SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1961 )

                                                 FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA      ( 1961  ) 

                                                              PROGRAMA DE FESTEXOS

                                                                     GUIÓN

COLABORACIÓN LITERARIA:  Avelino Pousa Antelo.- Antonio Peña Villamarín.-  Xosé Xulio Quindós.-  Francisco Vázquez Saco.- Valentín Arias López.-  Uxío Carré.-  Anxel Fole.-  Uxío Novoneyra

AGRUPACIÓNS MUSICAIS ;  Banda Municipal de Lugo.- Unión Musical Sarriana,. Orquestra "Mayka" de Lugo.- Orquestra "Vélez" de Lugo,. Sexteto Rexional  " Os Montes " de Lugo,   

COROS E  DANZAS : Agrupación de Educación e Descanso de Lugo,         

PIROTECNIA: Álvarez Cobo, de Chantada   FOTOGRAFÍA:  Xosé Penela Castedo.- Isidro Rodríguez Cabarcos..  Foto Julio.. Avary, ALUMEADO: Zacarías Villamarín, de Ourense. Impresión ; R. Cabañas ( Sárria ) ORGANIZACIÓN : Comisión Oficial de Festas           

                                                                  PROGRAMACIÓN

DIA 23 DE XUÑO.-  Ás 7 da tarde, o disparo de bombas e repenique de campás  anunciarán o comezo das Festas Padroais.- De seguido, os PREGOEIROS  publicarán  polas rúas e prazas de Sárria a celenración dos festexos do San Xoán, e as agrupacións  musicais , con festiva comparsa de XIGANTES E CAEZUDOS , percorrerán a vila entre alegres pasarrúas.- Ás 11 da noite, grandes salvas de bombas  avisarán  do comezo da PRIMEIRA GRANDE VERBENA na Praza de D. Xoán María López , Rúa Maior e Praza do Concello.

DÍA 24 DE XUÑO.-  Ás 9 da mañ´a, dianas e alboradas  polas agrupacións musicais.-(  * )  Ás 13 horas , concerto na Praza de D. Xoán María López.- Ás 17:30 horas  en contro de FÚTBOL entre os equipos Lemos Club , de Terceira División e Sárria F.C. ( reforzado ).-Ás 7 da tarde FESTA POPULAR nas prazas de D. Xoán María López e do Concello.-  Ás 11 da noite, SEGUNDA GRANDE VERBENA nos lugares citados anteriormente. -Á 1 da madrugada monumental sesión de fogos de artificio.     

DÍA 25 DE XUÑO.- Ás 9 da mañá, dianas e alboradas , repenique de campás e disparo de bombas.-  Ás 11:30 ceñebrarase a tirada de apertura do TIRO DE PICHÓN. no Campo das Insuas. -Ás 4 da tarde  terá lugar a Tirada `principal  de Pichón.- Ás 7, FESTA POPULAR nos mesmos lugares co día anterior.- Ás 11 da noite , TERCEIRA GRANDE VERBENA,    

 DÍA 2 DE XULLO.- Ás  4 da tarde GRANDE GIMKANA MOTORISTA no Campo das Insuas. De seguido actuación de Coros e Danzas de Educación e Descanso de Lugo.-Ás 7 ,FESTA POPULAR.- Ás 11 da noite, VERBENA na Rúa Matías López , coa que rematarán os festexos ( Por dificultades aparecidas na organización dos festexos, a Comisión Oficial de Festas  tivo  que suspender  os actos acordados para o 29 de xuño, sinalando a celebración para o día  2 de xullo )

* Saíu un pregoeiro, montado a cabalo, que despois  de facer soar unha corneta, deu lectura a un Pregón escrito  expoñendo a programación. Foi pregoeiro o entón seminarista  Manuel  Vázquez Rodríguez, da Casa Leimán da rúa Rosalía de Castro. ** Chama a atención que, caso insólito, na programación  non se incluiran os actos relixiosos ( misa maior e procisión ) na honra de San Xoán.

                                      PROGRACIÓN NAS SOCIEDADES RECREATIVAS

Nestas festas padroais  de San Xoán Bautista  as Sociedades Recreativas   sarriás  celebraron os seguintes festivais:

O CASINO.-  Día 23. Ás 23 horas,GRANDE BAILE. Día 24.-  Pola tarde, ASALTO. Pola note BAILE EXTRAORDINARIO DE SAN XOÁN. Amenizados pola internacional orquestra "MILLARA".

No parque de festas da Sociedade A UNIÓN,  con actuación  da orquestra de "LOS CHICOS DEL JAZZ", de Potevedra tivron lugar: Día 23.-Dende as 7:30, ASALTO. Día 24.-  De 1 a 2 ,CONCERTO .Pola tarde, TE BAILE  e pola noite, GRANDE VERBENA.Día 25.- De 1 a 2, CONCERTO. Ás 10:30 da noite GRANDE CEA AMERICANA   e deseguido VERBENA EXTRAORDINARIA DE GALA.

                                                      LIBRO-PROGRAMA DAS FESTAS

Portada: Fotografía da Torre da Fortaleza.- Saúdo de Xabier  López-Acevedo Lóepz. Alcalde de Sárria e Presidente da Comisió de Festas.- Guión.- Pregón... versificado por Avelino Pousa Antelo.- Fotografías na Veiguiña, río Sárria e Ponte Vella.- "Evocación y Paisale" ( Antonio Peña Villamarín ).- "Juan Bautista, hombre de esperanza" ( Xosé Xulio Quindós Pardo ).- " De la historia de Sárria. Monasterios de Sárria  en la alta Edad Media ( Francisco Vázquez Saco ).- " Amor galei na tristeza..." ( Uxío Carré ).- "Cantigas y refranes " ( Valentín Arias López ).- " Cociencia de Galicia.  Paisaje y paisanaje (Anxel Fole ).. " A serra longa" ( Uxío  Novoneyra ).Fotografía do Cruce do Avenida.- Foto  da Torre da Fortaleza.- Vista parcial de Sárria  dende a Rúa da Mercé.- Casas  de acarón da Ponte de Ferro.- Vista  parcial  da traseira da Rúa    Matías López e a "Vila" histórico.- Fotografía da Insua do Caneiro.- Fotografía da  entrada , por Matías López ,de "A Unión"                                                                                                                                                                                      TEXTOS EN GALEGO                                                                                     PREGÓN..... Si eu tivera un foguete / como os que empregan agora /  pra dar a volta ó mundo /  en pouco máis dunha hora,  / habíalle de meter dentro / ó vello tamborileiro / pra anunciar, do San Xoán,  /as festas no mundo  inteiro // Pro, xa que non hai foguetes / como os dos cosmonautas  / haberá abondo dos outros /  pra facer festas sonadas // Dádelle grasa ás canelas /  rapaciños e rapazas , / que vades poder beilar /  se de beilar tedes ganas,/ Vinde , pois, todos a  Sárria / ás festas do San Xoán /  Eu pódovos  adiantar /  que a todos  vos gustarán //    Avelino Pousa  Antelo                 

Gostava que me dissessen  / Se davan penas maiores / Ganhar  amor na tristeza ,/ Ou tristeza nos amores  ( Do poeta portugués Correa  d ' Oliveira )                                                                                                     Amor gañei  na tristeza, / e trocadas vin as dores / nunha presada de frores /  da máis pura xentileza : sen eu saber, en certeza , /  que é tristeza / nos amores.//    Pois amar dá tal dozura / que en amando  no hai penas  : / todo é barada e moxenas , / resprandor vivo e queimura /  na fachada da ventura : /  e a tristura . /  fume apenas //                        A Cruña      Uxío Carré                                                                                                                                                                                                                                                              A SERRA LONGA      1    ¡ CARQUEIXAS , uces  e penas ! /  Camiños  da serra aberta / pra lonxes  terras  de serras  !   2    VAI  polo monte  o camiño  outeando  como un louco, / polos caborcos  do val  i as poxas  do taramouco...../ Cruza soio  a serra  toda  sin levar  outra compaña  / que a gran  presencia do ceo  sobre o silencio  da braña .../  Eu non sei pra onde vai , mentra-lo quedo mirando , / Soio sei que ali se compre  o sono que estou soñando .... /   3    CABALGANDO  calado-  outa e soia ,/ diante  e tras  dil  a serra longa - /  por terras tan súas  que ó velas /  xa non sabe se olla ou lembra , /  vai o camiñante  co seu sono /  enchendo o camiño longo..../                     NOVONEYRA                    O Courel 1961                                                                                                                                             

PUBLICIDADE :  " Marabís Radio. Distribuidor oficial. Bazar Radio Vázquez.C. José Antonio. Telefono , 210. Sárria ( Lugo)".- "Leonardo Gómez Vázquez. Tecidos. Paquetería. Xéneros de punto.- Medias.-  Gorras. Sombreiros .- Paraugas.- Adornos.- Botóns.  Rúa Maior, núm 32, Telefono, 230. Sárria ( Lugo ).-( Reservado ).-  Caixa de Aforros -Monte de Piedade da Coruña e Lugo. Conmemmrandio o Día Universal do Aforro, 31 de outubro de 1961 sortearanse entre os clientes desta institución  500 premiso por valor de 400.000 pesetas.- Na Sucursal de Sárris sortearanse os seguintes premios-. Unha parella de porco e pprca  de cría, raza "Larg Withe, Unha máquina de coser "Sigma".-  Unha batería de cociña de porcelana esmaltada.- Tres mantas de la.- Cinco planchas  electricas AEG, Infórmese das condicións  do sorteo na nosas Oficinas de Sárria.- Café Bar Polo. Cruce da Estación. Telèfono 71 . Sárria ( Lugo ).- Fonda "Lourido" Comidas.Camas. Pensión, Teléfono 231 . Cruce da Ciguñeira .Sárria ).- Ciclos "Remache " Taller de bicicletas. Pintado de bicicletas . Calle San Lázaro ( Casa Lino ). Sárria.-  "Conchita" Perruquería de Señoras. Cruce da Ciguñeira. Sárria.-  Balneario de Céltigos. Augas mineiro-medicinais contra as enfermidades da pel. Eczemas. Psoriaisis. Acné.  Prurito. Tempada Oficial de 1 de xullo a 30 de setembro. Apeadeiro do ferrocarril de Pedrelo-Céltigos a 150 metros  do Balneairo, onde  fan parada todos os trens de viaxeiros.- Libraría "Freijo". Papelaría.Material escolar. Obxectos de escritorio.  Molduras para cadros, Plumas estilográficas,  Condicións especiais para mestres. Catro Camiños, Teléfono 260 .Sárria ( Lugo ). "Dona Radio" suxírelle a vostede  que se o seu receptor  non funciona normalmente  o faga reparar neste taller. Manuel Dona González. Marqués de Ugena, 19 ( antes O Porvir ) Sárria ( Lugo ). Álvaro López Toirán, Reparacións mecánicas de toda clas. Matías López. Teléfono 65 .Sárria.- "Cuatro Caminos" . La.  Feitura de prensas de punto a medida. Teléfono 140. Sárria.  Bazar América. Ofrécelle moi ao seu alcance  mobles, colchóns Flex, escuma e la. Vaixelas. obxectos de regalo. Material electrico e todo o que vostede percure en Bazar América. Teléfono 220 Sárria. "E l Encanto" Grande surtido en panería e últimas novidades. Teléfono 81, Cruce da Estación .Sárria.- Panadaría  Gumersindo Regueiro. Almacenista de fariñas  e cereais ao por maior, Exclusivista  de lévedo  "Hercules" Calvo Sotelo Teléfono 116. Sárria. Galicia SA Compañia de Seguros, Axencia en Sárria.. A Cafetaría Madrid saúda  á súa distinguida clientela .Sárria ( Lugo ).- Panerías Martín.Albino López. Xastrería a medida. Tel´`efono , 219. Sárria.-. Mercearía " La Primavera " Reparación de medias no acto, con toda a garantía. Calvo Sotelo ( Sárria ).- Imaxe e son. Askar Radio-TV ¡ Sí, señor ! Askar é mellor. Distribuidor Bazar Somoza . Sárria. Carnizaría Marino. Especialidade en cabritos, años, polos, coellos e lombo de porco,Prezos moi económicos nestas festas do San Xoán,Sárria.- Manuel González-Zaera López.  Pretensados de formigón. Bloques. Bovediñas e viguetas. Sárria ( Lugo ). -Forasteiro: Visite a cafetaría " Las Vegas" . Café exprés.  Licores das mellores marcas.-  petiscos, etc. Rúa de Matías López e Calvo Sotelo. Sárria.- J. Viñals. Xastrería. Teléfono 244 , Cruce da Estación. Sárria.- " ¡ Non perda o tempo en visitar comerzos ! Percure; Novidade, Calidade, Prezo. En... Dimas, Sárria.-  Electrificacións Somoza-Domíguez.  Instalacións e montaxes eléctricas en xeral. Almacén de material eléctrico. Aparellaxe  de alta e baixa tensión. Oficina técnica  Estudos e proxectos. Teléfono 153. Sárria.  Bazar Somoza. Vaixelas. Crstalarías. Lámpadas.- Radios. Persianas Gradulux. Diego Pazos, Teléfono 153 Sárria ( Lugo ).-  "Todo  o que precisa para vostede, os seus e o seu fogar  acharao en Establecementos  Magaldo  Un comerzo de agora con prezos de antes. Sárria.- Vicente Chaos Montero.Depositario de SA de Abonos Medem.  Abonos Cros e Expñlosivos. Abonos compostos nas súas distintas fórmulas Sulfato amónico.- Nitrato amonico-cálcico..Nitrato de Chile.Herbicidas.- Inseiticidas de toda clas.- Pataca de sembra  de alta calidade producida nas altas e fría montañas de Burgos.- Millo hibrido.-Pensos compostos das mellores marcas. Compra-venda de produtos do país ( Fonda Sierra ) Teléf., 141, Sárria ( Lugo ) .- Bazar Radio Vázquez. Material elèctrico e para uso doméstico. Instalacións e reparacións elèctricas . C. José Antonio. Telef. 210. Sárria ( Lugo) . Ferregtaría Galaica.  Carlos López Pombo. Establecemento de recente apertura  que lle ofrecerá todo en ferretaría  aos mellores prezos, Diego Pazos. Sárria.- Gradolux e Duolux.  A persiana ideal para o seu fogar. De grande duración , por ser construidas con láminas de aluminio e de máxima elegancia. Representante: Luis Pérez Díaz. C . Barrio Novo s /n  Tlé. 303.- La Suiza, Reloxos.-Prataría. Diego Pazos ( Sárria ).-Almacéns Santiago. Sárria Teléf. 44. Tecidos Paquetaría e Calzados. Solicite nestes almacéns_  Panería:  Artilene. É un tecido de Artextiol. Este ano  serán máis  os que o vistan pola súa calidade . Confeción:  Camisa Tassa, Sanfor, inmellorables. Calzado: Artigo vulcanizado de goma "Cohete", inacabable.- Almacéns Garsán. Especialidade  en viños das mellores procedencias. Concesionarios  da "Cervecera del Norte de Bilbao" Garsan.- Conservas Diamante. Industrias La Española (José Antonio Hernández )-Murcia, Representante : Jesús García López. Sárria.- " El Nuevo " Restaurante. Calvo Sotelo, 12.Teléf. 94 Sárria.-Grande surtido  en "Nikis"  de Señora, Cabaleiro  e Neno. Eloy Rivas Barreal. Cruce da Estación, Sárria.-  Mobles "La Fábrica "  satisfacerá todas as necesidades do seu fogar. Lisardo López Quiroga.- Matías López ( Catro Camiños ) .Teléf.207 Sárria ( Lugo ),

Comentarios

Publicacións populares