O PRONUNCIAMENTO DE SETEMBRO DE 1840 EN SÁRRIA

               O PRONUNCIAMENTO DE SETEMBRO DE 1840 EN SÁRRIA

 Tan axiña como chegaron á vila de Sárria novas de que en Lugo se dera un pronunciamento promovido  por elementos liberais destacados, por xefes militares e a Milicia Nacional , contando cos apoios locais dos militares acantonados na vila e dos milicianos,   formouse  a Xunta provisoria integrada por algúns dos membros do Concello e dous liberais de coñecida traxectoria politica progresista.

FORMACIÓN DA XUNTA REVOLUCIONARIA  EN SÁRRIA

                          Concello Constitucional de Sárria

Excmo. Sr : O Concello Constitucional de Sárria  reunido en sesión extraordinaria co obxecto que se proporá , despois de que coñeceu a nova do patriótico e unánime pronunciamento  desa Capital para secundar o obxecto que se propón a central de Madrid, acordou por unanimidade  en unión co comandate , oficiais  e individuios da Milicia Nacional e doutros patriotas adheridos nun todo aos sentimentos  e desexos expostos  pola Xunta instalada nesa Cidade, quedando dende agora resolto  a secundar cantas ordes  emanen da súa autoridade e a soster  a orde publica baixo a divisa de Isabel II e Liberdade,

Esta municipal tomou en consideración a circunstancia de que varios dos seus individuos  viven a moita distancia da vila  e acordou para que as importantes disposicións  que teñan que adoptar  non padezan retraso nomeu unha Xunta  que reunise as súas atribucións para este obxecto composta polo Presidente da corporación municipal D. XOÁN GARCÍA CAPÓN, do Rexedor D. MANUEL MARÍA RODRÍGUEZ,  do Síndico D. MATÍAS LOIS  e dos patriotas  D. BIEITO MARÍA SOMOZA e D. ANTERO RUBÍN DE OROÑA. e Vogal Segredario D. FRANCISCO MACÍA DE NEIRA, a que deu comezo asinando  esta comunicación.

Temos a satisfación de comunicarlle -a V.E. que este pronunciamento foi apoiado a instancia da Xunta  polo Comandante deste Cantón e a súa tropa que queda unida á forza da benemérita Milicia Nacional,  e o mesmo sosterán a orde publica como rexeitarán calquera tentativa nos inimigos.

Deus garde á VE moitos anos.-  Sárria, 14 de setembro de 1840..

O Presidente, Xoán García Capón.-Manuel María Rodríguez- Matías Lois.-Bieito María Somoza.- Antero Rubín de Oroña.- Francisco Macía de Neira, Segredario.

A MILICIA NACIONAL DE SÁRRIA SÚMASE AO PRONUNCIAMENTO

                          Comandancia  da Milicia Nacional de Sárria

Excmo. Sr. :  A benemérita Milicia Nacional que teño a honra  de mandar, sen excepción de individuo ningún, respondeu unánimente á invitación que lles dirixiu inmediatamente  que recebín o oficio da VE e dos felices resultados  informará a VE a comunicación da Xunta  que queda nomeada nesta Capital de Partido polo Concello  a quen se presentou toda a Milicia  para que secundase o pronunciamento desta Capital á que adheríu de inmediato.

                                        Deus garde áVE moitos anos.

                                           Sárria, 14 de setembro de 1840

                                                Antonio Macía de Neira

           ORDE DE DETENCIÓN DO DESAFECTO  DON MANUEL PÉREZ BATALLÓN

 A Xunta provisoria de Goberno deste Partido preveume que  procedese  á averiguación da conduta  que teña ouservado D. MANUEL PÉREZ BATALLÓN , veciño deste partido,,  despois do pronunciamento que aquí se executou, mais como tivese desaparecido segundo parece o 16  deste mes  iñorándose o seu paradoiro, e sendo esencial a súa presentación neste Xulgado para acrarar  a súa conduta sospeitosa , acordei dirixirme á Vª Sª  para que se serva mandar  a todos os alcaldes  da provincia que en calquera punto  no que poida ser habid aquel suxeito, cuxos sinais  van anotados. o deteñan e  o remitan ao meu dispor, o que se pode conquerir por medio do Boletín Oficial.

                                       Deus garde á Vª Sª moitos anos.

                                      Sárria, 22 de setembro de 1840

                                           Antero Rubín de Oroña

SINAIS:  Idade de 33 a 34 ;  estatura regular ;  cor boa ; ollos negos ;  nariz pequeno ;  barba negra e poboada ; bastante groso ;  veste decente.

Comentarios

Publicacións populares