INDEMNIZACION POLOS DANOS CAUSADOS NA GUERRA CIVIL A VECIÑOS DE SÁRRIA ( 1852 )

 INDEMNIZACIÓNS POR DANOS DA GUERRA CIVIL ( 1835 / 1840 )¨

Á  morte de Fernando VII o seu irmán Carlos non aceptou que nomease heredeira á súa  filla Isabel, nena de curta idade,  e  para soster os dereitos que dicía o amparaban en virtude da Lei Sálica alzáronse en armas  numerosas partidas , especialmente en Navarra, agrupadas baixo o nome de "apostólicos ",  cunha forte implicación de bispos, cregos e relixiosos conventuais, que loitaron contra os liberais ou "cristinos", nunha cruel guerra   ( Guerra Carlista ) que rematou coa vitoria  do Exército  simbolizada no célebre "Abrazo de Vergara".

No segundo Partido Xudicial de Sárria ( 1836 a 1840 )  onde o Exército establecera un Cantón ao mando dun comandante e co apoio da Milicia Nacional déronse   numerosas accións  das partidas rebeldes, entre as que destacou a do célebre Souto de Remesar, e para combatilas foi decretado o estado de guerra.

Consolidado o réxime liberal, con numerosos episodios de pronunciamentos e  proxectos  constitucionais, en 1852   fixéronse formais averiguacións dos danos causados a diversos cidadáns polos carlistas, e tamén por partidas de facinerosos, e uns e outros  produciran  dúas décadas antes queimas, roubos , mortes... nun clima de total inseguridade.

Na terra de Sárria  , entre outros afectados, presentaron reclamacións   os cidadáns que se relacionan a continuación ,  e os danos acreditados foron taxaos por Xosé Antonio Rodríguez de Cancio,  Director de Camiños Veciñais e agrimensor de montes,  e polo sarriao Xoán Carreira, agrimensor nomeado polo Concello de Sárria.

A FRANCISCO LÓPEZ QUINTE, do lugar de Treilán,  parroquia de San Martiño de Requeixo, fixéronlle taxación de 21 carros de herba que lle queimaran os "fauciosos" nun valor de  1200 reais,  amáis dunha capa, roupa branca e unha alfroxa ( 700 reais )

A  PEDRO DÍAZ, do mesmo lugar e parroquia,  os danos que lle causaron na casa que lla queimaran nunha "tráxica xornada" na que se verteu sangue de varias persoas indefensas,  sinalaronlle  5.260 reais pola casa, 6.423 reais polos aveños de arada, mobles e roupas e  570 reais polo gado morto.

A XOSÉ LÓPEZ, do mesmo lugar e parroquia,  os danos causados na casa que foi queimada (  1.528 reais ); en roupas , mobles  e aveños da labranza (  1.383 reais );  en palla , herba e froitos  ( 1.080 reais ) e en gado morto ( 120 reais )

A ANA DE PRADO, taxáronlle  1.398 reais pola queima da casa; polas roupas, aveños de arada e roupas  1.018 reais ); e en herba seca e froitos,  1.190 reais.

A PEDRO LÓPEZ VALCARCE,  de San Salvador da Pena de Froián,  as roupas que lle roubaran taxáronas en  1.540 reais  ao que enadiron  1.550 reais en diñeiro que lle sustraeran.

A ANTONIO LÓPEZ VALCARCE, da mesma parroquia,  dono da Casa do Caritel,  2.130 reais pola queima que nela fixeran;  1.326 reais polos aveños e mobles  e 3.660 reais pola palla e a gra.

A CIDRE FERNÁNDEZ, de San Vicenzo de Betote ,  a taxación da roupa que lle roubaran ascendeu a  1.852 reais e en diñeiro efectivo 6.500 reais.

A VICENZO DE CASTRO, de Vilapedre, roubáranlle 1.606 reais.

A MANUEL LÓPEZ , da mesma parroquia, unha égoa de sete cuartas e media de alzada coa súa cría e aparello ( 1.715 reais )

A ANA MARÍA VÁZQUEZ, da vila de Sárria, todo o que lle rioubaron nunha tenda de panos, quincalla  e comestibles, e mesmo roupa de uso,  a súa taxa  7.274 reais. Amáis leváranlle  7.274 reais en moedas.

A XOSÉ GONZÁLEZ, do lugar de Ferradal, parroquia de San Miguel de Piñeira, dúas égoas de seis e media cuartas de alzada, unha delas aparellada de sela ( 1.620 reais )

A GREGORIO DE CASTRO, do lugar de Guitián, en San Pedro de Froián, polos danos causados na súa casa que era de recente construción (  4.620 reais ); por mobles, alfaias, roupas, viandas, aveños da labranza, gra, palla, herba seca e outros froitos ( 27.576 reais );  e en diñeiro metálico e en papel roubáranlle  6.229 reais ).

Comentarios

Publicacións populares