actividade amosada neste día polo capitán dos moblilizado do Brollón , D. Roberto Robles,a decisión e constancia desta columna na persecución do inimigo, e en particular o valor do soldado do escuadrón franco Manuel Fernández, que lle deu morte ao freferido sarxento rebelde, non menos que o do alférez comandante da dita cabalería , que tamén deu morte a outro, fainos merecente das grazas da Sª Maxestade.
( 20.10,1839 ) O Comandante xeneral de operacións participoume no día de onte que téndose presentado a faución dos de Remesar no Hospital das Seixas e levado atado a Vicenzo Vázquez irmán de outro indultado para fusilalo en vinganbza, un daqueles cortou a corda e entre os dous deron morte ao outro presentárnse en Melide coas armas e cartuchos.
O Comandante da columna de Pallares perseguindo o día 4 de outubro a un grupo de fauciosos riba do pobo de Tosende deu morte a Xoán do Pacio , tiduado capitán e comandante da cabalería de Souto de Remesar, home antigo na faución , e na que entrou de cadete.
O da columna da Esquerda ( do Miño ) cargou ao amnecer do 5 sobre o pobo de Remesar e levantou 5 fauciosos montados dos que na persecución que lles fixo , deu morte a un chamado Proveiros , oficial da gavela de Souto, moi asasiño e que estaba na faución dende o ano 35, ladrón afeito aos crimes e que tiña aterrado o país. O soldado do Reximento Provincial de Lugo , Antonio Vázquez, malia a se achar ferido dun tiro que lle disparou o dito ladrón a queimarroupa, botouse riba del e sostivo a loita a bfazo partido, atá que chegaron uns compañeiros que lle deron morte, por cuxa acción heróica non poido menos de recomendar á Sª Maxestade o valos do mencionado soldado pola causa de Isabel II.
( 23.10.1839 ) No destacamento de Guntín presentouse implorando a graza de indulto un faucioso da gavela de de Remesar, e ao comandante dos Cantóns de Burón e As Nogais verificouno co mesmo obxecto outro con armamento, cananas e munición. Este individuo pertencía á gavela de Castro-Vila.
A columna do Neira a cuxa cabeza estaba o coronel comandante dos Cantóns da esquerda do Miño, aprehendeu na aldea de Belante e nunha cova , ao rebelde Moreiras, titulado comandante e un dos que máis confianza lle merecía a Souto de Remesar . O dito rebelde , malia a serlle intimada a rendición defendeus até que esgotou as súas municións, que se viu obrigado a se rendir . Na cova onde el se achaba atoparon algunhas pezas de pano para facer uniformes, dúas pistolas, un trabuco, un petí con galóns de tenente coronel, 2.000 reais proximamante en prata e porción de correspondencia , Na resistenza feita por este rebelde resultou ferido un cazador do provincial de Lugo,
( 3.11.1839 ) Xosé González Souto ( "Souto de Remesar" ) resultou morto nunha acción do Exército que tivo lugar no Val do Mao, parroquia entón pertencente ao Concello de Samos.
( 5.11.1939 ) No Libro II de Bautismos, Matrimonios e Defuncións das parroquias de San Salvador de Vilar de Sárria e San Martiño de Requeixo , no folio 131 volto, figura a inscición de enterramento de "Souto de Remesar"
En cinco de Novembro do ano de mil oitocentos trinta e nove déuse sepultura Eclesiástica ao cadáver de D. XOSÉ GONZÁLEZ SOUTO, no Cemiterio da Parroquia de San Salvador da Vila de Sárria, veciño do lugar e parroquia de San Xoán de Remesar ; morreu de morte violenta en San Fraiz da Abadía de Samos en tres do dito mes , e para que conste asino.E para que conste, asino: "Pedro Arias"
( 6.11.1839 ) A MORTE DE SOUTO DE REMESAR.- Capitán Xeneral de Galicia. Morte do cabecilla Souto de Remesar. O Coronel Comandante dos Cantóns da Esquerda do Miño, coa columna de Castro de Rei, segundo comunicación oficial que acabo de recibir, tivo onte a satisfación de apresurar a fabricación de Galicia, dando morte ao cabecilla Souto e a varios dos seus secuaces na aldea de Teixiz do Val do Mao. O cadáver daquel rebelde foi conducido a Sárria.
O meu axudante de campo don Juan J. Medin, o tenente de Milicia Nacional mobilizado do Brollón e o alférez do Escadrón Franco , Almuina, son os que máis parte tiveron nesta xornada , como os individuos de ambolos corpos que eles mandaban. Cando reciba os detalles manifestareillos ao público Lugo, 4 de novembro de 1839,,,. Sanz.
(BOP , 10,11.1839 )Continuando a activa persecución contra dos rebeldes abatidos , na súa consecuencia e da perda do seu maior caudillo o feroz Souto de Remesar e outros dos seus afamados secuaces como eran o coñecido polo Navarro e Francisco Núñez , veciño de Santa María do Mao que pereceron co seu xefe, Estevo Rodríguez , veciño de Vilacaíz, titulado tenente de cabalería, comandante do partido do Saviñao e o de maior importancia despois de Souto, que tamén foi morto polo soldado Marcelo Rico do Provincial de Lugo, sufrindo a mesma sorte e o mesmo día aínda que en distintos puntos os cabos desetores do propio corpo, Bieito Moure e Manuel Balboa , que tamén executaran nunha mesma data comteran igual crime. Foron mortos no mesmo distrito os rebeldes Antonio Juiz e Manuel Salgado, coñecidos polas súas maldades , debéndose estas ventaxas á actividade das columnas de Esqueirónb ( Escairón ) e Castro de Rei, quedando no poder desta última seis égoas e varias armas no de un e outra". Lugo , 7 de novembro 1839, Capitán Xeneral. Laureano Sanz.
( BOP 4.11.1839 ) Dende o pasado día 27 presentáronse a indulto en varios cuarteis da provincia 17 fauciosos pertencntes ´as gavelas do Cánónigo e Souto de Remesar.
( 13.11.1839 ) O día 3 foi morto con 13 compañeiros na aldea de Teixis do Val do Mao ao asasiño cabecilla Souto, aprehendéndolle a súa correspoindencia , catro cabalos con monturas e armas e nove fusís, cuzo importante servizo prestárono as tropas da Esquerda do Miño, combinadas coa columna de Sobrado.
En Friol presentáronse a indulto individuos da gavela de Martínez e Souto..
O 4 presentouse no Corgo, con armamento, un individuo da gavela de Souto..
( 17.11.1839 ) Onte presentáronse en Sárria , para disfrutaren da graza de indulto, o titulado capitán D. Antonio Castro, de Samos, o subtenente D. Antonio Aguiar e 13 individuos de tropa.
(
Comentarios
Publicar un comentario